Page 1


EL IMPERIO DE LOS SENTIDOS.COMENTARIO CRÍTICO

Porque mercar é máis americano ca pensar... Americano, e ao parecer tamén humano. Esta frase atribuída a Andy Warhol, vai á par do que nos di no documental Eduard Punset, ao dicir que “a xente razoa emocionalmente”. Non somos, polo tanto, donos das nosas propias decisión senón que cando pensamos que estamos escollendo algo son as marcas as que escollen por nós ou como din no documental “decidimos nós si, pero teledirixidos polas marcas”, se cadra, entre outras cousas porque son elas as que buscan aos consumidores tipo e fan o que sexa para acadalo, pero tamén para tentar que academos as nosas expectativas hedónicas (reais, previas ou creadas) mediante estudos realizados para constatar o que, de facto, nos gusta. De facto, porque cunha sinxela enquisa simplemente mentimos, poñemos o que nos gustaría que nos gustara, o que pensamos que está ben que prefiramos...tan simple coma triste e real. Ao final, ao parecer son esas expectativas hedónicas, esa procura da satisfacción propia as que moven as nosas decisións (as que semella, a xulgarmos polo documental que moven, tamén, o Mundo) buscando a perfección nas situacións, que todo encaixe, que todo sexa cómodo, que todo evoque algo noso para pensarmos que é a nosa vontade, que nada sexa incoherente (porque nos sentiriamos desasosegados e rexeitariamos o produto, chámese aloxamento, alimento ou servizo de calquera caste). Estudaranse todas as sensacións sobre todo as que non podemos facer que mintan nas nosas reaccións inmediatas: cheiros, cores...e se cadra nin así conseguimos vender o que queremos (o ser humano é, a ben seguro, irracional, mais tamén inesperado). Se cadra todo se solucionaba aprendo a pensar, aprendo, polo visto a decidir “por nós mesmos” e controlar as nosas emocións, os nosos sentimentos, eses que define o documental como “os cimentos da nosa mente” elementais para comunicármonos, sobre todo, con nós mesmos.


E tamén se pode dicir máis, a partir diso. Pódese supoñer que se cadra non nos educaron, tampouco, para comunicármonos con nós mesmos, que, se cadra, nunca foi interesante para ninguén facelo, ou que se cadra que é tan difícil que non se pode facer. Pódese dicir, mesmo, que se cadra non deixa de ser unha excusa para explicarmos, por exemplo, que non podemos pensar, ou non nos interesa pensar, porque estamos entretidos continuamente con estímulos enfocados a que a nosa irracionalidade o faga por nós, e para que, en último termo, lle botemos a culpa a alguén por non pensarmos. A fin de contas, non sei se mercar é máis americano ca pensar, como dicía Warhol, ou máis humano, como se entrevé no documental, pero dende logo, é moito máis doado.


EL IMPERIO DE LOS SENTIDOS_CONSUMO  

COMENTARIO CRÍTICO

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you