Page 1

ACTIVIDADES UNIDADE DIDテ,TICA 7 Afonso Leal Garcテュa Marketing Turテュstico 1ツコ GIAT 2013/1014

1


ÍNDICE: 1. Análise do Ciclo de Vida dun produto turístico....páxina 4 2. Análise de Anuncios de Turgalicia........................páxina 6

2


3


1. Análise do Ciclo de Vida dun produto turístico

Nome: Turismo mariñeiro Ciclo de vida: segundo Turgalicia, incipiente ou novidade Características: Turismo Vivencial Análise: A seguir analizarase o ciclo de vida do produto “Turismo Mariñeiro”, cualificado como “Incipiente ou novidade” por Turgalicia, malia levar case unha década dende o seu inicio por varias cofradías da Costa da Morte. Na actualidade desenvólvese, segundo Turgalicia, nos 4 xeodestinos litorais que existen: A Mariña, Rías Altas, Costa da Morte e Rías Baixas estando explotado por varias empresas privadas (Mar Galaica, Pescanatur…) A súa promoción dixital realízase na propia Empresa Paraugas (Turgalicia), nalgunhas webs de carácter público (coma a do concello de Carnota ou a Deputación

de

Lugo),

estando

presentes

nelas

horarios,

prezos

e

equipamentos que cómpren para realizar a actividade.

Opinión persoal: Tanto as empresas do sector coma a propia empresa paraugas (Turgalicia) aseguran que é un sector “incipiente”. En todo caso, e partindo dun sector que cómpre activar e diversificar non semella mala idea, mágoa que a xulgar pola falta de información e tendo en conta que fai case unha década do seu inicio experimental, non parece que sexa nin tan incipiente nin tan novidade. Ao mesmo tempo na consulta de novas sobre o tema, todas

reflicten a

experiencia piloto de quenda (xa fora na Costa da Morte, nas Rías Baixas ou 4


na Mariña Lucense) polo que dá a entender que o produto non foi moito máis aló, ou cando menos non se innovou nada no sector, por moito bombo que semella querer dárselle dende o subsector.

Páxinas utilizadas (Webgrafía) http://www.mardelira.net/ https://www.turgalicia.es/portada?langId=gl_ES http://www.margalaica.net/ http://www.pescanatur.es/

5


2. Análise de anuncios de Turgalicia

Anuncio 2007

Lema: Galicia Única Duración: 31” Música: Lenta, sosegada e recoñecible (Tu Gitana, Luar na Lubre) Utiliza: Auga, natureza, tempo lento, perspectiva detallista, humidade, animacións en língua galega e a voz dun actor de renome (Luis Tosar), escenas infantís, actividades tradicionais, gastronomía e patrimonio. Lugares recoñecíbeis: A praia das Catedrais (Monumento Natural). Pretende evocar: paz, tranquilidade, descanso, un lugar diferente, regreso á infancia, un lugar agreste e pouco humanizado así como un lugar máxico e mítico. Tipos de turismo utilizado: Turismo Rural, Turismo de Natureza, Turismo Vivencial, Turismo Gastronómico, Turismo Urbano (Cascos Históricos) e Turismo Cultural.

6


Anuncio 2013

Lema: Galicia. Gárdasme o segredo? Duración: 45” Música:

Lenta,

sosegada

e

recoñecible

(Chove

en

Santiago,

Rosa

Cedrón&Ismael Serrano) Utiliza: Linguaxe poética, pausada e persoal. Natureza exuberante combinada con espazos abertos, tempo lento e movementos de cámara manuais, planos curtos e detallistas e tamén gastronomía así como actividades tradicionais e relaxantes. Lugares recoñecíbeis: Cabo Ortegal, Serra da Capelada, San Andrés de Teixido, Igrexa Románica de Cambre, As termas de Ourense e as Illas Cíes. Pretende evocar:

Lugar sen explorar, un sitio de relax, experiencia

propia, Tipos de turismo utilizado: Turismo Rural, Turismo de Natureza, Turismo Vivencial, Turismo Gastronómico, Turismo Urbano (Cascos Históricos) e Turismo Cultural, Turismo Termal.

7


Opinión persoal 6 anos de diferenza... mais os anuncios son practicamente idénticos. Amosando imaxes que evocan, esencialmente, descanso e retiro...e nada máis. Certo é que o cliente potencial dese tipo de turismo adoita ter, ao parecer, un meirande poder adquisitivo e, posibelmente, sexa ese o que máis presenza ten en Galicia, mais coido que esquecemos grande parte do mercado ao non facer anuncios diferentes para un público diferente (tendo en conta que si hai unha oferta diferente). Poñamos algún exemplo: malia que longo de podermos poñer como exemplo un lugar que que si amosou neste anuncio unha imaxe diferente:

http://www.youtube.com/watch?v=npawmHVaf-E

8


9


10


Actividades unidade didáctica 7  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you