Issuu on Google+

1

O lecer das augas

Termas romanas de Lugo

Historia dos Balnearios de Galicia

Principais vias de comunicación, segundo o Itinerario Antonino (século III)

Brigantium

Lucus Augusta Pons Naviae

O rexurdimento dos balnearios galegos nos tempos da Ilustración Desde moito antes da chegada dos romanos, os nosos devanceiros coñecían a influencia dos mananciais termais para as doenzas do corpo e do espírito. Dese xeito, divinizaron moitas das augas, que para eles posuían o poder de sandar atribuído aos deuses.

A romanización recuperou e potenciou eses lugares, moitos deles situados nos arredores do Itinerario Antonino, como Aquae Originae (Río Caldo, Ourense), Aquae Querquenae (Baños de Bande), Aquae Celenae (Caldas de Reis) ou Lucus Augusta. O derrubamento do Imperio facilitou o abandono de moitos destes establecementos termais, mais non acabou coa memoria popular de tomar as augas para curar as doenzas.

Iria Flavia

Aquae Celenae Astúrica

Aquae Querquenae Aquae Originae

No século XVIII comeza unha recuperación das fontes termais por parte das elites ilutradas (descóbrense as ruínas das aquae), que se estende a outros grupos sociais, producíndose un feliz reencontro entre a cultura das elites e a tradición popular das augas.

Bracara Augusta

Ruinas dun baño romano aparecidas tras as escavacións efectuadas en 1778 por Ferro Caaveiro en Carballo

Mansión romana Aquae Originae (Lobios)

Este reencontro coincidiu no tempo coa publicación dunha ampla literatura sobre baños termais feita por médicos que comezaron a receitar aos doentes a terapia das augas. Moitas fontes foron saneadas (Carballo, Cuntis, Caldas, Lugo e Molgas), e construíronse nos seus arredores as primeiras casas de baño de Galicia. Plano e alzado dos baños da Lagoa de Bértoa (Carballo), 1766

Manuscrito de Gómez de Bedoya (1772), onde identificaban 54 fontes, moitas delas en estado de abandono


1

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Miliarios romanos no r铆o Caldo, no Concello de Lobios, a poucos quil贸metros de Aquae Originae


2

O lecer das augas

Balneario de Arteixo (1886), antes da construción actual

Historia dos Balnearios de Galicia

Jacobo Fernández Mariño, primeiro director dos Baños de Caldas de Reis e Cuntis, 1817

Porén, os concellos, con moi poucos recursos, comezaron a alugar ou vender as fontes e baños a particulares comprometidos na mellora dos establecementos. A desamortización de Madoz (1855) foi só o fito final neste proceso de privatización que afastou as comunidades aldeás da propiedade das fontes. A primeira regulación no uso das augas termais data de 1816-17 e dotou os balnearios de normas básicas para o goberno, inspección e uso das instalacións, así como da obriga de dispor de directores médicos encargados das terapias. Estes, ademais, tiñan que confeccionar unha memoria anual.

Os balnearios liberais, 1808-1874

Memoria de Caldas de Reis de 1861

As precarias instalacións do balneario de Cortegada, contra finais do século XIX

Regulamento de baños de 1817

Memoria de Caldelas de Tui, 1848

Así mesmo, recoñecéronse como centros de utilidade pública en Galicia os balnearios de Caldas de Reis, Cuntis, Caldelas de Tui e Cortegada. A normativa mantívose ao longo dos anos, á marxe das controversias políticas, ata o Estatuto de Primo de Rivera (1928). Neste período teñen continuidade os balnearios tradicionais, algúns mellorados, mais aparecen outros de nova planta, todos cunha decidida finalidade de negocio, ao desapareceren algúns dos atrancos que impedían o xurdimento da empresa moderna. Entre eles destacaron os de Arteixo, Partovia, Lugo, O Carballiño e Carballo, este último adquirido polos condes de Torre Penela.

Balneario de Carballo, edificado polos condes de Torre Penela, ca. 1850. Debuxo da época

No Antigo réxime, a propiedade (tamén a das augas) estaba compartida entre o dono do dominio directo e o usufrutuario. As Cortes de Cádiz decretaron que o único dono de seu serían as comunidades dos lugares próximos aos mananciais, e os primeiros gobernos liberais converteron a propiedade comunal en municipal.


2

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Termas de Lugo, ca. 1856


3

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Fonte da Burga. Pontevea, Teo, nos inicios do século XX

Antonio Casares Rodríguez (1812-1888), catedrático de Química na Universidade de Santiago de Compostela, e pioneiro na análise da composición das augas mineromedicinais en Galicia Fonte do manancial da Toxa en 1905

Restauración e Belle Époque I (1875-1914) A Restauración monárquica abriu un período de estabilidade política no axitado século XIX e fomentou o investimento privado a través de fórmulas societarias. O imparable proceso de industrialización e a crecente influencia da burguesía transformaron o negocio balneario.

A construción de hoteis con maior confort e a oferta de actividades lúdicas atraeron clientes máis acomodados. O enfermo transformouse aos poucos en bañista e o espazo de curación en lugar de recreo. Os avances médicos e técnicos impulsaron novos usos da auga, melloraron a hixiene e permitiron a aplicación de tratamentos máis especializados, en función das doenzas do enfermo. As técnicas tradicionais (baños, bebida ou embarro) combináronse con outras máis sofisticadas, como a inhalación de gases, a pulverización, a afusión en chorros de duchas e, sobre todo, a aplicación industrial da electricidade á hidroterapia.

Baño de asento do balneario Dávila no século XIX

As boas expectativas do período víronse freadas no ocaso do século XIX polo impacto da crise agraria da época, a depreciación da peseta durante a tráxica guerra colonial do 98 ou a conxuntura inflacionaria da I Guerra Mundial. Estes factores reduciron a chegada de visitantes e o seu tempo de estancia nas casas de baño. Primeira cuberta do manancial da Gándara, en Mondariz

O doutor Ángel Nieto consultando no balneario do Incio a finais do século XIX


3

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Duchas do balneario do Carballi単o, ca.1900


4

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Balneario de Molgas, ca. 1914

Balneario de Guitiriz a comezos do século XX

A perda de renda derivada da crise agraria finisecular e a subida do custo da vida produciu un descenso da súa clientela, maioritariamente popular e campesiña. A carón destes establecementos convivían outros de maior luxo e confort que trataban de reproducir o modelo centro-europeo das grandes estacións balnearias, como A Toxa e Mondariz. Contaban con hoteis e comedores exquisitamente decorados para albergar centos de bañistas e ofrecían actividades lúdicas (casino, música...) e modernos gabinetes hidroterápicos orientados cara a unha demanda de maior poder adquisitivo, que concibía o

balneario como un lugar de curación, descanso estival e de sociabilidade. A súa principal clientela procedía das elites políticas, intelectuais e empresariais do país, como narraban os cronistas sociais da tempada estival na prensa da época. Pouco afectados pola crise finisecular, houberon de afrontar a perda de visitantes madrileños pola competencia das praias do norte, lugar elixido pola Corte para veranear.

Gran Hotel de Mondariz, ca. 1898 Balneario de Caldelas de Tui a finais do século XIX

Vista de Pavillón de Cuartos do Gran Hotel La Toja, inaugurado en 1907 e reformado en 1945

Restauración e Belle Époque II (1875-1914) Durante esta época conviviron en Galicia dous modelos de balnearios. Dun lado, atopamos os balnearios tradicionais con instalacións hostaleiras e terapéuticas modestas. Algúns mantiñan unha propiedade e xestión familiar, outros seguían baixo a titularidade veciñal ou municipal.


4

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

A vila termal de Mondariz-Balneario a principios do sĂŠculo XX, e Enrique Peinador Vela, fundador do seu balneario


5

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Balneario do Incio a comezos do século XX

Balneario de Cortegada

Ditadura de Primo de Rivera, República e posguerra

Os receos das elites ao establecemento da II República en 1931, o afastamento do poder e a inestabilidade política-económica frearon o desenvolvemento das vilas termais antes da Guerra Civil. A difusión do “turismo de onda” e a rápida expansión dos fármacos e de novas técnicas sanitarias tamén condicionaron a concorrencia balnearia e reflectiron os novos hábitos de consumo, en especial das rendas máis elevadas.

Balneario de Catoira nas primeiras décadas do século XX

O comezo do conflito civil provocou a caída da demanda e a interrupción forzada da actividade dos balnearios galegos, reconvertidos en hospitais de sangue ou cuarteis. Na posguerra correron diferente sorte: uns acometeron reformas e outros limitáronse a recuperar a súa actividade intentando sobrevivir nunha época de miseria económica. Nos anos 1960 o auxe do turismo de sol e praia e o escaso interese estatal condenounos a unha lánguida existencia ata a década de 1980.

Os balnearios de alta categoría viviron unha sorte de idade de ouro durante a década de 1920 grazas a unha lexislación favorable e á proximidade dos propietarios aos círculos de poder.

O Gran Hotel de Cabreiroá, no primeiro terzo do século XX

Baños de Riazor (A Coruña), a comezos do século XX

O ditador Primo de Rivera na fonte da Gándara, en Mondariz nos anos 20


5

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

GalerĂ­a do balneario de Sousas, 1946


6

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort, no concello de Pantón

Para o desenvolvemento desta competencia promulgouse a Lei 5/1995, de regulación das augas minerais, termais e de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia. Asemade, dispor de competencias en materia turística posibilitou sumar fondos públicos aos importantes investimentos privados feitos para a creación e mellora de balnearios.

O apoio público resultou un factor positivo no crecemento da demanda do turismo de saúde, asegurando bos niveis de ocupación dos establecementos, en especial dos máis pequenos, a través dos programas de termalismo social, tanto do IMSERSO como da Xunta de Galicia, dirixidos a persoas da terceira idade.

Mais non só cambiou a oferta, tamén a demanda. O aumento da renda per cápita, a crecente preocupación pola calidade de vida, xunto aos fluxos de investimento e promoción, reduciron a estacionalidade da demanda balnearia e abriron novas posibilidades de expansión e crecemento do sector.

Termas de Cuntis

A recuperación dos balnearios galegos durante a transición Coa promulgación do Estatuto de Autonomía, en 1981, Galicia asume a competencia exclusiva en materia de augas minerais e termais.

Piscina interior do Gran Hotel La Toja

Piscina interior do hotel balneario Hesperia Isla de La Toxa

Piscina do Laias Caldaria Hotel Balneario

Balneario de Lobios Caldaria Hotel Balneario


6

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Balneario de Mondariz


7

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Balneario de Arteixo Balneario de Carballo

Balneario de Guitiriz Balneario de Pardiñas

Balneario de Lugo Termas Romanas

Balneario de Augas Frádegas Balneario de Compostela

Balneario de Céltigos (Fontecelta) Balneario Río Pambre Balneario Baños da Brea

Balneario de Catoira

Balnearios en funcionamento pertencentes á Asociación de Balnearios de Galicia

Balneario de Caldelas de Vilariño

Termas de Cuntis

Balneario de Mouriscados

Hotel Balneario Hesperia Isla de La Toja

Balneario Acuña Balneario Dávila Balneario de Aguas Gran Hotel La Toja Férreas Balneario do Lérez Balneario de San Xusto Balneario de

Os principais balnearios galegos na historia

Balneario de Cortegada

Ponte Caldelas

Balneario de Mondariz

Oca Augas Santas Balneario Golf Resort

Laias Caldaria Hotel Balneario

A Toxa

Director médico oficial

Primeira Hospedería

1868

1876 (interino desde 1840)

1907

Titularidade/Tipo de Empresa Orixe

Actual

Multipropiedade vecinal-sociedade anónima (1903)

Sociedade (Grupo Pastor) Grupo Castelar

1816

1817 (con Cuntis)

1813

Beneficencia-Familiar

Arnoia Caldaria

1996

ca.1996

1995

-

Caldaria Termal S.L.U.

Arteixo

1833

1817 (con Carballo)

1899

Familiar

Sociedade

Oca Augas Santas Balneario & Golf

2007

2007

2006

-

Oca Hoteles, S.L.

Balneario Río Pambre

2002

ca.2003

2003

Sociedade

Sociedade

Baños da Brea

1994

ca.1994

1991

Familiar

Familiar

Caldelas de Tui

1906

1816

1909

1817

Balneario de Santiago das Caldas

Balneario do Porteiro

Balneario de Baños de Molgas Balneario de Baños de Bande

Balneario de Fontenova Balneario de Caldeliñas

Balneario de Sousas Balneario de Requeixo

Balneario de Cabreiroá

Cadro 2. Número de establecementos oficiais por comunidades no século XIX

Acuña

Cabreiroá

Antigos balnearios que actualmente son plantas embotelladoras de augas minerais naturais Balneario de Bembibre

Arnoia Caldaria Hotel Balneario

Lobios Caldaria Hotel Balneario

Utilidade Pública

Balnearios non operativos

Balneario de Berán

Balneario de Caldelas de Tui

Balnearios

Sociedade (Hijos de Rivera, S.A.)

1908

Vecinal/Privada

1885

Multipropiedade vecinal-familiar (1882)

Familiar

Balnearios en funcionamento non pertencentes á Asociación de Balnearios de Galicia

Gran Balneario do Carballiño

Balneario de Prexigueiro

Cadro 1. Datos históricos dos principais balnearios galegos

A riqueza galega en fontes mineromedicinais permitiu o nacemento de modernos balnearios na idade contemporánea. Catro deles poden ser considerados “históricos”, ao acadar a utilidade pública na primeira lexislación aprobada en 1816: Caldas de Cuntis, Caldas de Reis, Caldelas de Tui e Cortegada.

Balneario de Caldas de Partovia

Balneario de O Incio

1833 Comunidade

1850

1876

Número

%

Número

%

Número

%

Andalucía

5

14,29

20

22,47

25

18,12

Aragón

4

11,42

6

6,74

9

6,52

Asturias

1

2,86

3

3,37

4

2,90

Baleares

-

-

1

1,12

1

0,72

Cantabria

-

-

7

7,87

6

4,35

Castela-A Mancha

6

17,14

11

12,36

11

7,97

Castela e León

2

5,71

2

2,25

5

3,62

Cataluña

3

8,58

6

6,74

12

8,70 15,22

Euskadi

-

-

9

10,11

21

Estremadura

1

2,86

2

2,25

3

2,17

Galicia

7

20

9

10,11

12

8,70

A Rioxa

1

2,86

2

2,25

4

2,90

Madrid

1

2,86

1

1,12

4

2,90

Murcia

2

5,71

4

4,49

4

2,90

Ao espertar o século XX, O Incio, Os Ánxeles e Guitiriz completaron o mapa clásico dos balnearios galegos vixente ata a Guerra Civil. Preto de 90.000 clientes visitaban os balnearios españois en 1932, deles o 17,7 por cento acudía aos baños galegos. Entre os establecementos máis concorridos destacaban Caldas de Cuntis, Mondariz, A Toxa, Lugo e Caldelas de Tui. Hoxe en día balnearios de recente creación conviven con algúns históricos sobreviventes no tempo e reciben en conxunto máis de cen mil bañistas cada ano. Cadro 3. Concorrencia aos balnearios galegos, 1904-1931 Balnearios

1904

1913

1923

1928

1931

Navarra

-

-

2

2,25

6

4,35

Arteixo

457

560

553

525

416

País Valenciano

2

5,71

4

4,49

11

7,97

Cabreiroá

n.d.

256

257

n.d.

236

Totais

35

100

89

100

138

100

1.805

1.626

1.788

1.838

1.802

s.d./antes 1869

1816/1833

1900/1840

Municipal/Propios

Familiar

Carballo

1833

1817 (con Arteixo)

1766

Familiar

Sociedade

Caldas de Reis (Acuña)

214

n.d.

105

326

301

Catoira

1907

1907

?

Familiar

-

Caldas de Reis (Dávila)

234

314

n.d.

n.d.

n.d.

Cortegada

1816?

1844

1818

Propios

Fundación vecinal

Caldelas de Tui

999

973

1.115

1.093

1.201

Dávila

1816

1817 (con Cuntis)

1780

Familiar

Familiar

Carballo

799

337

361

582

631

Fontenova

1904

1923

1907

Carballiño e Partovia

404

383

215

225

267

Aguas de Mondariz Fuente del Val S.L.

1897

-

So auga embotellada

Sociedade

Sociedade

Catoira

n.d.

n.d.

n.d.

88

107

Cortegada

488

760

603

602

500

Guitiriz

1902

1849

1908

Sociedade

A. C. Medín

Fonte do Val

n.d.

n.d.

n.d.

109

170

Laias Caldaria

s.d.

s.d.

2001

Guitiriz

n.d.

452

491

971

639

Lobios Caldaria

s.d.

s.d.

1773/2002

Vecinal

Caldaria Termal, S.L.U.

O Incio

424

542

483

612

469

1874

1877

1876

Privada

Familiar

A Toxa

Carballiño/Partovia

Molgas

Vecinal/Sociedade José de Sousa Cintra

Vecinal/municipal? Caldaria Termal, S.L.U.

Mondariz

1873

1873

1893

Familiar-sociedade

Sociedade

O Incio

1894

1894

1897

Familiar

Sociedade

Os Ánxeles

1928

ca.1928

2004

Sociedade

Sociedade

1859/?

1860/1865

ca.1854/1890

Municipal

Privada/municipal

1817 (con C. Reis)

1860 Forniños)/1885 (A Virxe)

Beneficencia (A Virxe) e familiar (resto)

Sociedade

1836

1812

Sociedade

Familiar

1906

Vecinal Jacinto Becerra

Máis tarde, no censo oficial publicado en 1833, sumáronse á listaxe O Carballiño, Partovia, Carballo e Arteixo, mentres que Cortegada perdía a distinción polo seu estado de abandono. Nesta época Galicia situouse á cabeza do sector no conxunto español con sete balnearios oficiais. A posición relativa galega caeu na segunda metade do século XIX, a pesar da declaración de utilidade pública de Lugo, A Toxa, Molgas, Cortegada, Mondariz, Sousas e Caldeliñas. Número de termalistas nos balnearios de Galicia

140.000

Termas de Cuntis Termas de Lugo Vilaza

1816 ca.1840 1900

1901

140.000

87.000

100.000

s.d.: sen datos / S.L.: Sociedade Limitada / S. A.: Sociedade Anónima. Nota: Nas tres primeiras columnas tomáronse como referencia os datos dispoñibles de maior antigüidade. Para os balnearios de recente creación os datos proceden da Asociación Galega de Propiedade Balnearia e das bases de datos empresariais.

75.000

80.000 50.000

60.000

43.000 30.000

40.000 20.000 0

1.749

1.580

1.984

1.666

885

1.027

1.222

1.639

1.441

Molgas

n.d.

490

n.d.

999

930

2.906

2.686

1.992

1.992

1.680

Nosa Señora dos Ánxeles

n.d.

n.d.

170

164

196

Ponte Caldelas

n.d.

n.d.

n.d.

n.d.

n.d.

Verín

412

n.d.

320

638

566

Vilaza

62

n.d.

n.d.

n.d.

n.d.

Visitantes totais en Galicia

11.838

12.155

11.255

14.387

13.218

Visitantes totais en España

86.015

73.458

85.430

92.187

78.748

13,76

16,55

13,17

15,61

16,79

Mondariz

100.000

120.000

José de Sousa Cintra

1.749

Lugo

135.000

160.000 125.000

Sousas e Caldeliñas

Caldas de Cuntis

20.000 9.000

% Galicia / España

15.930 16.000

1890 1910 1932 1960 1996 2000 2001 2003 2004 2005 2007 2008

nº visitantes

2009


7

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

1

4

Canabal do Balneario de DĂĄvila (Caldas de Reis)

2 5

3 6

1. Laias Caldaria Hotel Balneario 2. Balneario de Carballo 3. Hotel Castro do Balneario (Termas de Cuntis) 4. Balneario BaĂąos da Brea 5. Sala tratamentos respiratorios do Balneario de Lugo - Termas Romanas 6. Balneario de Guitiriz


8

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Sala de raios X do Instituto de Nutrición do balneario de Mondariz, 1929

Sala para baños do Gran Hotel de Mondariz, cara a 1900

Polo xeral, estes visitantes servíanse dos carros ou animais de carga para atravesar camiños en pésimo estado que ameazaban a delicada saúde dos enfermos. Xa no seu destino, elixían unha modesta casa de hóspedes próxima ao balneario e seguían o tratamento, de bebida ou de baño, na medida dos seus escasos aforros.

Dirección, empregados e clientes da Casa de Baños La Salud, Riazor (A Coruña), en 1932

Chegada do tren á estación de Caldelas de Tui, situada a carón do Hotel Balneario, no espertar do século XX

Asistentes á recepción de ingreso de Ramón Cabanillas na Real Academia Galega, celebrada en Mondariz en 1920. Cabanillas está entre os académicos Eladio Rodríguez e Antón Vilar Ponte

Pola contra, as familias máis acomodadas preparaban con exquisito coidado as súas estancias balnearias, que adoitaban superar os quince días. Elixían as mellores roupas e levaban consigo o servizo doméstico. As carruaxes e, máis tarde, os camiños de ferro e o automóbil convertéronse nos seus principais medios de transporte. O balneario na época estival convertíase, para esta clientela máis elitista, en lugar de sociabilidade, peche de negocios, acordos políticos ou amaño de matrimonios, mentres descansaban en hoteis luxosos e se beneficiaban dos tratamentos hidroterápicos máis sofisticados da época.

A vida cotiá dos bañistas As viaxes aos balnearios no século XIX constituían unha aventura. As familias máis humildes adoitaban acudir ás casas de baño máis próximas para aforrar parte dos onerosos custos do traxecto e levar consigo algúns útiles de cociña e mobiliario doméstico, o que lles facía a estancia máis agradable e barata.


8

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Terraza do café do Balneario de Mondariz, coa banda de música amenizando a estancia dos bañistas


9

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Plano da urbanización da Illa da Toxa

A arquitectura dos balnearios O capital dispoñible, a tecnoloxía, a vocación dos propietarios e as modas influíron de xeito determinante nas instalacións balnearias que se erixiron en Galicia desde o século XVIII.

Balneario de Arteixo, obra de Juan Ciórraga, arquitecto que impulsou as galerías da Coruña

Antonio Palacios proxectou a Fonte da Gándara e a planta de embotellado, o edificio La Baranda e o Hotel Sanatorio de Mondariz

Daniel Vázquez-Gulías

A arquitectura balnearia resultou tan heteroxénea como o sector balneario. Atopamos desde establecementos modestos, apenas uns alpendres para protexer da intemperie (Cortegada ata 1938), ata instalacións á moda da Belle Époque (A Toxa, Mondariz), con hotel, buvette, xardíns, etc. Arquitectos como Jenaro de la Fuente e Daniel Vázquez Gulías deseñaron edificios modernistas de gran maxestosidade. Ademais, este último encargouse da construción, a menor escala, do Gran Balneario do Carballiño a finais do século XIX. Non todos superaron con éxito a proba do tempo. Mentres que Mondariz e Guitiriz restauraron as construcións orixinais, o fastuoso Gran Hotel da Toxa reformouse en 1945 a partir do proxecto do arquitecto Francisco Javier Sanz e supuxo a desaparición do magnífico edificio trazado por Vázquez Gulías. O hotel do Balneario de La Virgen (Cuntis) sufriu dúas remodelacións en 1945 e 1963, de maneira que só se conserva a fachada de pedra decimonónica do baixo e do primeiro piso. En cambio, o do Carballiño conserva a súa fisionomía case intacta. Balneario de Dávila en Caldas de Reis

Gran Balneario do Carballiño, na actualidade

Balneario de Partovia, no concello do Carballiño

O balneario Acuña, en Caldas de Reis, foi proxectado por Antonio Palacios


9

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Balneario de Lugo, proxectado polo arquitecto EfrĂŠn GarcĂ­a


10 Traballadores de Fontenova

Antiga embotelladora de Fontenova

Mondariz, Fonte do Val, Céltigos, Sousas, Cabreiroá e Fontenova, coas súas augas embotelladas, e A Toxa, cos seus xabóns, son casos representativos. A última vendeu 59.000 pastillas de xabón de toucador e frascos de sales de baño en 1905. En vésperas da I Guerra Mundial, producía unhas 400 toneladas para o consumo local e exterior.

A carón da fonte do Incio colocouse unha sinxela máquina para embotellar

A Península Ibérica, América, Europa, África e mesmo Asia constituíron mercados para a auga embotellada dos mananciais galegos. Sousas e Caldeliñas exportaban entre 8 e 9 mil botellas anuais desde a década de 1870 cara a España e Portugal e, en menor medida, a Inglaterra e Francia. Vilaza rexistraba cifras de 6.800 botellas en 1901. A aceptación foi tal que Mondariz, un dos principais produtores galegos, obtivo a concesión de provedor da Real Casa e a autorización para usar o escudo de armas real nas facturas e etiquetas do establecemento por real orde de 11 de decembro de 1888. En suma, un negocio florecente que prosegue na actualidade.

Frota de camións de Fontenova contra os anos sesenta

As augas embotelladas e outras actividades industriais As funcións dalgúns balnearios galegos estendéronse máis aló da clásica oferta de baños e auga mineiromedicinal en bebida aos bañistas/auguistas. Varias fontes resultaron susceptibles dunha maior comercialización mediante a actividade de embotellado das súas augas e a fabricación de xabóns e sales minerais.

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia


10

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Empregadas na f谩brica de xab贸n da Toxa nos anos 30


11

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Unha das primeiras imaxes da publicidade directa dos balnearios galegos, deseñada por Castelao

Stand de Aguas de Mondariz na Exposición Universal de Bruxelas, 1897

A publicidade No século XVIII e na primeira metade do XIX, os baños termais promocionábanse na prensa coa finalidade exclusiva de información puntual aos doentes.

Artigos ocasionais (as novidades dalgún establecemento) ou de inserción obrigatoria (datas anuais de apertura dos baños) poboaban as páxinas da prensa xeneralista (Diario Curioso, Semanario Erudito), especializada (Semanario Médico, Pabellón Médico) ou na propia Gazeta de Madrid.

Pazo do Trocadero en París, na Exposición Universal de 1878, que premiou as augas de Carballo e A Toxa

Vista da Exposición Universal de Barcelona de 1888, onde foron galardoadas algunhas augas galegas

Na época da Restauración (1874-1929), as empresas máis consolidadas saíron buscar clientes estranxeiros e publicitaron as súas augas nas exposicións universais. Dese xeito, levaron cadansúa medalla de prata as augas de Carballo e A Toxa na Exposición Universal de París de 1878. En 1888, a de Barcelona distinguiu as augas de Mondariz cunha de ouro, o máximo galardón. A de Madrid de 1898 concedeu un diploma extraordinario ao balneario de Pontecaldelas. E cando apareceron as dúas vilas termais, os grandes premios da exposición de Madrid de 1907 alcanzaron A Toxa e Mondariz, unha medalla de ouro para Fontenova e outra de bronce para Pontecaldelas. Tamén a literatura de viaxes foi unha canle paralela de promoción. Os grandes diarios e semanarios (El Imparcial, A Ilustración Española e Americana) enviaban como correspondentes a escritores de sona á Toxa e Mondariz (entre eles Azorín, Juan Ramón Jiménez e Emilia Pardo Bazán), algo que tamén se estendeu en pequena escala á prensa da emigración. As empresas, por outra banda, comezaron a impulsar as primeiras imaxes corporativas (a de Mondariz foi deseñada por Castelao). Finalmente, as tarxetas postais contribuíron a estender o coñecemento dos balnearios galegos en España e no mundo.

O escritor José Martínez Ruiz, Azorín, nunha estadía en Mondariz

O xornal La Temporada de Mondariz, impreso no propio balneario, informaba das actividades que se organizaban para os bañistas


11

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

Stand de Mondariz na Expoci贸n de Sevilla, 1929


Coa lección inaugural do profesor Luís Rodríguez Míguez, “O termalismo en Galicia de cara ao século XXI”, inaugurouse oficialmente o día 1 de marzo na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago a segunda cátedra en España dedicada á Hidroloxía Médica. Fomentar a docencia, a investigación e a difusión dos coñecementos nese campo da medicina son os seus principais obxectivos

12

O lecer das augas

O actual presidente, Rafael Luaña de la Viña, foi elixido na asemblea celebrada o día 17 de febreiro de 2009 no Balneario de Guitiriz

Historia dos Balnearios de Galicia

A Asociación organiza periódicamente xornadas, cursos e seminarios sobre temas de interese para o sector

Antonio Garaloces (presidente AEITEGAL), María Antón (subdirectora xeral de Ordenación do Turismo, da Consellería de Cultura e Turismo) e Pedro Figueroa (grupo de investigación G4+ da Universidade de Vigo).

Os balnearios de Galicia lideran o sector en España, pois representan arredor do 20 por cento da oferta. Segundo un estudo de TURESPAÑA realizado no ano 2008: “Galicia é a Comunidade Autónoma coa oferta máis competitiva de balnearios para os segmentos de mercado prioritario a nivel internacional”. O sector do termalismo galego recolle actualmente un conxunto de empresas interrelacionadas. Cómpre salientar o efecto multiplicador destas actividades sobre o desenvolvemento socioeconómico e sustentable dos territorios onde se asentan. A Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, constituída en abril de 2010, está integrada por 53 empresas, que achegan unha importante actividade económica: máis de 370 millóns de euros de facturación e ao redor de 3.360 empregados (datos do ano 2009). Tamén están asociadas as tres universidades galegas e diversas administracións públicas con competencias no sector.

Marcial Campos Fariña foi presidente da Asociación Nacional de Balnearios, da Organización Mundial do Termalismo e da Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal (1977-1992). Estas últimas entidades, en colaboración con Termas de Cuntis, patrocinan o Premio Internacional “Marcial Campos” á Investigación Termal

Tanto a Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia (impulsada pola Secretaría Xeral para ou Turismo, da Consellería de Cultura e Turismo) como o Clúster da Auga Mineral de Galicia (promovido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria) están chamados a ser centros xeradores de proxectos cooperativos e innovadores que fagan das augas minerais un recurso estratéxico pola súa contribución á dinamización socioeconómica de Galicia.

O universo asociativo En 1906 constituíuse en España a Asociación de Propietarios de Balnearios y Manantiales, refundada en 1928 co nome de Asociación Nacional de la Propiedad Balnearia. Na actualidade denomínase ANBAL (Asociación Nacional de Balnearios). En 1985 dez empresarios constituíron a Asociación Galega da Propiedade Balnearia, coa finalidade de representar e promocionar o sector termal galego. Actualmente, a Asociación conta con vinte balnearios asociados, o que representa máis do 90 por cento do sector en Galicia.


12

O lecer das augas

Historia dos Balnearios de Galicia

A AEI Termal de Galicia SERVIZOS AVANZADOS ESPECIALIZADOS

(consultoría, enxeñería, servizos técnicos…)

INNOVACIÓN E FORMACIÓN

(Universidades,. Profesional,Inst. Información, Centros de I+D+i…)

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

(Sec. de Estado de Turismo, Segittur, Turespaña, Sec. Xeral para o Turismo, Turgalicia, IET de Galicia, Vilas e Municipios Termais

COSMÉTICA AUGAS MINERAIS NATURAIS

BALNEARIOS

TALASOTERAPIA

CONSTRUCIÓN E OBRA CIVIL ESPECIALIZADA

ALIMENTACIÓN

PISCINAS E EQUIPAMIENTO TERMAL

PRODUCTOS HIXIENE E LIMPEZA

ENERXÍAS ALTERNATIVAS

PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN PROMOCIÓN PÚBLICA/PRIVADA

AXENCIAS MAIORISTAS TOUR OPERADORES ...

6 ENGARRAFADORAS DE AUGAS MINERAIS NATURAIS 3 TALASOS 19 BALNEARIOS

O seu fin principal é liderar as actividades de saúde e benestar vinculadas á auga mineral e mariña en España e converter a Galicia nun destino turístico de saúde e benestar de excelencia, recoñecido internacionalmente a través da cooperación, a innovación, a sustentabilidade, a accesibilidade e a calidade.

Socios de número

As actividades empresariais relacionadas coas Augas Termais e Minerais constitúen a base turística e industrial de AITEGAL, e supoñen en Galicia máis de 126 millóns de euros de facturación e máis de 1.700 empregos directos. Facturación e emprego amplamente incrementados ao considerar as actividades relacionadas (servizos de apoio, bens de equipo, subministros complementarios…), e estímanse en conxunto uns 600 millóns de euros de facturación e 5.000 empregos directos.

53

Socios colaboradores

4

Socios institucionais

10

Entidades que integran AEITEGAL (1-XI-2010)

67


O rexurdimentodos balnearios galegosnos tempos da Ilustración