Page 1

DEPARTAMENTO ADMINISTRATIVO CM Xestión administrativa

IES DE CURTIS

MÓDULOS 1º Curso MÓDULO: Inglés

160 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as competencias que lle permitan comunicarse en inglés no desenvolvemento das actividades profesionais propias do nivel formativo deste técnico neste sector. Trátase dun módulo eminentemente procedemental en que se desenvolve a competencia comunicativa en inglés necesaria no contorno profesional, tanto a nivel oral como a nivel escrito. A competencia comunicativa en inglés ten que ver tanto coas relacións interpersoais como co manexo da documentación propia do sector.


MÓDULO: Operacións administrativas de compravenda

133 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de apoio administrativo e de atención á clientela, dos departamentos de compra, de vendas ou comerciais, así como de almacén, aplicando os protocolos de calidade establecidos pola empresa. Abrangue aspectos como: •Formalización, confección, recepción e tramitación da documentación administrativa e comercial con clientela, utilizando medios convencionais e telemáticos. •Uso e aplicación das diversas técnicas de comunicación para informar e asesorar a clientela, en condicións de seguridade. •Desenvolvemento e formalización de procesos e protocolos de calidade asociados ás xestións administrativas e comerciais. •Control da xestión de almacén, aplicando os sistemas de xestión de existencias. •Actividades de pagamento e cobramento, seguindo os protocolos establecidos. •Trámites administrativos das obrigas fiscais da empresa.


MÓDULO: Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

160 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar algunhas operacións administrativas establecidas no procedemento da xestión de tesouraría necesaria para a adecuada xestión financeira da empresa. Esta función abrangue aspectos como: •Control da caixa e do banco. •Identificación dos documentos de cobramentos e pagamentos. •Identificación dos intermediarios financeiros. •Diferenciación dos instrumentos financeiros. •Determinación de cálculos financeiros bancarios básicos. •Aplicación de ferramentas informáticas de xestión de tesouraría.


MÓDULO: Técnica contable

133 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de apoio na área contable da empresa. Esta función abrangue aspectos como: •Especificación dos elementos patrimoniais. •Caracterización da metodoloxía contable. •Codificación dos elementos patrimoniais en contas segundo o PXC. •Rexistro de feitos económicos básicos. •Uso de aplicacións informáticas específicas. •Actualización do plan contable na aplicación informática. •Copias de seguridade.


MÓDULO: Tratamento informático da información

267 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de instalación e explotación de aplicacións informáticas. Esta función abrangue aspectos como: •Procura de software de aplicación adecuado ao contorno de explotación. •Instalación e configuración de aplicacións ofimáticas. •Elaboración de documentos e patróns. •Resolución de problemas na explotación das aplicacións. •Asistencia ao usuario.


MÓDULO: FOL

107 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumno ou a alumna se poidan inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector administrativo e financeiro.


MÓDULOS 2º Curso MÓDULO: Empresa e Administración

123 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de apoio administrativo ás tarefas que se leven a cabo na empresa, polo que se refire ás súas obrigas fiscais e á súa relación con organismos públicos. Esta función abrangue os seguintes aspectos: •Apoio administrativo na elaboración de documentos referidos á fiscalidade da empresa. •Apoio administrativo na relación da empresa cos organismos públicos.


MÓDULO: Comunicación empresarial e atención á clientela

123 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións relacionadas coa comunicación na empresa, tales como: •Recepción de visitas e atención telefónica. •Recepción, tramitación e xestión de documentación. •Atención á clientela ou ás persoas usuarias. •Elaboración, rexistro e arquivo de documentación. •Aplicación de técnicas de comunicación adecuadas á situación de atención ou asesoramento á clientela. •Realización das xestións pertinentes cos departamentos afectados para consultas, reclamacións e atención posvenda. •Tramitación de reclamacións e denuncias. •Aplicación de estándares da calidade na prestación do servizo. •Aplicación de técnicas de márketing como medio de potenciación da imaxe da empresa.


MÓDULO: Empresa na aula

156 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións que realiza o persoal auxiliar administrativo, de xeito integrado e nun contexto real, ademais dalgunhas funcións propias da área comercial da empresa. Preténdese que o alumnado aplique neste módulo todos os coñecementos, os procedementos e as aptitudes que se adquirisen ao longo do seu proceso de aprendizaxe, e que realice os traballos de apoio administrativo em cada área funcional da empresa creada para este propósito. Esta función abrangue aspectos como: •Apoio administrativo nas áreas de aprovisionamento, de recursos humanos, contable, fiscal e financeira da empresa. •Atención á clientela. •Venda. •Traballo en equipo.


MÓDULO: Operacións administrativas de recursos humanos

123 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de apoio administrativo ás tarefas que leva a cabo o Departamento de Recursos Humanos. A función de apoio administrativo abrangue aspectos como: •Elaboración da documentación relativa á selección do persoal. •Elaboración da documentación xerada na formación do persoal. •Elaboración da documentación e comunicacións internas do departamento. •Elaboración de documentación respecto aos sistemas de motivación. •Xestión da documentación relativa á contratación e remuneración do persoal. •Xestión documental xerada na aplicación da normativa de protección de datos e de protección de riscos laborais, e aplicación dos procedementos de calidade.


MÓDULO: Tratamento da documentación contable

105 horas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de rexistro contable. Esta función abrangue aspectos como: •Preparación e rexistro de documentos soporte. •Rexistro de feitos contables habituais. •Uso de aplicacións informáticas específicas. •Aplicación da normativa contable. •Operacións de apertura e pechamento contable. •Comprobación e verificación da contabilidade.

Módulos - Resumo  

Resumo Módulos do CM Xestión Administrativa

Advertisement