Page 1

OS LAGOS DE TITÁN

A NASA estiveron investigando onde había vida noutros planetas, pero non encontraron nin rastro de auga en ningún sitio. Pasaron os meses e cada día que pasaba preguntábanse, “si hai vida na Terra, porque non hai noutros planetas como Saturno, Marte?” A situación dos investigadores era moi crítica porque non daban encontrado nada e algúns volvíanse tolos, querían encontrar algo aínda que fose unha gota de auga. Pasados 5 meses, os investigadores crearon unha nave para que A NASA fose a Saturno. Tardaron dous anos en construír unha nave que os puidese levar hasta alí sen ningún fallo. Despois de un mes decidiron despexar ata Saturno. Os da NASA estaban moi ansiosos. Cando chegaron a Saturno, viran uns lagos e uns pescadores estaban alí cas súas barcas. Os da NASA quedaron impresionados, pensaban que era un soño. Pero non, non era un soño, eran unhas familias que chegaron a parar alí mentres pescaban na mar de Ribeira. Eles non saben como chegaron a parar alí, nin o porque. Estaban asustados pero seguían pescando, era como si estiveran en Ribeira pero nuns lagos. Os da NASA quedaron en falar con eles e facerlle unha entrevista. Non era normal que deran a parar alí sen ningún motivo. A muller dun pescador encontrou unha nota escrita polo seu pai. Que poñía “Non te asustes polo que poda pasar algún día tiña que pasar isto”, a muller non entendía nada. Ao cabo do tempo os da NASA e os mariñeiros pensaron que podía ser un soño, piliscábanse e nada non espertaban. Un pescador recordou que antes de parar alí neses lagos viu unha luz e seguiuna ata parar nos lagos de Titán. Unha voz lle dicía sigue a luz, e el seguiuna. Non era un soño, eles pensaban que os colleran uns extraterrestres, pero os astronautas crían que estaban mortos. Os astronautas seguiron investigando pola súa conta. Non daban encontrado ningunha pista que lles puidera dicir como chegaron a parar alí.


Un dos astronautas preguntouse “Se están mortos, como puidemos falar con eles?”. Seguían nunha encrucillada. Os astronautas non sabían que facer para conseguir o porque e como chegaron a parar alí os pescadores. Aos poucos días un astronauta intentoulle pegar a un dos astronautas da nave, e non lle fixo nada. Eles quedaron a pensar e a ver vídeos que a nave gardaba cada día. Viron dous vídeos, como si se parara a nave de súpeto e quedaran inconscientes, e no non estaban inconscientes, quedaran sen osíxeno.E despois nos seguintes vídeos xa non se vía nada só os corpos, e eles non se deran de conta. Levaban meses mortos por iso podían falar cos pescadores, porque os pescadores tamén estaban mortos. Quedaron asustados e impresionados ao descubrir que estaban mortos, e dixéronllo aos pescadores, pero os pescadores non se asustaron porque xa era moi raro que levaran alí moito tempo e non morreran nin lle pasara nada.

Os astronautas e os pescadores seguiron nos LAGOS DE TITÁN normalmente, como estaban antes. Seguían pescando e os astronautas intentaron comunicarse cos da NASA pero déronse de conta que


estaban mortos e non lles ía escoitar nin ver pola cámara de vídeo. Mandáronlle a NASA un vídeo dos corpos.

Os lagos de titán  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you