Page 1


Lugar: Auditorio Municipal de Narón Título: Os músicos de Bremen Compañía: Paraíso Contido: É o conto dos músicos de Bremen adaptado ao teatro. Conta como un burro, un can, un galo e unha gata, xúntanse para formar un grupo musical que, con música e poesía, contan as súas desventuras ao público. Ao can, deixábano na porta pola noite morto de frío. Á gata non lle deixaban entrar na casa e non lle daban de comer. O pobre galo tiña que estar coidando das galiñas mentres non o metesen na pota para comelo. Pero o peor de todos era o asno, porque lle mandaban cargar pesos tódolos días. Todos estaban cansos desas vidas, e un bo día, viron todos un cartel no que había unha cidade preciosa, onde os gatos cantaban e xogaban nos tellados, os asnos comían palla, os cans durmían tranquilos e os galos cantaban no galiñeiro. Así que cada un polo seu lado decidiu fuxir da casa, e así foi como se coñeceron no camiño. Andan e andan durante días, Opinión: ata que atopan unha casa abandonada e quedan a durmir Pareceunos unha obra moi nela, pero o queademáis non sabende é que esa noite íanse refuxiar alí interesante, uns ladróns, mais eles conseguen espantalos e deciden quedar entretida e educativa aporque vivir alí. ensina unha boa lección: Intenta resaltar como coa unión pódese vencer aos máis fortes (neste caso aos ladróns). Ademáis ten unha gran dose de humor. O vestiario non era moi bonito, pero as cancións estaban moi ben, ao igual que os decorados.


Nerea, Zeltia, David, Soraya e Estela. 6ยบ curso.


O Nadal

no

cole


O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz 2009, aquí vos deixamos as fotos dalgunhas das actividades que fixemos durante ese día.


O ENTROIDO No 2009 celébrase o Ano Internacional da Astronomía e no cole non quixemos pasalo por alto, así que este ano o entroido en San Isidro estivo adicado á astronomía.


OS VOLUNTARIOS No traballo de convivencia escolar queremos recoñecer o IMPORTANTÍSIMO labor dun grupo de alumnos e alumnas de 6º "OS VOLUNTARIOS".Eles, voluntariamente, e por turnos, preocupáronse a diario de que nos recreos a convivencia e a aplicación de valores fora algo normal. Encargáronse de que os cubos de lixo selectivo foran ben utilizados, que non se tirara lixo no chan, de valeirar nos contedores do Concello o lixo selectivo (plástico e papel) que xeneramos no colexio, de que nos recreos houbera orde e responsabilidade de quen collía un xogo na ludoteca, de que os nenos puideran ter os xogos no patio(bolos, aros, combas, zancos, raquetas...) controlando o seu préstamo e facendo responsabilizar a todos do seu coidado e devolución, mediar nalgunha rifa no patio, que cadaquen utlizase a zona de patio que lles correspondía, etc. ¡GRACIAS A TODOS ELES POR APORTAR O SEU TEMPO PARA QUE OS DEMAIS O PASARAN MELLOR! OS VOLUNTARIOS FORON: DAVID, JUAN, ZELTIA, NEREA, REBECA, SORAYA, JUAN ANTONIO, ESTELA E CRISTINA.


Chegado o final do curso temos facer un resumo das actividade deportivas nas que participaron os equipos do colexio. É o momento de ver os resultados e sobre todo felicitar aos compañeiros e compañeiras que participaron nos diferentes campionatos, sobre todo por iso, por participar e traballar, adestrando todo o ano. A mensaxe que dende o colexio queremos dar a todos é o mesmo que tódolos anos, “o mais importante é que todos o pasaran moi ben e disfrutaran xogando e participando en grupo, cos compañeiros”, porque a relación deporte-amistade-compañeirismo é o fin que buscamos dende o cole cando participamos en calquer actividade deportiva. Este ano non se puido facer o equipo de minibasket, pero si se conseguiu facer un grupo dun deporte completamente diferente, O DUATLON, que é unha proba combinada de atletismo e ciclismo. A actividade de duatlon empezou a funcionar este curso como actividade extraescolar (dous días á semán) no mes de novembro. Pódese participar a partir de 5º ata 4º de ESO. Ata hoxe mantéñense todos os nenos e nenas que empezaron ampliándose durante o curso con algún neno do Instituto. O grupo está formado por 10 nenos e nenas de 10 a 14 anos e os entrenadores Roberto e Emilio. Esperamos que no curso que ven consolidemos este grupo e o ampliemos, para empezar a entrenar co inicio do mesmo e poder mellorar mais os resultados deste ano. Animádevos a participar, pódeno facer nenos e nenas de calquer colexio ou instituto. Como vedes gústanos quedar ben clasificados pero sobre todo que fagades deporte divertíndovos, facendo grupo e amigos porque somos un equipo e é importante o esforzo de todos, os que quedan ben e os que non quedan tan ben. Deste xeito e cun equipo xa feito dende o inicio de curso, participamos, por terceiro ano consecutivo, no campionato escolar de duatlon. Participamos con dous equipos (alevín masculino e alevín feminino) e con dous participantes individuais na categoría infantil en duas probas previas, Santiago e Ferrol, e no campionato provincial en Vedra, preto de Santiago.Os resultados individuais non foron moi bos (Eli foi o mellor no posto 13), xa que o nivel era bastante alto. Na proba de equipos do campionato provincial si que temos que destacar o primeiro posto do equipo alevín feminino, composto por Sara e María de 5º e Sara González de 6º (que ainda que non ven ao noso colexio compite con nos). Queremos destacar o mérito deste premio porque se conseguiu gracias ao esforzo colectivo do equipo. Ainda que unha das compoñentes chegou moi fatigada nas últimas posicións, antes que abandonar, aportou o seu esforzo para conseguir o premio xa que teñen que puntuar as tres compoñentes do equipo. O equipo alevín masculino composto por Eli, Kevin e Fabián non puido subir ao podium. Ao igual que o ano pasado temos que destacar o esforzo de tódolos participantes, xa que non sendo especialistas neste tipo de probas, enfrentáronse a nenos e nenas mais experimentados rematando todos e todas as duas probas non producíndose ningún abandono. O duatlon alevín consiste nunha carreira de atletismo de 1 km., a continuación outra en bicicleta de 4 km. e rematar correndo un tramo de 500 m. Na categoría infantil as distancias duplícanse. O tempo que invertiron os participantes do noso colexio oscilou entre 19 e 28 minutos. Noraboa a todos e todas polo seu gran esforzo. En canto ás probas de atletismo, o 23 de maio celebrouse o XVI Cross escolar “Concello de Neda” no colexio Maciñeira. A pesar de que o tempo non axudou, e choveu durante toda a proba, a participación dos nen@s do colexio foi moi boa e os resultados tamén. Na clasificación de corredores do Concello de Neda os resultados foron: En alevín masculino, Kevin e Juan Antonio foron 2º e 3º, en alevín feminino, Sara foi a 1ª. En benxamín masculino José foi o 1º e Adrián Yáñez o 3º. En benxamín feminino (3º e 4º curso) non houbo participación de ningunha nena do noso colexio. En prebenxamín masculino Anxo e Antón foron 1º e 2º e en prebenxamín feminino Laura foi a 1ª. Noraboa a todos (nen@s e pais) e gracias pola vosa participación e colaboración. Nos recreos tamén celebramos varias actividades durante o curso. No outono e tal e como di o refrán “Polo San Martiño o peón ao camiño”, fíxose o campionato de peón. O gañador foi Eli, o segundo Juan e o terceiro Iván, todos eles de 6º.


Xa na segunda metade do curso celebramos varios campionatos por cursos tanto de fútbol-sala como de bádminton ou futbolín. Nestes campionatos participan, como complemento das actividades de Educación Física, a totalidade do alumnado de cada curso. No momento de editar este xornal non temos os resultados finais dos campionatos de bádminton e fútbol-sala pero no de futbolín resultaron gañadores, no 2º ciclo, José e Sergio, sendo os subcampións Marcos e Carlos. Todos eles son de 4º. No 3º ciclo as gañadoras foron Rebeca e Soraya, de 6º, e os subcampións Lydia (5º) e Borja (6º). Agardemos que o curso que ven vos animedes mais nenos e nenas a participar nos deportes propostos dende o colexio (sobre todo os que ides a empezar 3º e 4º), para poder volver a facer equipos no mesmo como o de duatlon deste ano ou o de baloncesto do ano pasado. ¡Papás e mamás, animáde aos vos@s fill@s!


rpoba  

Proba de revista