a cidade dos barrios

Page 16

Media Fase-1

Media Fase 1 54%

Fase 1.1 Fase 1.2 Fase 1.3 Fase 1.4

Fase 1.2 64%

Fase 1.1 36%

Fase 1.4 68%

Fase 1.3 54% Entre Todas

Entre Todos

Cidadans

Cidadans Técnicos

¿Quen debe tomar as decisións?

Técnicos Politicos

un proceso de participación inmellorable, ou asumen a realización de enquisas aos seus electores/cidadáns para comprobar ou contrastar a “toma de temperatura” sobre un feito o circunstancia concreta, como un exercicio extraordinario de horizontalismo e apertura á sociedade – omitiremos a facilidade de trastocar e manipular preguntas e respostas por parte de quen as formula e avalía-; para moitos colectivos sociais polo contrario os mínimos que deben rexir calquer proceso minimamente participativo son, entre outros, a transparencia e o seguimento dos procesos, algo que dista moito das consultas fugaces e unidireccionais (de arriba a abaixo) formuladas dende as élites. Dende esta perspectiva, resulta obvio que o termo participación da lugar a múltiples interpretacións e usos demagóxicos, xa que mentres para os máis compracentes ir votar, facer parte de movilizacións ou opinar en foros de debate é participar (e sen dúbida tamén o é), para outros máis críticos únicamente aqueles mecanismos de participación onde se garanta un espazo na toma de decisión son sinónimos de tal calificación. No caso que nos ocupa, e ao abeiro dos resultados das enquisas, decatámonos que a meirande parte dos residentes nas diferentes fases -agás na 1.1, onde se confía algo máis nos técnicos– (Matogrande, Monelos e barrio das Flores), son partidarios da xestión conxunta á hora de tratar temas que atinxen á cidadania no seu conxunto.

¿Quen debe tomar as decisións?

Politicos

Cando non é así, defenden prácticamente por igual tanto a súa presencia como a dos propios técnicos nos procesos de toma de decisións. Porén, onde semella que se establece unha maior sintonía entre as distintas áreas, é a hora de outorgarlle a menor das confianzas á clase política. No análise dos dados por grupos de barrios ou fases, temos a primeira vista dous bloques, por un lado a Fase 1.1., que se presenta como a “máis conservadora”, dende a óptica máis horizontalista ou participativa, xa que prefiren delegar preferentemente a toma de decisión aos técnicos ou expertos, ao mesmo tempo que lle ceden aos políticos a cifra máis alta de confianza cun 10%; fronte a esta “visión un tanto tecnocrática”, sitúanse o resto das zonas 1.2., 1.3. e 1.4., destacando entre todas elas a fase 1.3. (Montealto e Adormideras) como aquela que reclama unha maior presencia e peso dos cidadáns na toma de decisións. De gran interese resulta tamén, profundizar un pouco máis no concepto de participación en base á idade das persoas entrevistadas; nesta líña á pregunta de “quen debe de tomar as decisión”, seguía outra -a que tan só respostaban as persoas que tíñan contestado “entre todos/as”-, na que se lles preguntaba “cal debería de ser a decisión determinante”. Nesta líña, o que revelan os dados é que a medida que aumenta a idade dos individuos, a súa permisividade 016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.