Page 1

facendo Lugo información municipal de ACE-EU

I- 2019

Pasarela ao Anxo Carro: gasto desproporcionado e inútil

O goberno acaba de licitar as obras sen permiso do Estado e a Xunta, e sen cumprir sequera a normativa básica de accesibilidade

P4

Caudal Fest, festival da indecencia política

P7

O Concello de Lugo aplicará a perspectiva de xénero no urbanismo e mobilidade grazas a unha proposta de ACE-EU


NA RÚA

2

Pasarela ao Anxo Carro: gasto desproporcionado e inútil Lara Méndez ocultou as conclusións do estudo de viabilidade que desaconsella a construcción desta pasarela por resultar innecesaria O estudo de viabilidade

arcas do Concello, e acaba

cia do secretario municipal

quisitos dos pregos de con-

Canto máis se afonda neste

da pasarela peonil para o

de licitar as obras sen o per-

emitida o 10 de maio. “Tras

dicións para a redacción do

proxecto máis se confirma

Anxo Carro que será finan-

miso do Estado e a Xunta”,

ler o contido do informe en-

proxecto, que esixe o uso

que é un absoluto despro-

ciada polos fondos euro-

sinala Carlos

Portomeñe,

tendemos a demora en ser

de recursos locais, en con-

pósito dende tódolos puntos

peos da Estratexia DUSI,

voceiro de ACE-EU. “Lara

entregado e que a alcalde-

creto madera e pedra, para

de vista, tanto político como

concluíu que non se consi-

Méndez está xogando sen

sa non quixera amosar os

a construcción da pasarela.

técnico.

dera adecuada a execución

pudor cos cartos públicos,

estudos de viabilidade nas

Contradicindo os requisitos

de ningunha pasarela nes-

Moitas opcións alternativas

tes momentos. Sen embar-

á pasarela

go, a alcaldesa ocultou as

ACE-EU pide que o gober-

conclusións da obligatoria

no local desista de construír

fase de análise de viabilida-

unha pasarela que será con-

de e anunciou un proxecto

traproducente por resultar

do que os técnicos avisa-

un gasto inútil e non aportar

ron literalmente que “a súa

realmente un novo itinerario

ubicación non supón unha

que a veciñanza vaia apro-

alternativa real aos actuais

veitar e que sirva de verda-

pasos” polos que a xente xa

de para achegar o centro

accede camiñando ao cam-

urbano coa zona do río, e

po de fútbol do C.D. Lugo,

xa comunicou a proposta

que son de menor recorrido.

de varios itinerarios alter-

Este é un feito de suma gra-

nativos para que se explore

vidade que podería supoñer

a súa viabilidade dende o

un delito de malversación

Planos do proxecto de pasarela

de caudais públicos e frau-

tanto europeos como muni-

Comisións de Seguemento

do prego, a pasarela proxec-

de de subvencións europeas

cipais, destinando centos de

da EDUSI, a pesares de que

touse en aceiro e formigón.

Dúas das propostas son

por parte da alcaldesa Lara

miles de euros a unha obra

foron solicitadas de xeito

Isto é de suma importancia

máis ambiciosas e custosas,

Méndez, ao decidir encar-

mastodóntica e inxustifica-

reiterado polos grupos po-

non só porque fai anulable

pero implicarían reformas

gar un proxecto a saben-

da, como así está recollido

líticos, tal como consta en

o proxecto en si mesmo,

estruturais e duradeiras: o

das de que non é necesario

na documentación que se

acta, e de que é a súa obriga

senón porque incumpre un

soterrado da N-VI dende

por existir xa varios accesos

ocultou tanto aos grupos

facelo tal como establece a

dos obxectivos principais da

o estadio Anxo Carro ata o

equipo de traballo da Estratexia DUSI.

peonís baixo a estrada na-

acceso ao aparcamento do

cional máis curtos.

balneario, en primeiro lugar; e a eliminación do tra-

Dobre custe

mo da estrada N-VI dende o

Por se fóra pouco, o

mesmo campo de fútbol ata

proxecto xa dobra o cus-

o acceso ao aparcamento

te orzamentado no estudo

do balneario, previo estudo

de viabilidade, pasando de

das alternativas factibles ao

458.745 euros +IVA a su-

tráfico rodado.

perar os 988.000 euros no

ACE-EU tamén leva anos

proxecto definitivo. “A alcal-

insistindo na necesidade de

desa está timando á cida-

recuperar os camiños tra-

danía de Lugo, ignorou de-

dicionais que unían o casco

liberadamente os informes

histórico co río Miño e que

técnicos

solicitados

polo

municipais como á cidada-

Lei de Bases do Réxime Lo-

estratexia DUSI marcados

aínda existen, aínda que en

propio goberno local me-

nía. Estamos ante un engano

cal”, relatou Portomeñe.

pola UE, que é a reducción

malas condicións de conser-

diante un concurso público

inadmisible”.

de emisións de CO2, polo

vación. Unir a súa recupera-

que deben escollerse ma-

ción á solución para cruzar

descu-

teriais máis neutros na emi-

de xeito seguro a N-VI é ou-

e do que xa tiña os resul-

ACE-EU solicitou por es-

Incumprimentos legais

tados negativos dende hai

crito copia deste estudo de

máis dun ano, encargou de

viabilidade en abril e non

briu que a obra proxectada

sión de gases e máis próxi-

tra das posibilidades máis

tódolos xeitos a redacción

se lle facilitou ata finais de

non cumpre a legalidade en

mos para evitar as emisións

sinxelas a un tempo que

do proxecto constructivo

xuño, despois de moita in-

materia de accesibilidade

de carbono producidas polo

respectuosas co patrimonio

que xa custou 28.645,83 ás

sistencia e dunha providen-

e nin sequera aplica os re-

transporte

histórico.

ACE-EU

tamén

de

materiais.


NA RÚA

3

O PXOM modificarase a iniciativa de ACE-EU para protexer o territorio histórico do Camiño Primitivo do Carme e os tramos de carrís bici) tamén se atopa comprometida e queda en entredito a súa compatibilidade cos criterios de protección dun BIC na modalidade de territorio histórico. Como leva tempo insistindo ACE-EU, toda a estratexia DUSI debería ser reconducida agora que se está a tempo para cumprir os requisitos de conservación patrimonial. “Os proxectos estrela de Lara Méndez acaban estrelados pola súa continua

improvisación e xestión electoralista”, fixo fincapé o voceiro de ACE-EU. “Tras esta inequívoca indicación da Dirección Xeral de Patrimonio xa non hai escusa para que o goberno local non estude alternativas á construción da pasarela ao Anxo Carro, que se concluíu xa innecesaria nos propios estudos de viabilidade. De persistir a alcaldesa na súa decisión de construír esta pasarela resultaría un atentado a sabendas contra un Patrimonio da Humanidade.”

Avanzando na recuperación de camiños históricos: a vía XIX

Trama urbana do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. A zona gris constitúe o seu territorio histórico.

ACE-EU conseguiu que o Pleno aprobase a súa proposta de modificar o Plan Xeral para solucionar a grave situación de desprotección na que se atopa un Patrimonio da Humanidade como é o Camiño Primitivo, xa que o PXOM non está adaptado á delimitación oficial do seu trazado nin do seu territorio histórico, que está catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) segundo o que dita a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Este grupo municipal leva meses avisando de que tódalas intervencións plantexadas polo goberno local dentro da Estratexia DUSI para conectar a cidade co Miño invaden o ámbito de territorio histórico do Camiño Primitivo, polo que se estaría incumprindo a legalidade executando os devanditos proxectos sen a autorización expresa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O executivo de Lara Méndez non tivo en conta a especial protección deste espazo nos estudos de viabilidade encargados, e nin sequera o propio PXOM de Lugo está adaptado á delimitación oficial do Camiño Primitivo, aprobada por decreto autonómico en 2012, polo que

Os proxectos estrela de Lara Méndez acaban estrelados pola súa continua improvisación e xestión electoralista ACE-EU considerou un acto de responsabilidade política solicitar no Pleno a modificación do Plan Xeral para solucionar esta temeraria situación de ostracismo institucional que sofre todo o territorio histórico do Camiño Primitivo. É unha obriga legal de tódolos concellos polos que pasan as rutas dos Camiños de Santiago a adaptación do seu planeamento urbanístico para incorporar a delimitación definitiva da súa traza e territorio histórico, así como establecer as determinacións específicas para o seu réxime de conservación, polo que ata o momento o Concello de Lugo estivo incumprindo a legalidade. Reconducir a EDUSI A Xunta vén de desautorizar a construción dun novo carril dirección A Coruña na Volta da Viña, un dos proxectos inclui-

dos na Estratexia DUSI, debido a que “no territorio histórico as infraestruturas e máxime ao pé da gran arteria fluvial que é o río Miño, deben deseñarse con criterios de integración paisaxística onde zonas verdes intercaladas contribúen a manter os valores propios dun espazo protexido como Patrimonio Mundial”. Isto confirma que o goberno local non tivo en conta en ningún momento no plantexamento dos proxectos da Estratexia DUSI que tódalas intervencións propostas se atopan dentro do ámbito de territorio histórico do Camiño Primitivo; aínda que no deseño dos mesmos se debía ter priorizado a especial protección do mesmo. Nin na elaboración xeral do Plan Muramiñae realizado pola consultora PriceWaterHouseCooper’s nin nos estudos de viabilidade dos proxectos encargados á empresa INCA se contemplou a correcta conservación do territorio histórico do Camiño Primitivo, polo que a futura execución do resto de proxectos (a pasarela que leva ao Anxo Carro, a ampliación do paso soterrado, a reforma da volta da Viña, a descontaminación e posta en valor do barrio

Folga Feminista 8 marzo 2019

ACE-EU presentou no primeiro Pleno de 2019 unha proposta para recuperar e protexer o camiño histórico coñecido como Vía Romana XIX, que se atopa no catálogo de elementos protexidos do PXOM de Lugo pero non aparece documentado nin o seu trazado nin a súa contorna de protección. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece que todos os bens de interese cultural ou catalogados deben ter delimitado expresamente unha contorna de protección e, no seu caso, unha zona de amortecemento, polo que para conservar debidamente esta vía cultural é preciso modificar o Plan Xeral, como tamén o é para facer o propio co territorio histórico do Camiño Primitivo. A finalidade é conseguir un Plan Xeral que sirva como ferramenta para coidar os tesouros patrimoniais da nosa cidade, en lugar dunha arma usada contra eles, como o ten sido ata o momento. Tendo en conta que todas

as intervencións que se pretendan realizar no concello de Lugo na vía cultural ou camiño histórico Vía Romana XIX, ou no seu contorno de protección, terán que ser autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio; é moi importante que, tanto dende o punto de vista da protección e posta en valor do patrimonio cultural como da seguridade xurídica das licenzas de obras, estea perfectamente delimitado o seu trazado, o seu contorno de protección e de ser o caso, a súa zona de amortecemento. A Vía Romana XIX é o camiño histórico máis importante da antigüidade ao seu paso polo concello de Lugo, xa que foi inaugurada no ano 11 da nosa era. O seu fin era unir as antigas cidades de Braga e Astorga, pasando por Lugo, cidade que é o principal fito do seu trazado. A Vía Romana XIX percorre o actual municipio de Lugo de oeste a leste durante aproximadamente 31 km.


NA RÚA

4

CaudalFest, festival da indecencia política Lara Méndez comprometeu o gasto un mes antes de contar coa preceptiva partida orzamentaria ACE-EU descubriu, no expediente solicitado sobre a

participación do Concello de Lugo na celebración do Caudal Fest, que a alcaldesa compremeteu persoalmente os fondos públicos municipais para cofinanciar o evento nunha carta do 17 de xullo dirixida ao xerente da empresa promotora do festival, sen ter recibido proposta de gasto detallada. ACE-EU atopouse tamén con que a carta de solicitude de colaboración enviada pola empresa promotora, á que se supón que a alcaldesa responde coa súa misiva, data de tres días despois, pois foi entregada no rexistro municipal o 20 de xullo. Nese documento o promotor explica en liñas xerais en qué consistirá o Caudal Fest e solicita literalmente o seguinte, cun orzamento sen pechar e moi xenérico: “Para poder llevar a cabo un proyecto de esta envergadura, en su primera edición se contará con un presupuesto estimado de entre 450.000 y 600.000 euros de gasto, siempre sujeto a cambios según avance el evento. Solicitamos por consiguiente al Ayuntamiento de Lugo nos subvencione, de manera directa y excepcional, con 217.800 euros para poder llevarlo a cabo, ya que sin dicha aportación sería inviable. Pese a tener entrada de pago no se pueden asumir todos los costes del

proyecto, y menos en un primera edición si queremos

mantener unos precios asequibles a todos los públicos y siendo desconocedores de los posibles extras que puedan aparecer.” O contido destas cartas evidencia que co Caudal Fest non se fixo nin o intento de pasar polos cauces regulares da contratación pública que corresponden á administración municipal, e que se fiaron a cegas os cartos de todas e todos os lucenses, financiando de

xeito discrecional unha iniciativa privada e sen cum-

prir as mínimas esixencias de control administrativo e transparencia. “Isto é un insulto ao resto de axentes culturais e asociacionismo en xeral da cidade, aos que se lles esixe xustificar como é o debido ata o mínimo gasto e presentar proxectos pechados ao milímetro para recibir subvencións, e aos que se lles comproba con lupa o cumprimento de tódalas esixencias legais e de seguridade antes de ce-

O contido destas cartas evidencia que co Caudal Fest non se fixo nin o intento de pasar polos cauces regulares da contratación pública lebrar calquera evento”, sinalou o voceiro de ACE-EU. “O Concello de Lugo, comprométese a achegar a cantidade de cento oitenta mil euros mais ive para a cofinanciación parcial do festival, xa que se considera de marcado interese municipal”, afirma a alcadesa na carta enviada ao productor tres días antes de presentar o Caudal Fest en rolda de prensa. “O que lle comunico co fin de indicarlle que o noso compromiso da achega económica é firme e será efectivo unha vez aprobados os procedementos de contratación e/ou axuda directa, segundo lexislación vixente”. É dicir, Lara Méndez comprometeu o gasto un mes antes de contar coa preceptiva partida orzamentaria, que finalmente foi derivada como partida extraordinaria do Departamento de Protocolo. Trato de favor Para ACE-EU existe un claro trato de favor e agravio comparativo, xa que

ademáis no expediente municipal do Caudal Fest non consta sequera que se comprobase que a empresa contaba co permiso da Confederación Hidrográfica para organizar os concertos e a acampada nunha zona de especial protección como é a contorna do Miño, que é parte da Rede Natura e Reserva da Biosfera. A este respecto este grupo municipal lembra que a Lei de Espectáculos de Galicia, que o goberno aplicou suspendendo cautelarmente a celebración dun concerto nas naves da estación de tren, prohíbe claramente no seu artigo 6 os eventos “que se desenvolvan sen que estea garantida a indemnidade dos bens, calquera que sexa a súa titularidade e, en especial, cando se trate de espazos abertos ou que formen parte do patrimonio cultural e natural de Galicia”.

A empresa non contaba co permiso da Confederación Hidrográfica para organizar os concertos e a acampada nunha zona de especial protección como é a contorna do Miño, que é parte da Rede Natura e Reserva da Biosfera

A permisividade do goberno local coa empresa encargada da animación dos centros sociais leva ao paro ás monitoras e monitores Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida lamenta que o goberno non actuase ata despois do vencemento do contrato coa empresa concesionaria da animación sociocultural nos centros de convivencia municipal, ServiplusTotal, con respecto aos seus incumprimentos reiterados nas condicións laborais das monitoras e monitores. O único que fixo o goberno con respecto á grave explotación á que estaban a ser sometidas as traballadoras e traballadores por parte desta empresa foi abrir un expediente sancionador unha vez que caducou o contrato, cando puido telo rescindido a finais do curso anterior, o pasado maio, e ter xa preparada unha nova licitación para que o curso actual comezase unha nova adxudicataria. Pola contra, o equipo de Lara Méndez ignorou ata agora os múltiples avisos trasladados por ACEEU dende hai case un ano e as denuncias interpostas polos propios traballadores

en Inspección de Traballo, que acaban de ser despedidos pola empresa sen preaviso o pasado venres 20 de xaneiro, cunha carta enviada o 18 de xaneiro dende a sede da empresa en A Coruña, quedando en situación de total indefensión ao atoparse de repente sen traballo e ingresos a metade de curso, época onde apenas se contrata novo persoal neste sector de actividade. Despois de levar dous anos con soldos ridículos e por debaixo do establecido no contrato (percibían só 4 euros/hora os auxiliares e 6 euros/hora os monitores), cobrando as nóminas con retraso e sen cobrar nin as vacacións nin as baixas laborais, a única solución aportada polo goberno foi provocar o despedimento do persoal por interrupción da actividade pola que foron contratados, xa que a única medida que tomaron foi prorrogar o servizo por 3 meses fóra de prazo (o contrato vencía o 19 de outubro e non se formalizou en xunta de goberno ata finais de

Centro de convivencia María Balteira na Piringalla

novembro de 2018, tempo durante o que supostamente ían realizar un novo concurso público que non foron quen de resolver. ACE-EU preguntou no

Pleno de xaneiro pola situación da plantilla e pola posibilidade da súa subrogación. Tamén esixiu que se establezan novas medidas para garantir a

estabilidade e calidade laboral no vindeiro contrato e impedir que volva producirse unha situación similar.


NA RÚA

5

A prioridade é demoler as torres do Garañón para repoñer a legalidade no parque Rosalía de Castro ACE-EU considera unha manobra dilatoria máis o anuncio da alcaldesa de que se modificará o ordenamento da unidade de actuación do Garañón para convertila en zona verde, pois a proposta carece de aval técnico, e lembra que a prioridade do goberno debe ser demoler por completo as torres e devolver o terreo ao seu estado orixinal, xa que é un mandato xudicial firme que hai que cumprir e non hai excusa válida para non tirar xa as torres. “Aínda non existe proxecto de demolición e o expediente de reposición da legalidade abriuse en outubro de 2018, o PSOE segue dilatando inxustificadamente o proceso. Hai dous anos que tiñan que ter aberto ese expediente e por suposto ter mandado xa un proxecto de demolición á Dirección Xeral de Patrimonio. A intención da alcaldesa será demoler, pero as súas accións seguen a indicar o contrario”, puntualizou Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. En realidade, o goberno leva os últimos dous anos

a cidadanía xa tería demolido as torres, pois de ter aberto voluntariamente o expediente de reposición da legalidade, antes de que fose solicitada a execución forzosa das sentenzas que obrigan a tiralas, a demolición correría a cargo do promotor, e agora o custe total terán que asumilo as arcas municipais”, lembrou o concelleiro de ACE-EU.

O goberno leva os últimos dous anos traballando para intentar evitar a demolición total e manter unha parte dos edificios xa construídos

ao promotor nin expropiacións de terreos, pois neste tipo de liñas europeas só se permiten expropiacións en casos moi xustificados e se son de pequeno tamaño. “Se á alcaldesa lle interesase realmente repoñer a legalidade no Parque e facelo co menor custe para

A modificación do ordenamento é algo independente da demolición das torres, que é algo inexcusable e que xa debería estar feito. ACE-EU lembra que hai preto de dous anos que o goberno tiña que ter licitado a modificación puntual do ordenamento da CS-5 e aínda non foi quen de rematar os pregos de contratación.

A agrupación comarcal de Esquerda Unida en Lugo presentou na Galería Sargadelos un libro sobre a longuísima folga indefinida das traballadoras e traballadores de Panrico, a máis longa da historia de España, que xa é todo un símbolo do movemento obreiro máis combativo. A presentación do libro, “Panrico: a folga máis longa”, que acaba de ser traducido do catalán ao castelán, contou coa presencia da co-autora do mesmo, a socióloga Isabel Benítez, e dunha das traballadoras da planta barcelonesa desta empresa, Luisa Villafaina. O relato desta movilización serve como manual de loita colectiva

para facer fronte ás prácticas máis agresivas do capitalismo contra os dereitos laborais, e tamén como exemplo de solidariedade e apoio mutuo entre traballadoras e traballadores. “Este libro é un interesante exercicio de historia do movemento obreiro, onde o peso da narración o levan os propios protagonistas, os empregados en folga, homes e mulleres loitadoras coma Luisa, polo que non podíamos prescindir na presentación da súa testemuña directa. Son un exemplo a seguir para toda a clase traballadora”, sinala Fernando Yáñez, secretario de organización de Esquerda Unida en Lugo.

As torres do Garañón desde a pérgola do Parque Rosalía de Castro

traballando para intentar evitar a demolición total e manter unha parte dos edificios xa construídos, e agora anuncian a zona verde coma se fosen os salvadores do Parque, con claro afán electoralista. Tanto é así que Lara Méndez usou o Debate do Estado do Con-

cello para anunciar que na vindeira convocatoria das subvencións europeas da Estratexia DUSI, presentaría como proxecto a conversión do Garañón en zona verde, aínda que os técnicos municipais indicaron que non se poderán pagar con fondos da UE nin a indemnización

Triplícase o gasto en alumeado de Nadal mentres reducen á metade os cartos de emerxencia social

O grupo municipal ACE-EU considera obsceno que o goberno local aumente o gasto en luces de Nadal ata superar a metade de orzamento anual adicado a emerxencia social (270.000 euros). “É inxustificable que no mesmo ano que se reduce a partida de emerxencia social á metade se triplique o gasto en iluminación navideña”, sinalou o voceiro Carlos Portomeñe. “Non podemos esquecer que segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, máis do 40% dos fogares lucenses teñen dificultades para chegar a fin de mes (un total de 16.056 fogares) e que o 15,37% de habitantes do municipio se atopan en risco de

pobreza e exclusión social”, salientou o concelleiro. Todo isto co agravante do incumprimento do contrato coa empresa, porque houbo que pagar o mes completo de iluminación aínda que as luces se colocaron con quince días de retraso. ACE-EU cre que sería máis útil adicar a partida de ornamentación para Nadal a abrir os comedores escolares durante o mesmo período non lectivo, e manter as actividades extraescolares, para non interromper un servizo esencial de conciliación familiar e ademáis imprescindible para as familias con menos recursos. Segundo os mesmos datos do IGE, 2.000 nenos e

nenas da nosa cidade teñen carencias nutricionais derivadas da difícil situación económica da súa familia. Esta problemática agudízase nos períodos vacacionais, cando o peche das escolas incrementa o número de comensais nos fogares e impide na práctica o acceso a unha alimentación suficiente e equilibrada a moitas rapazas e rapaces, por iso ACE-EU insiste en que se deberían comezar a abrir canto antes os comedores escolares durante os períodos non lectivos, tal como obriga un acordo plenario acadado en xuño de 2017 a iniciativa deste grupo municipal.


NA RÚA

6

O goberno incumpre a lei de contratos do sector público ao deixar de publicar os contratos menores no perfil do contratante ACE-EU esixe ao goberno local que volvan publicarse mensualmente os contratos menores no Perfil do Contratante da páxina web do Concello de Lugo, como se viña facendo ata o 9 de marzo de 2018, en aras da transparencia e tamén do propio cumprimento da legalidade. A Lei de Contratos do Sector Público obriga no seu artigo 63, que regula o Perfil do Contratante, a publicar polo menos trimestralmente a información relativa aos contratos menores, indicando como mínimo os seguintes datos: o seu obxecto, duración, o importe de adxudicación, incluido o Imposto Sobre o Valor Engadido (IVE), e a identidade do adxudicatario, ordenándose os contratos ademáis por identidade do adxudicatario. “O goberno local leva case un ano incumprindo claramente a legalidade. A cidadanía ten dereito a saber cales empresas executan as obras e prestan os servizos, e a confirmar que non se están a utilizar os contratos

menores como vía para a contratación discrecional. A opacidade é antidemocrática, a administración local é un servizo público, non unha empresa, e como tal ten que funcionar”, indica o concelleiro Carlos Portomeñe. Este cambio podería ter que ver coas novas esixencias da Lei de Contratos en canto á información sobre contratos menores, que agora obriga a agrupar os contratos por empresas adxudicatarias, pois así se farían máis evidentes os empresarios máis habituais nas contratacións directas e o elevado montante total que reciben certas compañías sen pasar nunca por licitacións públicas. Un exemplo é o de Construccións Sanle, cuxo dono está investigado xudicialmente na Operación Pokémon por presuntas irregularidades nas adxudicacións obtidas do Concello de Lugo, que acumula no que vai de mandato un mínimo de 24 contratos menores por un importe total de 358.178 euros.

ACE-EU ve un motivo de alarma no Plan de Barrios do actual orzamento, cunha

Cumprir a Lei faría evidentes as empresas que máis se repiten nas contratacións directas e o elevado montante total que reciben sen pasar nunca por licitacións públicas partida sen desglosar de 2´5 millóns de euros que non especifica as obras e importes concretos, que porá en bandexa as adxudicacións opacas e discrecionais a través dos contratos menores, polo que ve urxente a publicación pormenorizada deste tipo de contratos para que calquera persoa poida comprobar que as obras nos seus barrios se están a facer do xeito máis limpo posible.

Unha gasoliñeira na glorieta de Benigno Rivera xerará caos circulatorio e inseguridade viaria ACE-EU trasladoulle ao goberno local a súa preocupación pola concesión no pasado mes de agosto dunha licenza para a ubicación dunha estación de servizo na rotonda da intersección entre a Avenida Benigno Rivera e a Avenida Infanta Elena, porque aumentará a inseguridade viaria e o caos circulatorio que actualmente xa se sufre nesta glorieta. O tránsito xa é alí moi problemático sobre todo nas horas punta, debido á afluencia de traballadores e traballadoras do Polígono Industrial do Ceao, ademais de ser zona de paso ao acceso á autovía. A solicitude de licencia presentada por unha distribuidora de Shell conta con nada menos que catro informes desfavorables do Gabinete de Tráfico, cuxo ditame é preceptivo precisamente por atoparse no acceso a unha glorieta. As conclusións do Xefe de Gabinete de Tráfico son inequívocas, establecendo que a actividade desta gasoliñeira na parcela indicada, cos accesos ás instalacións directamente a través da glorieta, non sería compatible coa fluidez e seguridade do tráfico. A xefatura de Tráfico ratificouse no seu ditame desfavorable ata catro veces, en abril e novembro de 2017 e febreiro de maio de 2018, tralas diferentes alegacións e documentación aportada polos promotores do proxecto, entre elas un es-

tudo de tráfico contratado a unha empresa privada sobre a circulación da zona para ir en contra do criterio do funcionario municipal, que foi dado por bo inexplicablemente pola Xunta de Goberno, poñendo o interese privado por diante do benestar público. Unha obra ilegal Nin na normativa estatal nin na autonómica se contempla a posibilidade de autorizar accesos directos das estacións de servizo ás rotondas, que quedan prohibidos expresamente, debendo facerse a través de ramais secundarios.

Concedeuse esta licencia

Zona de ubicación da nova gasoliñeira, á esquerda da imaxe

Norte ou Leste o a da Ave-

a pesar de que o Xefe de nida de Madrid coa N-VI o

nas da N-VI de Nadela ata a

Gabinete de Tráfico ad- Avenida de Madrid. Se nestas rotondas non se pode

vertiu en catro informes colocar un acceso a unha estación de servizo, con

distintos de que esta nova moita máis razón non se rotonda no Ceao non sería compatible coa fluidez e a seguridade do tráfico A glorieta en cuestión ten aínda máis tráfico que calquera de titularidade autonómica ou de Fomento en Lugo, como as da Rolda

dede poñer nunha glorieta cun tráfico tan elevado e moitos accidentes. “Pode dicirse que é a rotonda máis conflictiva do municipio, na que se producen a cotío accidentes por impactos laterais. Pola súa complicación, as condicións deberían ser máis restritivas”, opina Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. Para maior gravidade, pre-

valeceu o estudo de tráfico contratado polo solicitante da licencia a unha empresa privada para ir contra dos informes técnicos dun funcionario público como o Xefe de Tráfico. Este estudo pasa casualmente por alto un problema importante: que para acceder á gasoliñeira vai haber vehículos que queiran pasar do carril interior da glorieta ás súas instalacións, co cal poden cruzarse cos que veñen do carril exterior, co conseguinte risco de accidente nunha glorieta moi transitada. Este risco é suficientemente grave como para descartar a ubicación desta gasoliñeira.

O goberno deu por bo o estudo contratado polo solicitante da licencia a unha

empresa

privada

para ir en contra dos informes do funcionario de Tráfico, poñendo o interese privado por diante do benestar público


NA RÚA

7

O Concello de Lugo aplicará a perspectiva de xénero no urbanismo e mobilidade grazas a unha proposta de ACE-EU O Pleno aprobou por unanimidade unha proposición de ACE-EU con medidas para aplicar a perspectiva de xénero no urbanismo e mobilidade. Tralas conclusións de múltiples e recentes estudos de xénero en materia urbana, pódese afirmar que as mulleres utilizan moito máis os espazos colectivos da cidade que os homes. Son as principais usuarias do transporte público, utilizan moito máis todos os equipamentos de saúde, educativos, deportivos e comerciais -como usuarias directas ou en tarefas de apoio e acompañamento familiar-, e se aprecia un menor apego que nos homes ao uso do automóbil para acudir ao seu centro de traballo. Sen embargo, o deseño urbanístico e de servizos públicos como o transporte ignora a discriminación estrutural de xénero e as necesidades concretas das mulleres que desta se derivan. Por iso ACE-EU quixo arrancar do goberno o compromiso de solicitar obrigatoria e oficialmente informe de impacto de xénero en tódalas intervencións, obras e proxectos urbanísticos que se realicen e liciten de agora en adiante dende o Concello de Lugo. Tras este acordo plenario, tamén se deberán revisar o PXOM e o Plan de Mobilidade para incluír neles a perspectiva de xénero. Ter en conta o impacto de xénero é unha obriga legal na planificación urbana, tanto que o Tribunal Superior de Madrid declarou en abril de 2017 a

proxectos de carácter normativo producidos polo ente local, así como avaliar as principais infraestruturas e instalacións de titularidade municipal e tódolos servizos públicos prestados para identificar as posibles problemáticas de xénero e poder propoñer medidas para solucionalas.

Será obrigatorio o informe de impacto de xénero en tódalas intervencións, obras e proxectos urbanísticos que se realicen e liciten de agora en A violencia sexual no espazo adiante dende o Concello público de Lugo nulidade do PXOM de Boadilla del Monte por faltarlle precisamente a avaliación de impacto de xénero. Ademais, será obrigatorio incluír informe de impacto de xénero nos Orzamentos anuais e en tódalas ordenanzas e

Os datos estatísticos no noso estado amosan que se produce unha violación cada oito horas e que só se denuncian o 10% das agresións sexuais. Mentres, a sociedade normalizou unha auténtica anomalía no uso da cidade: a imposibilidade de que unha muller poida circular tranquila por determinados es-

pazos públicos e a determinadas horas sen ir acompañada. A situación en Lugo confirma o patrón do apartheid no espazo urbano para as mulleres que camiñan solas. Só nos meses de verán, tres intentos de agresión sexual foron denunciados na nosa cidade, unha no entorno da confluencia da Rolda Norte con As Gándaras, outra nun descampado do Barrio do Carme e a última no portal dunha vivenda da Rúa San Pedro. Nos tres casos as vítimas foron mulleres de entre 30 e 40 anos que volvían ás súas casas solas e de noite. Unha cidade desestruturada, con infinidade de barreiras arquitectónicas, con multitude de solares abandonados, vivendas baleiras, urbanizacións pantasma, equipamentos

mastodónticos infrautilizados, múltiples zonas residenciais sen apenas tecido comercial de barrio… é unha cidade hostil para os seus habitantes e sobre todo para as mulleres, por aumentar a súa percepción de inseguridade e as facilidades para os potenciais agresores. Esta realidade urbanística que tristemente é a de Lugo limita a vida diaria das mulleres, pois xenera maiores medos á metade da poboación que ten maiores probabilidades de sufrir acoso ou agresións sexuais. É de sobra coñecido que moitas mulleres reducen as súas saídas nocturnas e condicionan o seu ocio e itinerarios, descartando rutas por consideralas perigosas, sentíndose obrigadas a desbotar plans se teñen que desprazarse solas ou se son moi lonxe do seu fogar, que deben elixir as infraestruturas deportivas que usarán ou doutro tipo dependendo da súa iluminación, visibilidade ou fixándose en que non teñan demasiados recunchos onde posibles agresores poidan agocharse. Por iso a nova aplicación da perspectiva de xénero ao urbanismo é tan boa noticia para a igualdade, pois dende agora en diante se terá en conta a calidade de vida de tódalas persoas por igual, tanto homes coma mulleres, tal como xa se fai tendo en conta as diverxencias entre idades e capacidades físicas.

O concello recadaría 157.500 euros ao ano polos caixeiros se tivese aprobado a subida de taxas que ACE-EU propuxo no Pleno O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida leva solicitando dende que se celebrou o primeiro Pleno ordinario do mandato que se aumente a taxa da ordenanza 156 que grava os caixeiros automáticos con acceso á vía pública, por considerar demasiado baixa a actual de 284’23 euros e non acorde aos beneficios millonarios que xera para a banca a explotación dos mesmos. Con 45 caixeiros destas características, o goberno podería recadar 157.500 ao ano se aplicase a subida a 3.500 euros anuais proposta por ACE-EU, perfectamente factible, pois municipios de moita menos poboación como Rivadavia ou O Carballiño (aprox. 5.000 e 15.000 habitantes respectivamente) cobran dende hai anos 2.920 euros por caixeiro anuais. Estes ingresos serían equivalentes aos que se obtiñan anualmente polo suspendido control de aparcadoiros en superficie, polo que sería unha necesaria inxección de recursos para a prestación de servizos municipais. “Aumentar a 3.500 euros ao

ano suporía 291 euros mensuais a pagar polas entidades bancarias, calderilla tendo en conta que só os 8 grandes bancos que cotizan na bolsa española están a facturar preto de 9.000 millóns de euros ao ano só polo cobro de comisións, que xa supoñen o 33% do total dos seus beneficios. O xusto é que paguen uns impostos proporcionais ao que gañan a costa dunhas comisións abusivas na maioría dos casos”, explica Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU. Un dos grandes obxectivos deste grupo municipal é conseguir unha verdadeira fiscalidade progresiva no Concello de Lugo e que as ordenanzas fiscais garantan que pague máis quen máis ten, algo ao que o goberno de Lara Méndez se negou en todo momento, pois insistiu en seguir con taxas liñais que non teñen en conta criterios de renda, e con agravios comparativos intolerables ao manter un mínimo cobro á banca mentres por exemplo as compañías de teatro e asociacións culturais deben pagar unha taxa de 515 euros por utilizar un só día o auditorio municipal.


NA RÚA

8

Esquerda Unida encheu o auditorio do Vello Cárcere cunha charla sobre trata e prostitución da activista feminista Amelia Tiganus A agrupación de Esquerda Unida en Lugo organizou xunto a Asociación Cultural Contracorrente unha charla sobre trata de mulleres e prostitución no Vello Cárcere, con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Explotación Sexual e Trata de Mulleres, Nenas e Nenos. A principal poñente foi Amelia Tiganus, supervivinte de prostitución e trata e activista feminista da coñecida plataforma contra a violencia machista Feminicidio.net, que logrou coa súa testemuña emocionar ao público que encheu ata os topes o auditorio e mesmo poñelo a aplaudir en pé. Na charla-coloquio tamén participou Ana Barba Núñez, educadora social da Asociación Aliad-Ultreia, que explicou o importante traballo que esta asociación realiza con vítimas de trata e prostitución na nosa cidade. Tiganus reconstruíu a súa vida tras ter sido explotada sexualmente durante cinco años en múltiples prostíbulos do estado español, e agora desenvolve o seu traballo en Feminicidio.net, plataforma social de loita contra a violencia machista do que forma parte dende 2015 e donde actualmente é coordinadora da formación online e do proxecto de prevención, formación e sensibiliza-

ción sobre prostitución, trata, violencia sexual e outras formas de violencia contra as mulleres. Amelia Tiganus deixou claro que “non poderemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin de dereitos humanos e bo trato mentres exista unha soa muller que teña que recorrer a vender o seu consentimento sexual como medio de subsistencia e mentres exista o privilexio masculino de pagar por manter relacións sexuais con mulleres que non sinten desexo por eles”. Sen dúbida esta activista espertou moitas conciencias en Lugo no que respecta ao que ela da en chamar sistema prostitucional, do que todos somos cómplices nalgún sentido, dende o Estado que o permite ata os puteros que mercan abuso e sometemento sexual das mulleres en situación de vulnerabilidade, pasando polo resto de sociedade que frivoliza ou normaliza a prostitución incluso facéndoa pasar por “un traballo coma outro calquera”. Estímase que máis de 40 millóns de persoas son vítimas de explotación sexual en todo o mundo, das cales o 80% son mulleres e nenas menores de 25 anos de idade e que proceden dos grupos máis vulnerables da sociedade, especialmente mulleres migrantes en

situación administrativa irregular. “O traballo de prevención e sensibilización contra esta lacra é unha prioridade para a agrupación local de EU, por ser Lugo un municipio no que tralo estalido do Caso Carioca se identificaron máis de 400 mulleres, entre elas moitas menores e a maioría migrantes en situación de pobreza, como vítimas de trata e prostitución coactiva”, sinalou Isabel Sánchez, coordinadora comarcal de Esquerda Unida en Lugo, na presentación deste acto. “Está claro que o lucrativo negocio montado ao redor da prostitución e a trata de mulleres está directamente relacionado coa vulnerabilidade socioeconómica e a desigualdade de xénero. As mafias abastecen coa trata de mulleres o crecente mercado da prostitución, que se sostén coa demanda, tamén en aumento, de homes cada vez máis novos. Nunha sociedade igualitaria e xusta resultaría inconcebible a explotación e o abuso sexual como medio de vida de mulleres e nenas. Os homes que acuden á prostitución deben ser conscientes de que son cómplices das mafias e que están a exercer unha das formas más brutais de violencia machista”, remarcou Sánchez.

A alcaldesa tivo que retirar o proxecto de Ordenanza Cívica trala manifestación dun millar de persoas convocada por Lugo Sen Mordazas A Ordenanza de Civismo anunciada pola alcaldesa en maio do ano pasado rematou sendo retirada tralo rexeitamento social acumulado grazas ó labor de información e sensibilización de Lugo Sen Morzadas, movemento social do que Esquerda Unida forma parte xunto a unha trintena de organizacións, e que se fixo patente na grande manifestación do 26 de setembro que encheu as rúas do centro de Lugo. A pesar de que Lara Méndez renunciou a continuar coa tramitación da coñecida como Ordenanza Mordaza, o Partido Popular e diversos veciñais e empresariais da cidade seguen a presionar ao goberno para que continúe con ela. ACE-EU amosouse dende o primeiro momento en contra desta normativa reaccionaria e represiva coa que o PSOE deu alas ao discurso retrógrado e excluínte da dereita. O afán sancionador e recadatorio non contribúe aos supostos obxectivos de mellorar a convivencia e coidado do espazo público por parte da cidadanía, para o que ACE-EU aposta polos programas pedagóxicos. A cidade está chea de valados e monopostes ilegais polos que os empresarios da publicidade non tributan no Conce-

llo, mentres o goberno local propoñía aplicar sancións dun mínimo de 750 euros ás asociacións culturais que peguen cartaces para anunciar concertos e actividades sen ánimo de lucro. O que perseguen realmente regulacións do tipo da Ordenanza Mordaza é censurar

a expresión sociocultural da xente de a pé coa fin de privatizar o espazo público e reservalo para actividades empresariais e turísticas, limitando ao máximo o lexítimo disfrute e esparcemento da veciñanza nos seus propios barrios e parroquias.

Profile for Boletín ACE-EU- NA RÚA

BOLETÍN ACE-EU NA RÚA Nº3 -2019  

Terceiro número da publicación do Grupo de ACE-Esquerda Unida no Concello de Lugo sobre a actualidade política municipal.

BOLETÍN ACE-EU NA RÚA Nº3 -2019  

Terceiro número da publicación do Grupo de ACE-Esquerda Unida no Concello de Lugo sobre a actualidade política municipal.

Advertisement