Page 1

o adro

xullo 2010

nĂşmero 4

cabaceiros


EDITORIAL Neste ano dominado completamente pola “crise” nós procuramos que nos afecte o menos posible, aínda que algunha subvención xa deixamos de cobrar o e x e r c i c i o a n t e r i o r, p a r a s e g u i r d e s e n v o l v e n d o o n o s o labor de loitar polas nosas cousas e reivindicar máis que nunca o noso, sempre dende logo mirando cara o futuro. Por iso pretendemos que este número sexa un monográfico dedicado a unha das construccións máis populares, máis típica da labor agrícola dos nosos pobos, e auténtica, que conta cunha presencia numerosa tanto en Bustavalle como en Zorelle, e aínda rescataremos algunha no Mouro. Estamos a falar dos “cabaceiros”, lugar empregado para gardar o millo, que desgracidadamente empeaza a perder a súa función coa despoboación e co casi total abandono dos traballos agrícolas nos nosos pobos. E se non tomamos en serio o valor etnográfico destes “monumentos” populares e nos adicamos a restauralos e coidalos moi pronto veremos como van desaparecendo, o que será unha pena xa que dispomos dun gran número deles, e nalgúns casos de gran valor. Pois parece que o futuro os quere condenar a simples monumentos, a simples construccións que están aí, sen ningunha función, ou como simples almacéns dos máis variados obxectos aos que non estaban destinados inicialmente. A nosa defensa deles vai encamiñada a propor a creación dunha “Ruta dos cabaceiros” entre os pobos de Bustavalle, Zorelle e o deshabitado Mouro, coa intención de defendelos, presumir deles, loitar pola súa restauración, a súa difusión e o seu coñecemento. Xa que o seu gran valor é único. Atrevéndonos a defender que dispomos do máis fermoso de todo o concello de Maceda, e dun dos máis interesantes de toda a provincia.

ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE “loitando polo noso pasado” FAITE SOCIO Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Photoblog: www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle”

MEMORIA FOTOGRÁFICA Seguimos esperando as vosas fotos no correo da asociación para seguir co noso arquivo f o t o g r á f i c o d o p a s a d o

PODES CONSULTAR OS NÚMEROS ANTERIORES DA REVISTA O ADRO NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE INTERNET:

http://issuu.com/acbustavallezorelle


O cabaceiro, hórreo ou canastro é a construcción arquitectónica popular máis característica de Galicia. Moi extendido por todo o territorio galego na zona de Ourense conócese co nome de cabaceiro, e tamén coa forma máis castelanizada de hórreo. É unha construcción destinada a secar e gardar o millo antes de mallalo. Aínda que a súa función agrícola e cada vez menor por unha urbanización crecente na nosa terra, a súa función como referente e símbolo da identida popular galega é cada vez maior, o que fai que se conserven moitísimos por todo o territorio galego e que moita xente desexe facerse con un para lucir nas súas casas. A súa ubicación foi sempre ou ben nun terreo adxunto a casa ou ben nun lugar público próximo ás casas, facendo que a súa cercanía aporte comodidade nas labores agrícolas. Dous son os requisitos fundamentais desta construcción popular: ventilación para secar o grao de millo, e a defensa contra os ratos para que non rille o millo. O primeiro requisito conseguese con parades con ranuras, e o segundo cos “tornarratos”, pedra que impide o ascenso dos ratos a parte onde se garda o millo. Non é unha construcción exclusiva galega, xa , aínda que, con variacións, podense atopar por todo o norte peninsular, o norte de Portugal e outras zonas. Trátase dun edificio de pequeno tamaño, oblongo e de planta rectangular con cuberta a dúas augas, sostido en varios pés. As súas dimensións, os seus materiais e os aparellos empregados na súa construción son moi variados, aínda que sempre dentro do repertorio habitual na arquitectura popular cantería, madeira de castiñeiro, cuberta de tella cerámica.


PARTES

adornos (ben sexan turulecos

ou

cruces)

sobrepenas

pimpinelas

portas


columnas escal贸n de acceso soleiras cinta ou balagusto

trabe

doelas TORNARRATOS

PES

TORNARRATOS TORNAFORMIGAS

CEPAS


CABACEIROS DE BUSTAVALLE Actualmente consérvanse 24 cabaceiros en Bustavalle, e hai restos, concretamente os pés máis os tornarratos de dous máis. Varían moito o seu estado, conservación e peculiaridades, polo que nos dispomos a comentalos brevemente. Tres deles non son tradicionais xa que están feitos con materiais modernos, cemento e ladrillos principalmente, dous deles datan de finais dos sesenta e principios dos setenta, e un máis debe ser bastante recente feitos a partir duns pes tradicionais. Iste último é un verdadeiro exemplo de feísmo rural. Con relación a súa ubicación destaca a súa dispersión por todo o pobo, variando a súa presencia en lugares públicos con fincas particulares ou patios das casas. Os que se ubican en lugares particulares deberon ser colocados máis recentemente, xa que o predominante era a súa concentración en lugares públicos, como se constata na aira da Barreira, na que aínda que actualmente só hai dous, non hai demasiado había tres máis. Tamén en torno a capela e a fonte había concentración. Algúns desapareceron como os que se ubicaban detras da fonte, e outro que había paralelo ao actual que se atopa ao lado da capeira foi reubicado a un terreo particular. O cabaceiro máis extendido presenta de ancho unha medida arredor de 90 cm, e de lonxitude predomina o que oscila entre 2 e 3 metros, normalmente máis cerca dos 2 metros. Hai catro que miden entre 3 e 4 metros, cinco entre 4 e 5 metros, e de máis de 5 metros hai catro, dous deles os máis modernos, e feitos de cemento predominantemente. A maioría dos cabaceiros de Bustavalle teñén pés, a maioría dous pares. Os exemplos de cepas limítanse a cinco, nun deles de cemento. A maioría non teñen tornaformigas, e en relación cos tornarratos predominan abrumadoramente os que teñen forma de mesa. Os exemplos de tornarratos redondos redúcense a cinco cabaceiro, nalgún deles combinando cos de forma de mesa. A maioría non teñen escalón de acceso nin adornos, limitándose estes aos cabaceiros de máis prestixio e dos que agora falaremos. Sen lugar a dúbidas o cabaceiro máis fermoso de todo o pobo e máis rico arquitectónicamente é o que se atopa entre a fonte e a capela, facendo dese lugar un exemplo envexable de arquitectura popular e cun nivel de fermosura dificilmente atopable noutros pobos do concello. Evidentemente este cabaceiro, agora dividido en tres zonas, pertenceu orixinariamente aos donos da Casa Grande, que xunto coa propiedade da capela evidenciaba claramente o prestixio dos seus donos e o seu maior poder adquisitivo. Cunha lonxitude de 940 cm e un ancho de 117 cm susténtase en cinco pares de pés con dous tornarratos redondos e dous en forma de mesa. O que lle da a súa categoría é a necesidade de salvar o desnivel no que se ubica, mediante un muro de contención de pedra e fundamentalmente mediante a súa longa escaleira, con trece chanzos, que fai deste cabaceiro probablemente un exemplar único, ou polo menos moi destacado en toda Galicia. Polo que dende aquí solicitamos ao Concello que axude a súa restauración e que aparte dalí tanto os contenedores como a sinal que afea claramente a fermosura deste monumento. A importante presencia de pedra, xunto co adorno dunha cruz e un turuleco reafirmanos en todo o dito. Formando parte do conxunto de antigas propiedades da Casa Grande estaría outro cabaceiro destacado que se atopa na finca da casa anexa á Casa Grande, cunha lonxitude de 6 metros. O último cabaceiro que queremos destacar presenta un acabado de máis valor que a maioría do pobo, sendo o máis ancho de todo o pobo, con 120 cm, e unha lonxitude de 430 cm. A súa importancia queda evidenciada pola presencia importante de pedra, e polos seus adornos, cruz e turuleco. Destacar tamén a presencia de 3 cepas, pouco habitual nos cabaceiros do pobo, o que nos leva a dubidar do seu asentamento orixinario, case confirmado pola súa presenza nun terreo particular.


CABACEIROS DO MOURO Na zona do Mouro, próxima a Bustavalle, e deshabitada completamente dende hai xa máis unha década, e dende hai unhas cantas se falamos de habitantes habituais, conserva a presencia de dous cabaceiros e restos visibles dun máis. Evidentemente no seu día a presencia de cabaceiros era maior, pero foron desaparecendo coa perda do seu uso e dos seus habitantes. Esperemos aprendamos desto para non permitir que desaparezcan os que conservamos actualmente.

CABACEIROS DE ZORELLE Oito son os cabaceiros que se conservan actualmente en Zorelle, aínda que sabemos, cando menos, da desaparición dalgúns deles preto da fonte. O característico de Zorelle é que se ubican todos xuntos, concentrados, en lugar público, denominado o “Souto”, coa clara referencia aos castiñeiros, o que fai do conxunto un lugar moi fermoso, nesa combinación de arboreda tradicional e arquitectura popular. Dende logo un lugar a conservar. Destaca especialmente o primeiro deles, combinación de pedra e madeira, e cunha lonxitude de 650 cm, con catro pares de pés, no que só botamos de menos os adornos, para decidirnos a relacionalo cos xa mencionados e destacados de Bustavalle.


o adro nº4 xullo 2010  
o adro nº4 xullo 2010  

novonúmero

Advertisement