Page 1

o adro

xullo 2011

nĂşmero 6

os precursores


EDITORIAL Este vindeiro 14 de agosto celebramos, de xeito ininterrumpido, a edición número vinte da troula do 14 agosto. Dende que no ano 1992 a xuventude daquela, os que andabamos en torno aos vinte anos, recuperaramos a celebración da festa do 14, xa non paramos ata hoxe, aínda que algo foi variando o formato, e aínda que os anos foron sumando tamén nos nosos dnis. Como ben lebramos os que alí estabamos, no ano 1992 decidimos xuntarnos na casa de Jordi e Javi Vences, aproveitando que Hilario e Pilar marcharan a Barcelona xunto a Isauro e Engracia a celebrar o ano olímpico barcelonés: tan só se trataba de tomar unhas copas antes de marchar a Maceda esa noite. O ano seguinte xa quixemos incorporar a cea e despois de buscar posibles lugares ubicámonos na palleira de Paco e Rosa, co permiso de Marina e supervisión de Alberto, fillo. E alí seguimos tantos anos despois... Xa daquela María foi moi amable en darnos conexión eléctrica... Os primeiros anos a cea celebrábamola no interior da palleira pero pronto nos demos conta de que aquelo acumulaba demasiada basura dentro, polo que moi pronto optamos por celebrar a cea na aira do Penso e posteriormente facer a sesión disco na palleira de Alberto e Pablo. E neste formato fomos crecendo ano tras ano... Moi pronto abondonouse o costume inicial de continuar a festa en Maceda e decidimos rematar a troula no pobo, cada un onde podía, aínda que os lugares máis frecuentes eran a fonte, dentro, ou ben anunciando o fin de festa coas campanadas da capilla. Sempre coa tradicional carreira en calzóns que nunca variou o seu recorrido e distintos xogos ao longo da noite. Só no ano 2008 vímonos obrigados a celebrar a cea baixo teito pola chuvia, buscando acubillo nunha palleira da poza.

A cea tamén foi mellorando ao longo das edicións, inicialmente preparábamos todo e pouco a pouco foronse encargando distintos pratos. En ningunha das edicións estivemos por debaixo das 50 persoas, e iso que só asistía a xuventude. No ano 2009, a raíz da creación da Asociación, decidiuse ampliar a convocatoria invitando a todo o pobo a participar, contactando cun cattering nese ano e cunha pulpeira o ano pasado, celebrándose agora a cea na aira dos Garridos. A sesión copas segue a manter a súa ubicación dende o principio. Pero agora que toca celebrar unha data importante, 20 anos, queremos lembrarnos daqueles precedentes que existiron con anterioridade nos que nós participamos e que foron a verdadeira orixe de que nos retomasemos naquel ano 92 a celebración daquela data, o 14 de agosto e a súa troula. Por iso neste número queremos lembrar a troula que nos anos finais dos 80 se organizaba no pobo coa participación de todos os veciños pero tamén a aquela xeración anterior á nosa, que xa denominamos “do Mouro,” xa que alí tiñan o seu lugar de encontro, e alí celebraban, aínda que fora cunha simple queimada esa data tan importante para Bustavalle. Dúas maneiras distintas, que algún ano chegaron a converxer, e que foron decisivas na continuidade que nós lle demos durante xa, dúas décadas.

PODES CONSULTAR OS NÚMEROS ANTERIORES DA REVISTA O ADRO NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE INTERNET:

http://issuu.com/acbustavallezorelle


TROULA DOS ANOS 80 Entrevista a Marina e Isauro -¿cantas edicións se celebraron? MARINA: Máis ou menos, cinco anos ISAURO: si, por aí, cinco ou seis anos, na segunda metade dos oitenta -como nace todo, como xurde a idea de facer a festa MARINA: A idea xurdiu de Isauro:quería facer una festa de confraternización da xentiña do pobo e máis a que viña no mes de Agosto. E falou comigo para axudarlle y eu animei a aque houbese xogos para os nenos... Logo tiñamos alguna xente que sempre nos axudou……,pero sempre eran os mesmos ISAURO: recordoo perfectamente, a idea nace xogando unha tarde a partida na tenda do Inocente, unha vez rematada a partida empezouse a falar de que en Bustavalle había pouca unión entre os veciños para facer festa, e de aí surxiu o debate entre varios, estabamos o señor Pepe do boi e algún mais; a continuación o señor Pepe dixo, pois se queredes facer algo aí tedes cartos e deume cartos na man, que el era o primeiro que daba, e dixenlle eu que iso non era así que se tal teríamos que organizalo, y de aí sae a primeira organización, como eu estaba metido no tema da auga puxeronme a min ao frente para coller os cartos, e falei con Marina que sabía que valía para estas cousas

xogo de sacos

montando a infraestructura

-dende que ti recordes, ¿había algún tipo de celebración con anterioridade? ISAURO: de sempre recordo a festa do 15, misa e comida cada un na súa casa, pero de que o 14 se fixera algo non teño noticias MARINA: A festa do 15 celebrouse moitos anos… Recordo un ano que veu un “músico” que tocaba enriba dun carro, no Solar, e ó ver tanto ambiente quería marchar que lle daba vergoña tocar diante tanta xente. -¿Tes noticias polos teus pais ou avós dalgunha celebración anterior? MARINA: Según me contaban, antiguamente había “festa” do quince en Bustavalle. Parece ser que as orquestras eran maliñas, pero xuntábase moitísima xente, viñan mozos e mozas do pobo e máis do arredores. Antiguamente tamén se celebraban os fiadeiros, pero eran no inverno, a base de pandereta facíanse uns bos bailes


- en que consitía ISAURO: o primeiro ano creo recordar que so fora unha pequena cea, sempre foi na finca dos Teniente, na curva de entrada no pobo, enfrente da palleira onde se fai agora a discoteca, posteriormente o banquete cea foi mellorando. Despois da queimada viña a carreira en calzóns e o baile da pataca en parellas que levaban premios. Logo o día 15 invitábase a un vermout e uns aperitivos despois da misa. Tiñamos música todos os anos con altavoces a través do técnico do Alberto, que os consegúía dun tal Varela de Ourense que levaba tema de festa, e que no los facilitaba gratis. MARINA: Recordo que ó principio cocíamos as orellas,mercadas nun almacén de Ourense, nun pote grande da Sra.María e asábamos as sardiñas “en directo”, que Isauro encargaba no Alto do Couso; e para mesas andábamos por todo o pobo en busca de mesas e tablóns…….emprestadas ( Que despois había que devolver) e faciámolo no curtiñeiro,de Raúl, hoxe; nalqueles tempos chamado dos Tenientes, como dixo Isauro. loxicamente, viño en abundancia e queimada. Para amenizala,buscaronse uns altavoces cun micrófono e un “equipo” daquela época,que para que funcionase enchufábamos todo na casa da Rosario. Logo xa fomos mellorando : encargábamos as empanadas e xamón asado e xa se encargaron uns tablóns que aínda hoxe se usan e unhas parrillas para as sardiñas

escenario principal

celebración nocturna

-cal era o menú ISAURO: xa o adiantou Marina, eu agora vouvos dar uns datos que recordo perfectamente: un ano compramos 50kg de sardiñas, 50kg de orellas de porco, empanadas, xamón asado, bebida: un pipo de viño de 160 litros, refrescos e queimada para rematar…todo isto cociñado por xente do pobo, as orellas cocidas no pote do porco da María, a que presta a luz hoxe en día, como xa se dixo. As sardiñas asábanse en tres parrillas simultaneamente -canta xente se reunía ISAURO: . Sobre 300 personas sen contar os nenos, e cada ano ía animándose máis xente -como vos organizávades MARINA: Eu vouche contar a “organización “ da festa do 14 e o vermout do 15: Isauro e máis eu eramos una parella “moi complementada”: El con moi bo carácter,eu con moito xenio. Iamos por todo o pobo, casa por casa, preguntando se viñan a “festa” e cantos viñan. E decíaselle o que tiñan que pagar. Cando preguntaban:¿Hai que pagar xa? El contestaba:”Non hai problema,xa pagaredes” E eu decía:”Home claro e adianto eu os cartos todos para mercar as cousa” ISAURO: Anotábanse por familias e cada casa decían os que ían ir a cea, e pasábase pola casa a cobrar, e xa oístedes a técnica que usábamos. O primeiro ano patinamos un pouco por non telo todavía demasiado organzizado, o segundo xa tomamos outras medidas, fixeronse mostradores, para elaborar a comida distribuiase: as orellas cocíanse, o xamón levabanse ao forno, o xamon e o pan cortábase nunha casa e levábase en carretillos, para sardiñas cada asistente tiña que levar leña, comíase de pe, quen queria sentarese tiña que levar sillas, o viño comprabase en ourense e traíanolo o pobo, cada un servíase directamente do pipo, se non recordo mal, cada un levaba o seu vaso. Todos os trofeos eran gravados co nome da proba, o ano e o título de Troula da noite de Bustavalle. -


lembras canto había que pagar MARINA: Unha cantidade moi pequeña :Empezouse, creo, con 100 pesetas e ó final con 500 pesetas por persoa. E pagar pagaban pero a alguns sempre lle parecía moito…. ISAURO: recordo que os rapaces menors de 10 anos non pagaban, de 10 a 15 era un precio mínimo e de 15 para arriba era precio adulto. Sobre 300 personas sen contar os nenos, cada ano ía animándose máis xente

ingresos, presupostos e gastos, documentos orixinais

-emborráchabase moito a xente MARINA: Ainda que o viño era barra libre, había poucos que se emborrachasen……¡¡¡sabian beber¡¡¡¡ I eso que despois tamén había queimada ISAURO: Bastante, máis dun ía a altas horas ao pilón da fonte a meter a cabeza para quitar a borracherira -algunha anécdota qu recordes MARINA: Anecdotas???? Era complicado ,ó principio, dar as racions a todos....... Arrexuntabánse e empuxábanse pensando que non chegaba..... Logo ó darse conta de que habia abundancia,a cousa era mais levadeira ISAURO: Agora que falabamos de borracheira recordo a un, non vou dicir o nome, que casaba ao día seguinte, e faltabanlle poucas horas para ir ao altar e houbo que levalo ao pilón para que se acostase un pouco despexado. Despois da papatoria había baile e a xente animábase a cantar subindo ao palco que tiñamos, un simple tractor que facía de escenario, para competir a ver quen cantaba mellor. E logo que nesa finca so había un entrada, e como tiñamos bandeiras nba carretera alguns que pasaban pola carretera pensaban que era festa pública e entraban, e non puñamos ningun reparo en que beberan algo, e nunha ocasión viñeron uns frescos que se puxeron tontos, que alí viñan a vacilar e a incordiar e tivemos que botalos, xa que viñan nunha atitude unn puco chulesca


-que novidades foi habendo dun ano para outro MARINA: Como che dixen, ó principio faciamos nos a “cea” e buscabamos as mesas. Logo xa se fixeron parrillas e tablons que servian de mesa e xa se encargaban comidas feitas:empanadas,xamón asado ISAURO: o primeiro ano creo recordar que so fora unha pequena cea, despois empezarase a organizarse xogos variados para os nenos, xogos para maiores, carreira en calzóns, carreira de burros (antes da papatoria). Como di Marina logo tivemos que comprar toda a infraestructura: mesas (que aínda se usaron durante estes anos na troula actual), parrillas… todo isto gracias a unha subvención que deu o ayuntamiento de 75.000 ptas

carreira de sacos de nenos

carreira de sacos de maiores

-sabemos que os xogos tiñan un papel importante, en que consistían MARINA: Desde sempre houbo xogos para os nenos . Eses xogos seguen vixentes hoxe en día, son os xogos de toda a vida: carreira de sacos, o xogo da silla, morde-la mazá…..,etc Era una das partes que máis lle gustaban os país: que gañasen “algunha competición”.algunhas veces para que gañasen, intentaban alguna “trampiña”….jejej - a carreira en calzoncillos xa se celebraba daquela: cómo xurde, que recorrido tiña inicialmente, había premio, algúnha anécdota MARINA: Si xa se celebraba. De feito eu teño na casa un premio do meu home que non foi por gañar correndo, pero foi premio ó “mellor deseño de Calzoncillos” (ata levaba luces) ISAURO: si, recordo que os meus fillos tamén gañaron algún ano, incluso o maior chegou a romper un brazo, xa que resbalou na herba con tantas como corría, de feito gañara resbalando ao entrar na meta. Había dous premios, un ao que chegaba antes, e outro ao mellor calzoncillo. O recorrido era moi corto, unha pequena volta dentro do terreo que facíamos a festa, ao lado de onde sae agora a vosa carreira. - recordas como naceu o nome de troula MARINA: Non.Supoño que iso foi cousa dos máis novos. ISAURO: Porque é unha palabra galega, enxebre, que significa festa -por que cres que se deixaron de celebrar MARINA: Por cansancio, xa que foron uns cantos anos, empre eramos os mesmos e non houbo relevo ISAURO: chegou un ano que non se contou co apoio de novos organizadores para que nos axudaran a continuar coa organización


-sodes conscientes de que influistedes moitísimo sobre a xente nova daquela época e que os levou a darlle continuidade aínda que noutro formato, a esta celebración MARINA: Pensando ben, igual si. Erades moi noviños e algo quedou en vos para retomar esa festa ó cabo dos anos. -cres que hoxe se podería volver facer daquela maneira MARINA: Penso que aquela maneira foi boa naquel momento. Hoxe está moi ben como a fan os novos. Ademáis, hai cousas que son como entón, e outras moito mellores porque a tecnoloxía axuda e o nível económico é mellor ISAURO: Pois si, porque non, aínda que agora hai moita menos xente en agosto. -algunha aportación para a festa actual MARINA: Está moi ben como a facedes e tendes moitísimo mérito. Solo dicirvos que fomentedes cousiñas cos máis pequenos, pois algo lles quedará

ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE “loitando polo noso pasado” FAITE SOCIO Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Photoblog: www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle”


O MOURO Dúas visións daquelas queimadas do 14 La casa del Mouro y la queimada del catorce no eran más que un reflejo de lo que fuimos entonces... exultantemente jóvenes , libres y ávidos de emoción, como la mayoría a esa edad. Nuestra queimada del catorce, que así era como se llamaba nuestra troula consistía en : cantos somos? e cantos litros de aguardiente fan falta...? Pois ala a comprar a Maceda.... Por aquellas, yo custodiaba la llave de aquella casa, pequeñísima ,con apenas tres huecos , un balcón y un corral intransitable... Cheo de todo y que solo servia para tropezar a oscuras. Pero nos sobraba la mitad... Fue durante un tiempo nuestra sede, nuestro techo donde refugiarnos da xiada en aquellas largas noches de conversación y risas que ocupaban las horas hasta la madrugada, es curioso pero cuando salió gran hermano yo reconocía algo en aquella convivencia extrema, si claro, Bustavalle era como un gran hermano, horas y horas juntos donde como los viejos compañeros, daba tiempo hasta para repetir las anécdotas.... Joder tía, que eso ya lo has contado.... Conversaciones llenas de locura, alternadas con silencios... dicen, q cuando puedes pasar una hora en silencio con alguien, es un amigo. Pues los había y eran placenteros, horas tirados escuchando la música que salía escasa de aquella radio y q alguien llevaba todo el día pegada a la oreja como un apéndice, oyendo también o respirar das curuxas o estralar das ramas polo ruxir do vento y o estrano ruido dos animais da noite ... Supongo que eso es la amistad, escudriñar en la mente del otro hasta reconocerlo, hasta predecir sus reacciones y sus opiniones hasta entenderlo a veces mejor de lo que él se entiende a sí mismo y hasta tener la certeza de que perdonarlo será siempre mejor que perderlo porque esos molestos defectos, le definen como tu amigo....Pero, Para todo esto hace falta mucho tiempo , todo el que nos sobraba en el verano.... Tiempo, horas ,toda una vida concentrada en dos meses. Un día al volver de una de aquellas queimadas , me acosté sin hacer ruido, coma sempre y de repente en esos instantes en que uno rememora la noche pasada, los vi a todos ellos ,allí en la blanca pared de mi cuarto, sonriéndome, iluminados por el fuego de una queimada.... Todos, ellos sonriéndome a míííí? ufff..! que medo..! Tripis o queimada..? He recordado muchas veces aquella inquietante y bella revelación... Pero no tuve el valor de aventurarme en aquella visión pues cerré los ojos acojonada y a continuación supongo que dormí la mona.....poco, porque al día siguiente era obligatorio estar primorosamente vestida y con buena cara, en la carretera, como ocelotes... Y aunque me hubiera saltado mil veces aquellas misas exhibicionistas, hoy sé, que entonces y ahora son importantes, por muchos motivos ... La edad,que a veces te da lucidez suficiente para descubrir algún matiz... Quiero pensar que aquella confesada visión pudo tener algo que ver con esa extraña afición moi practicada na casa do moruro,!!! el espiritismo !!! O lo q ahora, cambiando también de nombre llaman wija... Pues si, todo se iniciaba con una pregunta que refleja nuestra enorme prudencia, era: “Si vienes con BUENAS intenciones manifiéstate...” jajaja... jodedores no por favor, pero alguno se colaba y el acojone era divertidísimo, en realidad muchos pensábamos que el vaso lo movía la Regi aunque ella siempre lo negó... Y la creo.


En todo caso no imagino un escenario más idóneo para estos menesteres, el Mouro es, como sempre dicía a miña nai, moi medroso, y aunque sin duda posee una belleza palpitante de noche, es solo apto para valientes , recuerdo que ninguno lo éramos especialmente ,salvo el primo ( Jose Conde) que aunque los espíritus estuvieran profiriendo mil y una amenazas, a él se la traía al fresco y era capaz de bajar al corral a traer nosequé o a salir fuera solo o a lo que fuera, creo que él fue el único al que no intimidaron ni los ruidos de la noche ni las voces de los espíritus. Y sí, pasaron por allí y supongo que se quedarían merodeando, un sin fin de almas que contaban cosas extrañísimas... a lo mejor, durante muchos años nos estuvieron esperando para seguir hablando con nosotros, hasta que un día dijeron: imonos que non van volver! Uno de ellos, me recuerda Regi, se llamaba, Abel Carvajal...

Pero si hablamos del Mouro ,hay que dedicarle un capítulo al colchón, a ver quien no lo recuerda.... Lo paseábamos por la carretera en fila India como un estandarte en procesión y los de los coches flipaban,y es que a veces nos daba por tomar el sol en un lameiro y nos llevábamos el colchón o cuando acuciaba el aburrimiento y se proponían aquellas maravillosas excursiones el colchón se sacaba de

peregrinaje y se metía en la parte trasera del coche, ese cuatro latas de la empresa de la Mercedes y ala todos para dentro, para amortiguar los baches, amontonados coma porquiños nun camión pero cómodos, como en limusina.... Recuerdo aquello de:"pararrrrrr vista ENXEBRE!!!!” y ala, se abría la puerta de atrás del coche y salía uno medio encollido, outro, e outro e outros e outro máis y la gente sorprendida decía cómo ???? pero cuantos cabéis ahí dentro..... Pois todos.... Perseguíamos la belleza,bañándonos, escasos de ropa, en pantanos, ríos e demais pozas e xa fresquiños visitabamos , monasterios, capillas , pueblos ,paisajes... Pero lo del colchón viene al caso porque a pesar de su itinerancia, tenía un asentamiento más o menos constante.. No Mouro, allí se encontraba como en casa y fue testigo necesario de nuestros desvaríos.... En el colchón comenzaba la tarde con plácidas siestas, recuperando horas de sueño, y todos allí tirados en transversal cos pes fóra y soñando en silencio, pero como siempre en compañía , recuerdo que al despertar me regañaban, porque al dormir con la boca abierta, dejaba un reguerillo de saliva sobre nuestro preciado colchón, pecha a boca que manchas o colchón ! jajaja. Cabrones, con la de mugre que ya tenía, mi saliva, puede que hasta lo desinfectara... pero claro, de todo se montaba un cachondeito....Onde andará o colchón? Creo que los más asiduos lo debieron liquidar cual testigo incomodo.... Jajaja... o lo tirarían los gitanos pensando extrañados q haría allí ese roído colchón ??... Pois estaba na súa casa.


No hace mucho, la que movía el vaso ,me contó: Pili, tú te acuerdas del pacto aquel que hicimos en el Mouro, pues lo tengo yo, con la firma de todos... Aquel documento se selló cuando ya se predecía ,con nostalgia anticipada, el final de una época gloriosa, nos comprometía por escrito y cual pacto de sangre a acudir a aquella casa al año siguiente pero creo que también promovía la idea de que los siguiente catorces ,año tras año ,desde cualquier lugar en el que estuviéramos, volviéramos a encontrarnos. Lástima que muchos no escucháramos aquella potente llamada de amistad y es muy emocionante saber hoy de aquel intento infructuoso para atrapar un tiempo que no volverá , en todo caso y como una metáfora del olvido aquella casa en la que luego parece q estuvieron viviendo los gitanos, se fue entristeciendo, quizá porque echaba de menos tanta algarabía y decidió sucumbir casi como nuestra amistad, que

sin duda, igual que la casa no resiste la falta de atención y el vacío .Aunque puede que el olvido o la distancia a veces solo sean una mera apariencia porque estoy segura que todos ,durante un tiempo y en cualquier lugar donde estuviéramos, cuando llegaba la noche del catorce ,entrábamos en un trance melancólico y recordábamos q un día en aquella casa fuimos felices, manida palabra, pero la única que define las caras q un día vi reflejadas en la pared de mi habitación. Y por un momento, seguro que volvimos a ese lugar y cada uno trajo una teja metafórica y la casa recuperó su tejado y volvió a ser el cobijo de nuestras risas. Porque aunque contemos mil anécdotas y aventuras, de las contables, lo más importante de aquella casiña es que fue el refugio de una profunda amistad, esa, que fue capaz de parir una aldea en el lento devenir de horas infinitas....

Y finalmente para todos aquellos que quieren saber lo que pasaba en la casa del Mouro, pues como sospecho una curiosidad pelín malsana y porque el misterio si se revela deja de ser sugerente os hago una propuesta. Mirade , ides alí cun vaso, de noite e con moito valor preguntadeslles aos espíritus Oe !!! pero que facian istos eiqui???? A ver si vos responden. Pili


A CASA DO MOURO Nas noites de verán, ao caer a lúa, a santa compaña de rapaces e rapazas percorre o camiño da aldea ata o Mouro e levan a radio, vermouth do barato e velas de mortos. Na casa do Mouro, na casa da Pili, un vello colchón, que garda segredos espídos de noites moi longas, escoita os espíritus. E móvese o vaso si móvese o vaso, de letra en palabra sinala que o vello Abel vaga pola noite vixiando aos vivos. Bebemos, bebemos, espacios con fume, na radio do Jose sonaba um programa de misterio e lume. Historias da parca vestida de branco petando nas casas da vila, ruído de xestas, oubeos e gritos o medo percorre reflexos da lúa, quizás a disculpa perfecta para solo “o ultimo pitillo”. Un último grolo, escondido no Mouro, anoitece quizás algún dia voltemos xogando a nenos perdidos, vestidos de boda co traxe de gala do vello Carvajal. Jose


Historia dunha fotografía Foto publicada na portada dun libro feito por Urbano Requejo sobre a xenealoxía dos Requeixos. Na foto consta a data de 1995. A foto foi publicada no facebook da Asociación, e inmediatamente houbo unha gran fascinación pola foto. A súa beleza, a súa cor, todo o que suxire. Pero automaticamente xurdiron as voces que cuestionaban moi seriamente a veracidade da data. E aí comezaron unha chea de comentarios. Resumimos. Tras as primeiras dúbidas, e unha vez descuberta a súa procedencia puxémonos en contacto con Urbano, estas foron as súas explicacións: “No sois los primeros en poner en duda la fecha de la fotografía. El original, en el que no consta la fecha, lo tiene Lola da Barreria. Comentando entonces con las fuerzas vivas del pueblo optamos por la fecha de 1995. Posteriormente supe que en efecto por esas fechas pasaron por Bustavalle ofreciendo fotografías hechas desde una avioneta. Pero Lola la adquirió en otra oferta hecha años antes. Resumiendo, parece ser que hicieron fotografías en dos ocasiones. Y que la de Lola es de la primera vez. Todos parecen estar dacordo en que a data é incorrecta. E aínda que sen unha certeza absoluta todo parece situala na década dos oitenta, máis cercana aos primeiros anos que aos úlitmos. Hai van as observacións feitas polos nosos internautas que xeneraron as dúabidas. Primeir detalle a destacar os palleiros, en fila, perfectos como describiu Pili Prol, na aira do penso, supón Marina que de palla, a non ser que fose verán e aínda estivesen as “medas” de centeo. Toño comenta que Os derradeiros en facer palleiros eí foron os meus pais e cando empezaron a segar as colleitadoras xa non se fixeron máis.


Jose Juan destaca o palleiro que hai frente a casa do Rosario, e di non recordar cando se mallaba alí. Toño ratifica que non ten recordos dun palleiro alí. Outro detalle é a presenza da arbore diante das escaleiras da capilla, como señala Fernando. A casa da Pili Borrajo xa está rematada, e ela confima que se fixo a principios dos 80. Jose Juan comenta que parece que a casa da Emilia aínda está sen cair. Tellados de tella francesa vense nalgunhas casas, pode axudar esto? Fernando alude ao peche actual da casa da Hermelinda que xa está feito. Tamén menciona que aínda non está a marquesina do Mangana, e que alí ao lada hai un cabaceiro que xa non existe. Na foto tampouco cre ver farolas. En que ano puxeron os postes e novo cableado?, fixadevos na aira dos Garridos. E o firme da carretera é anterior ao ensanche que sufriu na década dos noventa. Nas casas que baixan para a Poza, despois da casa da Marina, todas as palleiras teñen tellado, agora hai varias sen eles. Iria Núñez Gallego, neta da Lola di ter a foto orinixal na casa e nela vese que están arreglando o tellado da casa da Marina, seu pai di que o tellado puxérallo o seu tío e os seus primos e cre recordar que foi máis ou menos fai 25 anos. Tamén engade que a casa do seu pai, Antonio, aínda non estaba arreglada. Lula Gonzalez pregúntase se estaria o cabaceiro detras da fonte, xa que ese foitirado sobre o ano 1979 ou o 80. Marina foi contundente: "A foto foi feita antes do 15 de agosto de 1989 porque teño diante de min unha foto dese dia,onda a miña casa, e vese o cierre da casa da Sra.Engracia case como está hoxe; ou sexa, xa feito a diferencia e que ainda habia un poste da luz que hoxe xa non está pero ainda quedan os restos de cando o cortaron.... Chegouse incluso a cuestionarse dende onde estaba feita, Pili Prol conxeturou coas seguintes posibilidades: dende Os chaos? Un helicóptero??? , dende o alto dun carro cheo de herba? Como xa comentamos a resposta correcta era un helicóptero.


TROULA 2011

XOGOS POPULARES ACTIVIDADES DEPORTIVAS CONTACONTOS CINE MÚSICA EN DIRECTO EXPOSICIÓNS

14 de agosto 22h CEA POPULAR Precio Cea: 25€ Menores de 10 anos: 15€ Cea+Barra Libre: 30€ Só Copas: 12€

RESERVA CANTO ANTES NOS TELEFONOS: 649721534 ou 629809769 ou en acbustavallezorelle@gmail.com

ORGANIZA ASOCIACIÓN CULTURAL

o adro nº6  

Número de xullo de 2011

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you