Issuu on Google+

o adro

xullo 2012

nĂşmero 8

toponimia


EDITORIAL Podemos dicir que as persoas, os animais, as cousas, se non teñen Nome é como se non existisen no mundo... se non estás individualizado non eres ninguén, formas parte dun conxunto non identificado, non individualizado, non tes existencia propia... aínda máis triste é ter nome durante moitos anos, estar claramente identificado, ter esencia propia, e perdela, o dolor é maior, ter sido alguén, co teu nome, para moita xente, durante moito tempo, e comprobar que xa non existes, xa non importas, xa ninguén te l e m b r a . . . O número da revista deste mes volve ser unha xoia para os nosos pobos, se algún número desta revista puidera resistir o paso do tempo, traspasar as fronteiras do esquecemento gustaríanos fose este... xa que vén directamente da esencia do noso pasado, e nun intento de rescatalo para que non caia no esquecemento, estaríamos moi orgullos de que as futuras xeracións que habiten os nosos pobos poidan recuperar os nomes das súas rúas, das súas airas, e que esta edición do Adro contribúa ao seu coñecemento e difusión para que estes nomes, algúns ben fermososo, permanezan de novo na memoria colectiva. Toponimia, ise é o nome técnico que recolle o estudo dos nomes dos lugares, e etimoloxía é o estudo do seu significado e a explicación da súa orixe. Algo diso tamén tentamos facer neste número. O noso atrevemento non parou aí, senón que tamén nos atrevemos a dar a nosa propia teoría histórica sobre a evolución dos nosos pobos ao longo da historia. Esperemos sexa recoñecido o noso esforzo e perdonados os nosos erros, que seguro hai ben deles. Por iso estamos abertos a calquera tipo de rectificación, e por iso esperamos os vosos comentarios que subsanen as posibles equivocacións que faremos públicas no seguinte número.

Antes de rematar agradecer a Jose Luis a súa contribución no intento de recuperar os nomes de Bustavalle e a Pepe que nos facilitou os nomes de Zorelle. Así mesmo facemos referencia a distintos libros, ademais da wikipedia galega, dos que obtivemos diversa información para elaborar este número: - To p o n i m i a d e G a l i c i a d e Fernando Cabeza Quiles, ed. Galaxia -A casa de Xaquín Lorenzo Fernández, Biblioteca Básica da Cultura Galega Deixamos para o vindeiro ano a proposta feita no número anterior de buscar a imaxe que identifique aos nosos pobos, é que non podemos estar a todo.

ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE “loitando polo noso pasado”

FAITE SOCIO Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Blog: http://acbustavallezorelle.blogspot.com/ Photoblog: www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle” PODES CONSULTAR OS NÚMEROS ANTERIORES DA REVISTA O ADRO NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE INTERNET:

http://issuu.com/acbustavallezorelle


FANTASÍA HISTÓRICA (ou talvez non) Bustavalle nace unida á terra, e tamén á auga. A orixe do nome Bustavalle alude a un val, ou valle cheo de pastos para o gando, como confirma o étimo latino “busto”; pero para que os prados estén ben verdes, sabrosos e apetitosos para o gando é fundamental a auga, e é aí onde comeza a historia real do noso pobo. A auga que vén polo regato do reguengo detense nunha pequena poza e alguén, os primeiros habitantes do noso pobo, deciden aproveitar esa auga para regar as súas hortas, por iso deciden quedar, e constituir un pequeno asentamento que toma o nome orixinario de Poza. Aínda hoxe quedan múltiples exemplos nesa zona de palleiras ou construcións primitivas cunha función fundamentalmente agrícola que podían servir como pequenas vivendas onde convivir cos animais. Así foise extendendo toda a parte baixa. A partir deste asentamento orixinal as casas crecen cara arriba, trepando por ise pequeno desnivel, e abríndose tres rúas, a de Quebracús, a do Outeiro e a da Mallada, cara a parte superior, máis elevada nese momento do pobo e que toma ise nome, Outeiro, lugar alto. Comezan a construirse casas quedando as construcións primitivas coa función exclusiva de gardar o alimento dos animais. E cando ese val de abundantes prados adquire tal fama que a fidalguía, a nobreza decide instalarse e apropiarse das terras, e como queren amosar esa superioridade seguen avanzando cara o ceo, buscan novamente o punto máis alto, e alí instalan a Casa Grande, dende onde poder amosar e dominar as súas terras. É o momento máis importante do noso pobo, chega a riqueza, hai que facer mostra do poderío, e así faise a casa adxacente á Casa Grande, a capela e os cabaceiros máis importantes do pobo que dan boa conta da excelente colleita e o abundante gando que aquí había. Unha vez máis o desnivel intervén na historia do noso pobo, e na construción da capela teñen que facer un gran muro para contela. Non esquecer que orixinariamente a entrada da capela miraba directamente cara á Casa Grande. Supomos que como consecuencia deste poderío o pobo comeza a crecer arredor da Casa Grande, servindo aos seus pés, xa que só unha pequena aira, do Neboeiro, atreverase a desafiar o poder da fidalguía, chegando a ter contacto directo co ceo mediante as nubes. É o noso momento celestial, ou divino. Grande riqueza en forma de gando e alimento da terra debeu haber nestas terras.


l

Coa chegada, xa no século XX, da estrada de Ourense a Maceda, ábrese unha nova vía que dará lugar a zona da Barreira, despois de ter ascendido o noso pobo comeza a época do declive. Aí estarán os nosos límites como ben indica o nome de Barreira. Lembrar que con anterioridade a facerse esta estrada o camiño que cruzaba o pobo pasaba polo Penso, por diante da Capela e baixaba polo Outeiro cara o Mouro, seguindo o regato. Porque é momento de lembrar que mentres en Bustavalle medrábamos co traballo, moi cerca de alí, seguindo as augas dese regato orixinal, xurdía un pequeno grupo de casas onde a maxia e a fantasía o dominaba todo, onde as lendas de mouros, de tesouros agachados, de fontes máxicas daban lugar a un mundo creativo que viña a complementar a faceta traballadora das xentes de Bustavalle. Alí no Mouro era onde aprendían os contos, as historias, as cancións que cada certo tempo remontaban o regato do Reguengo (nome que alude as terras que non eran de ningún rei, nin de ningún señorío nin orde relixiosa), pois con esa liberdade chegaban as xentes de Bustavalle que logo contaban e cantaban mentres traballaban. Ese camiño, primeiro vía Mouro, e logo vía estrada comarcal, que sumerxiu definitivamente ao Mouro nese territorio afastado da realidade ao quedar á marxe do transito diario, continuaba o seu camiño cara Zorelle, lugar de tradición relixiosa e probablemente máis antigüidade que Bustavalle, que pronto foi lugar obrigado de parada cara Santiago de Compostela, e que nalgún momento da historia, un peregrino fixo alí unha ofrenda, ou vai ti saber se houbo milagre que ninguén lembra e ninguén deixou recollido por escrito, o caso é que alí polo século XVII ou XVIII, que un pérdese na historia real, que por algo ten orixes no Mouro, e prefire fantasear a investigar con rigor histórico, como dicía, nalgún momento da historia alguén levanta a igrexa de Santiago de Zorelle para que os peregrinos fagan parada no seu camiño cara Compostela. Mediado o século XX, que para iso non hai que investigar, basta con saber ler, construese a fonte de Bustavalle máis o tanque para o gando, porque aínda era importante o número de cabezas bovinas... O franquismo avanza e o pobo crece polas aforas, pero agora xa non son casas de labranza, así empeza a Cruz, Carreiralba, o Carballiño a recibir habitantes...


Agora toca presumir diante dos viaxeiros que cruzan a estrada a Maceda e toca ubicar a porta da Capela por diante, seica foi cousa dos Tenientes, que sempre houbo xente importante no pobo, que vivían de frente da Capela, e así de paso dábanlle prestixio a súa casa, prestixio que tempo antes tivera a Casa Grande que agora pasou a encherse de lendas que contaban que nos seus muros agochábanse unha chea de tesouros, e que os “mouros” foron aproveitando a decadencia económica do pobo, (tesouros que aínda seguen sen atoparse)... Así pois agora o lugar importante do pobo pasou a ser a praza, que nunca foi tal polo paso da estrada, dominada pola fonte, a Capela e o maxestuoso cabaceiro. E a Transición fixo que os emigrantes doutra época volvesen con cartos a ocupar o seu pobo no vran que pouco a pouco foise convertendo nun lugar de veraneo, e xa Europa, e a Comunidade Económica se encargou do resto, de facer que a partir dos oitenta os animais abandonasen este lugar de fértiles prados que durante tantos anos dera de comer as bestas, e estas aos homes... Pero o século XXI non parece traer a estes paraxes nin homes, nin mulleres, nin bestas... Pero esta historia non está remata, e vai ti saber se a prima de risco (prima en galego dise curmán, pero non esta, senón a filla do meu tío), pois o que dicía, a ver se a crise enche de novo este valle de bestas, homes e mulleres.

“Se queres comprender o mundo enteiro, describe a túa aldea.” Recomendación que Tolstoi lle daba aos escritores que empezban


ZORELLE ZORELLE DE ARRIBA

ZORELLE DE ABAIXO

Os topónimos xenéricos que designan tradicionalmente as zonas de Zorelle e Bustavalle seguen unha variación de altura, aludindo aos distintos desniveis: - no caso de Zorelle de forma moi básica e sinxela cos nomes de Zorelle de Arriba e Zorelle de Abaixo, topónimos que foron arraigados coa chegada da estrada de acceso a Maceda, feito que fragmentou definitivamente o pobo en dúas zonas; - no caso de Bustavalle os desniveis toman como referencia elementos naturais (auga, terra e ceo) configurando un valor metafórico que lles otorga aos topónimos orixinais unha grande beleza: A Poza remite a auga, ao regato que cruza o pobo por esa zona, Outeiro alude a unha elevación do terreo, e Neboerio fai referencia ás nubes, ao ceo; polo que nacendo nas augas elevámonos ata o ceo para xuntar en tres topónimos, en tres zonas do noso pobo un recorrido de abaixo arriba completo: da auga pasando pola terra chegamos ao ceo, para convertirse neses neboeiros novamente en auga que cae sobre o regato da Poza, un ciclo completo. Posteriormente, como veremos entra co nome de Penso o alimento para manterse, e co toponimo de Barreira establecemos un límite espacial ao noso pobo, que xa recentemente adopta os nomes de Carretera e Capilla-Fonte nas súas formas castelanizadas (deberiamos recuperar os orixinais galegos “Estrada” e “Capela”).

ZORELLE DE ARRIBA

ZORELLE DE ABAIXO


BUSTAVALLE : BARRIOS NEBOEIRO

PENSO

OUTEIRO

CAPILLA/FONTE

POZA

CARRETERA BARREIRA

POZA: derivado de pozo, do latín “Puteus” (hoyo, pozo); concavidade, focha no terreo que se enche de auga cando chove. Hidrónimo (topónimo que fai referencia á auga).

OUTEIRO: derivado de “outo” que é a forma que o adxectivo “alto” tomou na lingua arcaica; pequena elevación do terreo, illada e de pouca extensión que domina un certo terreo chan. Orónimo (topónimo que fai referencia a topografía, ao terreo).


NEBOEIRO: provén da forma latina “nebulario”, derivada á súa vez de “nebula” (néboa, brétema), alude a un lugar onde se concentran moitas néboas ao longo do ano; aínda que aquí parece referirse máis ben ao punto máis elevado do pobo que toma como referencia as nubes. Sinónimo de néboa. Topónimo referido a condicións m e t e o r o l ó x i c a s .

PENSO: porción de alimento seco que se dá o gando. Fitónimo (nome de lugar referido ao mundo vexetal, natural ou cultivado).

BARREIRA: valo, obstáculo artificial que impide o paso dun lugar a outro, ou ben, sinónimo de barreiro, como sitio de onde se extrae barro. Topónimo referido a c o n s t r u c i ó n s . CAPILLA-FONTE: Topónimo recente. A) CAPILLA: máis extendida a forma castelanizada, aínda que a forma galega correcta sería Capela. Topónimo referido a edificación relixiosa. Do latín tardío “cappella” (oratorio, capela), aínda que propiamente significaría “capa pequena” en alusión ao trozo de capa que San Martiño deu a un pobre e ao oratorio que se erexiu onde gardaban esta reliquia. B) FONTE: del latín “fons/-tis” Construción hidrónima.

CARRETERA: Topónimo recente. A forma galega debería ser “Estrada”. Topónimo que alude a unha vía de comunicación.


AIRAS AIRA: coa variante de eira noutras zonas de Galicia é un lugar típico do campo galego que se establece no medio ou nunha beira do pobo, onde dea ben o sol e corra o aire. No seu arredor adoitan verse cabaceiros de moitos veciños que aproveitan aquel sitio non pola cercanía da aira senón pola ventilación do lugar. Empreganse como lugar comúns onde extraer os distintos cereais, como centeo ou millo, aínda que tamén outros froitos como fabas, guisantes... Tamén poden empregarse para facer alí “palleiros”: amoreamento de palla mallada ou herba seca, en forma de cono, feito arredor dun pao chantado no chan. As airas poden ser privadas ou comunais, e ben de pedra ou de terra. Nos nosos pobos existiron sempre as comunais ou “airas de todos” e de chan de terra, que debía estar ben nivelado e limpo de pedras.

Familia Belmonte-Requejo na esfolla do millo na Aira da Poza a finais dos anos setenta.

Estas airas comunais eran utilizadas na época de mallas por un riguroso turno entre os veciños do lugar. Fóra dese tempo, ocúpaas o primeiro que as atope valeiras. Según nos conta Marina, a esfolla do millo, en Bustavalle facíase en outono, normalmente cara a noitiña, e como noutras actividades do campo pasábase o rato contando contos e historias.

Aira do Penso con palleiros

Irmáns Belmonte-Requejo nunha aira de Zorelle


BUSTAVALLE : AIRAS 5 NEBOEIRO

PENSO

4 3

7 6

OUTEIRO

POZA

CAPILLA 2

8

CARRETERA

1 BARREIRA

1. Aira dos GARRIDOS 2. Aira da MALLADA 3. Aira da POZA 4. Aira da CASTELLANA 5. Aira do NEBOEIRO 6. Aira do PENSO 7. Aira do PENSIÑO 8. Aira da POZA PEQUENA ou dos REQUEIXOS

Das oito airas que conservamos noticia a maioría asumen o nome da zona onde se ubican, ben sexa co nome pleno (Poza, Neboeiro, Penso) ou ben con forma diminutiva (Pensiño ou aira pequena da Poza). O outro recurso empregado é o antropotoponímico, é dicir, facendo referencia a un nome de persoa ou ben familiar (dos Garridos, dos Requeixos ou da Castellana, que aludiría ao alcume de alguén). Só hai unha aira que fai referencia explícita a función que desempeñaba (Aira da Mallada).

MALLADA: procede do latín “malleus” (martelo, mazo, mallo), e fai referencia ao proceso de mallar os cereais, polo que se alude ao lugar onde se mallaba o trigo ou se degrañaba o millo. Mallar: golpear co mallo, ou utilizando medios mecánicos, o cereal para separar o gran da palla, ou golpear outras plantas con grans ou froitos para facer que estes se desprendan.


Aira dos Garridos

Aira da Castellana

Aira do Penso

Aira da Poza

Aira do Neboeiro

Aira da Poza pequena


BUSTAVALLE : RÚAS M P

O B C

L E

D G

A

F

O K

N

A H J

N

I

A. Rúa da POZA B. Rúa do PETO C. Rúa CASTELLANA, do TÍO PARENTE, ou QUEBRACÚS D. Rúa do OUTEIRO E. Rúa da CAPILLA F. Rúa da MALLADA G. CANELLA H. Rúa da TÍA MOASA ou dos MELEIROS I. Rúa da BARREIRA J. Rúa do PASADIZO K. Rúa do PASADIZO L. Rúa do PENSO M. Rúa do NEBOEIRO N. CARRETERA O. SUBIDA Á CASAGRANDE P. Rúa do PENSIÑO

N


Se analizamos a toponimia dos nomes do que hoxe se coñecen como rúa, pero que realmente eran na época pasos, ou ben camiños rurais que deambulaban entre as casas podemos comentar o seguinte: Novamente moitas deles aluden aos nomes orixinais de zona, que por suposto que inicialmente aludían ao conxunto e logo foron especificándose para certos pasos ou rúas. Entrarían neste grupo nomes como Poza, Outeiro, Barreira, Neboeiro e Penso, dos que xa explicamos a súa orixe. Outros aluden as airas nas que empezan como a da Mallada, Pensiño ou da Castellana. Algúns nomes evidencian a súa relación con edificios e construccións como poden ser a da Capilla, a da Casagrande, ou mesmo a do Peto que fai referencia a un peto de ánimas recentemente restaurado. Referencias como Canella ou Pasadizo aluden a pasos estreitos e longos entre paredes, normalmente para atallar camiños, empregándose o de Pasadizo cando pasa baixo algunha casa. Hai rúas que co paso do tempo foron denominadas con nomes de veciños, novos casos de antropotopónimos, como do Tío Parente ou da tía Moasa (queda aquí aberta unha invitación a aqules lectores da revista que saiban algo das persoas que levamos aludidas nos fagan chegar esa información), pero cremos que nestes dous casos debemos inclinarnos maioritariamente por conservar os nomes orixinais por tratarse do máis fermosos dos que dispomos no noso rueiro: Quebracús e Meleiros. De creación recente sería a denominación de Carretera. Tamén temos que indicar que nomes de rúas como Pensiño ou Subida á Casagrande son máis deduccións lóxicas nosas aínda que non dispuxemos de alusións concretas a elas por parte das testemuñas coas que falamos para levar adiante o traballo que recollemos nesta revista. Aproveitamos para darlle as gracias a Jose Luis, principal fonte dos topónimos recollidos.

QUEBRACÚS: significa “rompe cús”, creación expresiva que alude a dificultade que ocasionaría supostamente subir esa costa, xa que non é excesivamente empinada, de aí o humorístico do nome.

MELEIROS: persoas que traballan con mel e tamén lugar onde se garda o mel. Sen lugar a dúbidas o lugar máis doce do pobo.


Rúa do Peto

Peto de Ánimas restaurado recentemente por Manolo

Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio, purgatorio, para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida, moi arraigada na mentalidade popular galega. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia. Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. As encrucilladas aínda inspiran temor, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados. Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro, etc. Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo, pois hai que telas sempre presentes. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto e non se poden esquecer nunca.


ZORELLE AIRA DE ARRIBA AIRA DE ABAIXO SOUTO CASA DO CURA

AIRA DO BERNARDINO

FONTE

CEMITERIO

A toponimia de Zorelle que conservamos é moi básica. Dúas airas toman o nome das zonas xenéricas de Arriba e Abaixo, e outra máis presenta un antropotopónimo aludindo ao nome dun veciño: do Bernardino. Tres nomes aluden a edificios ou construcción, un aludindo a auga como é o xenérico Fonte, e outros dous de carácter relixioso un mencionando a Casa do Cura e outro aludindo ao camposanto, Cemiterio. O topónimo máis interesante de todo é o fitónimo (nome de lugar referido ao mundo vexetal) de Souto.

SOUTO: lugar poboado de castñeiros, procede da voz latina “saltu” que significaba paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladero. Como a miúdo estes bosques de castiñeiros crecen en saltos ou desfiladeros tomou o nome desa palabra latina con esa acepción.


Casa do Cura

Cemiterio

Aira de Abaixo

A Fonte

Aira de Arriba

Aira do Bernardino


Casa Grande

Canellas

Carretera / Estrada

Pensi単o

Pasadizos


Outeiro

A Poza

A Capela

A Mallada

Penso

A Barreira

Neboeiro


adro8xullo12