Issuu on Google+

IES PEDRO FLORIANI PFAC ABALAR

Terceira Sesi贸n M茅rcores, 14.12.2011


PFAC ABALAR Mércores, 14 – 12 – 11 I. Exercicio libre: Seguir blogs 1. Consultar blogs doutras persoas da clase. 2. Facerse seguidor/a e poñer comentarios. II. Repaso: Subir un PDF 1. O día anterior subírase un PDF de DOCUMENTACIÓN para o noso hipotético alumnado. Subir agora un PDF de EXERCICIOS. Repasar o proceso no titorial do día anterior. 2. Facer unha nova entrada no blog incluíndo o código embedded. III.ETIQUETAS 1. Temos agora dúas entradas no blog, unha cun texto e outra con exercicios sobre ese texto. Ímolas clasificar mediante etiquetas. 2. Como xa vimos, as etiquetas, tamén chamadas noutros entornos categorías, keywords (ISSUU), tags, etc. son palabras polas que clasificamos os documentos, entradas do blog, etc. Utilízanas os buscadores (como Google e outros) para atopar os documentos que lles pedimos nos nosas buscas. Dentro do blog serven para buscar as entradas que temos sobre un determinado tema, para atopar os exercicios que publiquemos, a documentación que teñamos en forma de documentos, ligazóns a páxinas, etc. Debemos etiquetar con moito coidado as entradas para poder atopar despois a nosa información. 3. Editamos a entrada do blog no que temos o documento subido o día anterior. É un texto sobre un tema (no noso caso, os dereitos humanos). Escribimos, entón, no cadro de etiquetas, "Dereitos humanos, Texto" separando as etiquetas por comas:


4. Publicamos a entrada e vemos que no gadget Etiquetas aparecen agora as dúas que acabamos de poñer na nova entrada.

5. Normalmente, Blogger inclúe este gadget ao crear o blog. En caso de que non o teñamos, debemos engadilo premendo Diseño e seguindo as instrucións. 6. Exercicio libre: probamos as características do gadget Etiquetas, en particular "Mostrar lista ou nube", etc. 7. Etiquetamos agora a segunda entrada, a que ten o PDF de exercicios. Poñemos as etiquetas "Dereitos humanos" e "Exercicios". Publicamos e observamos despois o que sucede cando prememos cada unha das tres etiquetas: o blog busca todo o que teñamos sobre Dereitos Humanos (2 entradas), ou todos os textos (1 entrada) ou todos os exercicios (1 entrada).


8. Imos agora ao escritorio, na pestana "Editar entradas", e vemos os elementos que nos permiten buscar, cambiar, borrar etiquetas, etc.

IV. VIDEOS 1. Imos aprender dúas maneiras de poñer videos no noso blog: Copiando o código "embedded" dun video que atopamos en YouTube e subindo o noso propio video. 2. Subimos o famoso video do Monxe Axuda de Escritorio copiando o código embedded. Abrimos a páxina: http://www.youtube.com/watch?v=n-yvaqWrrP 3. Xa sabemos copiar e pegar o código, pero o problema aquí é atopalo. Hai que premer "Compartir", despois "Amosar máis", a continuación "Inserir" e finalmente aparece o código HTML para copiar e pegar na nova entrada do blog.


4. Lembramos as etiquetas! Porémoslle, entre outras posibles, "Video"5. Para subir videos en Youtube só necesitamos seguir pasos análogos aos que dimos en ISSUU: Rexistrarse, subir os videos indicando as Palabras Clave (Keywords ou etiquetas). 6. Cando estea subido o video, imos á páxina de internet no que está publicado por YouTube e copiamoso código embedded como no caso anterior. 7. Estes pasos déixanse como exerecicio para a clase: entre todas/os deberemos rexistrarnos e subir un pequeno video de Abaleitor.

V. GLOGSTER 1. Rematamos cunha ferramenta web con moito tirón para o alumnado: Glogster 2. Faremos un exercicio consistente en facer cadanseu glog e facer un "anel" poñendo cada quen unha ligazón ao glog dun/ha compañeira/o. 3. Para atopar a páxina poñemos en Google "Glogster" e picamos en GlogsterEDU. A continuación rexistrámonos e seguimos as indicacións para aprender a usar as ferramentas e ligazóns, que son enormemente intuitivas. BO NADAL A TODO O MUNDO!!!


PFAC Abalar - 3