Issuu on Google+

MISTER WONG Se xa teño unha conta en Mr. Wong podo acceder a ella dende calquer ordenador, para iso vou a barra de direccións do navegador e poño o seguinte enderezo: www.mister-wong.es

2- Accedo á páxina de Mister-wong e alí teño que elexir a opción Ingresar

3. Aparece a seguinte ventá e teño que poñer o meu nome de usuario e contrasinal:

poño o nome de usuario Proxecto Abalar- Curso 2010-11

poño o contrasinal Albino Núñez - Ourense


Accedes á páxina de Inicio onde ves o listado de todas as páxinas que hai en Mister-Wong aparecendo en primeiro lugar as últimas que van introducindo os usuarios desta ferramenta.

Se queres ver os teus marcadores fas click en marcadores e podes ver os que tes xa introducidos

Se quero gardar unha páxina web nos meus marcadores vou a Guardar

Proxecto Abalar- Curso 2010-11

Albino Núñez - Ourense


Na ventá que aparece completo os campos: 1º a URL (dirección da páxina web que quero gardar), 2º o título (que moitas veces xa se autocompleta), 3º comentario (optativo) , 4º a etiqueta (é fundamental para despois localizar as páxinas cando xa teño moitas gardadas), 5º elixo se quero que a páxina sexa pública ou privada e logo dou a Guardar marcador

- Para poñer os iconos de Mr. Wong en calquera ordenador e poder acceder e gardar de maneira máis sinxela os meus marcadores: a) Se navego con Internet Explorer: unha vez que estou dentro da miña páxina vou á opción de “Cosas” e elixo a opción “Botones de favoritos para Internet Explorer”

Proxecto Abalar- Curso 2010-11

Albino Núñez - Ourense


A pantalla salta para a seguinte ventá na que elixo a opción “Instalar botones”

Na ventá que aparece elixo a opción Guardar

Agora elixo onde quero gardar esa aplicación e deixo o nome que pon por defecto: fíxome onde estou gardando a aplicación

Proxecto Abalar- Curso 2010-11

Albino Núñez - Ourense


Cando remate de descargar, vou a onde gardei a aplicación e premo dúas veces sobre ella : Remato de instalar aceptando e/ou dando a continuar en todas as pantallas que van aparecendo. Ao final terei instalados na barra de ferramentas os botóns para acceder de maneira máis fácil a Mister-Wong. (estes botóns poden variar segundo a versión de Internet Explorer que esté utilizando).

Pode ser que instale todo correctamente e non se vexan na barra do navegador; entón teño que mirar se teño visible a barra de comandos, para iso pico co botón directo do rato sobre a barra de ferramentas e comprobo se está activa a barra de comandos. Se coa barra de comandos activa aínda non vexo os botóns de Mister-Wong e que teño demasiados botóns e non “caben” na barra, entón teño que engadilos. Para iso fago click co botón dereito do rato sobre a barra de ferramentas e elixo a opción “Personalizar”, na ventá que se desplega elixo agora “Engadir ou eliminar contactos”, e a continuación elixo os botóns de Mister-Wong para que aparezan visibles na citada barra.

b)

Se navegamos con Firefox: o procedemento sería o mesmo só que agora en “Cosas” eleximos a opción “Barra de ferramentas para Firefox”

Proxecto Abalar- Curso 2010-11

Albino Núñez - Ourense


– Na seguinte pantalla facemos click en “Instalar barra de herramientas” e seguimos o proceso de instalación normal dun programa.

Nota- Normalmente os programas que descargamos con Firefox gardanse por defecto na carpeta “Descargas” que está en “Mis documentos”

– COMO USAMOS OS BOTÓNS: 1º-En primeiro lugar temos que entrar na nosa conta, para iso prememos no botón gris-azulado da barra de ferramentas do navegador e xa nos leva directamente ao inicio do programa para que ingresemos na nosa conta

1º no azul entramos a Mr. Wong

2º no vermello accedemos a “Guardar”

2º-Despois cando estamos visitando calquera páxina web e a queremos engadila aos nosos marcadores, só temos que clickar no botón vermello e automaticamente aparecerá a ventá de “Guardar” de Mister-Wong co nome da páxina que queremos introducir xa alí marcados, agora só temos que poñerlle as nosas etiquetas e demais opcións e dar a “Guardar marcador”. Deste xeito o programa xa pon automaticamente o enderezo da páxina que que quero gardar.

Só teño que cubrir os demais campos.

Proxecto Abalar- Curso 2010-11

Albino Núñez - Ourense


MR Wong