Page 1

OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN DIANTE DA CÁMARA (Do 6 ao 10 de Xullo) Obxectivos: A interpretación cinematográfica ten unha breve aínda que intensa

historia e cada vez

consolídase máis como unha materia específica e diferenciada do feito teatral. A cámara ten as súas claves específicas e coñecelas é para os actores un xeito de ampliar horizontes no seu oficio e poder chegar máis lonxe nos seus logros artísticos.

Destinatarios: Este obradoiro vai dirixido principalmente a actores e actrices profesionais socios de AISGEFUNDACIÓN AISGE-AAAG que desexen profundizar os seu coñecementos e aptitudes no eido audiovisual.

Lugar, datas e duración: Do 6 ao 10 de Xullo en Casa do Pacio, Cospeito, Lugo. www.casadopacio.com

O obradoiro, cunha duración de oito horas diarias de traballo (total 40 horas), divídese en xornadas de mañá e tarde .A convivencia durante o curso fai parte do mesmo .A recepción de alumnos e presentación do curso levarase a cabo o Domingo 5 de Xullo a última hora da tarde.

Inscrición e matrícula: Do 11 ao 18 de Xuño de 2009 ás 15.00 mediante a presentación do formulario de inscrición anexo , debidamente cuberto, adxuntando currículo e fotografía. Nota: Os socios de AAAG que teñan actualizados os seus materiais no Catálogo on-line da AAAG http://www.aaag.es/catalogoactores/index.php non será necesario que envíen de novo o CV.

Organiza

Patrocina


Custo: 390 EUROS para socios de AAAG e AISGE en réxime de residencia, incluindo aloxamento en habitación dobre ou triple compartida e comidas. No caso de non socios o importe será de 500 euros.

Prazas e selección de candidatos: Este obradoiro ten 14 prazas. A selección realizarase polos docentes en base ao currículo e aos requisitos desta convocatoria. Comunicarase telefónicamente a cada candidato seleccionado antes do día 23 de Xuño.

Reserva praza e pagamento :

Os candidatos selecionados deberán ingresar o 50%do importe do curso antes do día 26 de Xuño mediante transferencia bancaria na CC de Caixa Galicia 2091 0348 15 3040009198, indicando no concepto nome do alumno e nome do curso. O importe restante aboarase antes do día 3 de Xullo. No caso de que as prazas non sexan cubertas cos socios AISGE-AAAG abrirase un novo prazo para non socios.En calquera caso conformarase unha lista de espera. No caso de anulación da reserva a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non se cubre. Programa: Mañás (De 10 h. a 15 h) O curso , impartido por Eva lesmes e Javier Gancedo , dedicará as mañás ao traballo práctico con cámara sobre

secuencias que se gravarán en video profesional e serán

analizadas posteriormente. Parte do traballo gravarase na sala na que se imparta o obradoiro e parte en exteriores, recreando as condicións dunha rodaxe profesional. Os aspectos principais sobre os que se incidirá son: •

Análise de texto.

Tipos de planos.

Crear unha realidade que sucede diante da cámara.

Organiza

Patrocina


Acción-reacción.

Liña de pensamento.

A mirada como ferramenta.

Tardes (De 17 h. a 20 h.) As tardes dedicaranse á análise fílmica, tanto de películas completas como de secuencias maxistrais dos distintos xéneros.Estas sesións teñen como obxectivo familiarizar aos participantes cos mecanismos da escritura dramática que subxacen no texto. Terán lugar igualmente 3 encontros con profesionais da industria, que contribuirán cas súas reflexións e experiencias a dar aos partcipantes unha visión máis ampla da realidade do seu oficio. Está confirmada asistencia de Macarena Pombo e Jorge Coira. Nos vindeiros días confirmarase a participación das actrices Candela Peña ou Marta Fernández Muro. Ao final do curso entregarase unha copia do material gravado a cada alumno , incluíndo os monólogos que dirixirá Macarena Pombo.

Profesorado: Eva Lesmes (Directora de cine y televisión) Directora de cinema e televisión, diplomada en Dirección de Cinema no American Film Institute e formada na dirección de actores con William Layton, José Carlos Plaza e John Strasberg. Entre os seus créditos como directora ten títulos coma: "Pon un hombre en tu vida" e "El Palo" en cinema, ou as series "A las once en casa", "El Comisario" e "Maitena, Estados Alterados" entre outros, en televisión. Foi gañadora do premio Pilar Míró da ATV ó mellor guión (2000) e dirixe Central de Cine.

Javier Gancedo (Guionista e script editor) Guionista e script editor, dende 2001 dirixe Central de Guiones, axencia ca que colaborou como script editor no desenvolvemento de numerosos guións de cinema e televisión, destacando "Un franco, 14 pesetas" (2006) e a miniserie "Serrallonga" (TV3, 2008). Foi gañador do Premio Pilar Miró da ATV ao mellor guión (2001), guionista na serie "Córta-T" (Cuatro), da longametraxe "Pradolongo" (2008) e da tv movie "La noche del escorpión" (2002) entre outros. Na actualidade dirixe o equipo de guionistas da serie "Estados Alterados, Maitena" (La Sexta), da que é coautor xunto con Eva Lesmes.

Organiza

Patrocina


Macarena Pombo (Dramaturga, directora de escena e coach) Dramaturaga e directora de escena, formada con William Layton e José Carlos Plaza, dirixiu con Jorge Amich a Aula de Teatro da Universidad Autónoma de Madrid e traballa habitualmente coma coach de actores para cinema e televisión. Colaboradora habitual de Sara Bilbatua na dirección de casting, participou en series de televisión coma “Hermanos y detectives”, “Maitena, estados alterados” e “Amar en tiempos revueltos” e en longametraxes coma “Todo sobre mi madre” e “Hable con ella” de Pedro Almodóvar, e “El laberinto del fauno” e “El espinazo del diablo” de Benicio del Toro, entre outras.

Jorge Coira (Director de cine e televisión) Fórmase en distintos obradoiros e cursos como os impartidos por Víctor Erice, Michael Radford ou Allan Starski. Como director asinou curtas como Gran Liquidación ou O matachín, documentais como “Chunda, chunda”,” Vida nas Mareas” ou “Que culpa ten o tomate”?; series de ficción como “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “As Leis de Celavella”,” R.I.S.”,” Padre Casares” ou “El Comisario” e longametraxes como “Entre Bateas”, “O Ano da Carracha” e “18 comidas” (actualmente en proceso de montaxe).

Candela Peña (Actriz) Gañadora do premio Goya á mellor actriz 2006 por “Princesas” de Fernando León”, conta entre os seus crédito títulos coma “Días contados” de Imanol Uribe, “Sin vergüenza” de Joaquín Oristrell, “Te doy mis ojos” de Icíar Bollaín e “El patio de mi cárcel” de Belén Macías, entre outros. O seu último traballo en cinema é “Los años desnudos. Clasificada S” de Dunia Ayaso e Félix Sabroso.

Marta Fernández Muro (Actriz) Actriz, formada con Martín Adjemián, John Strasberg, Dominic de Facio, Carlos Gandolfo e José Luis Gómez e cunha extensa carreira tanto no teatro, onde traballou ás ordes de Robert Lepage e Adolfo Marsillach, en cinema, onde traballou con directores como Pedro Almodóvar, Fernando Colomo, Mario Camus, Luis García Berlanga e Alex de la Iglesia e en televisión, onde participou en series coma “Farmacia de guardia”, “Cuéntame”, “Periodistas” ou “Amar en tiempos revueltos”, entre outras.

Organiza

Patrocina

/Obradoiro-de-interpretacion-diante-da-cámara-AISGE-AAAG  

http://aaag.es/wp-content/uploads/Obradoiro-de-interpretacion-diante-da-cámara-AISGE-AAAG.pdf

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you