Issuu on Google+

NOTA DE PRENSA

OS XV PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES XA TEÑEN FINALISTAS 11 espectáculos contan con nomeados para os galardóns da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Máis de 150 profesionais do sector reuníronse na IV Festa dos Nomeados, onde se desvelaron os nomes dos finalistas 2 de marzo de 2011.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XV Premios de Teatro María Casares. A cerimonia de proclamación tivo lugar na IV Festa dos Nomeados, que reuniu a máis de 150 profesionais do sector nas instalacións anexas á sede da Asociación, ubicada en Ames. A actriz Mónica García conduciu o evento. Un cranio furado, de Producións Teatráis Excéntricas obtivo 10 nomeamentos; e Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico, e As actas escuras, do Centro Dramático Galego, acadaron 7 cada unha. Son as obras que contan cun maior número de finalistas. Life is a paripé, de Obras Públicas, e Volpone, de Talía Teatro, suman 4, mentres que Super8, de Voadora, obtivo 3 postos nomeados. Trogloditas, de Tanxarina, e O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Sarabela Teatro, acadaron 2 nomeados. 1 posto de finalista foi, respectivamente, para A Nona, de Teatro do Morcego; Limpeza de sangue, de Espello Cóncavo; e Memorias das Memorias dun neno labrego, de Abrapalabra. Deste xeito, 11 espectáculos, dos 37 que se presentaban acadaron algún posto de finalista para estes galardóns. En total, 425 profesionais das artes escénicas e audiovisuais eran aspirantes nalgunha das 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación- tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo. A cerimonia de entrega dos XV Premios María Casares será o vindeiro 23 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e será retransmitida pola TVG. Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA, , Concello de Ames, Cadena Ser e TVG


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios de Teatro María Casares A Asociación de Actores e Actrices de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa hoxe en día a 315 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia, cuxa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público. Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro ata o momento existente neste eido. Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do telón, ademais do Premio de Honra “Marisa Soto” que recoñece a traxectoria profesional outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG. Optan aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas en lingua galega que foran estreadas en Galicia entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.


NOMEADOS XV PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR MAQUILLAXE Nomeado Dolores Centeno Martina Cambeiro Tanxarina

Espectáculo As actas escuras Volpone Trogloditas

Compañía Centro Dramático Galego Talía Teatro Tanxarina

MELLOR VESTIARIO Nomeado Carlos Alonso La Canalla Roberto Salgueiro

Espectáculo Trogloditas As actas escuras Volpone

Compañía Tanxarina Centro Dramático Galego Talía Teatro

Espectáculo Super8 Un Cranio Furado O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca Memoria de Helena e María

Compañía Voadora Producións Teatráis Excéntricas Sarabela teatro

Espectáculo Memoria de Helena e María Super8 Life is a Paripé

Compañía Teatro do Atlántico Voadora Obras Públicas

Un Cranio Furado

Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR ILUMINACIÓN Nomeado Baltasar Patiño Baltasar Patiño Suso Díaz Xúlio Lago MELLOR MÚSICA ORIXINAL Nomeado Fran Pérez “Narf” Hugo Torres e José Díaz José Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos” Piti Sanz

MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN Nomeado Espectáculo Avelino González Un Cranio Furado Cándido Pazó Memorias das Memorias neno labrego Roberto Salgueiro Volpone MELLOR TEXTO ORIXINAL Nomeado Roberto Salgueiro Roberto Vidal Bolaño Rubén Ruibal

Espectáculo Memoria de Helena e María As actas escuras Limpeza de Sangue

dun

Teatro do Atlántico

Compañía Producións Teatráis Excéntricas Abrapalabra Creacións Escénicas Talía Teatro

Compañía Teatro do Atlántico Centro Dramático Galego Espello Cóncavo


MELLOR ESCENOGRAFÍA Nomeado Marcelino de Santiago “Kukas” Rodrigo Roel Suso Díaz

Espectáculo Un Cranio Furado As actas escuras O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

Compañía Producións Teatráis Excéntricas Centro Dramático Galego Sarabela teatro

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA Nomeado Dorotea Bárcena Iolanda Muiños Marta Ríos

Espectáculo Un Cranio Furado A Nona Volpone

Compañía Producións Teatráis Excéntricas Teatro do Morcego Talía Teatro

MELLOR ACTOR SECUNDARIO Nomeado Marcos Viéitez Santi Romay Víctor Mosqueira

Espectáculo As actas escuras Un Cranio Furado Un Cranio Furado

Compañía Centro Dramático Galego Producións Teatráis Excéntricas Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA Nomeado Iolanda Muiños Lucía Regueiro María Barcala

Espectáculo Life is a Paripé Memoria de Helena e María Memoria de Helena e María

Compañía Obras Públicas Teatro do Atlántico Teatro do Atlántico

MELLOR ACTOR PROTAGONISTA Nomeado César Goldi Evaristo Calvo Xosé M. Olveira “Pico”

Espectáculo Life is a Paripé Un Cranio Furado As actas escuras

Compañía Obras Públicas Producións Teatráis Excéntricas Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR DIRECCIÓN Nomeado Marta Pazos Quico Cadaval Xúlio Lago Xúlio Lago

Espectáculo Super8 Un Cranio Furado As actas escuras Memoria de Helena e María

Compañía Voadora Producións Teatráis Excéntricas Centro Dramático Galego Teatro do Atlántico

MELLOR ESPECTÁCULO Nomeado Life is a Paripé Memoria de Helena e María Un Cranio Furado

Espectáculo Obras Públicas Teatro do Atlántico Producións Teatráis Excéntricas


BREVE SINOPSE DOS ESPECTÁCULOS QUE ACADARON POSTOS DE FINALISTAS (entre parénteses, o número de nomeados) UN CRANIO FURADO (10): Coprodución entre Producións Teatráis Excéntricas e o Festival Internacional de Outono de Carballo que adapta unha obra do irlandés Martin Mc Donagh. Horror e humor combínanse nunha mestura que “non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de tv de forenses, non é unha festa dos difuntos, non é un esperpento… mais ten un pouco de todo” MEMORIA DE HELENA E MARÍA (7): Esta obra de Teatro do Atlántico condúcenos aos meses previos á Guerra Civil, cando se produce o primeiro encontro entre Helena e Manuel. A chegada da Guerra de 1936 vai levar a Manuel á fronte republicana, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois. Á morte de Manuel, Helena, a súa viúva, fica na vila coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias. AS ACTAS ESCURAS (7): O Centro Dramático Galego leva a escena esta peza do gran Roberto Vidal Bolaño, que reflexiona sobre a ocultación da verdade nun exercicio cheo de compromiso ético e político. Unha aposta arriscada, polas dificultades técnicas e artísticas, que se salda con éxito. LIFE IS A PARIPÉ (4): Obras Públicas consigue 4 nominacións con este espectáculo de humor dividido en 11 escenas e pico no que”33 por cento de música, 33 por cento de teatro e 33 por cento de cachondeo “dan un “100 por cen de paripé”. VOLPONE (4): A obra máis famosa do dramaturgo inglés Ben Johnson, é unha fábula descarnada que xira arredor da avaricia e da luxuria. Ao mesmo tempo, é unha sátira sobre a debilidade humana e as ansias por acumular poder. O vestiario e as máscaras acentúan unha expresividade clave no espectáculo de Talía Teatro. SUPER8 (3): O cine coma metáfora da memoria e a memoria coma teatro do vivido. Voadora maxina a nosa memoria coma unha estancia na que almacenamos as películas que fomos reunindo na nosa vida. Os tres elementos (cine, teatro e memoria) coma tres espellos colocados en triángulo nesta comedia musical. TROGLODITAS (2): Tanxarina lévanos ao teatro máis antigo da Prehistoria: unha cova onde se desenvolve un espectáculo cheo de tolemia e humor. Trogloditas é unha viaxe no tempo para coñecer aos nosos antepasados. O INCERTO SEÑOR DON HAMLET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA (2): Hamlet recibe unha nova sorprendente, non é fillo do seu pai lexítimo (Olaf, o rei envelenado) senón do ursurpador e tío seu, o asasino Halmar. Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, un texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escrita marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte. A NONA (1): Nunha familia arxentina, de orixe italiana, hai unha avoa (a Nona) de avanzada idade que come sen parar. Mentres a familia camiña cara á ruína, procuran os máis diversos camiños para gañar diñeiro. Nun momento de desesperación, a familia comeza a tentar asasinar a


Nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela. Teatro do Morcego é a compañía desta obra. LIMPEZA DE SANGUE (1): En verbas do autor e candidato Rubén Ruibal: “En Limpeza de Sangue, imitando malamente ó mestre Vidal Bolaño, tentei retratar a miña Coruña do boom inmobiliario e puxen o ollo en dous personaxes unidos polo cerca que andan do delito e, sobre todo, polo cerca que andan da dor e da morte”, Espello Cóncavo amósanos a historia de Fernando e Pantaleón. MEMORIAS DAS MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1): A compañía Abrapalabra únese ao cincuenta aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego” pondo en escena un espectáculo unipersoal escénico-narrativo protagonizado e adaptado por Cándido Pazó a partires do emblemático texto de Neira Vilas.


/Nota-de-Prensa-Nominaci%C3%B3ns-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teat