Issuu on Google+

NOTA DE PRENSA

OS XV PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES FORON A GRAN FESTA DA ESCENA GALEGA Na gala fóronse coñecéronse os gañadores das 13 categorías a concurso 23 de marzo de 2011.- O Teatro Rosalía de Castro acolleu está noite a gran festa da escena galega, coa cerimonia de entrega dos XV Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A gala, un ano máis, celebrouse na Coruña, o lugar de nacemento da que foi filla predilecta da cidade, María Casares. Máis de 550 persoas, entre actores, actrices, autores, produtores, músicos, bailaríns, directores e demais profesionais de todas as ramas deste sector, non se perderon a cita co teatro galego. O espectáculo sorprendeu pola súa estética e ritmo terroríficos.Estivo dirixido por Carlos Sante e Juanillo Esteban, con dirección musical de Gastón Rodríguez e idea orixinal e guión, de Willy Éter. A cerimonia mobilizou a máis de 70 profesionais. Presentaron Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandraiz, adecuadamente caracterizados como o Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados de artistas como o escocés Johnny Melville. Un dos momentos máis emocionantes da cerimonia foi a entrega a Xan Cejudo do Premio de Honra Marisa Soto. O coruñés, premiado na súa cidade, amosouse moi agradecido e emocionado por este galardón co que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quixo recoñecer a longa traxectoria deste “mestre de mestres” e máis a súa singular contribución á profesionalización do teatro en Galicia. Durante a cerimonia, o historiador e presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares leu o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro. Pola súa parte, na súa intervención, o presidente da AAAG, Antonio Durán “Morris”, apuntou que ”os axustes económicos nos investimentos que fai o Goberno a través a Consellería de Cultura poñen en serio perigo todo o conseguido ata hoxe. Rebaixar nun 20% o investimento nos nosos espectáculos suporá para moitas compañías e moitos profesionais ter que colgar o cartel: “Suspéndese a función”.


“Hoxe” –sinalou Morris- “cando máis deberiamos pensar en como salvar o tecido cultural deste país, con todo o que iso implica, parece que xa todos nos contaxiamos dese gran debate que é a Cidade da Cultura: Contedores e Contidos, onde xa non sabemos cales son os contedores, cales os contidos, ou se os propios contedores pasan a ser contidos”. Pero, o presidente da AAG, destacou: “malia a todo, debemos estar tranquilos. Tempo haberá para debatelo: somos actores, somos actrices, amamos a escena, estamos aquí e seguiremos estando. Só pedimos facelo coa dignidade que nós e o público nos merecemos”. Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA, Concello de Ames, Cadena Ser e TVG

LISTADO COMPLETO DE GAÑADORES MELLOR MAQUILLAXE: Tanxarina por “Trogloditas” de Tanxarina MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por “Trogloditas” de Tanxarina MELLOR ILUMINACIÓN: Suso Díaz por “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” de Sarabela Teatro MELLOR MÚSICA ORIXINAL: José Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos” por “Life is a Paripé” de Obras Públicas MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Avelino González por “Un Cranio Furado “ de Producións Teatráis Excéntricas MELLOR TEXTO ORIXINAL: Rubén Ruibal por “Limpeza de Sangue” de Espello Cóncavo MELLOR ESCENOGRAFÍA: Marcelino de Santiago “Kukas” por “Un Cranio Furado “ de Producións Teatráis Excéntricas MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Marta Ríos por “Volpone” de Talía Teatro. MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Santi Romay por “Un Cranio Furado “ de Producións Teatráis Excéntricas MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Iolanda Muiños por “Life is a Paripé” de Obras Públicas MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo por “Un Cranio Furado“ de Producións Teatráis Excéntricas MELLOR DIRECCIÓN: Marta Pazos por “Super8” de Voadora MELLOR ESPECTÁCULO: “Un Cranio Furado“ de Producións Teatráis Excéntricas


NOMEADOS XV PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR MAQUILLAXE Nomeado Dolores Centeno Martina Cambeiro Tanxarina

Espectáculo As actas escuras Volpone Trogloditas

Compañía Centro Dramático Galego Talía Teatro Tanxarina

MELLOR VESTIARIO Nomeado Carlos Alonso La Canalla Roberto Salgueiro

Espectáculo Trogloditas As actas escuras Volpone

Compañía Tanxarina Centro Dramático Galego Talía Teatro

Espectáculo Super8 Un Cranio Furado O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca Memoria de Helena e María

Compañía Voadora Producións Teatráis Excéntricas Sarabela teatro

Espectáculo Memoria de Helena e María Super8 Life is a Paripé

Compañía Teatro do Atlántico Voadora Obras Públicas

Un Cranio Furado

Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR ILUMINACIÓN Nomeado Baltasar Patiño Baltasar Patiño Suso Díaz Xúlio Lago MELLOR MÚSICA ORIXINAL Nomeado Fran Pérez “Narf” Hugo Torres e José Díaz José Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos” Piti Sanz

Teatro do Atlántico

MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN Nomeado Espectáculo Un Cranio Furado Avelino González Memorias das Memorias dun Cándido Pazó neno labrego Volpone Roberto Salgueiro

Compañía Producións Teatráis Excéntricas Abrapalabra Creacións Escénicas Talía Teatro

MELLOR TEXTO ORIXINAL Nomeado Roberto Salgueiro Roberto Vidal Bolaño Rubén Ruibal

Espectáculo Memoria de Helena e María As actas escuras Limpeza de Sangue

Compañía Teatro do Atlántico Centro Dramático Galego Espello Cóncavo

MELLOR ESCENOGRAFÍA Nomeado Marcelino de Santiago “Kukas” Rodrigo Roel

Espectáculo Un Cranio Furado As actas escuras

Compañía Producións Teatráis Excéntricas Centro Dramático Galego


Suso Díaz

O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca

Sarabela teatro

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA Nomeado Dorotea Bárcena Iolanda Muiños Marta Ríos

Espectáculo Un Cranio Furado A Nona Volpone

Compañía Producións Teatráis Excéntricas Teatro do Morcego Talía Teatro

MELLOR ACTOR SECUNDARIO Nomeado Marcos Viéitez Santi Romay Víctor Mosqueira

Espectáculo As actas escuras Un Cranio Furado Un Cranio Furado

Compañía Centro Dramático Galego Producións Teatráis Excéntricas Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA Nomeado Iolanda Muiños Lucía Regueiro María Barcala

Espectáculo Life is a Paripé Memoria de Helena e María Memoria de Helena e María

Compañía Obras Públicas Teatro do Atlántico Teatro do Atlántico

MELLOR ACTOR PROTAGONISTA Nomeado César Goldi Evaristo Calvo Xosé M. Olveira “Pico”

Espectáculo Life is a Paripé Un Cranio Furado As actas escuras

Compañía Obras Públicas Producións Teatráis Excéntricas Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR DIRECCIÓN Nomeado Marta Pazos Quico Cadaval Xúlio Lago Xúlio Lago

Espectáculo Super8 Un Cranio Furado As actas escuras Memoria de Helena e María

Compañía Voadora Producións Teatráis Excéntricas Centro Dramático Galego Teatro do Atlántico

MELLOR ESPECTÁCULO Nomeado Life is a Paripé Memoria de Helena e María Un Cranio Furado

Espectáculo Obras Públicas Teatro do Atlántico Producións Teatráis Excéntricas


BREVE SINOPSE DOS ESPECTÁCULOS QUE ACADARON POSTOS DE FINALISTAS (entre parénteses, o número de nomeados) UN CRANIO FURADO (10): Coprodución entre Producións Teatráis Excéntricas e o Festival Internacional de Outono de Carballo que adapta unha obra do irlandés Martin Mc Donagh. Horror e humor combínanse nunha mestura que “non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de tv de forenses, non é unha festa dos difuntos, non é un esperpento… mais ten un pouco de todo” MEMORIA DE HELENA E MARÍA (7): Esta obra de Teatro do Atlántico condúcenos aos meses previos á Guerra Civil, cando se produce o primeiro encontro entre Helena e Manuel. A chegada da Guerra de 1936 vai levar a Manuel á fronte republicana, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois. Á morte de Manuel, Helena, a súa viúva, fica na vila coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias. AS ACTAS ESCURAS (7): O Centro Dramático Galego leva a escena esta peza do gran Roberto Vidal Bolaño, que reflexiona sobre a ocultación da verdade nun exercicio cheo de compromiso ético e político. Unha aposta arriscada, polas dificultades técnicas e artísticas, que se salda con éxito. LIFE IS A PARIPÉ (4): Obras Públicas consigue 4 nominacións con este espectáculo de humor dividido en 11 escenas e pico no que”33 por cento de música, 33 por cento de teatro e 33 por cento de cachondeo “dan un “100 por cen de paripé”. VOLPONE (4): A obra máis famosa do dramaturgo inglés Ben Johnson, é unha fábula descarnada que xira arredor da avaricia e da luxuria. Ao mesmo tempo, é unha sátira sobre a debilidade humana e as ansias por acumular poder. O vestiario e as máscaras acentúan unha expresividade clave no espectáculo de Talía Teatro. SUPER8 (3): O cine coma metáfora da memoria e a memoria coma teatro do vivido. Voadora maxina a nosa memoria coma unha estancia na que almacenamos as películas que fomos reunindo na nosa vida. Os tres elementos (cine, teatro e memoria) coma tres espellos colocados en triángulo nesta comedia musical. TROGLODITAS (2): Tanxarina lévanos ao teatro máis antigo da Prehistoria: unha cova onde se desenvolve un espectáculo cheo de tolemia e humor. Trogloditas é unha viaxe no tempo para coñecer aos nosos antepasados. O INCERTO SEÑOR DON HAMLET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA (2): Hamlet recibe unha nova sorprendente, non é fillo do seu pai lexítimo (Olaf, o rei envelenado) senón do ursurpador e tío seu, o asasino Halmar. Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, un texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escrita marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte. A NONA (1): Nunha familia arxentina, de orixe italiana, hai unha avoa (a Nona) de avanzada idade que come sen parar. Mentres a familia camiña cara á ruína, procuran os máis diversos camiños para gañar diñeiro. Nun momento de desesperación, a familia comeza a tentar asasinar a


Nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela. Teatro do Morcego é a compañía desta obra. LIMPEZA DE SANGUE (1): En verbas do autor e candidato Rubén Ruibal: “En Limpeza de Sangue, imitando malamente ó mestre Vidal Bolaño, tentei retratar a miña Coruña do boom inmobiliario e puxen o ollo en dous personaxes unidos polo cerca que andan do delito e, sobre todo, polo cerca que andan da dor e da morte”, Espello Cóncavo amósanos a historia de Fernando e Pantaleón. MEMORIAS DAS MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1): A compañía Abrapalabra únese ao cincuenta aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego” pondo en escena un espectáculo unipersoal escénico-narrativo protagonizado e adaptado por Cándido Pazó a partires do emblemático texto de Neira Vilas.


/Nota-de-Prensa-Resultados-dos-Premios-Mar%C3%ADa-Casares-de-Teatro