Issuu on Google+

NOTA EMBARGADA DE PRENSA

OS XVI PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES,  ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE ACTORES E  ACTRICES DE GALICIA, XA TEÑEN FINALISTAS    11 espectáculos contan con nomeados para os galardóns da Asociación de Actores e Actrices de Galicia Máis de 150 profesionais do sector reuníronse na V Festa dos Nomeados, onde desveláronse os nomes dos finalistas 1 de marzo de 2012.‐ A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos  finalistas aos XVI Premios de Teatro María Casares.    A  cerimonia  e  festa  de  proclamación  tivo  lugar  na  V  Festa  dos  Nomeados,  que  reuniu  a  máis  de  150  profesionais do sector no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames).     Citizen  Total,  de  Chévere,  e  A  Ópera  dos  tres  reás,  do  Centro  Dramático  Galego,  obtiveron  8  nomeamentos. Son as obras que contan cun maior número de finalistas.    Oeste  Solitario,  de  Producións  Teatráis  Excéntricas  acadou  6  nomeamentos;  e  “E.R.”  Algún  día  traballaremos xuntas, do Teatro do Atlántico, 4.    O  Florido  Pénsil,  de  Eme2  emoción  e  arte;  Tango,  de  Sarabela  Teatro;  e  máis  Piratas,  de  Teatro  do  Noroeste, conseguiron 3 cada unha.     Pelos na Lingua, de Talía Teatro, logra 2 postos de finalistas.    Por último, American Café, de Teatro do Morcego; Soños, de Bichakadela; e 0,7% Molotov, de Teatro de  Ningures, contarán con 1 nomeamento de finalista na Gala dos Premios María Casares.       A  actriz  Mónica  García  conduciu  o  evento  cunha  intervención  humorística  na  que  se  transformou  en  Cándida  del  Moral,  funcionaria  da  Consellería  de  Educación  que  aproveitou  a  ocasión  para  ofrecer  aos  profesionais do teatro unha serie de consellos de orientación laboral.    Trala benvida de Antonio Durán “Morris”, presidente da Asociación de Actores e Actrices, proclamáronse os  nomeados.  Ana  Lago,  de  Gadisa;  Marta  Horjales,  xerente  da  AAAG;  Alfonso  Rey  López,  concelleiro  de  Cultura,  Educación  e  Patrimonio  do  Concello  de  Ames;  e  Santiago  Amor,  alcalde  de  Ames,  foron  os 


encargados  de  entregar  unha  xerra  e  máis  un  diploma  acreditativo  aos  finalistas.  Unha  intervención  do  alcalde Santiago Amor serviu de peche do acto.    Deste  xeito,  11  espectáculos,  dos  30  que  se  presentaban,  conseguiron  algún  nomeamento  para  estes  galardóns.  En  total,  261  candidaturas  profesionais  das  artes  escénicas  e  audiovisuais  eran  aspirantes  nalgunha das 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal,  mellor  adaptación‐tradución,  mellor  texto  orixinal,  mellor  escenografía,  mellor  actriz  secundaria,  mellor  actor  secundario,  mellor  actriz  protagonista,  mellor  actor  protagonista,  mellor  dirección  e  mellor  espectáculo.       A  cerimonia  de  entrega  dos  XVI  Premios  María  Casares  será  o  próximo  3  de  abril,  no  Teatro  Rosalía  de  Castro de A Coruña e será retransmitida pola TVG.    Os  XVI  Premios  María  Casares  contan  coa  colaboración,  entre  outros,  da  AGADIC,  Concello  da  Coruña,  Fundacion AISGE, Concello de Ames e TVG.       

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios de Teatro María Casares   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia  é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa hoxe en día a  300  profesionais  do  audiovisual  e  das  artes  escénicas  de  Galicia,  cuxa  misión  é  articular,  desenvolver  e  promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais,  acorde  coas  máis  modernas  políticas  culturais.  O  colectivo  asume  tamén  o  obxectivo  de  fomentar  a  demanda cultural e a captación de público.     Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e  Actrices de Galicia no ano 1997 co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola  profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro ata o momento existente neste eido.    Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante  como detrás do telón, ademais do Premio de Honra “Marisa Soto” que recoñece a  traxectoria profesional  outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG.    Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas en lingua galega que  foran estreadas en Galicia entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así  como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo. 

O portal da asociación é www.aaag.es


NOMEADOS XVI PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR MAQUILLAXE  Nomeado  Fani Mosqueira  Raquel Fidalgo  Trini Fernández Silva    MELLOR VESTIARIO  Nomeado  Carlos Alonso  Paco Conesa  Ruth D. Pereira    MELLOR ILUMINACIÓN  Nomeado  Baltasar Patiño  Fidel Vázquez  Octavio Mas    MELLOR MÚSICA ORIXINAL  Nomeado  Nacho Sanz  Piti Sanz  Xacobe Martínez Antelo    MELLOR ADAPTACIÓN‐TRADUCIÓN   Nomeado  Avelino González  Pepe Sendón  Xosé Manuel Pazos Varela    MELLOR TEXTO ORIXINAL  Nomeado  Avelino González, Artur Trillo,  María Ordoñez e Sechu Sende  Manuel Cortés  Santiago Cortegoso   

Espectáculo  American Café  Tango  A ópera do tres reás 

Compañía  Teatro do Morcego  Sarabela Teatro  Centro Dramático Galego 

Espectáculo  A ópera do tres reás  Piratas  Tango 

Compañía  Centro Dramático Galego  Teatro do Noroeste  Sarabela Teatro 

Espectáculo  A ópera do tres reás  Citizen Total  Oeste solitario 

Compañía  Centro Dramático Galego  Grupo Chévere  Producións Teatráis Excéntricas 

Espectáculo  Soños  Oeste solitario  Citizen Total 

Compañía  Bichakadela  Producións Teatráis Excéntricas  Grupo Chévere 

Espectáculo  Oeste solitario  A ópera do tres reás  “E.R.” (Algún día traballaremos  xuntas) 

Compañía  Producións Teatráis Excéntricas  Centro Dramático Galego 

Espectáculo 

Compañía 

Pelos na lingua 

Talía Teatro 

Citizen Total  0,7% Molotov 

Grupo Chévere  Teatro de Ningures 

Teatro do Atlántico 


MELLOR ESCENOGRAFÍA  Nomeado  Baltasar Patiño  Chévere  Paco Conesa    MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA  Nomeado  María Lado  Marta Pazos  Mónica García  Victoria Pérez    MELLOR ACTOR SECUNDARIO  Nomeado  César Goldi  Vicente de Souza  Víctor Mosqueira    MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA  Nomeado  Luísa Merelas  Patricia de Lorenzo  Susana Dans    MELLOR ACTOR PROTAGONISTA  Nomeado  Antonio Durán “Morris”  Evaristo Calvo  Josito Porto    MELLOR DIRECCIÓN  Nomeado  Avelino González  Xesús Ron  Xúlio Lago 

Espectáculo  A ópera do tres reás  Citizen Total  Piratas 

Compañía  Centro Dramático Galego  Grupo Chévere  Teatro do Noroeste 

Espectáculo  Oeste solitario  A ópera do tres reás  Citizen Total  Piratas 

Compañía  Producións Teatráis Excéntricas  Centro Dramático Galego  Grupo Chévere  Teatro do Noroeste 

Espectáculo  A ópera do tres reás  Tango  A ópera do tres reás 

Compañía  Centro Dramático Galego  Sarabela Teatro  Centro Dramático Galego 

Espectáculo  “E.R.” (Algún día traballaremos  xuntas)  Citizen Total  “E.R.” (Algún día traballaremos  xuntas) 

Compañía  Teatro do Atlántico  Grupo Chévere  Teatro do Atlántico 

Espectáculo  O florido pénsil  Oeste solitario  O florido pénsil 

Compañía  Eme2 emoción&arte  Producións Teatráis Excéntricas  Eme2 emoción&arte 

Espectáculo  Pelos na lingua  Citizen Total  “E.R.” (Algún día traballaremos  xuntas) 

Compañía  Talía Teatro  Grupo Chévere  Teatro do Atlántico 

  MELLOR ESPECTÁCULO  Nomeado  Citizen Total  O florido pénsil  Oeste solitario 

Espectáculo  Grupo Chévere  Eme2 emoción&arte  Producións Teatráis Excéntricas 


BREVE SINOPSE DOS ESPECTÁCULOS QUE LOGRARON NOMINACIÓNS (Entre parénteses, o número de nomeados)

CITIZEN TOTAL (8): Un espectáculo global. Chévere consegue 8 nomeados co proxecto completo de Citizen.  Estruturado en tres partes, espectáculos autónomos que se estrearon coma se fose unha obra de arte por  episodios. A suma dos tres supón un novo espectáculo de maior formato. Citizen inspírase no Citizen Kane  de Orson Welles, malia non falar de Charles Foster Kane, senón de A.O., un empresario galego do téxtil que  se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX.      A ÓPERA DOS TRES REÁS (8): O Centro Dramático Galego levou a cabo esta ambiciosa adaptación da obra  de Weill e Bertolt Brecht con vontade, en palabras do seu director escénico Quico Cadaval, de "máis que  lealdade e fidelidade ás ideas da obra orixinal, ir máis alá e chegar ao extremo da adulación meliflua".    A acción da obra atravesa 45 horas nerviosas dunha cidade onde fumega a ambición, os sonos, a traizón, a  mesquindade, o desexo, a tortura e a beleza. Pero as peripecias comezaron moito antes...      OESTE SOLITARIO (6): Tras Un Cranio Furado, Producións Teatráis Excéntricas montou no 2011 a obra coa  que Martin McDonagh pechou a súa Triloxía de Lennane.     Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pe da casa, unha lagoa de augas escuras.  Aló  abaixo,  a  aldea,  a  carón  da  ría  de  Lennane.  Nesa  casa  viven  os  protagonistas  do  Oeste  Solitario;  os  irmáns Connor: Valene e Coleman. Despois de enterrar o pai, voltan ao tobo onde fermenta lentamente o  rancor, a intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar de dúas maneiras: cun coitelo entre  os omóplatos ou cun cranio rebentado polo tiro dun cartucho do 12.      “E.R.” ALGÚN DÍA TRABALLAREMOS XUNTAS (4): Teatro do Atlántico atrévese con esta obra de teatro de  Josep M. Benet i Jornet que mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática 1994. Unha actriz nova na  procura da verdade acerca da grandísima Eva Roca (E.R.) para compoñer unha personaxe. Para elo visitará  a tres veteranas intérpretes.      O FLORIDO PÉNSIL (3): O espectáculo de Eme2 emoción e arte conta as vicisitudes dun grupo de rapaces  sometidos  á  absurda  e  ilóxica  brutalidade  do  sistema  educativo  que  dominou  a  España  da  posguerra.  A  través  dos  seus  protagonistas  descóbrese  un  fresco  no  que  se  suceden  as  tribunas  desde  as  que  o  franquismo aleccionaba á poboación      TANGO  (3)  Tres  finalistas para  esta  obra  de  Sarabela  Teatro.  O  tango  do  título  é  un  baile‐reto  no  que  se  amosan  as  relacións  internas  dunha  familia,  concibida  coma  metáfora  da  sociedade  e  que  serven  para  amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional.         


PIRATAS  (3):  Teatro  infantil  de  calidade  de  Teatro  do  Noroeste.  Una  treboada  tragouse  ao  bergantín  “Princesa  dos  Mares”,  un  dos  máis  temidos  barcos  piratas  de  todos  os océanos.  Algúns  membros  da  súa  perigosa tripulación conseguiron sobrevivir nunha balsa, agora a balsa pirata “Raíña da escuma”.       PELOS  NA  LINGUA  (2):  Talía  Teatro  acada  dous  nomeamentos  con  este  espectáculo,  estruturado  en  sketchs,  que  fala  dos  usos  e  abusos  que  sofre  a  lingua  galega.  Unha  comedia  que,  dalgún  xeito,  podería  considerarse  segunda  parte  de  Bicos  con  lingua.  Pero  non  se  trata  dunha  segunda  parte  como  unha  continuación da liña argumental, senón que se traballa co mesmo tema e coa mesma estrutura aínda que  intentado darlle un enfoque distinto.      AMERICAN CAFÉ (1): Na América profunda, un bar preto da fronteira mexicana. Os que o frecuentan refán  a historia cada día, sufocados pola calor, por aburrimento e por delirios xenófobos. O seu universo, é o da  televisión  e  o  alcohol.  Alí  viven  só  algúns  marxinais:  un  vello  negro,  un  vendedor  de  polo  fritido,  unha  fermosa camareira que espera o amor. Un día, Larry Stocker, o célebre animador de Talk‐Show atravesa a  porta...      SOÑOS (1): Bichakadela logra un posto de finalista con esta obra: “E digo eu…, os soños…, pode ser o que  lle  está  pasando  a  un,  non?   Eu  soño,  ti  soñas,  el  soña…  Circulares,  Concéntricos,  entramos  e  saímos  no  soño  de  cada  un,  no  soño  de  todos…  Teatros  e  teatrinos…Sonrisas  e  Bágoas,  ou  era  Mary  Poppins?  Os  soños  de  durmir,  os  soños  que  temos  cando  despertamos…Sempre  o  teatro…  como  soño  maior  e  a  música…nun  espazo  pequeno  cabe  un  mundo…  Ó  xeito  das  bonecas  rusas,  hai  un  soño  dentro  doutro,  parece que espertamos, só o parece?  Ah… moi ben….  Facede pasar ao infinito…e aclaramos  ISTO NON É  UN XOGUETE.  Reverencia, señores…”    0,7%  MOLOTOV  (1):  Teatro  de  Ningures  opta  ao  mellor  texto  orixinal  con  esta  aposta.    ELA  ‐neohippy  solidaria‐ acaba de chegar de África. EL ‐nihilista solitario‐ contrátaa para facer a vendima.  ELA namórase  do vento que sobe do río. Descobre un lugar no que  atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser  auténtica. EL está de volta dunha vida urbana hipócrita, na que vendeu a conciencia e a coherencia política  en cómodos prazos.   


/Nota-de-Prensa-Nomeados_-Premios-María-Casares-de-Teatro_gal