Page 1

OBRADOIRO Actrices e Actores na Rede. Rede. Como mo aproveitar os recursos que ofrece internet para darnos a Co coñecer e difundir o noso traballo eficazmente

Obxectivos Catro horas de formación para todos aqueles usuarios da rede que queren saber como sacarlle partido a nivel profesional. A intención do curso é que o usuario perda o medo a internet e ás redes sociais e aprenda a manexar os recursos que, de balde, están ao seu dispor para se autopromocionar. As redes sociais, os diferentes formatos nos que dar a coñecer o noso traballo, os blogs, videoblogs, podcasts e as diferentes ferramentas para medir a nosa pegada na rede serán os eixos en torno aos que xire este curso.

Programa 1. Internet e as redes 1.1. Repaso a puntos importantes Repasamos algúns puntos importantes sobre internet e as redes sociais que todos debemos ter claros, coma o seu correcto uso e configuración, tanto para garantir a privacidade de quen a usa coma a pegada que deixan os nosos contidos. 1.2. Personal Branding 1.2.1. A nosa marca Os principios para definir a nosa marca persoal: Como deben ser, que información facer pública, onde estar presente, que contidos, vías para obter seguidores. 1.3. Dominio Propio (mail, web,…) 1.3.1. Aumentar o valor da nosa marca persoal. Diferentes plataformas dende as que podemos realizalo e o seu custo. 2. Redes socias 2.1. Twitter | Facebook | Google+

Organiza:


2.1.1. O seu correcto uso e configuración, respondendo ás dúbidas que poidan xurdir e aclarando conceptos e cambios que sufren estas redes. Como “ler” os resultados nestes espazos. 2.2. LinkedIn 2.2.1. A importancia de formar parte dela e como se debe usar e configurar para uso persoal ou dunha empresa, produtora ou compañía. 2.3. Redes de Nicho e Novas Redes 2.3.1. Que son as redes de nicho? Cales son as redes de nicho para o mundo dos actores e o espectáculo? Neste apartado analizaremos as redes principais, e ver como usar o CV na rede e as diferentes vías para ter acceso a noticias do sector. 2.3.2. Novos espazos e plataformas para reforzar a nosa presenza na rede. 2.4. Uso correcto 2.4.1. As normas de uso común, a forma de atallar posibles crises de reputación, como contestar aos usuarios e número de horas que debemos adicar. 3. Blogs/Vlogs 3.1. Formación básica Falaremos de qué son, para que serven, cómo se deben utilizar. 3.2. Plataformas e contidos Como son, que as diferencia, canto custan e onde debemos crear o noso lugar na rede. Outras redes audiovisuais. 4. Publicidade na rede, ferramentas e custos 5. Dú úbidas, cuestió óns, preguntas… …

Os docentes Antía Paz, directora de Ganapán Comunicación, xornalista e Social Media Manager. Agostiño Reigosa, director de contidos de Ganapán Comunicación, director de A Maceira, experto en plataformas de blogging e videoblogging.

Organiza:


Data e duración: 9 de Maio de 2014, venres, de 16:30h a 20:30 h.

Lugar: Sede de AJEGalicia (Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia). Rúa Príncipe, 53 – 1º, 36203, Vigo. Mapa : https://mapsengine.google.com/map/edit?mid=z-depOL8qKlg.kupPfbqLBfRs

Prezo: 10 euros: Socios AAAG 25 euros: Non socios

Necesidades: Debes vir co teu trebello informático.

Inscrición: Do 21 ao 29 de Abril ás 15.00 h, enviando o formulario de inscrición anexo debidamente cuberto, adxuntando Curriculum Vitae, á caixa de correo info@aaag.es ou a través da páxina web http://aaag.es

Prazas e selección de candidatos: Este obradoiro tén 15 prazas. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia @s asociad@s da AAAG. Comunicarase o listado de admitidos o día 30 de Abril.

Reserva de praza e forma de pago Os alumnos admitidos deberán ingresar ou transferir o importe do curso antes do 6 de Maio na CC da Asociación de Actores e Actrices de Galicia en Novagalicia Banco ES79 2080 0348 3530 4000 9198, indicando no concepto o nome do alumno e nome do curso (Redes Vigo). Aquelas prazas das persoas admitidas que non realicen o ingreso no prazo indicado cubriranse cos candidatos que queden en lista de espera.

Organiza:

Convocatoria redes vigo  

http://aaag.es/wp-content/uploads/Convocatoria_REDES_Vigo.pdf