Page 1

CLIPPING PRENSA XV PREMIOS DE TEATRO MARIA CASARES Premio de Honra Marisa Soto 2011 Xan Cejudo

ASOCIACION DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA Rúa das Hedras nº 6 nivel 0 local 15895 Milladoiro, Ames Tel/fax:981593829 e-mail:info@aaag.es www.aaag.es


La Voz de Galicia

|

Viernes, 11 de marzo del 2011

| CULTURA | 41

O cine español transformouse en industria durante a República

Xan Cejudo recibirá o premio de honra dos María Casares

O congreso «Aurora e melancolía» analiza en Compostela ese período

SANTIAGO / LA VOZ

CAMILO FRANCO SANTIAGO / LA VOZ

A Segunda República é un territorio pouco coñecido en termos xerais cando se fala de cine. Unha parte dese baleiro quere cubrilo o congreso Aurora e melancolía que se iniciou onte en Compostela e que ata mañá irá abrindo novas perspectivas sobre o cine español entre os anos 1931 e 1939. Con esas perspectivas abriuse un congreso no que se tentan modelar algunhas liñas de interpretación sobre o cine español na República, que non sempre ten que ser entendido como cine republicano. Pérez Perucha, presidente da Asociación de Historiadores de Cine, que organiza o congreso, sinalou na sesión inaugural que nese período dos anos trinta o cine viviu en España unha transformación do mudo ao sonoro, pero tamén «la transformación hacia una industria que encontró un respaldo en el público». Tanto Margarita Ledo, presidenta do Congreso, como o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, como Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, sinalaron a importancia dos estudos cinematográficos en Galicia e apuntaron o carácter pioneiro destes estudos no país, xustificando deste xeito a celebración deste congreso na capital de Galicia.

Carlos Velo, á dereita, nunha foto histórica xunto a Bardem (esquerda) e Luis Buñuel

Dúas versións do «Galicia» de Velo Unha das estrelas deste congreso é o documental que Carlos Velo dirixiu baixo o título de Galicia e que pretendía ser un compendio visual do país naquela altura. Na primeira xornada do congreso exhibíronse dúas versión con tempo e montaxe diferente dese documental. Unha primeira versión, coñecida ata hai pouco, con oito minutos de duración. A segunda versión, tamén exhibida no marco do congre-

so na noite de onte, ten 17 minutos e foi descuberta de modo sorpresivo nun arquivo ruso. Esta segunda versión descansaba nun arquivo ruso ata que foi localizada por Vladimir Magidov, da Universidade Estatal Rusa de Humanidades. Nunha visita a Santiago trouxo as imaxes ignorando a que película pertencían, pero sabendo que eran imaxes de Galicia. O reitor compostelán explicou de primeira man na apertura do congreso

ese encontro e a maneira case azarosa en que as imaxes chegaron a Galicia. A película foi dirixida por Carlos Velo e montada por Fernando G. Mantilla no ano 1929, pero ata o pasado mes de decembro só se conservaban 8 minutos que o propio realizador Carlos Velo trouxo de México cando foi convidado a participar nas Xornadas de Cine e Vídeo que se celebraban no Carballiño, nos anos oitenta.

O próximo 23 de marzo entregaranse os premios María Casares de teatro, que, por votación dos profesionais, escollen os mellores traballos da pasada temporada. Todos os anos, na mesma cerimonia entrégase o premio de honra que leva por nome o da desaparecida actriz Marisa Soto. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia decidiu que este ano o premio de honra fose para o actor e director coruñés Xan Cejudo, de quen, entre outras cousas, valoran a contribución realizada á profesionalización do sector no país, tanto no teatro como no cine ou na televisión. Antonio Durán, Morris, presidente dos actores, sinalou que o mundo do teatro «débelle moito a Cejudo, primeiro pola súa dedicación profesional, pero tamén polo desenvolvemento de todo tipo de labores, dende a dirección ata a autoría». No mesmo sentido, Durán sinalou que o labor de Cejudo «influíu moito na profesión e segue influíndo». A actriz Casilda Alfaro, tamén da directiva, apuntou que, se alguén demostraba que a profesión escénica «é un traballo colectivo, ese é Xan Cejudo, tanto pola súa creatividade como pola súa xenerosidade». Os premios serán entregados o vindeiro 23 no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

Monster’s ball con Halle Berry hoy viernes

22:00 h

vtelevision.es

Clipping_premio_honra_pmc011  

http://aaag.es/wp-content/uploads/Clipping_premio_honra_pmc011.pdf

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you