Page 1

32

XORNAL DE GALICIA lu n s , 14 d e f e b r e i r o d e 2 01 1

cultura

café de redacción / debate sobre a situación das artes escénicas en galicia

Ernesto Chao, Rut Balbís e Antonio Durán ‘Morris’, no Café de Redacción de Xornal de Galicia, no que estiveron acompañados por varios colaboradores e xornalistas

AMADOR LORENZO

“Considérasenos unha banda de chourizos que só pensan en apañar unha subvención” Rut Balbís, Ernesto Chao e Morris critican o labor do conselleiro de Cultura e o director da Agadic Café de redacción HÉCTOR J. PENA GALICIA hector.pena@xornaldegalicia.com

O 28 de xaneiro, máis de 50 profesionais das artes escénicas de Galicia, baixo a convocatoria do presidente de Escena Galega, Ernesto Chao, acudían á sede da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a reclamar que se lles pagase “máis dun millón de euros en concepto de atrasos”, segundo Chao. O director do organismo, Juan Carlos F. Fasero, comprometíase a “pagar”, e a facelo “rápido”. Hoxe, máis de dúas semanas despois, apenas se liquidaron esas débedas co sector. De onde procede esa débeda e como é posible que siga existindo?

Ernesto Chao. A realidade é que están empezando a pagar, pero moi pouco, tarde, mal e a rastro. O venres da concentración prometéusenos que ese mesmo día se ingresaban 440.000 euros, a

semana seguinte 880.000, esta semana na que estamos 800.000 máis e a partir de aí empezaríase a regularizar a situación. A realidade é que o primeiro día, o 28 de xaneiro, recibimos varios ingresos: uns de 1.000 euros, outros de 2.000, o que mais 9.000... A nós non nos dan as contas de onde están os 440.000 euros. Fasero di que é normal, que o ano pasado xa pagaran en xaneiro, pero é que ese ano xa tiveramos un cristo. Rut Balbís. Concordo con Ernesto. Dende Danesga tampouco estamos nunha situación tan exhausta, pero hai facturas sen cobrar, non sei se por irregularidades á hora de facer os pagos ou por cuestións administrativas da Agadic. A xente da danza estamos tamén esperando a cobrar axudas ao desprazamento, pois durante todo o ano nos desprazamos a cidades fóra de Galicia, incluso fóra do estado, e temos que adiantar todo ese diñeiro para poder participar en festivais onde estamos representando a nosa comunidade.

“A pasividade da consellería de Cultura é a peor agresión que podemos sufrir hoxe”

E.C. De todos modos, hai outra cousa moi curiosa que sucede aquí en Galicia co tema das axudas, e é que cando se presenta un proxecto de teatro, valorado en 100.000 euros, poño de exemplo un caso real de Lagarta, Lagarta, e dan 53.000, para cobralos hai que presentar as facturas do total do proxecto, dos 100.000 euros, facturas pagadas e con comprobantes bancarios. O cal quere dicir que temos que adiantar 100.000 euros para que nos dean 53.000. Isto só sucede aquí, porque por exemplo, no Ministerio de Cultura, se te dan 20.000 euros presentas facturas por 20.000. E punto. Aquí non, todo son trabas.

non temos firmado o convenio correspondente para este ano, o cal é moi grave porque temos os premios María Casares, que han de ser agora en marzo. A min o que máis me preocupa, desalenta e cabrea é tanta pasividade. A pasividade que están a ter na consellería é a peor agresión que podemos sufrir. Hai unha inactividade total. Os proxectos non saen para adiante, non hai ningún tipo de política cultural a medio e longo prazo... O único que están a facer é improvisar, non existe esa profesionalidade que se lles presupón.

Antonio Durán Morris. Os actores, claro, non teñen esa débeda, a non ser a través das compañías de artes escénicas. O que teñen enriba son o paro a a falta de expectativas. Pero na asociación constatamos que a Agadic débenos parte da axuda do ano pasado, uns 10.000 euros, o que para nós é moi importante. E máis importante aínda,

A.D.M. Por unha parte hai pasividade e por outra falta de interese. E tamén falta de infraestrutura organizativa deles ben grande. Pasan os meses, e ao non haber unha política clara, o tempo bótase enriba e agora mesmo todo pende dun fío, dende o festival máis pequeno até os premios María Casares, pasando polos da Academia do Audiovisual.

Existe a posibilidade de que esa pasividade sexa deliberada?


XORNAL DE GALICIA lu n s , 14 d e f e b r e i r o d e 2 01 1

cultura

33

MORRIS

“Usan a crise como un paraugas para agochar a súa inactividade” ERNESTO CHAO

“Non nos quixeron adiantar nada do Plan Director da Agadic” RUT BALBÍS

“Cando falamos con Fasero, é como facelo cunha parede”

AMADOR LORENZO

“Fasero preguntoume se íamos desconvocar a manifestación, e eu díxenlle que non” Ernesto Chao analizou en profundidade a “dramática” situación económica das artes escénicas en Galicia, que o levaron a convocar a concentración do 28 de xaneiro na sede da Agadic. Sobre esa manifestación, o actor indicou que lle mandou a Fasero unha carta para indicarlle que estivese presente. “Entón, o xoves chamoume e díxome: ‘Mañá empezamos a facer os pagos’, e preguntoume se iamos desconvocar a manifestación. Eu díxenlle que non”. Con respecto ás cifras da crise do teatro, Ernesto Chao engadiu uns interesantes datos, como que en anos an-

teriores cando se concedía unha subvención para un espectáculo podíase pedir un anticipo dun 60%, mentres que este ano a cifra é tan só dun 15%. “Co cal, entre que praticamente tes todo o espectáculo sen pagar, máis os espectáculos que non se pagaron, afogou practicamente as artes escénicas, porque non temos liquidez”. Por último, o presidente de Escena Galega fixo fincapé en que dende a súa asociación se lle insiste ao director da Agadic para “evitar que morra un traballo de moitos anos, que é a onde nos están a levar as rebaixas das achegas da Agadic”.

MORRIS

“Os premios María Casares están pendentes dun fío” ERNESTO CHAO

“Hai unha falta total de política cultural, todo son improvisacións”

E.C. Hai claros síntomas de puro desinterese, tanto por parte de Fasero como do conselleiro. Por exemplo, como é habitual, todas as compañías sempre invitamos o conselleiro ás estreas, e non veu a ningunha. A única estrea á que asistiu foi á do Salomé do Centro Dramático Galego (CDG). Isto é un reflexo do interese que ten pola cultura deste país. Pode estar a solución a estes problemas no famoso Plan Director da Agadic?

E.C. Nós ese plan director non o coñecemos. Fasero estivo nunhas xornadas organizadas por Escena Galega, e falou dese plan. Pedíuselle que adiantase algo e dixo que non, que se perdía a noticia para cando dese a rolda de prensa, e que o ía facer en novembro. Logo dixo en xaneiro... Ese plan non acaba de ver a luz. Non podemos dicir se está ben ou está mal porque non o coñecemos. Logo, non teñen esperanzas?

E.C. Eu non. Hai unha falta total de política cultural neste país. O que fan falta na Agadic e na consellería son ideólogos, alguén que deseñe unha política cultural. Todo son improvisacións, e o único que queren impedir é que vaias á prensa. R.B. A sensación que temos é que te prometen algo e nunca se cumpre. Nós dende que temos relacións con Fasero e co conselleiro constatamos que teñen a mesma dinámica, improvisan in situ, de inmediato. Cando estás con

PERFIL Ernestochao actor e presidente de escena galega

Ribadavia (1943)

O actor Ernesto Chao leva dende 1969 nas táboas dos escenarios do país. Famoso para o gran público por interpretar durante máis dunha década o entrañable Miro Pereira de ‘Pratos Combinados’, ao longo da súa traxectoria gañou importantes galardóns, como o Premio de Honra Abrente do Festival Internacional de Teatro de Ribadavia. Hoxe compaxina a súa carreira actoral coa tarefa de dirixir a compañía Lagarta, Lagarta e a presidencia de Escena Galega.

eles prometen, din que si, que o mes que vén, que a principios de ano xa estará o proxecto do Centro Coreográfico, etc... A calquera cousa que se lles pida. Cando nós falamos con Fasero, sentimos que é como facelo cunha parede en branco, coa que batemos. Tentamos ilusionarnos, pero cada vez queremos falar menos con eles, cremos menos o que nos din e tiramos pola nosa banda, sen eles. A.D.M. Eu creo que hai un problema grave é fundamental, que nos tocou un mal momento para vivir, e é que se está a usar a crise, que realmente existe, como paraugas para agochar esa inactividade. Vista a situación, vai haber outra mobilización como a do 28 de xaneiro?

E.C. Non podo contestar, dependerá desta semana, na que prometeron outro pago. Segundo como se vaian desenvolvendo as cousas, e se non quedamos satisfeitos, si que se convocarán outras mobilizacións. Pero custa moito mobilizar a xente cada dúas semanas. Estase a pór de paraugas a crise, pero están notando a súa incidencia no número de espectáculos programados e na afluencia de público?

E.C. Nunca houbo tanta xente no teatro como este ano. É curiosísimo. En Lagarta, Lagarta, nun espectáculo, Casting, enchemos todos os teatros no 2010. No Rosalía de Castro da Coruña, 1.200

“No Centro Dramático falta clase; a presentación do último espectáculo parecía a da fichaxe de Maradona” “En Galicia tendemos cada vez máis cara un tremendo minifundismo cultural”

persoas en dous días. Todo esgotado. En Pontevedra, casi 500, en Ourense, tamén o teatro cheo... A xente está implicada cada vez máis, xa non existen eses prexuízos que había antes co teatro. Tampouco hai unha crise de creatividade, nin moitísimo menos. O que me preocupa é que tendemos cara un tremendo minifundismo cultural. Explícome. Na Agadic prográmase o teatro por semestre. En 2011 haberá o mesmo número de funcións, ou incluso máis, que no ano anterior, pero con moitísimos menos cartos investidos. Por que? Porque os concellos tamén están en crise. Logo, os espectáculos de 4.000 euros xa non os contrata ninguén. Os concellos están a levar monicreques, monólogos, de 1.000 euros... Pouco máis. É dicir, hai máis funcións, pero a un prezo irrisorio. Cara o que imos é a facer espectáculos dun máximo de dous autores, porque se non non se vende. As compañías que conseguimos facer espectáculos grandes estamos volvendo atrás, porque non os vendemos.

E.C. Non é para tanto. O CDG xa ten feito espectáculos de 30 actores, como El sueño de una noche de verano, ou o Hamlet de Cunqueiro... Non é nada novo, ao contrario. E moito me temo que vai ser o único espectáculo que vaia facer este ano o CDG, pese a estar financiado por Novacaixagalicia.

R.B. Con respecto á danza, eu non vexo lóxica entre as subvencións que dan e o que tratan de ofrecer. Están pedindo facer formatos máis grandes, con máis bailarinas, que gastemos máis cartos... E despois sucede iso que dicía Ernesto, que os concellos están pelados e non poden investir.

E non pode ser que se estea a errar o tiro pondo o acento nos atrasos da tesourería pública e non na reivindicación do carácter de industria da cultura, pasando a depender menos das achegas públicas?

Excepto na Ópera dos tres reás do Centro Dramático, o gran evento do teatro galego neste ano 2011...

A.D.M. Sobre o CDG, este ano, aparte da obra con Luís [Tosar], que de seguro vai ser un éxito, non se sabe nada máis, á marxe do que se improvisa a diario e das partidas económicas para apagar lumes. E.C. Falando do CDG, hai unha falta de clase de todo tipo. Na presentación do espectáculo, na foto de prensa estaban o conselleiro, Blanca Cendán e Luís Tosar. E o director do espectáculo? É máis importante, aínda que o sexa, o protagonista que o director do espectáculo? Porque el é o responsable. Máis parecía a presentación da fichaxe de Maradona que a dun espectáculo teatral.

E.C. As nosas reivindicacións non só van por aí. Nós estamos continuamente intentando incidir na Agadic e na orgaContinúa na páxina seguinte

>>


34

XORNAL DE GALICIA lu n s , 14 d e f e b r e i r o d e 2 01 1

cultura

café de redacción / debate sobre a situación das artes escénicas en galicia

AMADOR LORENZO XXX

AMADOR LORENZO

PERFIL rut bAlbís artista escénica

Ourense (1979)

Con formación en danza contemporánea con creadores como Andrés Corchero, Hisako Horikawa, Daniel Abreu ou Damián Muñoz, hoxe o de Rut Balbís é un dos nomes emerxentes no panorama da escena contemporánea. A galega vén desenvolvendo a súa traxectoria profesional á fronte da súa propia agrupación, Pisando Ovos, dende o ano 2005. É, entre outros, a responsable de montaxes como ‘N8 OHX’ ou ‘No intre 1800’, que obtivo o primeiro premio do Certame Coreográfico de Madrid 2007.

“Dende o principio pensamos que o Gaiás era un mausoleo que nos ía esmagar a todos” Morris, que fixo da “pasividade” da Agadic e da Consellería de Cultura un dos eixes principais do seu discurso durante o Café de Redacción, tamén falou da Cidade da Cultura, afirmando que “dende o principio pensabamos que era un mausoleo que nos ía esmagar a todos”. Non obstante, mostrouse seguro de que a polémica obra deseñada polo arquitecto Peter Eisenman “vai ter o seu peso histórico”. Non só iso. O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia sinalou que lle dá a sensación de que “dende a consellería herdaron unha infraestrutura cultural, e que se vai morrendo, que morra”. O actor tamén comentou estar moi doído pola “falta de apoio” aos Premios María Casares. “A gala vaise facer dignamente, pero sen o seu apoio e grazas a uns grandes profesionais que a van sacar adiante, pero como favor. Xente como Suso Montero, que estará alí, pero por amizade, non por outra cousa”, indicaba Morris. A modo de conclusión, engadía que todo o que está sucedendo é sintomático de que “se está transformando unha industria cultural nunha situación parecida a que había hai 20 anos, e iso non pode ser”.

nización da rede de teatros.... Na política teatral deste país, en xeral, o que pasa é que non nos deixan. Cada tres meses estamos reivindicando formar parte do comité organizador da rede de auditorios e teatros, e non hai maneira. A.D.M. Eu creo que os atrasos son só a punta de lanza. O motivo económico é como cando nunha casa falta para comer. É algo tan evidente que te fan saír á rúa. As artes escénicas teñen que englobarse no sector cultural como un todo. As de agora son só pequenas batallas, pero a guerra de salvar o sector cultural, que se vai aprazando, haberá que librala. Coas súas accións, está o sector das artes escénicas caendo nunha trampa que lle está facendo perder a batalla da opinión pública?

A.D.M. Certo. Pero é que a do 28 de xaneiro foi unha acción puntual. Volvemos ao de antes. É algo inmediato, e a eles élles fácil solucionalo. É como o

PERFIL antonio durán,‘morris’ actor

Vigo (1959)

Morris é un dos rostros máis populares do teatro, o cinema e a televisión en Galicia. Xa sexa como protagonista ou como secundario, é capaz de interpretar convincentemente rexistros completamente opostos, dende o militante e populista Delmiro de ‘Padre Casares’, até o desprezable funcionario que interpretaba en ‘Princesas’, unha das fitas máis logradas de Fernando León de Aranoa. Dende o pasado mes de xuño de 2010 preside ademais a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

da gala. Parece que solucionando o da gala o audiovisual funciona, pero non é certo. Os problemas nas artes escénicas son moitísimos. Con respecto á opinión pública, está do noso lado. A opinión está orgullosa do teatro, do audiovisual... Hai unha comuñón perfecta entre público e autores, e iso é algo que nós levantamos é que temos que explotar. O problema son cousas como o acto do outro día de Escena Galega, que como non houbo unha postura conxunta é onde estamos fallando. Tiñamos que ter xa elaborada unha resposta contundente e conxunta á situación que vivimos nas industrias culturais, unha mensaxe de toda unha profesión. Iso quere dicir que se lle dá importancia ás pequenas cousas. Esta non é unha profesión pedichona, non dependemos deles constantemente. E ademais nós sacrificamos a nosa vida. Vivir do teatro é unha profesión moi dura de Dios. R.B. En Galicia, nós non temos onde traballar. Non hai compañías, non

“Penso que non hai ninguén na Agadic que teña idea do que son as artes do movemento” Rut Balbís mostrouse especialmente crítica co tratamento que están a recibir os profesionais das artes do movemento dende a Agadic e a Consellería de Cultura. A ourensá indicou que pensa que na Agadic “non hai ninguén que teña algo de idea do que son a danza e as artes do movemento, ou do que é un bailarín ou un coreógrafo”. Cualificou o tratamento que está a recibir o seu sector de “incomprensible”, e afirmou que ten a sensación de que os seus interlocutores nas institucións “non nos entenden”. Balbís tamén falou do “atraso” que supón para Galicia a concepción

“Todo o avanzado en 25 anos de teatro galego está en perigo de desaparecer”

que dende a Xunta se ten da situación actual da danza do país. “En Galicia parece que non hai compañías de danza e bailaríns, e hai un montón”, afirmou, para logo apuntar que a idea da Agadic de “facer caixón”, dividindo as artes escénicas, é “moi complicada”. “Hoxe, os bailaríns están en compañías de teatro e os actores en compañías de danza... Todo está cambiando, e eles non se dan de conta. Non entenden esa diversidade”, apuntaba Rut Balbís, que concluía engadindo que ela, aínda que llo pedisen, non sería capaz de definir a súa compañía.

existen. A sensación que temos é que queren pechar, e facer algo estable e pechado no Centro Coreográfico, e iso é moi perigoso tamén, porque non temos un circuíto aberto onde poder estar traballando, e o que está pasando coa danza é que á parte de que teríamos que estar moi protexidos para poder converternos en industrias culturais, que é como ten que ser e o aceptamos, o que está a pasar é que temos que saír fóra de Galicia. De que maneira vistes pasar a organización do Xacobeo e como vos sentistes tratados por un evento que puido ter tanta repercusión para a industria ou a creación escénica galega?

E.C. No teatro, sempre que hai un ano Xacobeo tirámonos dos pelos, porque sempre é un ano malísimo. Tivemos moitas menos funcións no ano 2010 que no 2009, porque todos os cartos van para o Xacobeo. É dificilísimo que unha compañía de teatro galega entre no Xacobeo. Se a tendencia continúa,

vaise por terra un traballo de 25 anos no teatro galego. Todo o que conseguimos, ter unhas compañías mais ou menos estables, unhas producións mais grandes... Todo iso está en perigo de desaparecer. R.B. Nós pasamos desapercibidos para o ano Xacobeo. Enriba, sinto que somos usados. Porque todas as producións que fixemos tiñan que levar o logo do Xacobeo, cando nós non estabamos participando da actividade cultural do Xacobeo. Se tiñas algo de subvención, tiñas que poñer o seu logo. Estamos sendo usados para a súa imaxe. A.D.M. Con respecto aos actores, o Xacobeo non se nota. Non nos inflúe, quizais o único é en que algo dos presupostos se destina a promoción turística e outras cousas, o único. A Cidade da Cultura é unha lousa ou cren que se lle pode dar algún uso beneficioso para a profesión?


XORNAL DE GALICIA lu n s , 14 d e f e b r e i r o d e 2 01 1

cultura

RUT BALBÍS

“Somos traballadores normais, igual que o que vai facer pan” MORRIS

“Hai unha comuñón perfecta entre o público e os autores galegos” RUT BALBÍS

“Todas as producións tiñan que levar o logo do Xacobeo, incluso cando non participabamos del” MORRIS

“Hai que ter claro que a Cidade da Cultura terá o seu peso histórico” ERNESTO CHAO

“Parece que neste país os únicos que temos subvencións somos os das artes escénicas”

A.D.M. Eu non vou considerar agora como encher de contidos o Gaiás, terán que ser eles. É certo que unha parte importante deses cartos poderían investirse en cultura, en audiovisual ou nas artes escénicas, pero van para alí. Coa Cidade da Cultura teño unha sensación moi estraña. Creo que todos, dende o principio, pensabamos que ese mausoleo nos ía esmagar, pero ninguén se atreve a dicilo coa boca grande, porque tampouco queremos falar mal dunha obra arquitectónica que realmente é importante. Confío en que algún día nos poñamos todos de acordo e fagamos unha manifestación sobre a a incidencia que ten o Gaiás sobre a dimensión máis cotiá da cultura. E.C. A min o que máis me preocupa da Cidade da Cultura é que se chegue a un punto no que non haxa presuposto para enchela de contidos. A.D.M. Si, pero hai que ter claro que esa obra vai ter o seu peso histórico, porque cando tiña 20 anos eu dicía que non ás autopistas, e hoxe as utilizo todos os días [risas]. Cren que nesta sociedade en crise, na que parece que está mudando incluso o concepto de civilización, está a cambiar a percepción da figura do artista?

E.C. Para eles [Varela e Fasero], o único artista que hai é Luís Tosar, e para de contar. Nós temos a sensación de

35

A OPINIÓN DOS COLABORADORES DE XORNAL ROBERTO PASCUAL

Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e colaborador de Xornal de Galicia, fixo durante a súa intervención un exhaustivo resumo das actuacións da Consellería de Cultura no ano 2010. “Á parte do ano Xacobeo”, indicou, “foi o ano en que estivo oito meses sen dirección o Centro Coreográfico Galego; estivo tamén case oito meses sen director o Centro Dramático Galego; eliminouse o boletín electrónico ‘e-scena’, desaparecendo unha importante posibilidade de difusión e de información da actividade escénica á cidadanía; acabouse co Plan de Formación Permanente das Artes Escénicas que se estaba a coordinar dende a Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, dando fin á posibilidade de que os profesionais das artes escénicas poidan seguir reciclando a súa actividade profesional; e, por último, foi o ano no que se eliminaron as axudas á única revista de teatro galego, que non superaban a cantidade de 3.000 euros”.

que pensan que somos unha banda de chourizos que estamos a ver como podemos apañar unha subvención para vivir sen dar pancada. Esa é a percepción que nós temos que eles teñen de nós. Cren que esa percepción se traslada á sociedade?

E.C. Si, porque parece que os únicos que temos subvención neste país somos os das artes escénicas, cando son unhas subvencións mínimas. A.D.M. Eu penso que non. Acho que o único problema está na propia palabra subvención. Noutros sectores se lle chámaselle investimento. Esa palabra habería que desterrala. Claro que o Estado ten que investir na cultura, é inevitable. E hai espectáculos, e iso hai que trasladalo á opinión pública, un montón, sen axuda ningunha. Non falo de monólogos, falo de auténticas producións. R.B. Eu teño outra perspectiva. Para nós, a acción que se fai dende a consellería e da Agadic non nos axuda a normalizarnos. Porque queremos ser normais para a xente e a sociedade galega, porque nos seguen a ver como uns artistas rariños para xente de alto standing que baila en ballet e en óperas, e nós somos traballadores, igual que o que vai facer pan. Temos os nosos gastos, a nosa vida... E non chegamos a todos, e isto fai que repercuta en que teñamos menos público na nosa actividade profesional.

Roberto Pascual e José Manuel Sande

AMADOR LORENZO

ANTÓN REIXA E JOSÉ MANUEL SANDE

Antón Reixa

“Para eles, o único artista que hai é Luís Tosar” “A sociedade galega segue a vernos como uns artistas rariños para xente de ‘alto standing”

AMADOR LORENZO

A danza segue sen ser unha profesión para o resto da comunidade. Quizais os actores estean máis normalizados... E.C. Non creas. Aínda custa. A min téñenme preguntado: “E ademais de na tele, ti en que traballas?” Noutras zonas do Estado estase a falar da privatización das canles públicas autonómicas. Pensan que se está a barallar a posibilidade de privatizar a TVG? E de ser así, como cren que podería afectar isto ao sector do audiovisual?

A.D.M. Non penso nesa posibilidade. Terían que cambiar a Lei de Radiotelevisión... Penso que nas comunidades históricas nin se nos debe pasar pola cabeza. Aínda así, no que respecta á televisión, a situación para os actores é catastrófica. Case todo o que se investía na ficción está no aire. Debería de haber, como falabamos antes, un plan para estrear tv movies. Hai experiencias moi positivas ao respecto, e sería moi rendible para a imaxe da profesión e do país. O “pero” do asunto é que nin sequera se lle dá cabida na nosa propia televisión. É moi triste que independentemente de que as producións estean ben ou mal feitas, por exemplo a miniserie Reliquias, se pase por detrás de Pratos Combinados. Iso é un desprezo cara á profesión. E xa non entro no da reemisión de Pratos [risas]... Con respecto á ficción, a televisión, que era un motor moi potente, quedou atrás.

Antón Reixa, colaborador de Xornal de Galicia, indicou que “pese a crise”, o consumo de teatro “está a resistir a agresión das novas tecnoloxías” polo seu “carácter único”. “Por iso decidín introducir a miña empresa na produción teatral”, concluía Reixa. Pola súa banda, o tamén colaborador de Xornal José Manuel Sande fixo fincapé no feito de que, para el, a cultura “sempre sae perdendo nos orzamentos”.

E.C. E é que é moi difícil vivir exclusivamente do teatro. A xente ía capeando iso grazas á televisión. Ao reducirse o da tele, a xente está fatal. Eu son un exemplo vivo. Comprei unha axenda para anotar os días de traballo que habería de ter por diante, e non teño un en todo o 2011. Nin un. E xa estamos en febreiro. E coma min está moita xente máis no sector. A.D.M. Tamén hai que dicir as cousas positivas. O público de aquí, de Galicia, é moito mellor que o doutras partes, pois aínda se identifica e responde á televisión. Valorarían a posibilidade de participar en obras en castelán producidas polo Centro Dramático Galego?

E.C. Saben que esa é unha batalla perdida. En ningún sitio consta por escrito que aquí se fai teatro en galego, pero é un acordo tácito dende que se empezou a facer teatro neste país. E penso que a xente non lle dá a importancia que ten. Penso que foi a primeira manifestación cultural en Galicia que dende o principio se fixo en galego e sempre en galego, e penso que vai a seguir así. A.D.M. Ademais, iso non beneficiaría a ninguén. E.C. Certo. Non creo que por facer teatro en castelán en Galicia se vendese máis. n

/cafe_redaccion  

http://aaag.es/wp-content/uploads/cafe_redaccion.pdf

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you