Page 1

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 11 - agosto 2012

A CORuñA E A SúA COMARCA TEñEn un fIRMAMEnTO dE pEquEnAS E MEdIAnAS EMpRESAS quE, COMO SI fOSEn ESTRElAS, vAnSE ApAgAndO. O feito de ser pequenas resta ás súas loitas a presenza

mediática; o feito de non ter presenza nos medios quítalle a relevancia e transcendencia que teñen as súas xustas reivindicacións. O certo é que a crise deixa un regueiro de ERE, paro e precariedade que fai que, segundo as estatísticas da Xunta, na Coruña e comarca 36.727 traballadores e traballadoras estaban desempregados/as no mes de xuño. A empresa máis grande en situación problemática e pendente dunha posible deslocalización é Alcoa, pero, xunto a esta hai unha serie de pequenas empresas cuxas loitas aparecen moi pouco, ou nin se nomean, nos medios de comunicación. Imos falar de algunha delas. Industrias Caamaño Os traballadores de Industrias Caamaño continúan coas mobilizacións que comezaron fai xa tempo pola reclamación de salarios á que se xunta agora a reivindicación da readmisión de cinco compañeiros (dos que tres son delegados sindicais) que o empresario despediu a raíz das loitas dos traballadores. Os traballadores sospeitan que estes despedimentos non serán os últimos e cren que o empresario puxo xa en marcha o mecanismo para contratar novo persoal coa finalidade de sacar adiante o traballo. O problema non é a falta de traballo, o que realmente está a pasar é que o dono da empresa négase a cumprir as obrigas económicas máis elementais contraídas cos seus traballadores. Mantén tamén un comportamento discriminatorio entre os traballadores pois mentres que a uns poucos si lles paga, os que secundan as mobilizacións non recibiron un can, intentando, mediante actos coma este, aleccionar aos traballadores intentando facerlles ver que teñen que cambiar a mobilización por submisión . O empresario, que mantén á práctica totalidade da plantilla nunha situación económica insostible, ten unha actitude prepotente e antidialogante negándose a manter ningunha negociación coa lexítima representación dos traballadores. Agora mesmo ten unha débeda que supera os 6.000 euros con cada un dos traballadores e que corresponden ás nóminas de abril, maio e xuño, as pagas extraordinarias de nadal e verán e aos atrasos salariais dos anos 2010, 2011 e 2012.

Os traballadores están decididos a chegar até onde faga falta para conseguir a readmisión dos compañeiros despedidos e que se lles abonen os salarios impagados. EMESA Trefilería. A empresa EMESA Trefilería está instalada no Polígono Industrial de Sabon,, pertence á sociedade de capital portugués Previdente, da traballo a 71 traballadores de xeito directo e a 100 máis de xeito indirecto sendo a súa produción de arredor de 2.500Tn/mensuais Os traballadores de EMESA Trefilería comezaron as mobilizacións o 18 de xuño cando se anunciou o peche da factoría de Arteixo. Péchase esta empresa (a única trefilería de Galicia), unha empresa moderna cunha alta capacidade de produción, non pola falta de traballo senón porque a matriz quere realizar a produción en Portugal. Por este mesmo motivo á empresa non lle interesa a venda da nave coa maquinaria porque a súa alta capacidade de produción representaría unha competencia que non queren coa instalada en Portugal. O problema aparece xa en febreiro mes no que o Comité de Empresa mantén

W W W. 1 5 M -A C O R U N A . C O M / M O N T E A LTO

#

unha reunión co propietario na que este lles transmite a difícil situación na que se atopa a empresa situación á que segundo se lles di se está a buscar solución. Nos meses de abril e maio o Comité mantivo reunións co xerente quen, a pesar das reclamacións para que proporcionase información sobre a situación económica e produtiva manifestou que non podía achegar dita información. O Comité denunciou, no seu momento, que a falta de materia prima provocaba un incremento das perdas que calculaban que supoñían 7.000 toneladas desde xaneiro a xuño, dándose a circunstancia adicional de que traballos confirmados non puideran realizarse. A falta de información levou a que o Comité de Empresa realizase unha denuncia en Inspección de Traballo para ter coñecemento do balance e conta de resultados do ano 2011, previsión de futuro en canto ao persoal, etc. A primeiros de maio fíxose unha denuncia pola situación da empresa na Consellería de Industria, solicitando unha reunión que, a día de hoxe aínda non foi confirmada nin resolveu a denuncia presentada. A xuntanza solicitouse pola certeza de que Antonio Simoes, que

A S A M B L E A M O N T E A LTO @ G M A I L . C O M


WWW.15M-ACORunA.COM/MOnTEAlTO

#

#

#

ASAMBlEAMOnTEAlTO@gMAIl.COM

controla Previdente, quere potenciar a súa empresa Socitrel de Portugal para pechar EMESA trasladando o seu mercado ao país luso. EMESA Trefilería xenerou en cinco anos 25 millóns de beneficios. Durante o tempo de conflito sóubose que a empresa rexeitou traballos para que entrase en déficit e poder pechala aducindo problemas económicos. A finalidade é o seu peche (deixando un regueiro de 71 familias sen traballo) para trasladar a produción a Oporto, Portugal. Estes traballadores non son os únicos en situación semellante. Existe unha morea máis de pequenas e medianas empresas cuxos traballadores viven situacións idénticas ou parecidas ás sinaladas: MAfECCO S.A. Esta empresa, que co esforzo de todas as traballadoras, foi medrando ata converterse nunha desas marcas integradas no que se denomina “Moda galega” acaba de presentar un “expediente de regulación con extinción de 41 contratos”, máis da metade da plantilla. Para entendernos, vótannos a 41 das que vimos desde fai moitos anos traballando na empresa, moitas de nós empregámonos ao mesmo rematar na escola (14-15 anos) e agora estamos, a meirande parte, en idades que superan os 50 anos, e todas, independentemente da nosa idade, sen perspectivas laborais. A causa dos despidos non ven derivada exactamente da perda de valor da empresa nin das prendas que confecciona, senón que o que se pretende é gañar máis, é dicir, amosa a avaricia dun empresario ao que non lle importan as consecuencias persoais derivadas desta medida. Seremos os “danos colaterais” do seu proceso de enriquecemento. Búscase a ganancia a calquera custo aínda que isto implique deixar no paro 41 familias. Movémonos nun sector, o téxtil, no que verdadeiros piratas internacionais están a facer o seu “agosto”, non lles importa a explotación bestial á que están a someter a traballadoras en países tan lonxe do noso coma China, India, etc. con tal de ingresar os dividendos pertinentes. Neste sentido non trasladan ao consumo estes aforros ou abaratamentos, as prendas téxtiles cada día son máis caras mentres que a súa manufactura cada día é máis barata. As traballadoras de MAFECCO S.A. estamos en contra da deslocalización e subcontratación do traballo en peores condicións as xa precarias e miserables que temos nós e rexeitamos enerxicamente que se leven a pro-

Optariamos por este xeito de recolocación, porque TEMOS QUE ESPERAR A QUE PRIVATICEN A TORRE DE NOVO, PARA VOLTAR A DENUNCIAR POLO NOSO DEREITO DE SUBROGACIÓN. Mentres pasa iso (pode ser dentro de 6 meses, un ano ou mais, non sabemos), mellor estar currando, porque de feito á persoa que escribe este artigo remátaselle o paro o 10 de Agosto. O limite son dous anos, como sabedes, o concurso de prazas temporais ten unha duración máxima de dous anos, por iso, estaría ben poder estar traballando ata que denunciemos nun futuro outra vez ao Consorcio.

dución fora, sen tan sequera manter aquí os posto de traballo. Rexeitamos este inxusto despedimento de traballadoras, nunha comarca xa líder na destrución de emprego, especialmente feminino, consecuencia das reformas laborais e das políticas feitas ao servizo do capital. A pretensión da empresa non é só despedirnos, senón facelo de xeito que este despedimento lle saia barato é por riba a cargo da Administración. Fai xa 6 anos intentouno, quixo despedir á metade da plantilla e grazas a loita das traballadoras conseguimos parar o ERE, tanto na consellería de traballo que era a que tiña que autorizalo, como despois no contencioso administrativo, mais nesta ocasión ca reforma laboral aprobada polo goberno teno mais fácil pois nin sequera o ten que aprobar a consellería ,se non que é a propia Empresa quen decide.

Iso por parte dos tres que xa teñen sentencia. Os outros dous estamos aínda a espera de que saian as sentenzas..., pero agárdase que saian proximamente e que comecemos a negociar as dúas persoas que faltamos, aínda que o delegado despedido negocia xa, xunto co seu caso particular, a recolocación dos que faltan.

Por todo ilo,as traballadoras de Mafecco estamos a mobilizarnos na defensa dos postos de traballo e contra esta reforma laboral que nos escraviza e nos fai pagar ás traballadoras a crise que non provocamos.

Isidro de la Cal: Empresa dedicada á produción e distribución de produtos do mar aplicou unilateralmente un ERE de suspensión, cunha duración de 18 meses e que afecta a 20 traballadores/as.

Traballadores da Torre de Hércules: A día de hoxe, hai 3 traballadores con sentencias firmes, improcedentes as tres, polo que condenan á empresa SERMASA a readmitilos noutras concesións da empresa. En principio, nun primeiro momento en DEPORTES e despois supostamente na ORA..., aínda que os tres están a negociar coa empresa neste momento. Destes tres, dous son membros do comité que optaron pola RECOLOCACION.

O ERE, xa aplicado pola dirección, supón a suspensión do contrato durante 18 meses para 20 empregados/as da área de administración, algúns/has dos/as cales levan máis de 35 anos traballando na empresa. A excesiva duración da medida, puntualizan os representantes sindicais, provocará que as persoas afectadas teñan gastado a maior parte da prestación por desemprego á que teñen dereito ao remate do ERE.

O que buscamos basicamente é optar a unha recolocación segura. Sermasa ten aínda 3 anos de concesión da ORA, por iso sería a nosa primeira opción, a mais segura.

fACEBOOK: 15M ASAMBlEA pOpulAR dE MOnTEAlTO

Para evitar esta situación, a representación

#

TWITTER: 15Mmontealto


fACEBOOK: 15M ASAMBlEA pOpulAR dE MOnTEAlTO

#

TWITTER: 15Mmontealto

do persoal propuxo á empresa unha rebaixa do tempo de duración até os doce meses e que tivese un carácter rotativo. Proposta que a dirección nin sequera se amosou disposta a valorar. Neste senso, as organizacións sindicais subliñan que polo menos 10 traballadores/as poderían pasar á planta de produción, pero estes postos están ocupados por persoal que a empresa contrata a través de ETTs. Estes feitos fan sospeitar que as verdadeiras intencións da empresa pasan por irse desfacendo a baixo custe dos/as empregados/as máis antigos e con mellores condicións laborais, para sacar adiante a carga de traballo con persoal contratado a través de ETT. Por outra banda, quérese denunciar tamén a rebaixa salarial aplicada ao conxunto do persoal que suporá unha perda duns 120 euros anuais para os traballadores/as cun salario de até 15.000 euros, do 4% para aquelas persoas que cobran até 18.000 euros e do 5% para os

empregados/as con retribucións até 23.000 euros. Estas empresas son representativas do que está a pasar na Coruña e a súa comarca pero, desgraciadamente non son as únicas: Autos lobelle con 18 traballadores en ERE rotatorio de suspensión temporal de actividade aos que se lles deben meses de salario. peche de Talleres Carral. despidos na Confraría de pescadores…

Tampouco se salva desta situación a administración pública na que se reduciron plantillas, se precarizaron as condicións de traballo e salarios. Ao peche do boletín sabemos que Mafecco xa “liquidou” ás 41 traballadoras que comezan agora o proceso de denuncia pola vía xudicial que determinará, de xeito definitivo, si os despidos son procedentes ou improcedentes. g

Que devolvan os cartos! As participacións preferentes son híbridos entre accións e renda fixa. As súas características, teoricamente, son: - non están cubertas polo fondo de garantía de depósitos (FGD), polo que en caso de quebra do banco pérdese o investimento. - non pagan xuros nun ano, se ese ano a empresa non tivo beneficios nin pagou dividendos. - En teoría só se poden vender ao prezo que diga a súa cotización (hoxe en día nin sequera, están bloqueadas pola Comisión Nacional do Mercado de Valores). Seguramente, para quen teña participacións preferentes e non poda agora recuperar o seu diñeiro, todo iso resulta tan interesante como descoñecido, porque durante o longo período no que se xestou a estafa das participacións preferentes (e débeda subordinada) foron comercializadas en todo momento como "depósitos", "algo a prazo fixo", "algo que se podía recuperar facilmente"... Tendo en conta que é un instrumento financeiro típico das caixas e non dos bancos, a xente asinaba (nalgúns casos mediante pegada dactilar por tratarse de persoas analfabetas) baseándose na confianza existente, polo xeral, entre o cliente e os directores das oficinas. Iso axudou a expandir o timo con facilidade. Nas titulacións relacionadas co mundo das empresas é típico ensinar aos alumnos como xestionar unha crise por parte dunha entidade. Deixando á marxe a vergoñenta falla de actuación dos políticos neste caso (non facer nada no mellor dos casos, apoiar que só se devolva parte do diñeiro no peor deles), e aínda que son ducias as entidades

afectadas por esta práctica (e probablemente centos de miles as persoas afectadas a nivel estatal), vexamos como xestionou esta crise Novagalicia Banco (formado pola fusión das que eran as principais caixas galegas), para saber como NON se deben xestionar as crises empresariais:

- Xulio fernández gayoso, copresidente de novacaixagalicia tardou catro días en dimitir, a pesar de ser un dos imputados, tería algo que ver coa súa dimisión o feito de que algúns dos vogais adiantasen a súa intención de pedir a súa dimisión?

- Mauro varela, presidente de novacaixagalicia ata xuño, tivo que presentar a súa dimisión por dicir que a xente que adquiriu eses títulos sabía o que adquiría. Como explica el que as testemuñas de ducias de miles de afectados que non se coñecían entre si coincidisen?

- A mediados de xullo, o presidente executivo e o conselleiro delegado pediron perdón aos seus clientes por comercializar preferentes e polo que se fixo mal na etapa anterior. Non deberían dicir cando pensan devolver o diñeiro?

- Cinco antigos directivos de Caixa galicia e Caixanova foron denunciados pola fiscalía Anticorrupción. Acúsaselles de mellorar presuntamente os seus contratos sen comunicalo explicitamente ao Consello de Administración. E estes anxeliños son os que temos que crernos que vendían as preferentes con total transparencia...

WWW.15M-ACORunA.COM/MOnTEAlTO

#

#

#

Como podemos ver, a situación de "curraliño" na que realmente nos atopamos derivou nunha especie de "culebrón Novagalicia" nel queda claro desde o primeiro momento quen son os bos e quen os malos. Pero non nos entretén, que devolvan os cartos xa! g

ASAMBlEAMOnTEAlTO@gMAIl.COM


WWW.15M-ACORunA.COM/MOnTEAlTO

#

#

#

ASAMBlEAMOnTEAlTO@gMAIl.COM

corunha.info Tras un par de asembleas de coordinación entre un amplo número de colectivos sociais da nosa cidade, finalmente a principios de xullo aprobouse o relanzamento da web http://corunha.info co obxectivo de que actúe como lugar onde se centralicen as convocatorias de distintos colectivos sociais da Coruña e área metropolitana. A devandita web foi creada a imaxe e semellanza de http://www.demosphere.eu que contén a axenda alternativa da rexión parisiense, que leva desde 2007 activa e mostra un amplo número de convocatorias ata con meses vista de antelación.

A fortaleza deste tipo de sitios web radica na centralización da información nun único punto, así como na autoxestión, con participación activa dos distintos colectivos sociais, cada un dos cales (incluíndo á nosa Asemblea) encárgase da correcta difusión das súas convocatorias. Desde o seu nacemento, http://corunha.info xa foi utilizada tanto para difundir varias convocatorias do 15M (tanto da nosa Asemblea como de outras), como de plataformas afíns (A Coruna en loita, Plataforma polo aforro público, Plataforma de afectados polas preferentes...), e doutros colectivos

(CSOA Palavea, Centro Social Gomes Gaioso, etc.). Invitámosvos a que incluades nas vosas páxinas favoritas e a que as visitedes de cando en vez para atopar aquelas convocatorias alternativas que poidan ser do voso interese, tanto corunha.info como 15M Monte Alto http://corunha.info http://www.15m-acoruna.com/montealto. g

cooperativa integral galega No mes de xullo tiveron lugar na nosa cidade varias reunións para estudar a posibilidade de constituír unha cooperativa integral en territorio galego, ou ata incluíndo zonas do norte de Portugal, de Asturias ou de Castela e León. que é unha cooperativa integral? En primeiro lugar, como o seu propio nome indica, é unha cooperativa, é dicir, <<unha asociación autónoma de persoas que se uniron voluntariamente para facer fronte ás súas necesidades e aspiracións económicas,

sociais e culturais comúns por medio dunha empresa de propiedade conxunta e democraticamente controlada>>.

distintos lugares, talles como Madrid, a Comunidade Valenciana, o País Vasco, Aragón, Andalucía...

En segundo lugar, considéranse integrais aquelas cooperativas cuxa actividade é dobre ou plural, cumprindo as finalidades propias de diferentes clases de cooperativas nunha mesma sociedade.

Desde a Asemblea do 15M de Monte Alto vemos con bos ollos a posible constitución da COIGA (Cooperativa Integral Galega), por ser unha fórmula factible e democrática (asemblearia e horizontal) para afrontar a crise de raíz, fomentando a participación cidadá e desposuíndonos dos malos hábitos da xestión empresarial actual. Estaremos, pois, atentos á posible aparición dun núcleo local autoxestionado da mesma. g

Actualmente xa existen varias cooperativas integrais en territorio español. Ao nacemento da cooperativa integral catalá en 2010, fóronselle sumando novos nacementos en

próximas convocatorias mercado de troco: comieza o curso

CONCENTRACIóNS AFECTAD@S POR TÍTULOS PREFERENTES NOVAGALICIABANCO

A asemblea Popular de Monte Alto, cara ao comezo do novo curso e debido á situación económica que atravesan cada vez máis familias e os recortes tan inxustos en educación, decidiu que o noso troco do mes de agosto vai ser exclusivamente de material escolar. Polo que vos pedimos aos veciños e veciñas de Monte Alto que colaboredes connosco levando o sábado 25 de agosto ás 12:00 no Campo de Marte, todo tipo de material escolar en bo estado (lapis, cadernos, folios, rotuladores, estoxos, cartafois, mochilas, etc.). Grazas a tod@s.

Tódolos xoves ás 11:30 da mañá concéntranse diante da oficina de NovaGaliciaBanco do Obelisco os e as afectadas por títulos preferentes, así como todas aquelas persoas que se solidarizan.

CONCENTRACIóN ANTITAURINA Concentración antitaurina. Sábado 4 de agosto ás 19 horas na praza de María pita. Organizada por Galicia Mellor sen Touradas e apoiada por múltiples colectivos e asociacións, entre eles, o 15M de Monte Alto.

Se queres escribir unha carta, artigo, opinión... coa intención de que sexa publicada, ponte en contacto connosco en asambleamontealto@gmail.com

nOn ME TIRES cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. pÁSAME. FA C E B O O K : 1 5 M A S A M B L E A P O P U LA R D E M O N T E A LTO

#

T W I TT E R : 1 5 M m o n t e a l t o

Profile for 15M Monte Alto Asamblea Popular

11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012  

11º Boletín da Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012  

11º Boletín da Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012