Triptico nadal 2015

Page 1



O corazón da maxia. Xabier Estévez. Xerais. Laura está hospitalizada dunha grave doenza. Un día chegará Mistre, que compartirá cuarto con ela. Laura contaralle unha historia extraordinaria, na que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Sorprendente desenlace. Lendo lendas, digo versos. Antonio García Teijeiro. Antonio Reigosa. Xerais. Vinte lendas, pouco coñecidas, da nosa tradición, en harmoniosa compaña de cadanseu poema.

Tés ata as 10. Francisco Castro. Galaxia. Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense. Acariciando o ceo. Fernando M. Cimadevila. Contos Estraños Editora. A partires do caderno de viaxe do seu irmán, sobre unha viaxe ao Nepal, esperta no protagonista a necesidade de ir tras os seus pasos. Así comezará unha aventura que cambiará a súa vida.



Os elefantes de Sokúrov. Antón Riveiro Coello. Galaxia. Janis almorza todas as mañás nunha cafetería, onde un descoñecido le e escribe sen acougo. Ata que un día el desaparece. A partir dese feito, técese unha historia na que se cruzan: o amor, o suicidio, a crise económica, …

Morena, perigosa e románica. Pedro Feijoo. Xerais. Unha disparatada aventura dun grupo de xente, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados, decididos a todo. Convencidos de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo. Amor en alpargatas. Manuel Portas. Xerais. No medio dun cemiterio, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un de tantos que padeceron as consecuencias das loitas que sacoden o nacionalismo galego.

 Celebración. Gonzalo Hermo. Apiario. Premio Nacional Miguel Her-

nández. Modalidad Joven Poesía. 2015.

Poemario que ensaia un tipo de escrita antinostálxica, renega da ruína e celebra o que está por vir.



   

Múdanse os ventos. Barahúnda. Helena de Alfonso e José Larra Bruñeiro. Terceiro disco de Barahúnda, nado en Galicia. Persoal e emocionante. The Tambourine Man Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre. Un novo traballo que engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradicionais galegos e un castelán. Coa colaboración de destacados músicos da música tradicional ibérica e galega.

Tránsitos. A Real Filarmonía de Galicia e o Abe Rábade Trío interpretan unha obra composta por un dos mellores pianistas e músicos de jazz do momento.

A Esmorga. DVD. Ignacio Vilar. Vía Láctea Films e Galaxia. Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor. Unha crónica intensa, na vida de tres homes en vinte e catro horas. Compañeiros de esmorga, que van deixando un regueiro de destrución, coma se adrede camiñaran para a súa perdición.

Xuntámonos outra vez para propoñervos unha escolma de lecturas e música que incluír nos vosos agasallos e no voso tempo de lecer. Boas Festas! 


 Onde está o poliño de Rosalía. Pat Hutchins. Kalandraka. Despois do seu relaxado paseo pola granxa, Rosalía preséntanos o seu poliño, tan despistado coma ela. A súa nai buscarao por todos os recunchos. Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra. Susanna Isern. La Fragatina. Un zoo e, nel, un pequeno oso triste. Por sorte, a veciña xirafa alégralle os días contándolle historias sobre todo o que pasa no exterior, ao outro lado do valado. A bruxa Discordia. Mamá Cabra e Carmen Gil. Galaxia. Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. Sen embargo, un día vai acontecer algo que vai cambiar o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre. Libro-disco Despois da chuvia. Miguel Cerro. Kalandraka. Houbo unha vez un bosque marabilloso no que vivían toda clase de animais e un día, de súpeto, comezou a chover... O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da felicidade inmaterial están presentes.

Coller as rendas. Yolanda Castaño. Xerais. Poemas en boca de animais, como carrachas, escaravellas,berberechas,… que enarbolan a bandeira do respecto, esa que permite que cadaquén escolla o seu camiño, sen imposicións de raza nin de estados.

Os Bolechas. Pepe Carreiro. Bolanda. Novas aventuras dos xa coñecidos irmáns. Unha será cun burro e outra irán de voda.

 Só un reloxo. Roberto Aliaga. La Fragatina. Marmota recibe como regalo de aniversario un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importancia, pero con esta preciosa fábula darémonos conta de que, a maioría das veces, menos é máis. A lúa de Xoán. Carme Solé Vendrell. Kalandraka. Xoán, axudado pola súa amiga a Lúa, terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. O libro fálanos sobre os temores da infancia e os desafíos da vida.

Onde viven as fadas? Ignasi Valios i Buñuel. Xerais Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras.

Canta o cuco. Uxía e Magín. Galaxia Un libro-disco para gozar coa música e cos poemas do autor Manuel María, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

O valente coello que quixo soñar. M. A Alonso Diz. Nova Galicia. O coello Valente decide proseguir un soño, pase o que pase. Polo camiño atoparase coa frialdade dalgúns pero tamén coa comprensión doutros.

Osiño. Else Holdmelund Minarik. Kalandraka. Varios títulos, agora en galego, dunha serie protagonizada por unha entrañable familia de osos. Relatos breves que nos atraparán pola súa tenrura.

 Xogando con gatos. Antón Cortizas. Xerais. Unha obra de teatro, con xogos de sempre, adiviñas, … onde unha nena aburrida de ver televisión e andar coa vídeo consola tenta brincar, e se non hai nenos cos que xogar, farao coa Lúa.

O caderno de Edua. Helena Villar Janeiro. Sushi books Edua vive na aldea do Cebreiro. Polo seu aniversario, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas.

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido. Jaureguizar. Xerais. Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca...

A estrambótica illa do tesouro. Pinto & Chinto. Bululú. É un álbum de personaxes, animais e cousas fóra do común, divertidos e aloucados, que buscan un tesouro pirata moi particular.

Pablo&Jané en La dimensión de los monstruos. José Dominguez. Astiberri. Un libro que mestura a banda deseñada con xogos e desafíos. Pablo e Jane abúrrense, só lles queda un lugar por explorar, “a vella casa da colina”. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará á máis terrorífica viaxe. Inventario de insectos. Virginie Aladjidi. Factoría K. Un fermoso libro, evocador dos antigos cadernos de campo,para descubrir todo o que precisamos saber sobre os insectos: complexidade, utilidade, abundancia de especies...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.