Biblioxornal 4

Page 1

Número 4

Verán 2007

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Boas vacacións, Boas lecturas! O curso remata, chegan as merecidas vacacións. É tempo de descanso, chega a hora da lectura relaxada, de ler porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana, porque me sai de dentro, alá do fondo… porque tamén é posible ler non para subir nota ou para que me aproben, porque podemos ser lectores por devoción e non por obriga. Velaí algunhas suxestións de lectura estival feitas por compañeiros, por profesores e por dous dos nosos escritores. Ánimo! A lectura nunca vai de vacacións. Bo descanso, bos libros! Vémonos o vindeiro curso. BURGESS, Melvin, Ionqui, Xerais. Novela dramática que narra unha historia que se desenvolve en Inglaterra. Tar, o protagonista de 16 anos, ama a Gemma, de 14, pero esta non quere ningún tipo de ataduras. O pai de Tar é alcólico e malla na súa muller. Gemma sente que a vida na súa casa está chea de prohibicións. Tar e Gemma fuxen a Bristol. Tar, que chega primeiro, comeza vivindo na rúa ata que, con axuda, se instala de okupa nunha casa onde tamén vai vivir Gemma. Nunha festa coñecen a parella formada por Rob e Lily. Múdanse a súa casa e comezan un tortuoso camiño pola senda das drogas. Fanse adictos a heroína e a súa vida deteriórase de maneira precipitada. Trátase dun libro que relata feitos moi actuais e que invita a evitar as xeneralizacións e a tratar de entender problemas que están moi preto de nós. MOURE, Gonzalo, El síndrome de Mozart, S.M. Estupenda lectura para as vacacións a desta novela de estilo áxil e suxerente que engancha desde o inicio polos cambios de escenario, forma de narrar e puntos de vista. O seu argumento está relacionado coa música e potencia a sensibilidade dos lectores grazas a un contido lirismo. Os personaxes utilizan a linguaxe de hoxendía. A aparición do personaxe dun discapacitado ensínanos valores como a tolerancia e o sentido da amistade. VONNEGUT, KURT – Matadero cinco. Kurt Vonnegut morreu o 11 de abril de 2007. Non foi a primeira vez. Nin será a última. Desde que o levaron por primeira vez ao planeta Trafalmadore, para ser exhibido como unha de tantas formas exóticas de vida, adquiriu a capacidade de percibir o continuo temporal como o que é, unha dimensión do espazo, xa dada, inamovible, transitable. E aproveitouno. Visitou a súa morte e o seu nacemento, as persoas que amou e os momentos polos que outros o odiaron, o seu apresamento por nenos soldados alemáns e o antigo matadeiro convertido en refuxio antiaéreo desde o que foi testemuña do bombardeo de Dresde e do cheiro da carne chamuscada. A posguerra e os años 60. Quizáis non podamos facer nada, porque xa todo está feito, pero aínda podemos sentir. E, con Vonnegut, sentir unha enorme tenrura cara ás venturas e as miserias desas pequenas criaturas que descoñecen o seu papel de figurantes nunha obra que lles ven grande, deses pobres demos que somos todos. Outras obras recomendables deste autor serían Madre Noche, Cuna de Gato, Dios le bendiga, Mr. Rosewater ou a divertidísima Birlibirloque. Nelas séguense entrelazando a súa visión humanista, a súa capacidade para imaxinar escenarios de ficción (científica ou histórica) polos que deambulan os máis estraños personaxes, e un sentido do humor inxenioso e mordaz, pero nunca ferinte. W. SOMERSET MAUGHAM -El filo de la navaja. Levada ao cine en 1946. Época de entreguerras. Personaxes americanos, pero a acción situase en París, Londres, a Costa Azul. Retrato da alta sociedade, radiografía certeira e precisa dunha clase en decadencia, fosilizada no tempo. Fronte á adoración polos bens materiais, emerxe a figura de Larry, personaxe que como os de H. Hesse busca a súa identidade vagando polo mundo. Unha novela na que tan pronto nos falan do misticismo como dos traxes da nobreza.Diversidade e mezclas nas que o novelista, que é o narrador da historia, opina e intervén sen contaminar demasiado a obra. Encontrará Larry o seu camiño?


P á x i n a

2

N ú m e r o

4 -

V e r á n

2 0 0 7

@s nosa@s escritor@s: Manuel Núñez Singala e María Reimóndez Meilán Que tipo de lecturas acostumaba facer cando tiña 12 anos? Manuel N. Singala.- Basicamente lía todo o que atopaba, que non era moito. E a verdade é que o facía sen demasiado criterio. Lembro ter lido moitas noveliñas "do oeste", que era a lectura máis barata e máis doada de atopar na pequena vila na que eu vivía (había unha tenda de ultramarinos na que se podían cambiar estas novelas por 50 céntimos de peseta). E por suposto todos os tebeos e cómics que caían nas miñas mans. Lembro que me gustaba moito Astérix. Recordo con moito agarimo un libro que non sei de onde quitei, titulado El hijo de la parroquia, unha edición mexicana que me gustou moito e que anos despois souben que nas edicións españolas se titulaba Oliver Twist. María Reimóndez .- Dende sempre gustoume moito ler e devoraba en palabras da miña mai “ata os prospectos das medicinas”. Son moitos os libros e non recordo moi ben se os lin aos 12 ou antes ou despois pero si lembro que debeu de ser nesa época cando dei co Señor dos Aneis, que me fascinou, e tamén os libros de Michael Ende (Momo gustábame especialmente). Gustábame moito Cunqueiro e Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín. Aínda que o libro infantil co que máis gocei foi co Misterio das Badaladas de Xabier P. Docampo e cos libros de Christine Nöstlinger, sobre todo Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas. Un libro que lin nesa época e que me conmoveu moito foi Matar un reiseñor, sobre todo non entendía como un señor chamado Harper Lee puidera escribir ese libro! Tardei bastante tempo en descubrir que Harper Lee era unha muller. Imaxinamos que vostede tamén lía cando tinha 13 anos, 14, 15 e 16, que libros recorda especialmente? Manuel N. Singala.- Recordo que me impresionou moito Crime e castigo, de Dostoievski, que lin canto tiña catorce anos, por obriga escolar. Gustábanme o que daquela se chamaban "clásicos xuvenís" case sempre en edicións resumidas: Xulio Verne, Arthur Conan Doyle, R. L. Stevenson, A. Dumas... O meu problema era case sempre poder conseguir libros para ler, nun entorno no que a lectura non se valoraba demasiado e que se ollaba con certa sospeita, como se puidese chegar a ser mala para a saúde. Recórdome lendo na miña casa, mentres miña irmá xogaba, meu pai vía a tele e miña nai falaba con algunha amiga, sen que o ruído me molestase o máis mínimo, alleo por completo a todo o que non fose a lectura ata o punto de que en ocasións me regañaban porque non facía caso. María Reimóndez .-Cando estaba no instituto collín moito afán por ler a Ernesto Sábato e a autores e autoras do século XIX como Galdós ou Pardo Bazán. Foi a miña época de obras clásicas contemporáneas como Ao leste do Edén, no que me fascinaba o personaxe da mai dos protagonistas, que me parecía que o autor quería deixar quedar por mala persoa e eu sentía que tiña moito que dicir, ou Un mundo feliz, que me pareceu sempre abraiante. Lin tamén moito de Fitzgerald, Hemingway, Nabokov, Thomas Mann, Ferrín ... Por desgraza, eran moi poucas as obras de mulleres ás que tiven acceso durante todo o meu período escolar e por iso teño que compensar polo menos ata que teña 40 anos! Que libros recomendaría como lectura fundamental e para ter unha boa compaña este verán? Manuel N.Singala.-É unha pregunta difícil, depende moito dos gustos, da idade, de tantas cousas... Creo que o importante é ler, gozar facéndoo, vivir esa complicidade coa lectura que xorde cando atopamos un autor que nos gusta, que nos fai vibrar. E iso a cada quen lle ocorre con libros diversos, de modo que as recomendacións non soen ser moi útiles. María Reimóndez .-A literatura é tan ampla que resulta complicado, hai para todos os gustos. Eu este verán teño intención de ler obras de autoras africanas (de Nixeria, en concreto) e tamén da India, que é algo que fago permanentemente, leo moita literatura da India escrita por mulleres. E por suposto literatura en galego, o que caia nas miñas mans escrita por mulleres. Creo que unha boa lectura de terror ou misterio é calquera libro de Uxía Casal ou o estupendo Dentro da Illa de Dolores Ruíz. A poesía tamén fai moi boa compaña e en galego temos da mellor, dende María do Cebreiro a Marta Dacosta.


N ú m e r o

4 –

V e r á n

2 0 0 7

P á x i n a

Manuel Núñez Singala

3

María Reimóndez Meilán

Vostede é o autor de O Achado do Castro, que significado ten esta obra teatral na súa escrita? Foi feliz escribíndoa? Foi feliz véndoa representada? Cantas veces asisitiu a unha representación desta obra? Paseino moi ben con O achado do castro, dende que a escribín para o grupo de teatro do instituto no que eu estudaba ata o presente. Era a miña terceira obra (como serían as dúas anteriores!) Trátase dunha obra feita cando tiña dezaoito anos, e iso nótase bastante. Agora non faría algo así, porque seguramente sería incapaz. Porén non deixa de sorprenderme o éxito que segue tendo e a cantidade de representacións que se fixeron. Non lembro cantas veces asistín a representacións dela, moitas, e aínda me seguen convidando con certa frecuencia. Acaba de presentarse en Compostela Comedia bífida, a súa segunda obra teatral publicada, pode explicarnos o argumento desta obra? Trátase dunha farsa do xuízo final, e o tema xulgado nesa ocasión é o emprego da lingua por parte dos galegos Pode achegarnos cinco motivos polos que, segundo o seu xuízo, debemos ler esta obra para gozar con ela 1 Porque é divertida, trátase dunha comedia, de modo que o sentido do humor ten gran importancia nela. 2 Porque trata dun asunto noso, a lingua, e faino desde un punto de vista diferente, ou iso pretendía eu. 3 Porque está escrita de maneira bastante plástica, será fácil ao lela "ver a representación". 4 Porque ademais de pasalo ben léndoa, ao acabar debería de facernos reflexionar. 5 Porque é unha defensa da nosa lingua, e creo que moi necesaria nestes tempos que corren. Gustaríalle que o grupo de teatro do noso instituto o invitase a unha representación da súa obra Comedia bífida? Home, estaría encantado. Comedia bífida acaba de saír, de modo que aínda non foi estreada. Teño curiosidade por ver que tal funcionan sobre as táboas eses personaxes que polo de agora son só de papel.

Vostede é a autora de Usha, que significado ten esta obra na súa escrita?. Foi feliz escribíndoa? Usha é a miña primeira obra de literatura infantil publicada e unha obra á que lle teño moito cariño porque tamén é a primeira vez que falo a través da ficción da miña longa dobre vida (van xa 13 anos) entre Galicia e a India. Paseino moi ben realmente contando cousas da miña vida cotiá en Karnataka, poñéndome na pel de Usha coa que teño moitos puntos de unión. Pode explicarnos o seu argumento? Usha é a historia dunha nena que dende que nace convive con dúas culturas moi diferentes, a do sur da India e a galega, porque a súa mai viaxa todos os veráns a traballar nun proxecto de desenvolvemento. Cando ten 8 anos a súa mai decide ir vivir definitivamente para a India, e Usha comeza a contarnos como é a súa vida diaria e as aventuras que lle pasan a carón da súa amiga Lakshmi e do seu amigo Deepak. Pode achegarnos cinco motivos polos que, segundo o seu xuízo, debemos ler este libro? Creo que 1) porque achega unha cultura diferente 2) porque fala da amizade entre as nenas e das relacións entre mais e fillas dende o punto de vista destas últimas 3) porque intenta explicar que o diferente non é malo nin perigoso nin desprezable senón interesante, enriquecedor ou simplemente diferente 4) porque nos permite coñecer a situación de pobreza que se vive en moitos países do mundo 5) porque nos pode axudar a valorar ás nenas e nenos que veñen doutros países e conviven connosco.

Vostede tamén é autora de O club da Calceta, fáganos un resumo da obra. O club da calceta é unha novela que reflexiona a través dunha greca de seis personaxes, sobre os estereotipos e a violencia estrutural contra as mulleres. As seis protagonistas, moi diferentes e mesmo antagónicas entre si, reúnense unidas polos fíos da calceta para comezar a tecer a súa propia historia a partir da solidariedade entre elas e de recoñecer que os problemas que teñen non son individuais senón colectivos. Sería unha obra que lle poderiamos recomendar ao profesorado do Instituto? Espero que si! E aos nosos pais e ás nosas nais? Tamén espero! Gustaríalle vir este próximo outono ao noso Instituto para falarnos de Usha e de O club da calceta? Por suposto! Creo que para quen escribe non hai maior satisfacción que comprobar que a súa obra colle vida nas e nos lectores.

A poesía do mes: Resultado do escrutinio xeral (votos) Antonio Machado

Fernando Pessoa

Jaime Gil de Biedma

Eliseo Alonso

Ramón Cabanillas

María Mariño

Pedro Salinas

85

54

51

42

41

33

19


P á x i n a

4

N ú m e r o

4 –

V e r á n

2 0 0 7

Queres ler máis?: Fantasía CLARKE, SUSANNE – Jonathan Strange y el señor Norrell. Ed. Quinteto, 2007. Espléndida novela de ficción histórica na que dos choques entre as maneiras de entender a maxia depende o destino de Europa nos tempos de Nelson e Napoleón. A partir de 16 anos. TOLKIEN, J.R.R. – Egidio, el granjero de Ham. Ed. Minotauro, 2001. Tres contos do mestre inglés da fantasía nos que a capacidade épica e lírica non recae nos grandes heroes e poetas, senon na xente común afincada na terra, corazóns hobbits no corpo humano. A partir de 12 anos. Ciencia Ficción CARD, ORSON SCOTT – La voz de los muertos. Ediciones B, 2004. Segundo volume da saga de Ender (aínda que cada libro pode lerse por separado), esta obra presentanos un mundo alieníxena cun ecosistema determinado por un microorganismo, a descolada, letal para a maior parte das especies. Unha das que sobreviviu é autoconsciente. Ciencia e dilemas morais nun escritor que manexa con soltura ambos rexistros. A partir de 16 anos. CARD, ORSON SCOTT – El juego de Ender. Zeta bolsillo, 2006. Primeiro volume da saga. Nenos superdotados adestrados nunha estación de batalla para liderar os exércitos terrestres contra a ameaza insectora. A partir de 12 anos. Humor TOOLE, JOHN KENNEDY – La conjura de los necios. Quinteto 2005. Os necios non poden soportar o xurdimento dun xenio como Ignatius Railly, personaxe excéntrico, que nos ofrece unha visión entre piadosa e sarcástica, crúa e tenra, da sociedade contemporánea. Como a anterior, divertidísima. A partir de 16 anos. WAUGH, EVELYN - ¡Noticia bomba!. Anagrama 1997. Humor inglés quimicamente puro. Das andanzas de un naturalista inglés enviado por erro como reporteiro de guerra ás guerras africanas de principios do século XX. Divertidísima. A partir de 14 anos. Novela negra – Novela de detectives CONAN DOYLE, ARTHUR – O can dos Baskerville. Galaxia 2002. Intriga, terror e lóxica nunha das mellores novelas protagonizadas por Sherlock Holmes e Watson. A partir de 12 anos. ELLROY, JAMES – L.A. Confidential. Ediciones B 2004. Os que teñan gozado da película saberán apreciar o estilo directo, vertixinoso e descarnado co que Ellroy (quizáis o mellor escritor actual de novela negra) nos acerca á violencia dos submundos sobre os que se erixe a felicidade da cidade de Los Angeles. Os que non teñan visto a película, tamén. A partir de 16 anos. DAPHNE DU MAURIER -Rebeca. Debolsillo, 2006. Mezcla o intimista, o drama psicolóxico, a acción e a intriga a partes iguais xunto cunha grande beleza literaria. Cuentos de terror y misterio. Siruela 2005. Ciencia HARDY, La historia de un matemático. WATSON, La doble hélice. Clásicos A. DUMAS –Leyendas del Cáucaso y de la estepa. Siruela. Sobre os pobos caucásicos no tempo dos zares. DURRELL, Mi familia y otros animales. Alianza 2006. Teatro MIHURA, Miguel, Melocotón en almíbar. Austral. MUÑOZ SECA, Pedro, La venganza de don Mendo. Edelvives. SHAKESPEARE, William, Romeo e Xulieta. O rei Lear. Galaxia. Outros DAI SIJIE, Balzac y la costurerita china. CÉSAR MALLORQUÍN, El viajero perdido. S.M. SÁNCHEZ COQUILLAT, Mª Marcela, Un castillo en el camino. Juventud. HERMANN SCHULZ –Río abajo. Edelvives 2005. Aproximación a África. JORDI SIERRA I FABRA, Fuera de juego. S.M.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.