Vaca Pinta 32. Edición en galego

Page 30

A PÉ DE PISTA

Fotos: Africor Lugo

POXA DE GANDO FRISÓN. SARRIA (LUGO)

Rego Banana 6092 Sol

Rego Banana 6092 Sol, exemplar máis valorado na poxa de Sarria Logo de dous anos sen este tipo de celebracións debido á pandemia, o último sábado de maio o mercado de animais de Sarria volveu acoller a súa tradicional poxa de gando frisón, organizada por Africor Lugo.

A

última edición de compra-venda de gando frisón de Sarria, organizada o sábado 28 de maio por Africor Lugo, o Concello da localidade e a cooperativa Aira, en colaboración con Medio Rural e Xenética Fontao, estivo moi concorrida e xerou grande expectación entre os asistentes.

Deuse saída aos 14 animais sacados a poxa

30 | Vaca Pinta n.º 32 | 06.2022

Sacáronse a poxa un total de catorce animais. “A situación do mercado de vacas e as esixentes condicións destas vendas limitaron a oferta”, puntualizaron dende a organización a este respecto. Nunha xornada na que se deu saída a todos os exemplares que se mostraron na pista, o animal máis valo-

rado foi Rego Banana 6092 Sol, unha vaca de primeiro parto parida en marzo e filla do touro de Xenética Fontao Banana, a cal foi vendida por Casa Rego (O Incio) á gandería Xesteira (Zas) por 3.350 euros. Os outros dous animais que acadaron o prezo máis alto foron Rego Bi Battle Baviere 1076, da gandería Casa do Rego (Láncara), e Marey Lautrust 5327 Remedios, de Marey Castro (Pol). Catro dos animais vendéronse a explotacións da Coruña e o resto, a ganderías da comarca de Sarria.

Alta asistencia de público no evento

O volume total de negocio do evento foi de 34.050 euros, cunha media de 2.432 euros por animal. En canto a este dato, Africor Lugo sinalou que era “o esperable, xa que o encarecemento dos insumos debe redundar nun incremento do valor dos animais; pola contra, a súa produción non sería rendible”. Así mesmo, os organizadores valoraron o feito de que, malia estar en plena campaña de ensilado e sementeira do millo, foron moitos os gandeiros que non faltaron á cita en busca de novos exemplares para as súas granxas. “Os animais sacados a poxa proceden de ganderías da provincia de Lugo, con xenealoxía contrastada, unhas condicións sanitarias controladas e a información máis completa, recollida mes a mes polos nosos controladores”, destacaron, á vez que incidiron en que “tales condicións fan que, sen ningunha dúbida, estas poxas sexan un escenario único para adquirir exemplares”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.