O uso das TIC para a integración laboral das persoascon discapacidade na empresa galega.
Os obxectivos desta investigación, realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar Social e dun panel de expertos integrado polos principais colectivos de persoas con discapacidade e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, son identificar os principais problemas e dificultades que atopan as persoas con discapacidade no acceso á sociedade da información, como medio de integración laboral, para mellorar a súa calidade de vida e o seu desenvolvemento persoal, profesional e social
