your_way-glg

Page 68

Ideas para as túas compras O número de obxectos artesanais típicos é moi variado: dende botafumeiros, a xoias de prata e acibeche -a pedra máxica da cidade-, reproducións da Cruz de Santiago, cunchas de vieira xacobea, candeas, imaxinaría e obxectos para o culto, cerámica popular, louza decorativa da marca Sargadelos, amuletos celtas, 'meigas', figas contra os maleficios e gaitas, o instrumento musical galego por excelencia. E moda galega, porque Galiza é un dos centros creadores da costura europea, que exporta a todo o mundo. Marcas como Zara (e todas as do grupo Inditex), Roberto Verino, Adolfo Domínguez, Florentino, Purificación García e Antonio Pernas teñen tendas por todo Santiago. Pero a tradición téxtil non vén de agora: os finos encaixes de palillos e os tecidos de liño séguense elaborando igual que no pasado. Para pequenas compras, en pleno casco histórico, na Rúa Nova, hai un mercadillo ao aire libre que abre todos os días do ano de 10.00 a 20.30 h. É o mercadillo 'hippie', onde hai dende bixutería e complementos ata obxectos artesáns de coiro.

Sabor para levar A merecida fama da gastronomía de Santiago e de toda Galiza fai que as compras gastronómicas sexan inescusábeis. Augardentes e viños veñen xa presentados en caixas para agasallar. Embutidos e queixos son tamén moi boas opcións. En lata se poden mercar os famosos grelos, os moluscos das Rías e ata algas galegas en conserva. As tortas de Santiago son moi populares, como as 'Pedras de Santiago' -améndoas cubertas de chocolate-, os 'Caprichos de Santiago', de améndoa e merengue, e as pastillas de chocolate para consumir bebido. Ademais están o mel galego, os mirabeles e as castañas confitadas. Capítulo á parte merecen os doces e pastas monacais, elaborados polas monxas de clausura de Santiago e dispoñíbeis nos propios tornos conventuais.

Máis info en www.SantiagoTurismo.com 068

yourway


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.