your_way-glg

Page 45

Galerías de arte

Trinta Virxe da Cerca, 24 [cidade histórica] Lu.-ven.: 12.30-14.30, 17.30-21 h. Sáb.: solicitar cita.

Non só para amantes da arte: razóns para visitar as galerías de Santiago

museos, exposicións e galerías de arte

Ademais da oportunidade de entrar en contacto co mundo da arte, as galerías de Santiago teñen un atractivo adicional: moitas delas están situadas en edificios históricos, e iso supón unha ocasión única para coñecer interesantes espazos interiores. Pero aquí tes outras 8 razóns para visitalas: 1. A entrada é completamente gratis. 2. En Santiago, incluso a galería máis grande é pequena, e iso fainas moi «manexábeis», visitábeis en media hora. 3. É moi habitual que expoñan artistas locais cun forte sentido do lugar, o que permite descubrir novos matices ou refrescantes perspectivas de Santiago, de Galiza... 4. Viño e queixo ou outros aperitivos e unha oportunidade para relacionarse co artista nas inauguracións.

José Lorenzo II Praza do Toural, 9 [cidade histórica] Lu.-sáb.: 11.30-14, 17.30-21. Dom.: 11.30-14 h.

C5 Colección Travesa de Universidade, 1[cidade histórica] Lu.-sáb.: 11.30-13.30, 17-21 h.

5. Non hai presión ningunha para mercar: os galeristas están totalmente acostumados á xente que mira pero non compra. 6. Os galeristas saben moito de arte e dos artistas expostos, e están dispoñíbeis para responder as túas preguntas. Falando con eles podes aprender moito de arte e do negocio da arte. 7. Moitas galerías ofrecen unha ampla variedade de prezos, para todos os presupostos, e algunhas tamén dispoñen de libros, catálogos, etc. que sempre son boas opcións. 8. Hai variedade de galerías, con contidos para todos os gustos.

Sargadelos Rúa Nova, 16 [cidade histórica] Lu.-sáb.: 10.30-13.45, 16.30-20.30 h.

José Lorenzo I Travesa do Franco, 3 -1º [cidade histórica] Lu.-sáb.: 11.30-14, 17.30-21. Dom.: 11.30-14 h.

yourway

045


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.