Programa Cineuropa 2010

Page 68

ROSTROS DE ARENA 2. RAYITO [ FICHA TÉCNICA Guión, dirección e montaxe Lois Patiño

DATOS TÉCNICOS Duración 75 min Ano de produción 2008 Xénero Documental SINOPSE Rayito traballa de mimo nas rúas de Madrid desde hai 16 anos. O seu traballo consiste en ficar parado e mudo durante dez horas ao día. A primeira vez que o vin era aínda un neno e asustábame o seu aspecto de pallaso triste. Mais a medida que fun medrando, ese medo transformouse en curiosidade.

O sorprendente de Rayito é que o seu traxe e a maquillaxe de pallaso non son o seu disfrace. Rayito fai a súa vida cotiá con ese aspecto. Vivimos no mesmo barrio e véxoo mercando no supermercado, visitando o médico, ou bebendo cervexas no bar, sempre coa cara pintada e o seu traxe multicolor. Esa imaxe sorprendente fixo que o seu verdadeiro rostro se transformase para min nun enigma. Empecei a rodar querendo saber que o levara a decidir vivir desa maneira e en que medida a súa identidade ficara transformada ao vivir sempre na pel dun pallaso.

ROSTROS DE ARENA 3. ZUMA, EMBAJADOR DEL SOL [ FICHA TÉCNICA Guión, dirección e montaxe Lois Patiño

DATOS TÉCNICOS Duración 18 min Ano de produción 2008/2009 Xénero Documental SINOPSE Zuma camiñaba ensimesmado polas rúas de Barcelona a primeira vez que o vin. Intereseime polo que facía e contoume que estaba meditando. Era un monxe budista sen templo, que camiñaba guiado polo Sol. Díxome que era o embaixador do Sol.

68

Propúxenlle facer unha película xuntos e Zuma decidiu que debiamos facer algo grande. Tiñamos que contar a vida de Zuma e o seu proxecto para o novo mundo: “The big red machine”. Deume un mapa de Barcelona cunha ruta sinalada. Eran as orientacións do Sol. Seguíndoas podería atopalo. Tardei tres semanas en dar con el de novo. Empezamos entre os dous unha película sobre Zuma.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.