Programa Cineuropa 2010

Page 5

V

A chegada do mes de novembro representa tamén a cita anual con Cineuropa, un festival que todos os cinéfilos agardamos con ansiedade. En total, poderemos ver máis de 130 películas que son ampla unha escolma do mellor cine actual. Cineuropa ofrécenos, fiel ao seu espírito co cinema comprometido, unha mostra selecta de filmes que dificilmente poderíamos ver nas salas comerciais, como os últimos de Godard ou de Manoel de Oliveira. Nesta XXIV edición os premios Cineuropa son máis nosos Socorro García Conde Tenenta de Alcalde do Concello que nunca. A actriz Pilar López de Ayala recolle este ano de Santiago. Concelleira de un galardón co que contan xa realizadores que coñece Cultura e Centros Socioculturais ben e cos que ten traballado como José Luis Guerín, Manoel de Oliveira ou Vicente Aranda. Pola súa banda, o director galego Oliver Laxe xa tivo un protagonismo feliz o ano pasado en Cineuropa co que entón se chamaba “Luz branca”, mostra do que máis tarde se convertería na súa primeira longametraxe, “Todos vós sodes capitáns”, que recibiu en Cannes o premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores. Porque Cineuropa busca ser escaparate tamén da produción cinematográfica que se está a facer no noso país. Así, sección “En Galicia” tráenos este ano 26 títulos propios cun denominador común: o seu sentido do risco. Risco que penso que percorre, de modo transversal toda a programación: os ciclos xa clásicos, o tronco que conforma o cine europeo, o compromiso cos documentais, a maratón de cine ou os encontros co público. Cineuropa espera por nós como nós esperamos por el. Gozádeo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.