SantiagoGrandeGAL

Page 73

Especial peregrinos Santiago de Compostela xa recibía no século XII entre douscentos mil e cincocentos mil camiñantes anuais de toda Europa, que acreditan a súa longa experiencia na acollida dos peregrinos. Aloxamentos especiais ... 74 Servizos relixiosos ... 75 Actividades para peregrinos ... 76

Destino dunha ruta milenaria A partir do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago no s. IX os milagres e aparicións sucedéronse e proliferaron as lendas. Guiados pola Vía Láctea, o itinerario marcado no ceo, milleiros de peregrinos comezaron a chegar a Compostela dende afastados países de Europa. E así se foi trazando a rede de calzadas que formou o Camiño de Santiago, a cuxa beira se construíron igrexas e mosteiros, refuxios, albergues e hospitais, e creceron cidades e mercados. Cos séculos Compostela converteuse en encrucillada da Cristiandade medieval. Pola súa importancia na historia do continente, o Camiño de Santiago foi declarado polo Consello de Europa ‘Primeiro Itinerario Cultural Europeo’ e ‘Patrimonio da Humanidade’ pola UNESCO. Hoxe coma onte, segue atraendo pola súa inxente riqueza. Ruta de espiritualidade, camiño de fe, de encontro e de hospitalidade, proba de superación persoal ou ruta artística e cultural, cada un atopa nel o que busca, e aínda máis. E ao chegar a Santiago, aos peregrinos agárdalles o ‘xúbilo’ e o merecido descanso. Os Camiños Europeos a Santiago

¿Que é un Ano Santo? No século XII o Papado concedeu o Xubileu Pleno do Ano Santo, o que converteu a Santiago na Terceira Cidade Santa, despois de Xerusalén e Roma. Dende entón, cada ano no que o día do Apóstolo, 25 de xullo, coincide en domingo, milleiros de crentes peregrinan para conseguir o xubileu, a indulxencia plenaria; é dicir, o perdón de todos os seus pecados. 119 Anos Santos pasaron xa: o último en 2010, o seguinte será en 2021. Guía Profesional de Turismo

73

especial peregrinos

Santiago é


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.