Guía gastronómica de Santiago de Compostela

Page 73

polo barrio de San Lázaro, que nos últimos anos se está a converter nun referente da arquitectura contemporánea de Santiago, co Palacio de Congresos e Exposicións e un amplo conxunto de modernos edificios que albergan oficinas da Xunta de Galicia. Coas novas edificacións chegou ao barrio un importante número de funcionarios e traballadores que causaron o florecemento dun bo número de establecementos hostaleiros que se pola mañá e no medio día ofrecen un servizo fundamental para os traballadores da zona, nas noites seguen ofrecendo as súas especialidades a todos os composteláns. Nunha mesma rúa atopará o viaxeiro catro establecementos que responden a diversas tipoloxías de locais especializados en tapas e racións, dende os máis modernos ata outros de corte clásico. E nas inmediacións, ao pé dunha tranquila praza, daremos co quinto local de tapas da zona. Entrando en Compostela polo Camiño Francés, o primeiro dos locais de tapas e racións que atoparemos é a Bodeguilla de San Lázaro, que segue o mesmo esquema que a súa homónima de San Roque, que foi a primeira viñoteca de Compostela cando aínda faltaba tempo para que ese tipo de locais se converteran en habituais. Unha boa adega e tapas de cociña, de pago, inda que sempre nos ofrecerán algún petisco para acompañar a nosa consumición. Sen cambiar de beirarrúa e poucos metros máis adiante abre as súas portas a Dehesa de Santa María, un local atípico por ofrecer produtos derivados do porco ibérico que non son propios de Compostela, inda que hoxe se atopen xa en calquera lugar de España. O establecemento forma parte dunha franquía de orixe estremeña, e de

aí ven a súa especialización, que chegan incluso a ofrecer na súa carta viños estremeños, seguramente os únicos que se poidan atopar na cidade. Continúa o camiñante cara ao centro da cidade e con poucos pasos chega ao Caminante, un pequeno bar de deseño moderno no que non sempre vai ser fácil atopar libre unha das poucas mesas de que dispón, xa que polas mañás son moitos os funcionarios que se dan cita alí na hora do almorzo. O mesmo que os restaurantes contan co menú ou prato da casa, o Caminante conta coa súa “tapa da casa”, perfectamente explicada e valorada (en euros) na súa carta. Teremos que cruzar a rúa e camiñar un pequeno treito ao longo da rúa da Muíña para chegar a unha pequena e tranquila, por apartada, praza do barrio do mesmo nome na que se empraza a Adega da Muíña, un modesto local que ofrece unha pequena carta de viños con denominación de orixe e unhas enormes tapas de cociña para acompañar a consumición, iso si, sen incrementar o prezo da mesma. Máis de un pensará que lle están poñendo unha ración, poñamos por caso de fideos con mexillóns, cando se trata dunha simple tapa de cortesía. Regresamos á rúa de San Lázaro e rematamos a nosa ruta de tapas por este barrio no Mesón de Lázaro, que de novo nos ofrece unha pequena carta de viños e a súa selección de tapas e racións de cociña de pago, sen faltar nunca unha tapa de cortesía para acompañar a nosa consumición. Rematada esta ruta, segue o camiñante cara o centro da cidade, onde o agardan novas emocións.

061 063 065 067 069 071 073 075 077 079 083 085 087 089 091 093 095 097 099 101 103 105 107 109 111 113 115 117 119 121 123 125 127 129 131 133 135 137 139 141


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.