Guía da producción audiovisual (galego)

Page 146

7. NORMATIVA AUDIOVISUAL

15/10/06

12:55

Página 145

ningunha actividade laboral. Nalgunhas ocasións, son os propios traballadores quen deciden realizar os trámites para a obtención do permiso de traballo. Do mesmo xeito que no caso anterior, deberanse pór en contacto coa sede da Subdelegación do Goberno que lles corresponda. A Seguridade Social é o sistema a través do cal o Estado Español lles garante ás persoas comprendidas no seu campo de aplicación, así como aos familiares que teñan a seu cargo, a protección adecuada fronte ás continxencias e nas situacións que contempla a lei. A súa principal normativa está recollida na Lei Xeral da Seguridade Social, texto refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño. A acción protectora da Seguridade Social comprende un conxunto de prestacións e medidas que teñen por obxecto previr, reparar ou superar os estados de necesidade derivados de certas continxencias, como poden ser a alteración ou perda de saúde, a incapacidade temporal ou permanente, a xubilación, as cargas familiares e a perda total ou parcial de traballo. Para determinar que persoas están incluídas na Seguridade Social hai que partir da distinción entre prestacións contributivas e non contributivas. Son prestacións contributivas aquelas que requiren previa cotización á Seguridade Social. As non contributivas, pola contra, non esixen cotización e fináncianse con cargo aos orzamentos do Estado. A efectos de prestacións contributivas, están incluídos no sistema de Seguridade Social todos os españois así como os estranxeiros que residan ou se encontren legalmente en España, calquera que sexa o seu sexo, estado civil e profesión, que residan e exerzan normalmente a súa actividade en territorio nacional e se atopen comprendidos nalgún dos apartados seguintes: -traballadores por conta allea ou asimilados a eles -traballadores por conta propia ou autónomos maiores de dezaoito anos -socios traballadores de cooperativas de traballo asociado -estudantes -funcionarios públicos, civís e militares A efectos de prestacións non contributivas estarán comprendidos no sistema da Seguridade Social todos os españois residentes en territorio nacional, así como os hispanoamericanos, portugueses, brasileiros, andorranos e filipinos que residan no territorio español. A situación do resto de nacionais depende do que dispoñan os tratados, convenios ou instrumentos ratificados. España firmou tratados bilaterais sobre Seguridade Social cos seguintes países: Andorra, Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Chile, Dinamarca, Ecuador, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Irlanda, Italia, Luxemburgo, México, Marrocos, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suecia, Suíza, Uruguai e Venezuela. No réxime xeral estarán incluídas as persoas maiores de dezaseis anos e estranxeiros que residan ou se encontren actualmente en España, calquera que sexa o seu sexo, estado civil e profesión, sempre que concorra neles a condición de traballadores por conta allea, nas distintas ramas da actividade económica, incluídos os que sexan a domicilio e comprendidos os eventuais de temporada ou fixos, incluso de traballo descontinuo, sexa cal sexa a categoría profesional e a forma e a contía da remuneración que perciba. A especial natureza dalgunhas actividades profesionais determinou que xunto ao Réxime Xeral existan unha serie de réximes especiais: agrario, de traballadores do mar, de empregados do fogar, da minería do carbón e dos autónomos. Neste último quedan comprendidos todos os traballadores autónomos que sexan españois residentes en España ou estranxeiros que residan ou se atopen legalmente en España, maiores de dezaoito anos, que exerzan a súa actividade en territorio nacional. A estes efectos enténdese por traballador autónomo aquel que de forma habitual, persoal e directa realiza unha actividade económica a título lucrativo, sen estar suxeito por isto a un contrato de traballo e aínda que empregue o servizo remunerado doutras persoas. A xestión do Sistema de Seguridade Social español atribúese, entre outros, a tres entes públicos con personalidade xurídica propia, adscritos ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a través da

145

7. Normativa audiovisual


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.