Guía de Compras de Santiago de Compostela/Shopping Guide to Santiago de Compostela

Page 65

Máis abaixo, na rúa de San Pedro, a galería de arte

Petronio vende toda clase de materiais de belas artes e marcos para cadros. Neste espazo, a medio camiño entre tenda de manualidades e galería de arte, tamén se realizan obradoiros de pintura e se expoñen obras de diferentes autores. A gastronomía galega é tamén arte, como demostran os produtos gourmet de orixe galega que comercializa A Colleita: amendoados, empanada de millo de Noia, queixos, etc. Cómpre tamén fixarse en Isla Malabar, a primeira tenda de Galicia especializada en artigos de xogos malabares, que conta coas principais marcas europeas, e con pezas para pequenos e grandes, para principiantes e para profesionais. Tamén vende xoguetes para nenas e nenos de 2 a 90 anos, para brincar sos ou en grupo. Xoguetes que estimulan o corpo e a mente. Para imaxinar, crear e, sobre todo, divertirse.

Como Pez en el Agua é unha tenda–obradoiro onde se realizan e venden pezas artesanais en prata, esmalte e outros materiais. Cada peza é única e está deseñada e realizada pola dona do estabelecemento, que realiza ademais pezas por encargo en diversos materiais. No mes de xuño, coincidindo coas festas de San Pedro (28 de xuño), a rúa córtase ao tráfico para que case un centenar de artesáns de toda Galicia amosen as súas producións. A eles súmanse os comerciantes da zona, que sacan tamén postos á rúa, e os bares, que hai ben deles, aproveitan o espazo gañado aos coches para despregar improvisadas e concorridas terrazas. Esta, xunto con outras feiras estacionais e outras actividades culturais que organizan periodicamente os veciños, fan de San Pedro o máximo expoñente dun barrio vivo e alegre, moi dinámico e 100% compostelán, que merece a pena coñecer. Recomendado: Visitar o museo de arte contemporánea (CGAC), o Museo do Pobo Galego e a igrexa gótica de San Domingos de Bonaval. Para descansar, o parque de Bonaval, único polo seu deseño e configuración e máis polas súas vistas, e o parque de Belvís, situado nun val moi abrigado e con zona de xogos infantís. O barrio dispón ademais dunha abafante oferta de restauración na que degustar a gastronomía galega de sempre. 24


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.