Guía de Compras de Santiago de Compostela/Shopping Guide to Santiago de Compostela

Page 51

espazos cálidos e cómodos utilizando móbeis, téxtiles e papeis pintados. Case ao lado está Andrómenas, con todo tipo de artigos, decorativos e de uso doméstico, desenfadados, modernos e alegres. E uns pasos máis abaixo, Pórtico Básico, coas súas vaixelas, adornos e roupa de fogar a prezos moi competitivos. Na rúa República de El Salvador atópase La Provenza, outra tenda de decoración que comercializa móbeis de Becara e telas e papeis pintados de Gastón y Daniela. República de El Salvador vende moita moda. A decoración minimalista de Goga serve de escaparate a vaqueiros da marca Citizens of Humanity e a bolsos de Erva. Doutro estilo, máis sofisticado, é Élite, con modelos femininos de corte impecábel. E para vestir os máis pequenos da casa a referencia é Mamá Pata.

A moda (home e muller) de AD Adolfo Domínguez, a roupa de muller de Charol, e as cadeas xuvenís Vidrio e Pimkie completan a oferta téxtil de República de El Salvador. Nesta rúa tamén se sitúa a perfumaría Sephora. Son moitos os que se interesan polos produtos de beleza desta marca: toalliñas limpadoras, brochas e pinceis de maquillaxe, xabróns de cores, sales de baño, etc. Unha intensa xornada de compras é perfectamente compatíbel cun tratamento de beleza. Cebado marca tendencia en cortes de pelo e tratamentos capilares. En República de El Salvador tamén está La Femme, un estabelecemento de estética cunha longa traxectoria. Os seus servizos abranguen dende unha simple depilación a un sofisticado tratamento de beleza. 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.