Guía de Compras de Santiago de Compostela/Shopping Guide to Santiago de Compostela

Page 43

De compras, por zonas Santiago é un gran centro comercial aberto cunha tradición mercantil que se remonta á Idade Media e que fixo desta cidade un dos principais centros de mercado da rexión ao longo da historia. Co crecemento da cidade, este xa de por si rico tecido comercial foi adquirindo peculiaridades en cada unha das zonas que se presentan a continuación. Porque, en contra do que acontece noutras cidades, nas que os comercios están maioritariamente concentrados nunha única zona céntrica (que comprende unha ou varias rúas claramente enfocadas ás compras) e máis nas grandes superficies comerciais das periferias, Santiago dispón de varias áreas comerciais ben delimitadas. A maiores están as grandes superficies, sexan estas modernas ou ancestrais, que contan cun epígrafe de seu en función da variedade de produtos e servizos cos que contan.

2


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.