Efren viaxa a mundos lonxanos

Page 1

Efren viaxa a mundos lonxanos

Biblioteca Escolar CEIP Saco e Arce - 2012



A última das miñas viaxes foi a un mundo moi lonxano. Sempre me preguntei que habería mais alá da nosa atmosfera e decidín alugar un cohete espacial e investigar.

Despois de moitos días de viaxe, tal vez meses, cheguei a un sistema solar de oito planetas na lonxana galaxia Papirus.


Aterrei nun dos planetas, e coñecín a un dos seres que alí habitaban. Chamábase Librix e contoume que no seu planeta, que se chama BIBLIUM, o máis importante era ler e aprender cousas de outros lugares e outros mundos.

Cando lle dixen que eu viña da Terra, comentoume que era un dos planetas que tiña estudiado na escola, e tamén un dos que mais lle interesaban.


Librix non era coma min. Tiña tres ollos móbiles e moi vivos que lle permitían ler de maneira diferente unha novela, un libro informativo, un diccionario, un DVD ou a pantalla do ordenador. O seu tono de voz cambiaba cando pasaba dun conto a un poema, dunha narración a unha obra de teatro, da banda deseñada as noticias que conta o xornal de cada día… Tamén posuía catro longos brazos. ¿Para que lle servían? A resposta é simple: necesita tres para poder abarcar os distintos soportes nos que pode aparecer a información (documentos impresos en papel, documentos en soporte magnético como as cintas de audio e vídeo, e documentos en soporte dixital como os DVD, CDrom e arquivos de ordenador).


O cuarto brazo servíalle para poder deixar rexistro escrito de todo o que tiña visto ou vivido, xa que a lectura non podería existir sen a escritura.

Librix era un ser moi especial. Polo día era vital, traballadora e moi práctica.

Sempre me acompañaba nas miñas viaxes ao longo e ancho do pequeno planeta BIBLIUM e axudábame nas miñas investigacións.


Gustáballe saber de todo un pouco e consultaba grosas enciclopedias con olor a papel antigo e tamén os DVD no seu ordenador portátil.

Encantáballe

facerse preguntas como por qué as cousas son así e non de outra maneira, averiguar en qué se

diferencian unhas relixións de outras e unhas culturas de outras ou interesarse polos problemas que trae vivir en sociedade. Pero a súa actividade favorita era observar a natureza e a materia para aplicar os seus coñecementos descubrindo o espazo, inventando artiluxios e máquinas e curando as persoas.

No seu tempo libre disfrutaba coa música, a arte, os deportes e toda clase de espectáculos.


Xuntos visitamos museos, bibliotecas e teatros. No seu planeta hai moitos, porque lle dan moita importancia aos actos culturais.

Ao solpor, cando se anunciaba a chegada da noite, apoderábase dos nosos ánimos unha sensación de sosego e tranquilidade. Eu, quizais polo cansazo de tantas viaxes e investigacións polo planeta e pola morriña de estar fóra da casa, non tiña nin chisca de sono. Así que … faciamos o que eu facía na nosa biblioteca:


Sentabamos nun sofá, cun libro nas mans, e deixabámonos envolver nunha atmosfera de fantasía que nos transportaba a mundos de ficción, tan ricos e suxerentes que parecían máis reais que a mesma realidade.

En ocasións (a min pásame con frecuencia )

Librix contábame que lle daban ganas de

instalarse nese universo fantástico, de formar parte del, de ser o personaxe protagonista dunha historia imaxinada e quedarse nela para sempre…


Non sei se vos dixen que Librix pode teletransportarse e viaxar no tempo e no espacio. Estivo presente na extinción dos dinosauros, coñeceu aos primeiros homes que pintaban as paredes das covas, aos grandes homes que viaxaron lonxe para descubrir novos territorios, aos piratas que surcaban os sete mares… e ata aos astronautas que descubriron a lúa. Foi testemuña da formación dos continentes, cando apenas había vida na terra e coñece como as palmas das súas catro mans as montañas, os ríos e os océanos do noso planeta azul. Nunha das nosas moitas conversacións,


comenteille que no noso planeta aos nenos non lles gusta ler tanto como en Papirus, e que eu estaba instalado na biblioteca do noso colexio para ensinarvos a divertirvos lendo e aprendendo. Díxome: - “Cando chegues a Toén, dilles aos nenos e nenas :Veño do espazo, do planeta Biblium, e

tráiovos unha mensaxe de Librix “Se

aprender, so tedes que ler”

queredes

E aquí estou de volta. Para ser coma un albanel que vos axude a construír os vosos coñecementos, coma un Indiana Jones que vos mostre camiños descoñecidos para viaxar convosco moi lonxe, so coa imaxinación, sen movervos do

Acompañádesme? Agárdovos na biblioteca!

sillón da vosa casa.


Este conto estรก baseado na bibliomascota do colexio Miralvalle de Plasencia. Grazas pola idea.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.