Número 17 Verán 2009

Page 1

QUINTELA DE LEIRADO

Número 17

Boletín de información e actualidade municipal

Verán 2009

Correo electrónico: quinteladeleirado@inorde.com

Ano Xubilar de San Pablo, en Quintela O bispo Luis Quinteiro presidíu os actos oficiais Novos proxectos de obras

Feijóo, na Mancomunidade

Xente viaxeira

As piscinas municipais, a mellora de espazos públicos, a dotación de novas infraestruturas hidráulicas e a apertura da casa comunitaria de Xacebáns son algúns dos proxectos acometidos polo concello nestes últimos meses.

Alberto Núñez Feijóo, o novo presidente da Xunta, non deixou pasar a estadía na nosa comarca para coñecer de cerca o funcionamento da Mancomunidade “Terra de Celanova”, que preside José Antonio Pérez Cortés.

A Asociación de Mulleres Rurais segue apostando por actividades de dinamización social e cultural no noso municipio. As viaxes culturais e lúdicas teñen unha gran aceptación entre tódalas asociadas e as súas familias.


Quintela de Leirado

Editorial

1979-2009: trinta anos de concellos democráticos 3 de abril de 1979. Tal día, hai xa trinta anos, producíase, en plena transición, un fito importante: celebrábanse as primeiras eleccións municipais trala reinstauración da Democracia en España. Os veciños e veciñas de Quintela vivimos de xeito especial, sobre todo con moita curiosidade e expectativas, en medio dun contexto social moi politizado, aqueles comicios. O primeiro alcalde foi José Antonio Pérez Cortés, no que os cidadáns de Quinitela de Leirado renovaron a súa confianza nas sucesivas eleccións municipais que se produciron dende entón. O noso rexedor municipal é un dos máis veteranos de toda Galicia e tamén foi obxecto do recoñecemento que lle brindaron a Deputación, a Xunta de Galicia maila Federación

Galega de Municipios e Provincias. Pero non podemos esquecernos de tódolos homes e mulleres que nese período nos representaron na Corporación, baixo as distintas siglas políticas, tentando sempre buscalo mellor para os nosos pobos e para as persoas que eiquí desenvolvemos a nosa vida. Foron 30 anos de progreso, con moitas iniciativas para dotar ó municipio de novas infraestruturas (estradas, abastecementos, redes de sumidoiros,...) e de melloralos servizos públicos de titularidade municipal. Aínda así, debemos seguir traballando para acadar novas cotas de progreso, benestar e modernidade. Unha tarefa que compete, non só ós nosos gobernantes, senón a todos e cada ún dos veciños e veciñas deste fermoso concello.

Concelleiros 1979/2009 Corporación 1979-1983

Corporación 1987-1991

Mª José Domínguez Álvarez

José Antonio Pérez Cortés David Vázquez Domínguez Ramón Vázquez Conde Gumersindo Novoa González Manuel Álvarez Álvarez Gabino Álvarez Núñez Antonio Seoane Alonso José Rivera Rodríguez

José Antonio Pérez Cortés Gumersindo Novoa González Ramón Vázquez Conde José Fernández Yáñez David Domínguez Díaz Celso Domínguez Estévez José Eugenio López García Jesús Manuel Senra Vázquez Aurelio Vázquez Martínez

Corporación 1995-1999

Corporación 1983-1987 José Antonio Pérez Cortés Ramón Vázquez Conde Gumersindo Novoa González Manuel Álvarez Álvarez José Fernández Yáñez Antonio Seoane Alonso Gabino Álvarez Núñez José Rivera Rodríguez Aurelio C. Vázquez Domínguez

Páxina 2

Corporación 1991-1995 José Antonio Pérez Cortés Juan José Lamas Álvarez Gumersindo Novoa González David Domínguez Díaz Amadeo Rodríguez Alonso Dolores Álvarez Álvarez José Montero Seoane Serafín Álvarez Cid

José Antonio Pérez Cortés Juan José Lamas Álvarez David Domínguez Díaz Amadeo Rodríguez Alonso Serafín Álvarez Cid Dolores Álvarez Álvarez Antonio Núñez Álvarez José Antonio Estévez Fernández José Rivera Rodríguez

José Ramón Cortés Pérez Juan Manuel Ortega Pardo (Alfredo Domínguez Alonso)

Corporación 2003-2007 José Antonio Pérez Cortés Juan José Lamas Álvarez José Antonio Estévez Fernández David Domínguez Díaz Amadeo Rodríguez Alonso Serafín Álvarez Díaz Manuel Rivera Rodríguez

Corporación 1999-2003

Corporación 2007-2011

José Antonio Pérez Cortés Juan José Lamas Álvarez David Domínguez Díaz José Antonio Estévez Fernández Amadeo Rodríguez Alonso Serafín Álvarez Cid Antonio Núñez Álvarez

José Antonio Pérez Cortés Pablo Pérez Pérez José Antonio Estévez Fernández Juan José Lamas Álvarez Julia Rodríguez Domínguez David Fernández Díaz Manuel Rivera Rodríguez


;

Quintela de Leirado

Atrio Traballos de cconxtrucción do novo depósito

O tanque de Atrio dispón de capacidade para atender as necesidades básicas dunha poboación superior ós 150 habitantes, cantidade que se acada, sobre todo, durante os períodos estivais.

; Depósito de Beade

En Beade, os veciños e veciñas teñen garantido un bo servizo, tanto pola capacidade do depósito, como pola calidade da auga da serra.

Reforma das redes hidráulicas A mellora do abastecemento, con novas captacións e depósitos, cubrirá as necesidades de varios núcleos de poboación n Un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente mailo Concello de Quintela de Leirado puxo en marcha un novo proxecto de mellora das redes de abastecemento de Beade, Souto, Atrio, Ataínde, Outeiro, Corredoira e Reguenga, cun investimento de 101.000 euros. A finalidade é acomete-la renovación das redes de distribución de auga, á vez que se reforza e mellora o abastecemento para atendelas demandas da poboación, sobre todo, na época estival. As principais actuacións levadas a cabo foron a construcción de senllos depósitos en Beade e Atrio, con captacións a gran profundida nas zonas altas dos respectivos núcleos. Ambos teñen capacidade suficiente para cubrir o servizo aínda nos períodos máis desfaborables do verán e do outono. En Souto de Redemuíños tamén está en trámite a construcción dun tanque. Os outros traballos incluídos neste proxecto foron os da ampliación da rede de abastecemento en Ataínde, nun tramo aproximado de 600 metros, a mellora das canalizacións en Outeiro, Corredoira e Regueiro, e a recuperación da levada de Porta Liñares, en Leirado.

Solucións As secas prolongadas que se viviron nestes últimos anos afectaron ó abastecemento nalgúns núcleos do concello. Fontes que nunca antes secaran, quedaron sen auga, e os depósitos tamén se viron afectados pola baixada de nivel na capa freática. Para evitar problemas no futuro, o Concello de Quintela de Leirado traballa en novos proxectos que pasan por renova-las redes de subministración e optimiza-lo servizo.

n As últimas obras promovidas polo noso Concello enmárcanse no proxecto de dotar a tódolos núcleos de poboación de modernas redes de abastecemento, con novas conduccións e tanques de auga. En anos anteriores, en colaboración con outras Administracións públicas, xa se realizaron traballos de adecuación das redes hidráulicas en diferentes zonas: depósitos de Redemuíños e Mourisca, canalizacións en Cimadevila de Redemuíños, etc.

Levada de Porta Liñares

Páxina 3


Quintela de Leirado

Deputación Provincial e Concello investiron case 180.000 euros

As piscinas municipais, outro motivo para disfrutar do verán en Quintela de Leirado Nas últimas semanas remataron os últimos traballos para a construcción das piscinas municipais, polo que este este espacio de lecer estará xa a disposición de tódolos veciños e visitantes durante o período estival. O proxecto acometeuse en varias fases, co financiamento do propio Concello de Quintela de Leirado e da Deputación Provincial de Ourense, que aportaron, en conxunto, case que 180.000 euros . As comezaron coa urbanización dos terreos e a construcción das dúas piscinas, para nenos e adultos, cun investimento de 88.000 euros. Na última fase, que contou cun orzamento de 90.000 euros, executáronse os vestiarios, duchas, aseos

A chegada do bo tempo traerá consigo a inauguración das piscinas municipais de Quintela de Leirado, que estarán abertas durante boa parte do período estival. Á súa inauguración, que será presidida polo titular da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, o alcalde, José Antonio Pérez Cortés, e demais membros da Corporación local, están convidados tódolos veciños e veciñas do noso municipio. Esete acto terá lugar, previsiblemente, a finais do mes de xuño.

Obras na praza de Quintela

O Fondo de Inversión Local para o Emprego destinou 141.768 euros para acometer varias obras no noso municipio. A primeira é o remate da praza de Quintela, iniciada nunha fase anterior, coa mellora do pavimento e a dotación de elementos estéticos e zonas axardinadas. Este proxecto conta cun orzamento de 47.000 euros. As outras iniciativas contempladas neste programa de dinamización laboral son a ruta de sendeirismo ata o Facho e a construcción dun miradoiro, con algo máis de 46 mil euros, destinándose o resto a diversas obras na Casa Consistorial, como as reformas no salón de plenos e na biblioteca municipal. n

k

Páxina 4

e unha sala de enfermería, a instalación da depuradora de auga e a prantación do céspede e da ornamentación vexetal. Estas instalacións contribuirán a ampliar as opcións de lecer e tempo libre durante o verán, sobre todo para a xente nova, no noso municipio. O seu funcionamento estará supervisado, en todo momento, por persoal especializado. Outra obra importanten en Leirado, foi a construcción de beirarrúas no acceso ás piscinas, para garantir unha boa seguridade vial. Foi esta unha obra promovida polo Concello e incluída nos Planos Provinciais da Deputación de Ourense, cun orzamento

O Concello xestionou a restauración da fonte na entrada a Quintela, nas proximidades da área recreativa. A empresa adxudicataria encárgase do adecentamento deste elemento arquitectónico tradicional, cunha mellora estética e funcional, facilitando o acceso ó caño de auga e ó pilón. n

Fonte de Quintela


Quintela de Leirado

CASA COMUNITARIA DE XACEBÁNS Un lugar de convivencia e atención ós nosos maiores

A Casa Comunitaria de Xacebáns, xestionada polo Concello de Quintela de Leirado, xa é realidade. Despois de varios anos de trámites e obras, este edificio, donado por Ricardo Pérez e a súa dona, Inés, está en disposición de cumplir a súa finalidade: lugar de acollida para as persoas maiores que buscan unha atención pers0nalizada e mellorala súa calidade de vida, dando preferencia sempre ós veciños e veciñas do noso municipio. As primeiras usuarias son cinco mulleres, cantidade que irá aumentando paulatinamente ata completar o aforo total desta casa comunitaria. O edificio dispón de 7 habitacións (5 dobles e 2 individuais), comedor, aseos, ascensor para superar barreiras arquitectónicas e un salón comunitario, ó que poden acceder polas tardes os veciños de Xacebáns para charlar, xogar a partida ou ver a televisión. As obras de restauración afectaron á práctica totalidade do inmoble, xa que só se respetaron as paredes principais. O proxecto realizouno o Concello de Quintela de Leirado con fondos propios e unha achega do Plan Leader da Unión Europea.

O alcalde, José Antonio Pérez Cortes, acompañando ás residentes durante a comida. Na foto inferior, o amplo salón, compartido tamén polos veciños e veciñas de Xacebáns, como lugar de reunión ou de lecer, para xogar ás cartas, etc.

Páxina 5


Quintela de Leirado

Organizáronse actividades no colexio e con diversos colectivos, a través da Mancomunidade

Quintela de Leirado é un concello moi saudable

Os rapaces recibiron clases e nocións de hixiene bucodental, nutrición e hábitos saudabes Quintela de Leirado e os outros municipios da Mancomunidade Terra de Celanova (Pontedeva, A Merca, Verea, Ramirás, Gomesende, Cartelle e Celanova) participan no programa “Concello saudable”, promovido pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Varios especialistas desenvolven actividades específicas entre a xuventude e a poboación adulta, incidindo na necesidade dunha boa alimentación, no exercicio físico e na promoción dunha vida sen tabaco, alcol ou drogas. No colexio público organizáronse charlas, obradoiros e actividades relacionadas coa prevención do tabaquismo e das drogodependencias. Esta unidade de traballo

Páxina 6

O presidente da Mancomunidade “Terra de Celanova”, José Antonio Pérez Cortés, presentou o proxecto xunto ós alcaldes é ó delegado da Consellería de Sanidade en Ourense. O programa “Concello saudable” pretende axudar a tódolos sectores da poboación a establecer pautas que melloren a súa calidade de vida. Nos últimos meses son moitas as actividades desenvolvidas no noso municipio.

do programa “Concello saudable” trata de concienciar tamén das avantaxes da alimentación e do exercicio físico entre os escolares e as asociacións de veciños, de amas de casa, xuvenís e culturais. Tamén se celebran actividades de ximnasia na casa comunitaria de Xacebáns e de aerobic na Sala de Cultura. Outros apartados inciden na avaliación da condición física dos veciños que acuden ó médico, prescribíndolles dieta ou exercicio, segundo as necesidades. Unha liña máis de concienciación dos hábitos saudables foi a sinalización das zonas sen fume, como a Casa do Concello, o Centro de Saúde, a aula de cultura, o


Quintela de Leirado

A poboación de máis idade precisa dunha atención especializada Quintela de Leirado conta a día de hoxe cunha poboación próxima ás 700 persoas, das que o 55% son mulleres. Desta cantidade, hai uns 350 veciños ou veciñas que superan os 65 anos, o que supón, na práctica, case a metade do total. Asemade, unha porcentaxe alta deste colectivo de persoas maiores vive soa ou carece de familia, ou non contan con apoio dos familiares directos por cuestións de traballo ou residencia. Por este motivo, o Concello de Quintela de Leirado puxo en marcha dende hai varios anos , a través da Mancomunidade, algúns programas específicos dirixidos a este sector da poboación cada vez maior, como a teleasistencia, a axuda no fogar, ou a Lei da Dependencia, dentro do Consorcio Galego de Servizos Sociais. A finalidade destas actuacións é favorecer a permanencia das persoas dependentes no seu fogar o máximo tempo posible, tentando sempre manter ou mellorala súa calidade de vida. A través do departamento de Servizos Sociais de Atención Primaria, facilítase todo tipo de información e asesoramento sobre estas cuestións, e outras moitas como a emerxencia social, apoio a familias e todo tipo de colectivos desfavorecidos, tramitacións de pensións e axudas específicas, etc. Agora, a nova Lei da Dependencia abre novas posibilidades de atención as persoas maiores a cargo dos propios familiares. Esta Lei precisa, non obstante, de maiores recursos para acadar a plena implantación.

Servizos Sociais: sempre solidarios

O Concello desenvolve programas específicos de atención ós nosos maiores A construcción da Casa Comunitaria de Xacebáns contribúe a mellorala atención ós nosos maiores. É un avance importante para que os nosos veciños e veciñas de máis idade continúen vivindo preto dos seus fogares e dos seus

veciños. Pero, asemade, o Concello desenvolve dende hai tempo outros programas destinados a mellorala calidade de vida da xente maior de Quinitela de Leirado, e apoiando a tódolos colectivos sociais.

José Antonio Pérez Cortés, alcalde:

“O noso compromiso é facilitar axuda a todas as persoas que o demandan ou necesitan” Servizos Sociais de Atención Primaria de Quintela de L. Atención ó público:

mércores e venres laborables, de 9:00 a 14:30

Pregunta: ¿Que supón para o Concello a Casa Comunitaria de Xacebáns? José Antonio: É un logro importante, xa que permite que os veciños e veciñas teñan un lugar próximo para residir, no caso de que as súas familias non se fagan cargo. Ademais, as instalacións son modernas e funcionais. P: ¿Que outras prestacións realiza o Concello de Quinitela de Leirado para apoiar a esas familias e persoas con necesidades de carácter social? José Antonio: Temos a Axuda a Domicilio, dirixida a aqueles veciños e veciños de Quintela de Leirado que, por razóns de idade, de discapacidade total ou parcial, ou as que aprecien os servizos sociais, non poidan atendelas necesidades cotiás para o disfrute dunha boa calidade de vida. Os beneficiarios reciben asistencia de carácter doméstica e atención persoal, podendo realizar outro tipo de atencións, como son as psicosociais e as educativas, ou as de carácter técnico e complementario. A Mancomunidade tamén puxo en marcha o programa de “comida sobre rodas”, para aquelas persoas que non lles apete ou teñen dificultades para cociñar na súas casas. P: ¿Que utilidade ten a teleasistencia domiciliaria? José Antonio: Moita, e de feito hoxe non supón gasto para o usuario, xa que a parte que este tería que pagar está subvencionada polo Concello. Esté é un dos recursos no que insistimos moito dende o departamento de Servizos Sociais, para fomentalo e lograr aumentalo número de beneficiarios. P: ¿Haberá máis novidades nos Servizos Sociais que desenvolve a Mancomunidade en Quintela de Leirado? José Antonio: Sempre estamos traballando para mellorar. Eso implica que tamén estamos abertos a calquera outro programa que axude a potenciala atención ós nosos maiores. Existen varias liñas de traballo que se irán concretando ao longo do ano 2009, e dos que lles iremos informando, ben direc-

Páxina 7


Quintela de Leirado

As eleccións autonómicas de 2009 rexistraron en Quintela de Leirado un dos maiores índices de participación nos últimos trinta anos. Dende primeiras horas da mañá, a mesa electoral instalada na Casa do Concello reicbíu un incesante ir e vir de veciños e veciñas, acentuado a partir do mediodía. Non houbo sorpresas o día 1 de marzo, e os veciños e veciñas de Quintela de Leirado deron un apoio maioritario á candidatura do Partido Popular, que tiña como cabeza de lista pola provincia de Ourense a Mª Carmen Prado, e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, ó tamén ourensán Alberto Núñez Feijóo. Se na provincia de Ourense o PP acadou o 49,02% dos votos, ese respaldo superou o 72% no noso municipio. Uns resultados agardados, tendo en conta as eleccións xerais do ano 2008, cando os "populares" acadaran o 71,5%. Nos comicios autonómicos, o PSdeG-PSOE foi a segunda forza máis votada, pero a considerable distancia, con pouco máis do 16% do apoio cidadán. O BNG, que tamén se vira superado polos socialistas nas eleccións xerais, nesta ocasión recibíu tan só 40 votos. Os deputados electos pola nosa circunscripción electoral foron: Mª Carmen Prado, Rosendo Fernández, Enrique Novoa, Cristina Romero, José Manuel Baltar, Antonio Rodríguez Miranda e Miguel Ángel Santalices, polo PP; Manuel Vázquez, Laura Seara, Pablo López Vidal e Mª Carmen Acuña, polo PSdeGPSOE; e Alfredo Suárez Canal e Tareixa Paz, polo BNG. n

Páxina 8

O Partido Popular acadou unha ampla victoria nas eleccións autonómicas

Quintela de Leirado apoiou a Núñez Feijóo para a presidencia da Xunta de Galicia Eleccións autonómicas Forza política

Votos 2009

Porcentaxe

372

72,3%

96

16,3%

40

6,8%

Número de votantes: 515 (censo: 665) Participación: 77,44% (abstención: 22,56%) Outros partidos: 1. Votos nulos/en branco: 6. O índice de participación en Quintela de Leirado foi superior a media rexistrada na provincia de Ourense (75,54%).

Unha vez coñecidos os resultados, ledicia desbordante por parte dos cargos e simpatizantes do Partido Popular, e máxima decepción entre as filas socialistas e nacionalistas, que confiaban en repetilo Goberno bipartito que presidíu Emilio Pérez Touriño entre 2005 e 2009. O alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, expresou a súa satisfacción: “Sabía que os nosos veciños e veciñas ían votar en conciencia por un Goberno forte, apostando pola maioría absoluta do PP, sabendo que é a mellor opción nestes tempos de crise”. Tamén se amosou confiado en que a nova Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijóo “será positiva para Quintela de Leirado, tendo en conta que temos proxectos en marcha e que imos atopar un apoio claro por parte da Administración autonómica”. Ese apoio ó Partido Popular volveu repetirse nas eleccións ó Parlamento Europeo do pasado 6 de xuño. Os “populares” case triplicaron o número de votos das demais forzas políticas e contribuiron á victoria da candidatura encabezada por Jaime Mayor Oreja. Os socialistas, con Juan Fernando López Aguilar, recuperaron a segunda posición, en detrimento da coalición na que ía o BNG. n


Quintela de Leirado

Núñez Feijóo anima á Mancomunidade Terra de Celanova a continuar prestando servizos de calidade ós cidadáns O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou recentemente, pouco antes da súa toma de posesión, a nosa comarca para coñecer de cerca a súa realidade e interesarse polo funcionamento dalgunhas institucións, como a Mancomunidade Terra de Celanova, que preside José Antonio Pérez Cortés. Núñez Feijóo percorreu as dependencias administrativas, o parque de bombeiros e o Centro de Discapacitados Psíquicos, que desenvolve un importante labor formativa e ocupacional para máis de vinte alumnos e alumnas. O titular do Goberno galego participou tamén no programa radiofónico deste Centro e respondeu ás preguntas que lle formularon os seus responsables. Núñez Feijóo valorou

positivamente estas iniciativas e animou á Mancomunidade a seguir prestando servizos de calidade ós cidadáns dos concellos que a integran

Os programas radiofónicas gozan de gran aceptación, pola súa orixinalidade, entre os alumnos do Centro.

O presidente da Deputación, José Luis Baltar, e da Mancomunidade, José Antonio Pérez, acompañaron a Feijóo.

O novo Plan Leader, operativo ata o ano 2013

A parroquia de Quintela, incluída na indicación Viño da Terra-Val do Miño O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 10 de febreiro a orde pola que se modifica e refunda a normativa reguladora da indicación xeográfica “Viño da Terra Val do Miño-Ourense”, que inclúe á parroquia de Quintela. Ademais da ampliación territorial cara ó sur do Ribeiro e ata os concellos limítrofes de Ourense capital, a devandita orde da Consellería de Medio Rural establece as obrigas dos viticultores e adegueiros e co sistema de control e

certificación da produción. Poden acollerse a esta indicación”Viño da Terra Val do Miño-Ourense”, os viños que sexan elaborados cun mínimo do 60% das variedades treixadura, torrontés, godello, albariño e loureira, para os brancos; e mencía, brancellao, mouratón, sousón e caíño, para os tintos. Esta certificación, que aparecerá na etiqueta, supón un aval importante para a comercialización do viño dos nosos produtores. n

O concello de Quintela de Leirado integra un novo Plan Leader, que estará operativo no período 20082013, conxuntamente cos concellos das comarcas de Celanova e Baixa Lmia. Trátase dunha iniciativa promovida pola Unión Europea e que será xestionada a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Pero da súa actuación directa vaise encargar un Grupo de Desenvolvemento Rural, no que están representados ós diferentes estamentos políticos, económicos e sociais dos concellos que o integran: de feito, “tódalas entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nas áreas territoriais definidas do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental, profesional, comunidades de montes etc”. Este plan europeo establece unha liña de axudas e subvencións para o desenvolvemento económico e laboral de zonas desfavorecidas, tendentes á modernización de empresas e ó aproveitamento e comercialización dos produtos primarios. n

³ ³

Páxina 9


Quintela de Leirado

O orzamento municipal prioriza os servizos básicos

Como en anos anteriores, o Concello de Quintela de Leirado convidou a tódolos rapaces e rapazas do noso municipio a disfrutar dunha xornada lúdica en Pazolandia, no recinto do Pazo “Paco Paz”, na capital da provincia. Todos aproveitaron para probalas distintas atraccións e participar nos talleres deste evento que organizou a Deputación Provincial de Ourense. O Concello de Quintela de Leirado encargouse de fletar un autobús e de facilitarlle-las entradas ós rapaces e acompañantes.

O orzamento municipal experimentou este ano un lixeiro recurte, aínda que tenta mantela mesma prestación dos servizos básicos e artellar solucións para acadar novas infraestruturas. Dos 738 mil euros consginados para 2009, máis do 90 por cento destínase a cubrilos bens correntes e servizos (dependencias de titularidade municipal), os gastos de persoal e os investimentos reais. Complétase a dotación orzamentaria do Concello de Quintela de Leirado con partidas simbólicas, pero necesarias por imperativo legal, para cubrilos capítulos dos gastos financeiros (2.923€), as transferencias correntes (53.000€), as transferencias de capital (10.500€) e os pasivos financeiros (1.988€).

O Concello convidou ós rapaces a Pazolandia

Os rapaces e rapazas merecen a atención do Concello durante os meses de verán. Neste período vacacional, organízanse programas de lecer e tempo libre, fomentando os xogos cooperativos e a creatividade. Algunhas das actividades teñen lugar no recinto do colexio público e, outras, nas dependencias da biblioteca, na propia Casa Consistorial.

As actividades de verán, sempre atractivas Boa aceptación das viaxes culturais A Asociación de Mulleres segue a desenvolver un importante labor dinamizadora en Quintela de Leirado. Unha das actividades que goza de maior aceptación son as excursións culturais. Se o ano pasado foron á provincia de Salamanca, este ano (13 e 14 de xuño), tocoulles a Segovia e Ávila. Por un prezo módico, as asociadas e os veciños, en xeral, poden disfrutar os días 13 e 14 de xuño dun percorrido con guía por estas dúas cidades históricas

Páxina 10


Quintela ten a honra de ser a única parroquia da provincia de Ourense na que se poden gañar a indulxencia plenaria con motivo do Ano Xubilar Paulino, ata o 29 de xuño de 2009. Serve para conmemorar ls 2.000 anos do nacemento de San Pablo.

O bispo de Ourense, monseñor Luis Quinteiro, presidíu o pasado 24 de xaneiro a inauguración oficial do Ano Xubilar, cunha procesión dende a capela do Carme, acompañado polos vicarios episcopais, autoridades, sacerdotes dos arziprestazgos de Celanova e Ramirás e numerosos veciños e veciñas, e, posteriormente, na igrexa de San Pablo, os actos litúrxicos. A singularidade desta celebración é que a igrexa de San Pablo de Quintela é a única da diócese, xunto coa catedral de Ourense, na que se poideron gañar as indulxencias. O templo parroquial reicibíu nos últimos meses a milleiros de fieis en peregrinacións parroquiais, institucionais, colexiais e particulares, que tiveron tamén a oportunidade de coñecer mellor as terras e as xentes deste fermoso concello.

Páxina 11


Unha festa espectacular Non hai dúbida. A Festa da Cachena, que organiza o Concello de Quintela de Leirado, é a gran festa gastronómica do verán en toda a comarca de Celanova. Despois de cinco edicións, o evento está plenamente consolidado e vai a máis cada ano. Na última edición, unhas mil persoas ateigaron as mesas da carpa instalada no Campo do Cura de Leirado. Houbo moitos veciños e veciñas, de tódolos pobos do noso municipio, pero, tamén, veraneantes doutros municipios próximos, que xa estiveran en edicións anteriores ou que escoitaron a sona desta festa.

A Festa da Cachena concebíuse como un lugar de encontro para tódolos veciños, aproveitando a estadía dos que residen fora e queren manter vivos o lazos de amizade e revivir momentos de gozo e felicidade doutros tempos. Unha celebración concebida polo Concello como unha xornada de diversión, con música, baile e xogos para persoas de tódalas idades. E a resposta dos nosos veciños non pode ser mellor.

Nova cita... o 29 de agosto

Pero a Festa da Cachena serven tamén para promocionar os produtos de calidade da nosa terra, como a carne e o viño, que vai acadando altos niveis de calidade. O menú é a base de empanada de cachena, carne ó caldeiro e richada,

dóces, viño da terra, café e licores. O Concello sopesa a posibilidade de ampliar a carpa na próxima edición, prevista para o 29 de agosto próximo, para dar cabida a tódalas persoas interesadas en asistir a esta festa popular.

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.