Papaventos2014

Page 1

NENOS E NENAS DO ISIDRO ESCOITAN A MANDELA.


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Iniciamos este curso 2012-13 implicando ao noso alumnado na súa alimentación. Tomamos conciencia de que para unha boa saúde , é necesaria unha alimentación san e equilibrada.

Os pasillos do cole estiveron moi animados cos trabalos dos nenos e nenas de todas as clases. Felicitámolos polo seu esforzo e aquí poñemos unha mostra da súa arte.

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

1


PAPAVENTOS

MAIO 2014

O alumnado de 2ºA foi de excursión a Lagoa de Mera, e así contáronos esa entretida experiencia.

Os patos viñeron saúdarnos.

Pasámolo moi ben xogando no campo.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

2


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Mamá pata coida dos seus parruliños

Cos prismáticos observamólas moi cerquiña. E… como non! Tamén nos choveu un pouquiño.

Nesta excursión disfrutamos e aprendimos moito

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

3


PAPAVENTOS

MAIO 2014

OS PEQUENOS DO COLEXIO PRESÉNTANSE

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

4


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

5


PAPAVENTOS

MAIO 2014

RONSEIS DE 6º “Deixar o colexio é como deixar de ser unha nena, pero aínda así, quero avanzar e seguir aprendendo.” ( Lucía Noya ) “É un paso moi grande e alégrome de facelo. O último día de colexio, estou seguro, vou chorar polos meus compañeiros-as”. ( Nicolás Rocha ) “Despídome do colexio, das profesoras que me explicaron os meus porqués. Sinto tristeza, estiven aquí dende os tres aniños. Cando sinta medo pensarei no colexio.” ( Pedro Rico ) “Dame pena deixar aos amigos, pero tamén estou feliz porque ir ao instituto significa un paso adiante.” ( Jorge Gayoso) “Sinto tristura por marchar do cole logo de tantos anos”. ( xabier Lesta )

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

6


PAPAVENTOS

MAIO 2014

“ A min dame un pouco de pena irme do colexio, pero tamén me alegro de pasar ao instituto porque teño esperanzas… Xente nova, novos amigos…Sei que vou ser feliz, non podo quedarme no cole para sempre”. ( Rosalía López ) “O colexio é un recordo inesquecible! Agora mesmo teño sentimentos contradictorios, emocións, esperanzas medos,…” (Xan Ulloa ) “Que pena ter que deixar o colexio onde ,ano tras ano, fun aprendendo .” ( David Fernández ) “ Botarei en falta as profesoras que me deron clase dende infantil ata 6º.” (Jaime Ares ) “ Será un cambio, nin mellor nin peor, só diferente.” ( Eva Freire ) “Agora, á hora da despedida, sinto nostalxia e morriña.” (Paula Castiñeiras ) “Sinto deixar os amigos-as, profesores-as que nos apoiaron en todo momento.” (Claudia Montero) “ Dame moita pena deixar o colexio, levo aquí dende os tres aniños.” (Ana Sánchez) “Quero comenzar moi leda no instituto, aínda que tamén estarei triste por deixar o colexio.” (Aroa Gutierrez) “Sinto ter que deixar o meu cole para ir ao IES.” ( Jazmín Canario) “Estou un pouco triste por deixar este colexio onde levo tantos anos estudando, pero por outra parte, estou contenta de iniciar unha nova etapa.” ( Marta García) “ Cando sexa o derradeiro día de colexio, as nenas van vir onda eu estou, van chorar e vaime dar moita mágoa.” ( Gabriela Yañez ) “ Os sentimentos soa moitos: Alegría, medo ao descoñecido,extrañeza, curiosidade…” (Sara Rivas) “Síntome triste porque deixarei aquí os meus recordos da infancia.”(Nicolás Larrea) “ Foi no colexio onde aprendín as miñas primeiras palabras en castelán. Logo fixen bos amigos-as e tiven boas profes. Cando saia deste colexio botareinos de menos.” (Henrique Alves ) “Para min esta experiencia é moi especial, deixo o colexio no que levo dende os tres anos. Botareino moito de menos.” (Aroa Lázare)

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

7


PAPAVENTOS

MAIO 2014

“Temos que disfrutar da vida e sempre nos van quedar os recordos da infancia.” (Tayná da Costa) “Botarei en falta a todos os nenos e nenas do cole e tamén aos profesores e profesoras.” (Jaime Faraldo) “Estou un pouco emocionado por chegar ao instituto.” (Dilan Enoc) “Teño ansias e medos por comezar o instituto e espero disfrutar o máximo posible os días de colexio que quedan.” ( Paulo Varela) “Síntome maior e con máis responsabilidade.” (Sofia Hauser) “ Sinto añoranza. Foi unha boa etapa e paseino moi ben. Espero que o instituto non me decepcione.” (Mateo Amado) “Ao saír do cole estou emocionado e tamén cun pouco de medo.” (Pedro Henrique) Sinto tristeza e sei que cando estea no instituto vou sentir morriña.” (Andrea García) “ Dame pena deixar o colexio dado que levamos case toda a nosa vida nel.” (Ángeles Ares) Síntome ben, feliz e maior pero tamén sei que me costará moito, xa que levo neste colexio moitísimos anos.” (Antía Barreiro) “Dame medo despedirme do colexio, son moi feliz cando aprobo un examen.” (Cristian Arnau)

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

8


PAPAVENTOS

MAIO 2014

En terceiro B somos uns nenos moi viaxeiros, e tamén a nosa mascota é unha aventureira! Non se quere perder ningunha das viaxes, e acompaña a todos os rapaces e rapazas sempre que pode. Nestas fotos podedes velos en moitos sitios: na neve, na praia, xogando en parques, visitando zoos, facendo deporte… Esta clase non para!

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

9


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

10


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Lúa e as diferenzas. Unha tigresa branca, unha golfiña rosada e unha loriña sen plumas terán unha gran aventura por terra, mar e aire. Se che gustan os animais e as aventuras, este é o teu conto. Atrévete a seguilas!

Se colles este libro, olvidarás que hoxe ninguén quixo xogar contigo. Érase unha vez unha tigresa branca que se chamaba Lúa. Era unha pequena cría de tigre, que nacera cunha fermosa capa branca de pelo, a diferenza dos seus irmáns que tiñan o pelo alaranxado. Os seus pais ao principio sorprendéronse, pero pronto, Lúa gañoulles a eles e aos seus irmáns coa súa intelixencia e a súa simpatía. Vivía nun lugar paradisíaco, nunha pequena selva cerca do Océano Pacífico, cun río que a atravesaba. Entre fieitos e palmeiras vivían felices os seus habitantes.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

11


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Un día Lúa mirouse no río e en vez de verse a ela, viu unha cara rosada de golfiño. - Aaaahhh! Pero si esa non son eu!, dixo Lúa berrando. - Non berres, eu tamén me asustei, dixo a pequena cría de golfiño rosado.

- É que nunca tiña visto un golfiño coma ti. Chámome Lúa. E ti, como te chamas? - Chámome Candy e eu tampouco tiña visto unha tigresa coma ti. - De onde ves?, preguntou Lúa. - Veño dun río moi, moi lonxano que se chama Amazonas. Perdinme porque estaba despistada e de repente a miña familia non estaba, así que púxenme a nadar e a nadar e cheguei ata aquí, perseguida por unha terrible bestia azul de grandes dentes.

- Non te preocupes Candy, eu vouche axudar, díxolle Lúa. As

dúas

amigas

seguiron río abaixo buscando o camino ao océano.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

12


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Despois dun longo percorrido, fixeron un pequeno descanso. De pronto escoitaron uns pequenos cruxidos por enriba das súas cabezas, logo escoitouse: - Aaaahhh! Chof! Socooooorro!

Lúa e Candy viron a un estrano ser na auga pedindo axuda. Candy foi velozmente a por el, agarrouno coa súa boca polas costas e lanzoullo a Lúa quen o colleu entre as súas peludas patas.

- Moitas grazas! Salváchedesme a vida, chámome Lulú. - Eu chámome Lúa, dixo a pequena tigresa. - E eu chámome Candy. - Que animais máis raros sodes! Unha

tigresa

branca

e

unha

golfiña rosada. - Pois, eu non tiña visto un paxaro tan estrano, dixo Candy.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

13


PAPAVENTOS

MAIO 2014

- E eu tampouco tiña visto nada igual, dixo Lúa. Entón os tres animais fixéronse amigos. - Podemos ir ver ao Mono Sabio, dixo Lúa. - Quen é o Mono Sabio?, preguntou Candy. - É o animal máis intelixente da selva, respondeu Lulú. As tres amigas seguiron o sendeiro ao lado do río e que as levaba a Vilapátano. Despois dun longo día, aproximáronse a

Vilaplátano.

De

pronto,

escoitáronse uns agudos berros que as asustaron. Quedaron

quietas.

Houbo

un

inquietante silenzo. Unha choiva de plátanos caeu sobre elas. - Quenes sodes vós? - Que queredes? - Fóra

de

aquí!

Non

queremos

estranos! As tres amigas miráronse entre elas. Candy e Lulú non articularon palabra. - Somos Candy, Lulú e Lúa. Vimos a ver ao Mono Sabio e non nos iremos sen velo, xa que necesitamos a súa axuda. - Eu son o Mono Sabio. Que queredes de min? - A nosa amiga Candy está perdida e necesita volver ao Amazonas cos seus pais. - Por favor, por favor quero volver coa miña familia, botoos moito de menos, dixo Candy .

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

14


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Mono Sabio quedouse pensativo mirando a pobre Candy. - Está ben, axudarémosvos. Entre todos construiron unha balsa. Antes de partir Mono Sabio díxolles: - Tomade este mapa para chegar ao Amazonas. Igual que nós vos axudamos, axudade vós a quen o necesite. Boa viaxe! As dúas amigas montáronse na balsa e comezaron a súa viaxe río abaixo. Candy acompañabaas cun sorriso na súa cara rosada. Chegaron ao océano, Lúa mirou o mapa e indicoulle o camino a Candy, quen ía diante da balsa.

Despois varios días polo enorme océano, ao lonxe Lulú viu a uns golfiños rosados brincando. Seguro que son a familia de Candy, pensou Lulú, quen se convertira nunha preciosa loriña de cores. - Candy! Berrou Lulú. Creo que estou vendo a túa familia.

Candy brincou de alegría para ver aos seus pais e aos seus irmáns.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

15


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Lúa, mentres sorría contenta na balsa.

Unha escura mancha apareceu na auga. Produciuse un silenzo. Empezou a emerxer unha inquietante aleta gris. E … de repente apareceron os afilados dentes do tiburón dirixíndose a Candy. Lúa quedou sen palabras. O tiburón achegábase a Candy. Lúa fixouse nos afiados dentes que se acercaban á súa amiga. Viu unha mancha nun dos seus dentes.

Nese momento deuse conta que o tiburón non quería facerlles dano, soamente quería axuda. Lúa acordouse das palabras do Mono Sabio:” Igual que nós vos axudamos, axudade vós a quen o necesite”. CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

16


PAPAVENTOS

MAIO 2014

- Coidado Candy! Tes a bestia detrás!, gritou Lulú. - Tranquila Candy, non quere facerche dano, necesita a nosa axuda. Candy e Lulú escoitaron as palabras de Lúa asombradas, pero entenderon o que quería dicir a pequena tigresa ao ver a mancha no dente do tiburón. - Lulú! Vai a boca da bestia e ponte enriba do dente maliño!

Lulú ao principio dudou, pero despois foi sen pensalo dúas veces. O tiburón seguiu coa súa enorme boca aberta. Candy quedou muda mirando á súa amiga voar ao perigo. Lulú, temblorosa, posouse no puntiagudo dente. - Agora picotéao, ordeou Lúa.

A pequena loriña comezou a facer o perigoso traballo. Pouco a pouco a mancha de carie foi desaparecendo. Lulú acabou o seu traballo e saiu voando das fauces do tiburón. - Moitas grazas!, dixo o tiburón. Xa non podía máis coa dor. - De nada!, exclamaron as tres amigas á vez. - Por que me perseguías antes?, preguntou Candy. - Soamente quería axuda, pero entendo que te asustaras. - Con eses dentes calquera non te ten medo, dixo Lulú. CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

17


PAPAVENTOS

MAIO 2014

- Non vos preocupedes, son un tiburón vexetariano. Chámome Gustavo, pero os meus amigos chámanme Gus.

- Ola Gus!, dixeron as tres amigas. - Grazas por considerarme o voso amigo. - Eu chámome Lúa, dixo a tigresa. - Chámome Candy, presentouse a golfiña. - E eu son Lulú. - Como podo axudaros?, ofreceuse o tiburón.

- Eu estou coa miña familia, pero as miñas amigas por axudarme están lonxe da súa casa na selva. Di Candy. - Non vos preocupedes, coñezo o camino. - Entón, non volveremos a verte, dixo Lulú. A lúa estistecéuselle a mirada

. - Cando queirades vela eu ocupareime delo. Dixo Gus. As tres amigas despedíronse tristes, pero coa esperanza de volver a verse pronto. CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

18


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Era o atardecer, na desembocadura do río Amazonas víase a familia dos golfiños despedirse das súas amigas, alonxándose polo océano camiño á súa casa.

FIN. (Alumnos-as de 3º A ) CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

19


PAPAVENTOS

MAIO 2014

LETRAS GALEGAS 2014 XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO BIOGRAFÍA xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega,ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernase en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas). En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos,que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa aparecerán na Escolma de poesía galega,IV.Os Contemporáneos,editada por Galaxia en 1955. Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, é a coidada selección da linguaxe (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos). Tras unha vida entregada á investigación, oao ensino e á tradución, o poeta luguésfaleceu en Lugo en 1998. OBRA So escribiu un libro NIMBOS,pero está considerado de gran calidade literaria. ( Mateo, 6º A) BORRALLO ¡Ave, césar, ei! Ti fas e desfás: no hai copa nin reino

¡por quen choran tódalas estrelas xa sobre a cinza horrible

vedados para ti, CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

do que ardeu sen lus!

20


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, E a tea dos teussoños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás , Galiza!

( Jaime Faraldo, 6ºA)

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

21


PAPAVENTOS

MAIO 2014

E I.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

22


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

23


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

24


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

25


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

26


PAPAVENTOS

MAIO 2014

AS MELLORES CABAZAS TIVERON PREMIO

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

27


PAPAVENTOS

MAIO 2014

´

NORABOA A TODOS-AS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

28


PAPAVENTOS

MAIO 2014

PAZ

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

29


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

30


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

31


PAPAVENTOS

MAIO 2014

DIVERTÍMONOS CO ANTROIDO

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

32


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

33


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Receita para Nadal Ingredientes: 2 claras de ovo grandes 3 cuncas de azucre en po Zume de limón A estrutura da casa

Preparación: 1. Como xa temos a estrutura preparada, os pasos seguintes son montar e decorar a casiña; así que o primeiro será buscar unha bandexa para preparar nela o decorarado que ambiente a paisaxe da nosa casiña 2. Podemos xuntar as pezas da casa con caramelo preparado por nós mesmos (coidadiño que non se vos queime a mezcla de azucre e auga) ou con glaseado, que faremos utilizando a metade dos ingredientes: 1 clara de ovo, e bater cunha batedora eléctrica ata poñelas a punto de neve, seguir batendo e pouco a pouco engádese 1,5 cuncas de azucre. A mezcla debe ser forte e brilante.Este glaseado utilizarase para a construción e a outra metade dos ingredientes para decorar o exterior. Vai pegando a pezas e colocándoas sobre unha base de papel de cociña ou papel de aluminio para que se vaia endurecendo. Debe secar de xeito natural durante uns 20 minutos. 3. Coa casiña xa montada, dedicarémonos á decoración coas gominolas e isto é ao gusto de cada quen. Para poñer as liñas do tellado e como liña decorativa utilizaremos o glaseado, que aplicaremos cunha manga pasteleira. Cando rematedes coa casa, non esquezades decorar tamén a escena darredor dela para que o efecto navideño sexa completo.

( Ana García, 3º A ) CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

34


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Traballos da clase de Relixión. O alumnado da Profesora Esperanza invítanos a xogar coas adiviñas …

Saíron de Oriente con rumbo a Belén, se queres xoguetes escríbelle aos tres. ( Alma 2º B)

Unha muller foi ao campo. Unha mazá veu. Unha serpe á enganou, E ela xa non volveu.

( Ana tejero García,5º B)

Home e muller execútano, Dous homes poden facelo Pero non dúas mulleres. Dimo se es discreto. (Marina, 3º A) A quen madruga, Deus axuda. ( Sara e Paula, 2ºB)

A pomba branca quérenos aprender que un mundo sen guerras temos que acadar. Tráenos a alegría, a paz e o amor e quere que todos vivamos mellor. ( María Rascado 5º A )

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

35


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Os traballiños do alumnado de 1º

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

36


PAPAVENTOS

MAIO 2014

SAíDA A MERA Os nenos e nenas de 1ºA e 1º B foron de excursión a lagoa de Mera

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

37


PAPAVENTOS

MAIO 2014

ESCOLA DE NAIS E PAIS Coa colaboracón da ANPA O BIDUEIRO, o Departamento de Orientación organizou seis charlas destinadas ás familias sobre temas do seu interese. Na táboa seguinte recollemos a temática e os ponentes.

NOVEMBRO NON PODO CO MEU FILLO/A. ESTRATEXIAS PARA MODIFICAR A CONDUTA DESDE O ÁMBITO FAMILIAR. PONENTE: ROSA CAZÓN. ESPECIALISTA EN TRASTORNOS DE CONDUTA DO EOE DA CORUÑA DECEMBRO PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR PONENTE: GARDA CIVIL

XANEIRO DESPÍSTASE CUNHA MOSCA. ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A CAPACIDADE DE ATENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR. PONENTE: ALBERTO VELEIRO. ORIENTADOR DO CEIP SOFÍA CASANOVA FEBREIRO NAVEGANDO POR INTERNET: PERIGOS E BENEFICIOS. PONENTE: GARDA CIVIL MARZO QUERO POTENCIAR OS HÁBITOS DE TRABALLO E ESTUDO DESDE A CASA?. PAUTAS PARA CONSEGUILO. PONENTE: ANA TORRES JACK. ORIENADORA CPI CRUZ DO SAR. MAIO COMO CONSEGUIR UN “LEÓN”. POTENCIACIÓN DOS HÁBITOS DE LECTURA DESDE A FAMILIA. PONENTE: CRISTINA AMEIJEIRA. DIRECTORA DA BIBLIOTECA ÁGORA . CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

38


PAPAVENTOS

MAIO 2014

CONTOS COLABORATIVOS ESTE CURSO PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER, REALIZAMOS VARIOS CONTOS COLABORATIVOS ENTRE O ALUMANDO DO 3º CICLO, QUE FIXO DE ESCRITOR, E O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA, QUE ILUSTRARON AS HISTORIAS, DEIXANDO AO DO 2º CICLO A TAREFA DE CONTACONTOS.

AS PRESENTACIÓNS COS CONTOS ELABORADOS PÓDENSE VER NOS BLOGS DA BIBLIOTECA E DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

39


PAPAVENTOS

MAIO 2014

O LUNS, DOUS DE XANEIRO, NA POLIDEPORTIVA DO COLEXIO, UNHA NENA CHAMADA ELENA PREFERIU XOGAR AO FÚTBOL EN LUGAR DE SALTAR Á COMBA COAS RAPAZAS. JACKSON, O CAPITÁN DO EQUIPO, BERROULLE Á CATIVA: LARGA DE AQUÍ, NON SERVES PARA NADA, E MOITO MENOS PARA XOGAR CON NÓS AO FÚTBOL! TEÑO O MESMO DEREITO CA TI PARA XOGAR! ENTÓN JACKSON TIVO QUE CALAR E CONSENTIU EN DEIXARLLE XOGAR NO PARTIDO QUE ÍAN DISPUTAR AO DÍA SEGUINTE.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

40


PAPAVENTOS

MAIO 2014

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN A FINAIS DO MES DE ABRIL REALIZAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES CO OBXECTIVO DE SENSIBILIZARNOS COAS NECESIDADES E CARACTERÍSTICAS DAS PERSOAS QUE TEÑEN ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE. CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE DISTINTAS ASOCIACIÓNS ÁS QUE LLA QUEREMOS AGRADECER ESPECIALMENTE.

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

41


PAPAVENTOS

CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

MAIO 2014

42


PAPAVENTOS

MAIO 2014

Cordina o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración de todo o profesorado, alumnado e ANPA do centro. Agradecementos para todos. CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

43


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.