Outubro 2011 - OUxB

Page 3

TEMA DO MES

Xunta e Concello prometen colaborar para lograr a integración do AVE 4 Encontro institucional entre Alberto Núñez Feijoo e Francisco Rodríguez. Redacción A integración da alta velocidade na cidade das Burgas e a construción dos centros de saúde previstos na mesma foron os asuntos centrais da reunión que o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, vén de manter en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, na que se comprometeron a manter unha colaboración fluida para avanzar en ambos proxectos. Tamén acordaron impulsar a execución da nova depuradora de augas residuais da cidade. En canto á chegada do AVE ambos dirixentes trataron o traslado da estación de autobuses, dependente da Xunta, á futura estación intermodal. No tocante aos novos equipamentos sanitarios previstos para Ourense (como son a ampliación do CHUO e a construción dos centros de saúde do Couto e o Vinteún) Núñez Feijóo puxo de relevancia que nestes momentos a Xunta está en disposición de comezar só polo ambulatorio que se ubicará no Vinteún. Así mesmo, o alcalde tamén demandou o avance na construción do novo edificio de Xulgados, nos terreos que o Concello cedeu á Xunta para a súa construción. Antes de rematar, Rodríguez non se esqueceu de agradecer a decisión da Xunta de aprobar a ordenación urbanística provisional,

necesaria como consecuencia da anulación por sentenza firme do Tribunal Supremo do Plan de Urbanismo de 2003, coa que se permite que sigan o seu curso normal equipamentos públicos e desenvolvementos urbanísticos importantes para Ourense. Neste senso, Feijoo indicou que “esta é unha actitude clara de cómo se pode -con períodos de información pública incluídosdesbloquear unha cidade en

seis meses”, entre a actitude “positiva do Concello” e a actitude “construtiva, positiva e responsable do Goberno actual da Xunta de Galicia”. Segundo Francisco Rodríguez “foi unha reunión moi útil”, que pon de manifesto que “impulsando na mesma dirección podemos facerlles fronte nun momento difícil a estes proxectos trascendentais para o futuro da cidade”.

Os dous dirixentes acordaron impulsar a nova depuradora da cidade e o traslado da estación de autobuses á futura estación intermodal O único equipamento sanitario que avanza é o centro de saúde do Vinteún

pleno municipal de ourense

Non haberá comisión informativa sobre o xardín botánico de Montealegre 4 A concelleira de Medio Ambiente cre que as

obras estarán rematadas no prazo establecido. Paula Lodeiro

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse co alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, no seu despacho do Pazo de Raxoi./CONCHI PAZ.

Ourense por BARRIOS Outubro de 2011

Unha proposta para crear unha comisión informativa específica sobre o xardín botánico de Montealegre foi un dos temas destacados do pleno de outubro do Concello de Ourense. A moción partía do PP e segundo o seu voceiro, Rosendo Fernández, presentábase “para saber o executado, o que está pendente, reformular o proxecto do xardín botánico e definir o sistema de xestión que se pretende levar a cabo”. Desde o outro partido da oposición, Democracia Ourensana, achegaron, a través dunha emenda, a proposta de que a comisión se creara unha vez que a obra sexa recibida polo Concello. Porén, o grupo de goberno non viu necesario a creación desta comisión e votou en contra, posto que “está dada absolutamente toda a información” sobre Montealegre, afirmou a edil de Medio Ambiente, a nacionalista Marta Arribas. Ademais insistiu en que non ve “ningún motivo para crear alarma de que esas obras non van estar rematadas no prazo, hai un ano de garantía para correxir as deficiencias e hai unha fianza”. Acceso á información Tamén deu de sí o de-

bate sobre a entrega de información aos grupos da oposición. Neste caso foi Democracia Ourensana quen reclamaba modificación no regulamento orgánico municipal para que se entregara nun mes a información solicitada e se engadiran os supostos nos que a información económica se considera de libre acceso para os concelleiros e cidadáns. Nesta moción o PP presentou unha emenda para que o alcalde convocara unha xunta de portavoces en 15 días para tratar este tema. Pero nin moción nin emenda sairon adiante ao non ter o apoio do grupo de goberno. “É pouca a información que non se lles deu”, asegurou o socialista Agustín Fernández. Actualización das taxas municipais Nesta sesión plenaria tamén se aprobaron as ordenanzas fiscais para 2012, que suben, na súa maioría, un 3% para actualizarse co IPC, e que manteñen os beneficios fiscais aplicados nos últimos anos. Neste punto o edil de Facenda recibiu duras críticas da concelleira popular Beatriz Tejada, quen asegurou que o bipartito procedeu “a unha subida de impostos en toda regla” alomenos no caso dos imposto de vehículos e o ICIO (instalacións,

Rosendo Fernández, voceiro do PP/ARQUIVO.

Marta Arribas, concelleira de Medio Ambiente./ARQUIVO.

construcións e obras), motivo polo que o PP votou en contra nestas ordenanzas concretas. Pola súa banda, DO abstívose. Tamén quedaron aprobadas as dúas mocións presentadas por PSOE e BNG nas que solicitan á Xunta orzamento para o complexo deportivo de Mariñamansa e que se prorrogue o convenio firmado en marzo de 2009 co Instituto Galego de Vivenda e Solo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.