Inclusión Activa, non asistencialista

Page 1

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de Febreiro (05/02/2016)

Inclusión Activa, non asistencialista Moción presentada para a implementación de estratexias de Inclusión Activa no Concello de Ourense. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO Ver ás persoas de maneira compartimentada ou analizar só unha das partes de toda a complexidade social da persoa, leva a erros de diagnóstico e de solucións. Tradicionalmente, a pobreza identificouse coa carencia de recursos para satisfacer as necesidades consideradas básicas e que inflúen na calidade de vida das persoas. Neste sentido, alude á privación de medios económicos, máis aínda, á escaseza monetaria. Os procesos de exclusión social van máis aló da precariedade económica e atópanse ligados a problemas de relación social, de autonomía persoal, de relacións persoais, convivenciais e, en xeral, a problemas na contorna social. Así, a exclusión social implica aquelas situacións nas que a persoa ten serias dificultades para acceder aos mecanismos de desenvolvemento persoal e inserción comunitaria. Neste sentido, a exclusión podería estar vinculada a variadas situacións, unha das cales podería ser a privación en termos económicos. Deste xeito, diferencianse claramente as situacións de pobreza económica das de exclusión social, recoñecendo que ambas situacións, pobreza económica e exclusión social, poden coincidir. Nestes casos,a garantía do dobre dereito, a uns ingresos mínimos e á inclusión social, implicará non só o acceso a un ingreso mínimo, senón tamén, e co mesmo nivel de esixencia, aos servizos que posibiliten a inclusión social. Na Unión Europea, cara o ano 2000, chegouse a un consenso respecto da necesidade de medir tanto a pobreza económica como a incidencia de «factores exclusóxenos», tales como a falta de emprego digno, dunha vivenda de calidade, de boa saúde e de educación. Isto mídese e contémplase desde o principio da Estratexia Europea de Inclusión Social nos chamados «Indicadores de Laeken».

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN A finais dos anos sesenta aparece o termo de exclusión, este fenómeno considérase máis ben como marxinal e de aí o seu pouco éxito. A exclusión social non afecta o conxunto do corpo social, é dicir, nesa época fálase esencialmente de inadaptación social. O discurso político naquel momento confunde a exclusión coa inadaptación. Desde fai vinte anos, as prácticas sociais e as políticas sociais comparten un número importante de características comúns, tendo certo impacto nos sistema nacionais de protección social. O desemprego


masivo e o aumento de traballadores pobres, así como o crecemento dos procesos de desigualdade social erosionaron as premisas dos sistemas de Benestar. Ademáis, as demandas de flexibilidade do mercado de traballo traducíronse sobre todo na precarización dun crecente segmento da poboación que atopa no emprego temporal, a tempo parcial ou na "economía sumerxida" vías de acceso para os seus ingresos. A consolidación, pois, de mercados de traballo segmentados, cambia profundamente o papel do emprego como garantías de rendas e acrecenta a restrición de protección social de colectivos cada vez maior. Neste contexto, os proxectos e dispositivos que se crearon teñen como obxecto integrar ou reintegrar nos mercados de traballo as capas da poboación que se atopan excluídas máis ou menos temporalmente destes. Desde mediados dos anos oitenta do século, o termo de exclusión social foi sustituíndo ao de pobreza para traducir algunhas formas de disfuncionamiento da sociedade moderna. Este cambio de terminoloxía ten por suposto un significado: traduce unha nova maneira de percepción do problema da pobreza nun contexto económico e social en pleno cambio. A exclusión social é agora o paradigma para partir do cal, como dí Paugman (1996), "a nosa sociedade toma conciencia dela mesma e das súas disfuncións e, solucións aos males que a oprimen" Tanto a pobreza como a exclusión social remítennos á compresión da precariedade no emprego, á ausencia de cualificación, ao desemprego e á incerteza cara ao futuro. Deste xeito, as políticas de inserción son o resultado dunha nova regulación, unha nova forma de integración baseada noutras estratexias unha vez que o papel integrador do emprego parece perderse Inclusión Activa O concepto de "Inclusión Activa" foi defendida como estratexia, contra a pobreza e a exclusión pola Comisión Europea.1 Deste xeito recóllese no Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social; "A inclusión activa responde a unha concepción multidimensional da pobreza (carencia de recursos para satisfacer as necesidades básicas) e a exclusión social (proceso de perda de integración ou participación da persoas na sociedade e nos diferentes ámbitos económico, político e social). Non todas as persoas pobres son excluídas socialmente, nin viceversa". Cando decimos Inclusión Activa, estamos a falar dunha estratexia holística de intervención social. Neste contexto, esta estratexia particular de inclusión social debería artéllarse mediante tres eixos ou principios comúns: 1. As políticas activas para un mercado de traballo inclusivo. 2. A asistencia mediante unhas políticas de rendas mínimas que asegure a cobertura das necesidades básicas. 3. O acceso a uns servizos públicos de calidade Dende a nosa realidade local, podemos influír na xeración de dinámicas pro-Inclusión Activa en diferentes marcos; Servizos Sociais, coordinación con outros organismos e adecuar a atención ás necesidades. O Concello de Ourense adoece duns Servicios Sociais saturados, onde é complicado levar a cabo unha visión multidisciplinar e individualizada de cada caso. Ademáis disto, a maior das problemáticas son os prazos de 1

Recomendacións da Comisión, de 3 de octubro de 2008, sobre a inclusión activa "Conciban e apliquen unha estratexia global integrada para a inclusión activa das persoas excluídas do mercado laboral na que se combinen un apoio á renda adecuado, uns mercados de traballo inclusivos e acceso a uns servizos de calidade. As políticas de inclusión activa deberían facilitar a integración a un emprego duradeiro e de calidade de todas as persoas capaces de traballar, e proporcionar uns recursos suficientes para vivir con dignidade xunto ca axuda para a súa participación social daqueles que non poidan facelo".


atención en situacións de emerxencia, chegando a extenderse ata un mes a primeira cita de valoración. Temos un equipo de profesionais que intentan cubrir as necesidades dun servizo que precisa algo máis que unha restructuración de persoal, precisa ser dimensionado e repensado dende o núcleo. Algunhas das necesidades da poboación atendida son, a demanda de información sobre cómo acceder aos recursos existentes, xa sexan prestacións dos servizos sociais ou recursos de protección social. Tamén cidadás que teñen unha necesidade relacionada coa falta de medios de subsistencia, xa sexa por carencia continuada destes ou a causa dunha emerxencia. Tamén persoas que presentan problemas na súa inserción laboral, escolar ou social e, por último, aquelas que teñen unha necesidade coa convivencia persoal ou social: desaxustes convivenciales, abandono do fogar, malos tratos, limitación da autonomía persoal e soidade ou illamento. Todas estas problématicas, xeran situacións de estrés, esforzo, tenisións, desarraigamento que en moitas ocasións potencián a aparición de patoloxías de saúde mental. O Concello non está preparado para dar resposta a esta necesidade. Por outro lado, Ourense conta cun conxunto importante de centros e servizos que atenden ás persoas excluídas ou en risco de exclusión social. Na súa maioría estes centros e servizos son xestionados por entidades sociais, contando con financiamento público. É fundamental coordinar as actuacións nesta materia,trasladar problemáticas e xerar sinerxias de colaboración entre os SS.SS do Concello e as entidades, pero tamén nas propias entidades entre sí. Dende o principio de corresponsabilidade pódese chegar ata onde o límite do público non chega. Finalmente, se hai algo que nos cuestionamos é o papel das persoas excluídas como actores. A abundancia bibliográfica sobre a exclusión silencia a existencia do propio movemento das persoas excluídas. Todo ocorre coma se, no discurso experto, esta poboación só pode ser poboación obxecto e/ou vítima dos procesos económicos, sociais e institucionais que xestionan o desemprego e a precariedade, sen poder acceder ao status de actor colectivo susceptible de ter un peso específico nestes procesos, de participar no debate e de cuestionar as lóxicas e os criterios de funcionamento destes. Moi poucos traballos se adicaron a analizar esta situación desde o prisma do actor social. A persoas excluida recoñécense como suxeito, pero como suxeito cuxa mobilización non ten efecto, nin toma forma de acción colectiva. Nas accións de loita contra a pobreza, todo ocorre nunha dialéctica entre o individuo e o Estado, entre estratexias individuais e políticas sociais que non deixa ningún lugar aos grupos sociais concretos nin á súa capacidade de intervención no sistema de relacións sociais, de aí a individualización dos modos de xestión institucional da exclusión e a precariedade

EPÍLOGO A inclusión activa requiere que deixemos de intentar solucións erroneas, que no local demos un paso máis na acción social, que repensemos os servizos sociais, dándolle voz ás traballadora e as persoas excluídas, implementando medidas innovadoras, que dimensionen o servizo atendendo as demandas de urxencia e ás características das necesidades. En conclusión, esta estratexia de inclusión activa ten que combinar apoios á renda a un nivel suficiente para que as persoas afectadas poidan levar unha vida digna con vinculacións co mercado laboral en forma de oportunidades de emprego ou formación profesional e cun mellor acceso aos servizos públicos e especialmente aos servizos sociais.

ACORDOS:


1. - Poñer en marcha canto antes o plan "Ourense Integra", como garante dun nivel de renda suficiente. 2.- Crear Instrumentos técnicos de diagnóstico, que faciliten a determinación da intensidade de apoio requerida por personas demandantes de servizos sociais, e así adecuar a atención ás necesidades das persoas máis vulnerables. 3.- Crear instrumentos de valoración do nivel de satisfacción das persoas usuarias dos servizos sociais, con respecto á atención recibida. 4.- Estudar a viabilidade da creación de Equipos Multidisciplinares de referencia para a atención personalizada e indiviudalizada das persoas usuarias dos servizos sociais. Avanzando da figura "técnico de referencia" á "équipo de referencia". 5.- O Concelleiro ou Concelleira responsable de benestar social e o Alcalde manterá unha audiencia pública, como mínimo dúas veces ao ano, no que se lle faga un convite expreso ás persoas en situación de pobreza ou exclusión social que formen parte da base de datos dos SS.SS 6.- Crear unha rede de coordinación con outros sistemas de protección social: Servicios Sociais Educación - SEPE- SERGAS - Equipos de Menores (Xunta de Galicia) - Entidades Sociais (ONG).

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato con D.I. 44480381-Z, en calidade de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en Ourense a 01/02/2016 Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.