Ecosistema da nosa charca

Page 1

OBSERVAR É APRENDER 1. Concepto de ecosistema. 2. Descripción da nosa charca. 3. Breve comentario dalgúns dos seres vivos que a habitan. 4. Narración: “A ra que quixo ir á escola”. 5. Lendas, poemas, adivinas, refráns ... relacionados con este ecosistema.


ECOSISTEMA Está formado polo conxunto de seres vivos que se desenrolan nun ambiente determinado (charcas, lagoas, bosques, desertos,...

A NOSA CHARCA Ainda que é de dimensións reducidas mantén a auga durante todo o ano, agás en periodos de prolongadas sequías. Está situada na parte posterior do edificio escolar na zona verde, entre a caseta utilizada para gardar as distintas ferramentas do xardín, e o horto escolar. Ten forma circular bordeada de pedra natural. Neste espazo educativo, podemos observar a metamorfose da ra e identificar algúns dos seres vivos que habitan neste ecosistema. Aquí os animais veñen por varias razóns: Por ser o seu lugar de vida habitual. Buscando un refuxio onde agacharse. Lugar onde atopar alimento. Como sitio propicio para criar. Nunha charca viven multitude de animais, uns en estado larvado, como os mosquitos, libélulas, cágados de ras, sapos, tritóns e píntegas. Outros viven na auga tamén de adultos, é o caso dos zapateiros, ras, e varios tipos de escaravellos acuáticos. Tamén os paxaros e aves insectívoras acuden en busca de alimentos. As Miñocas aproveitan a humidade das beiras para vivir. Detrás delas andan as toupas e detrás das toupas o xardineiro para que non lle destraguen o céspede.

ANIMAIS (Cada alumno/a presentará un destes animais)

A RA Son un animal anfibio é dicir, vivo na terra e máis na auga, como insectos e larvas, para que non nos invadan! Na primavera as femias poñemos entre dous e tres mil ovos. Dúas ou tres semanas despois nacen os cágados que van evolucionando,


primeiro sáenlle as patas traseiras, logo as dianteiras e por último desaparece a cola. Pasados uns sesenta días xa somos ras pequeniñas! Todos estes cambios que sufrimos, reciben o nome de metamorfose. Son unha gran saltarina e podo vivir entre dez e doce anos, se hai sorte!

A METAMORFOSE


A NOSA CHARCA Ainda que é de dimensións reducidas mantén a auga durante todo o ano, agás en periodos de prolongadas sequías. Está situada na parte posterior do edificio escolar na zona verde, entre a caseta utilizada para gardar as distintas ferramentas do xardín, e o horto escolar. Ten forma circular bordeada de pedra natural. Neste espazo educativo, podemos observar a metamorfose da ra e identificar algúns dos seres vivos que habitan neste ecosistema. Aquí os animais veñen por varias razóns: Por ser o seu lugar de vida habitual. Buscando un refuxio onde agacharse. Lugar onde atopar alimento. Como sitio propicio para criar. Nunha charca viven multitude de animais, uns en estado larvado, como os mosquitos, libélulas, cágados de ras, sapos, tritóns e píntegas. Outros viven na auga tamén de adultos, é o caso dos zapateiros, ras, e varios tipos de escaravellos acuáticos. Tamén os paxaros e aves insectívoras acuden en busca de alimentos. As Miñocas aproveitan a humidade das beiras para vivir. Detrás delas andan as toupas e detrás das toupas o xardineiro para que non lle destraguen o céspede.

ANIMAIS


(Cada alumno/a presentará un destes animais)

A RA Son un animal anfibio é dicir, vivo na terra e máis na auga, como insectos e larvas, para que non nos invadan! Na primavera as femias poñemos entre dous e tres mil ovos. Dúas ou tres semanas despois nacen os cágados que van evolucionando, 1/Ovos,2/ Cágado sen patas, 3/Cágado con patas, 4/ Ra

O SAPO Diferénciome da ra en que son máis gordo e máis lento. Na pel teño manchas e verrugas. Vivo en lugares húmidos e como: insectos, vermes, miñocas, arañas.... Son moi útil nas hortas!

O TRITÓN, LIMPAFONTES, LAGARTIXA DE AUGA...


Eu tamén son un anfibio. Teño unha cola que me serve para nadar, parezo unha lagartixa e como vermes, insectos, caracois.... A femia pon os ovos de febreiro a abril,o seu desenvolvemento remata polo verán. Podo vivir entre 10 e 15 anos.

PÍNTEGA, SACABEIRA, ZARAMELA... Eu son un anfibio de cor negra con pintas amarelas. Ós lados da cabeza teño unhas glándulas que segregan substancias noxentas para defenderme. Como todo tipo de insectos, miñocas, caracois... Vivo en lugares húmidos, e gústame saír polas noites, son nocturna. A miña reproducción é ovovivípara, é dicir, os ovos eclosionan dentro do meu aparato xenital. Despois deposito as crías en pozas onde rematan a metamorfose.


O CARACOL Son un animal invertebrado do grupo dos moluscos, aliméntome de vexetais, por iso me persiguen os horteláns. Reprodúzome por ovos e son hermafrodita, xa que cada individuo posúe os dous sexos.

A BABOSA, LESMA Son un molusco de cor negra xeralmente. Teño un burato ou apertura pulmonar para respirar. Aliméntome de vexetación e gústanme tamén os cogumelos. Vivo preto dos ríos e outros lugares húmidos: xardíns, lagos, estanques... Son hermafrodita e reprodúzome en outono e primavera.


A MIÑOCA Son un verme, vivo en terreos húmidos, por todo o mundo. Podo medir dende uns centímetros ata case dous metros. O meu alimento está na terra, nos restos vexetais e animais que componen o humus. Somos hermafroditas, cada individuo ten testículos e ovarios, pero intercambiamos espermatozoides. Despois da fecundación prodúcese un casulo cheo de ovos que depositamos na terra e ós poucos días nacen novas miñocas.

OURIZO CACHO OU PORCO ESPIÑO Son vertebrado, mamífero e insectívoro. Vivo nos xardíns e hortas de toda Europa. Gústanme os lugares húmedos porque alí atopo o meu alimento: caracois, miñocas e todo tipo de insectos. Os labregos aprecianme moito porque os libro das víboras. A miña actividade é nocturna ou ben entre lusco e fusco. Para defenderme enróscome formando unha bóla de pinchos.


MORCEGO Son un pequeno mamífero insectívoro e nocturno. Hai distintas especies, todas en perigo de extinción, así que estamos protexidos. Dispoño duna especie de radar que me permite a orientación no meu desprazamento e a identificación de obxectos. Son o único mamífero voador.

XOANIÑA, MARUXIÑA, REI REI... Son un insecto parecido a un escaravello. Vivo no campo,bosques, xardíns preto das plantas con flores e baixo dos tellados, onde paso o inverno. Como pulgóns e cochinillas polo que son moi beneficiosa para o campo. As femias poñen uns 400 ovos enriba do dorso das follas que están cheas de pulgóns. As miñas larvas comen os pulgóns e logo saen novas xoaniñas. Se me atopo en perigo póñome boca arriba e quédome queda. Fágolle fuxir ó inimigo botándolle polas patas un líquido amarelo que cheira moi mal


.

CABALIÑO DO DEMO:LIBELIÑAS E GAITEIROS Somos insectos parecidos. O noso alimento está formado por outros insectos voadores que capturamos en pleno voo. Reproducímonos por ovos que poñemos na auga, nesta fase as larvas respiran por branquias. O desenrolo da larva pode durar de un a cinco anos pasando por larvas de distintos xeitos, cada vez máis grandes e cambiando o caparazón, ata subir a unha ramiña ou a unha pedra e cambiar por completo de forma, pasando a cabaliños do demo. A nosa metamorfose, como observades é moi complexa. Temos un corpo alongado, a cabeza móbil con grandes ollos. Semellamos aos helicópteros apaga incendios, podéis vernos de maio a agosto.


LIBELIÑA E GAITEIRO

ZAPATEIROS, ARAÑAS DE AUGA... Somos insectos inconfundibles, moi abundantes nos ríos, regatos e pozas. Actuamos como auténticos flotadores nadando por riba da auga maravillosamente. Comemos outros insectos vivos ou mortos. O noso corpo é estreito e aplanado, temos tres pares de patas coma todos os insectos. As patas centrais son as remadoras, as de atrás fan de timón e as dianteiras atrapan os alimentos. Vivimos en colonias de varias decenas de individuos.


Pasamos o inverno debaixo da vexetación e na primavera a femia deposita os ovos, unha vez fecundados, nas plantas acuáticas.

BOLBORETAS Voamos por todas partes, pois hai moitas variedades e cada unha elixe o seu habitat preferido. Somos o grupo animal máis importante sobre a terra ,cun número de especies superior a un millón. Pertencemos os invertebrados(insectos) e reproducímonos por ovos ,sufrindo varios cambios ata chegar a adultos.


OS MOSQUITOS Formamos outro grupo de insectos, máis ben pequenos, con patas longas ,dúas ás e unha trompa. As femias teñen un aguillón. Os machos chupan néctar das plantas, pero as femias chupan sangue que necesitan para madurar os ovos. Gústanos as charcas, mellor de augas paradas.


METAMORFOSE

A FORMIGA VERMELLA Este insecto non podía faltar. Hai ata 9.000 especies. A formiga bermella é común en toda Europa, pode vivir entre un e tres anos. A súa reina ata dez. Ten seis patas,mandíbulas potentes e aliméntase de outros insectos, pero pode comer de todo.


Reprodúcense por ovos. Teñen unha organización bastante complexa, posuen:reina, obreiras,machos, etc.

TOUPA CEGA, TOUPEIRA.... Son un mamífero de pequenoa tamaño. Vivo soterrada nas miñas galerías onde teño a despensa, crío os meus fillos e descanso neste refuxio. A miña pel é aterciopelada de cor negra. As patas dianteiras son auténticas pas escavadoras. O fuciño é alongado en forma de


trompa, ollos diminutos, son prácticamente cega e tampouco teño orellas. Como miñocas, insectos e vemes; cada día, tantos como o meu propio peso. Vivo en prados, xardíns e terreos de labor.

TOUPEIRAS A LAVANDEIRA BRANCA Son un paxaro pequeño pero de cola longa. Gústame andar pola beira dos ríos, pero podedes verme en calqueira lugar.


O macho ten a cabeza, a gorxa, as patas e o peteiro de cor negro; a testa e o peito brancos e as ás cincentas. A femia é moi parecida, pero cincenta. Ó caminar abaneo constantemente o rabo. Aniño entre plantas trepadeiras ou ocos de edificios, poño de dous a seis ovos. Aliméntome de insectos, arácnidos e pequenos moluscos.

MACHO

FEMIA

MERLO, MERLIÑO


Son un paxaro máis ben grande. A miña plumaxe é negra no macho e o peteiro laranxa. A femia é parda escura. Como de todo, froitos, insectos, arañas e miñocas. Vivo en campos, fragas, hortas, xardíns e tamén a carón dos ríos. Fago os niños nas silveiras e poño de 3 a 4 ovos de cor verde azulado. Fun fonte de inspiración de moitos poemas, e crese que os froitos que pico son máis saborosos. Eu quixera ser merliño, e ter o bico encarnado. Para facer o meu niño, no teu cabelo dourado.


A ANDORIÑA Son unha ave migratoria, aliméntome de insectos voadores e sementes. Constrúo o meu niño con barro baixo os aleiros das casas. A miña plumaxe é de cor moura azulada por riba, e branca por baixo, coas ás puntiagudas e o rabo bifurcado. Xúntome coas miñas compañeiras nos cables da luz, para emigrar xuntas en bandadas e protexernos dos inimigos.

Unha curiosidade son os “niños de golondrina”, moi apreciados polos chinos, pois para eles son un manxar.

NENÚFAR. ROSA DO AMOR. AMBROÍÑO DE RÍO


Ten as follas flotantes e redondeadas, con un entrante na base, son coñecidas en todo o mundo. Medra en augas tranquilas de pouca profundidade. As ras disfrutan subíndose a elas.

FENTA Vive na beira dos ríos e as súas frondas poden medir ata sesenta centímetros,as da femia semellan a raspa dunha sardiña.

Na parte dereita podemos observar tamén os brións, semellan unha alfombra.


AQUÍ REMATA ESTE SINXELO TRABALLO QUE A TODOS NOS AXUDOU A LEMBRAR A IMPORTANCIA DA AUGA PARA O ORIXE DA VIDA.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.