Así somos 1º C-D

Page 1

! S O M ASร SO

ABECEGRAMAS 1ยบ C/D


ASÍ SON: Antón

AGRADECIDO cando me axudan.

BILINGÜE E UN POUCO BIBLIÓFILO cando falo ca miña nai e leo un libro. CRUEL cos meus inimigos. DEPRIMIDO cando teño moitos exames. ESTÚPIDO, segundo a miña irmá. FERO cando me enfado e non me conteño. GALEGO ata a morte. HOLANDÉS NON, galego. IRASCIBLE se se meten comigo. LUNÁTICO por momentos. MENTIREIRO se fai falla. NEGATIVO se non vexo a parte boa. Ññññññññññññññ…………………………………… ORGULLOSO do noso, orgullosos do galego! POETA nos meus momentos de inspiración. QUEIXOSO se teño un mal día. RAZOABLE poucas veces. SOÑADOR pero non na clase. TEATREIRO ás veces. ULTRA, hai que vivir con forza. VACILANTE, sempre tardo media hora en escoller ( espera, que

eu non quero esta palabra!) XEITOSO (non sempre se di a verdade). ZARAPALLEIRO cando fago as cousas con présa.


ASÍ SON: Clara AUTORITARIA coa miña irmá. BONDADOSA cando estou de bo humor. CONTENTA de dúas e dez a catro e cuarto. DEPRIMIDA ao volver á escola despois das vacacións. ENTUSIASTA cando algo me gusta. FESTEIRA cos meus amigos. GALEGA dende sempre, para sempre. HIPNOTIZABLE, por certas persoas. INDIVIDUALISTA cando estou enfadada. LEAL sempre. MÚSICA, a música vólveme tola. NERVIOSA coas notas dos exames. ÑOÑA ás veces. OMNÍVORA, depende do que me poñan no prato. PÍCARA as vinte e catro horas do día. QUEIXOSA a maior parte do día. RABUDA cando quero saírme coa miña. SENTIMENTAL de cando en vez. TEATREIRA á hora de convencer á miña nai. ÚTIL de cinco e media a seis menos cuarto. VIOLENTA cando me fan rabiar. XORDA cando me mandan poñer a mesa. ZARAPALLEIRA ás veces.


ASÍ SON: María ANIMADA cos meus amigos. BIBLIÓFILA se os libros son interesantes. CALADA coa xente que non me coñece. DUBITATIVA cando teño que escoller entre o que me gusta. ENTUSIASTA pero non sempre. FERVESLLASVERZAS, non paro en todo o día. GALEGA, sempre. HORROROSA cando me enfado co meu irmán. IMPACIENTE e IMPRUDENTE co que me interesa. LEDA cos meus amigos. MISTERIOSA ás veces. NERVIOSA á hora dos exames; NÓMADE porque me gusta viaxar. ÑU, pois non son. OPTIMISTA ás veces. PÍCARA a maior parte do día. QUEIXOSA cando algo non me interesa. REPUGNANTE cando se me mete algo na cabeza e non hai que mo quite. SENSATA pero non sempre. TEATREIRA cando non fixen algo e non teño explicación. ÚTIL pero non sempre. VITAL só polas tarde, non polas mañás. XORDA cando algo non me interesa. ZARAPALLEIRA, eu non son.


ASÍ SON: Aroa ANTIPÁTICA cando tamén o son comigo. BIQUEIRA, gústame dar bicos á familia, aos amigos... CARIÑOSA coa familia e os amigos. DIVERTIDA gústame facer de todo. ENTUSIASTA todo o que me din quero facelo. FESTEIRA, son moi festeira GRACIOSA cando estou de boas. HORROROSA cando estou enferma. ILUSIONADA cando me din algo bo. LIMPA, gústame ter todo limpo. MORRIÑENTA da miña familia. NENEIRA, gústanme os nenos. ÑOÑA, nunca. OPTIMISTA case sempre. PREOCUPADA por case todo. QUIETA, nunca. RISEIRA sempre. SORRINTE, non me gusta estar enfadada. TRABALLADORA ás veces. URBANA nunca. VALENTE case sempre. XOCOSA ríome por todo e de todo. ZARAPALLEIRA nunca.


ASÍ SON: Roxana ALEGRE en calquera ocasión BOA cos que quero. CALADA cando xogo ás maquiniñas. DEPRIMIDA cando veñen malas notas. EMOTIVA cando contan calquera historia. FANÁTICA pola roupa. GRACIOSA todos os días. HIPERACTIVA a todas horas. INFELIZ cando alguén se enfada comigo. LAMBONA co chocolate. MALVADA cando me enfado con alguén. NEGATIVA, nas malas ocasións. ÑOÑA, nunca. ORIXINAL á hora de debuxar. PERFECCIONISTA ao deseñar. QUIETA, dous minutos. ROSMONA cando me mandan tirar o lixo. SORRINTE todos os días. TRABALLADORA case sempre. ÚTIL cando patino. VINGATIVA cando me fan dano. XENEROSA cando lle regalo xoguetes ao meu irmán. ZOQUETE nunca.


ASÍ SON: André

ALEGRE cando non estou triste.

BILINGÜE en L. Castelá e en Galego. CULTO en clase. DECIDIDO porque decido o que fago. ESBARDALLEIRO porque esaxero moito FESTEIRO todo o día. GALEGO de Galicia. HONRADO, son de confianza. INTELIXENTE en clase. LAMBÓN, adoro as chucherías. MODESTO, non chulo. NUGALLÁN, son moi vago. ÑÁÑARAS, nunca. OPTIMIXTA con X de Mixta PARVO condo non intelixente. QUEIXOSO, un pouco. REBELDE, defendo as miñas ideas. SOÑADOR cando durmo. TÚZARO, ou testalán. ULTRA, do Barça e de España. VEHEMENTE, testán outra vez. XOCOSO, porque me río moito. ZURDO, de pé.


ASÍ SON: Darío ANIMADO cando estou cos meus amigos. BO con todo o mundo. CALMOSO moitas veces axudo a que se tranquilice a xente. DIVERTIDO porque case sempre estou alegre e fago rir. EMOTIVO con algunhas películas. FIEL, pódese confiar en min. GARATUXEIRO, gústame cando me queren. HUMORISTA sempre estou a facer bromas. ILUSIONADO cando me din que me van mercar algo. LEDO, sempre estou alegre. MORRIÑENTO cando vou a algún lugar, lémbrome do anterior. NATURAL sempre. Todo é ser como son. ÑOÑO poucas veces. OPTIMISTA, sempre son positivo. PENSATIVO, se algo me importa moito pénsoo moitas veces. QUEIXOSO cando din algo e creo que teño a razón. RISEIRO, case todo o tempo ríome. SOÑADOR sempre, pero cousas que non acaban pasando. TOLEIRÁN algunhas veces fago tolerías. URBANO gústame a cidade, pero tamén o campo. VEHEMENTE só que algunhas veces, equivócome. XOCOSO con calquera cousa, ríome. ZURDO nalgúns deportes.


ASÍ SON: Alba ALEGRE na casa e cos amigos. BIBLIÓFILA só cando me aburro moito. CULTA cando quero e para o que quero. DESCONFIADA na miña habitación. ESTÚPIDA cando estou coa miña amiga Andrea. FESTEIRA vinte e catro horas ao día (agás horario escolar). GUERREANTE na casa. HIPERACTIVA sempre. IMPRUDENTE moi a miúdo, non pregunten. LUNÁTICA, chámanme así a miúdo. MALICIOSA cando pelexo coa miña irmá. NÓMADE, viaxo moito nas vacacións. ÑU, eu non son, e nunca fago ñuuuuuuuuuu ! OPTIMISTA despois dos exames digo “vou suspender” cun sorriso. PÍCARA, non son pícara QUIXOTE, o que intento non funciona. RISEIRA, ríome das desgracias de Andrea. SABIONDA pero de broma, e só de seis a nove e cuarto. TEATREIRA, encántame o teatro. ÚTIL só de cinco menos cuarto a cinco e media. VINGATIVA cando me molesta a miña irmá. XORDA cando me fala a miña irmá ZOQUETE eu non, pero un amigo meu, si.


ASÍ SON: Cristina ARROUTADA ás veces. BIQUEIRA cando quero. CONTENTA sempre. DESCONFIADA coas persoas que non coñezo. ESPERANZADA cando fago exames. FRANCA cos meus amigos, familiares... GARATUXEIRA coas persoas que coñezo. HORROROSA cando estou enferma. IMPACIENTE cando agardo a nota dun exame. LEDA sempre. MORRIÑENTA da miña casa. NENEIRA cos nenos pequenos. ÑOÑA nunca. OPTIMISTA sempre. PREOCUPADA pola xente. QUIETA nunca. RISOÑA sempre. SENTIMENTAL ás veces. TÍMIDA coa xente que non me coñece. ÚTIL para moitas cousas. VEHEMENTE coas cousas que creo. XOCOSA cos meus amigos. ZARAPALLEIRA nunca.


ASÍ SON: Jorge ARROUTADO cando quero. BRUTO co meu irmán. CARIÑOSO coas persoas máis íntimas. DECEPCIONADO cando perdo algún partido de balonmán ou perde o meu equipo. ENFADADO cando pelexo. FELIZ cando quero; FERVELLASVERZAS sempre. GARATUXEIRO cos familiares. HIPERACTIVO sempre. INQUEDO na casa e fóra dela. LIGÓN cando quero. MENTIREIRO na casa. NENEIRO coa familia, NÓMADE, encántame viaxar. ÑOÑO, nunca. OPTIMISTA ás veces. PAPÓN ás veces na casa. QUIETO, nunca. RÁPIDO sempre. SOÑADOR polas noites. TÍMIDO coa xente que non coñezo. ULTRA cos equipos que me gustan. VINGATIVO cando me enfado co meu irmán. XENIÚDO cando quero. ZOQUETE ás veces.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.