Texto 16 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

ACTORES/ACTRICES (I): CHARLES CHAPLIN O seu verdadeiro nome é Charles Spencer, naceu en Lambeth, Londres (Inglaterra). Foi o cómico máis popular do cinema: actor, humorista, compositor, produtor, director e escritor. Adquiriu a súa popularidade grazas ao seu papel de “Charlot” en multitude de películas do período mudo. Co seu personaxe “Charlot” debutou no ano 1914 coa película “Ganándose el pan” e durante ese ano rodou 34 curtametraxes máis, aínda que as súas películas máis famosas foron “La quimera del oro” (1925), “Luces de la ciudad” (1931), “Tiempos modernos” (1935) e “El gran dictador” (1940). As técnicas que empregaba para filmar incluían o slapstick, mímica e outras rutinas de comedia visual. Desde mediados da década de 1910 dirixiu a maioría das súas películas. Desde 1916 tamén se encargou da produción, e desde 1918 compuxo a música para as súas producións. En 1919, en colaboración con Douglas Fairbanks, David Wark Griffith e Mary Pickford, fundou a “United Artists”.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Slapstick (traducido polo inglés como "bufonada, paiasada” ou "golpe e porrazo") é un subxénero da comedia que se caracteriza por presentar accións esaxeradas de violencia física que non teñen consecuencias reais de dor).

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.