23092014 verea

Page 1

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO CONGRESO LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE VEREA.

Sendo as 18:10 horas do día 23 de setembro de 2014 reúnese na sede provincial do Partido Popular de Ourense a Comisión Organizadora do Congreso Local do PP de Verea, coa asistencia das seguintes persoas, quedando constituída como tal: PRESIDENTA:

Dona Mónica Mourelo Pérez.

VICEPRESIDENTE:

Don Pablo Pérez Pérez.

SECRETARIA:

Don Cristina Isabel Romero Fernández.

VOGAIS:

Don Jorge Pumar Tesouro. Don Luís Manuel Vergara Gómez.

Pasando a tratar os puntos que seguen:

1.- Informe de presentación de candidaturas á presidencia do Comité Executivo Local do PP de Verea. Segundo o establecido no art. 17 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Verea, temos constancia da presentación da candidatura encabezada por don Juan Antonio Martínez González á presidencia do Comité Executivo Local. Candidatura que se presentou o día da data ás 12:30 horas avalada por un total de doce compromisarios e compromisarias, polo que cumpre co establecido no citado artigo e queda proclamado candidato á presidencia do Comité Executivo Local do Partido Popular de Verea don Juan Antonio Martínez González.


2.- Aprobación do lugar, hora e horarios de desenvolvemento do Congreso Local. Segundo o establecido no art. 2 do Regulamento que regula a organización e funcionamento do Congreso Local do PP de Verea, a Comisión Organizadora acorda que o Congreso desenvolverase no local “Biblioteca Municipal”, na Planta Baixa da Casa do Concello, a partir das 19:30 horas do venres, 26 de setrembro de 2014.

3.- Proposta de composición da Mesa do Congreso Local do PP de Verea. Segundo o establecido no artigo número 8 do Regulamento do Congreso Local Ordinario do Partido Popular de Verea, toma a palabra a presidenta da Comisión Organizadora, Mónica Mourelo Pérez, para facer a proposta da Mesa do Congreso, que estará integrada por: Presidenta:

Dona Rosa Carballo López.

Vicepresidente:

Don Martín Otero Otero.

Secretaria:

Dona Noelia Otero Otero.

Vogais:

Dona Sonia Otero Fernández. Don Juan Benigno González Valado.

Sometido este asunto á votación, aprobase por unanimidade a proposta da Mesa

do

Congreso

Local,

que

será

compromisarios/as do Congreso Local.

sometida

á

votación

polos/as


Non habendo máis asuntos que tratar, dase por rematada esta reunión sendo as 18:20 horas en Ourense no lugar e data arriba sinalado.

Para facilitar a transparencia e dar a coñecer estes acordos adoptados no día da data, esta Comisión Organizadora do Congreso Ordinario do Partido Popular de Verea, manda publicar os mesmos na páxina web do PP de Ourense (www.ppou.es) no espazo reservado a este congreso.

Vº e pr., A secretaria,

Asdo.: Cristina Isabel Romero Fernández.

A presidenta,

Asdo.: Mónica Mourelo Pérez.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.