A árbore vermella no CFR

Page 1

Club de lectura A árbore vermella Guión da nosa presentación no CFR de Verín o día 5 de Marzo de 2011 “É se as historias para os nenos fosen lectura obrigatoria para os adultos?”, di Saramago en A flor máis grande do mundo. (1ª diapositiva) http://bibliochivite.blogia.com/2010/062101-saramago-ata-sempre..php


A Árbore Vermella é un conto, unha historia que comeza cabizbaixa, magoenta, solitaria, pero que remata cuns ollos que miran cara arriba, cunha faciana sorrinte e cun descubrimento….. (vemos a curta): http://bibliochivite.blogia.com/2010/102101-a-arbore-vermella.php

Que é esa árbore vermella que atopa a nena ó final do conto e que sempre, aínda que ela non o soubera, aínda que alumeando pouquiño estivo no seu interior? Agora ímosvos contar o noso conto, a nosa historia… Todo comezou hai xa máis de tres anos, coa nosa Dorothy particular, que nos foi tocando a todos para que a acompañásemos polo camiño de baldosas amarelas:



A nosa Dorothy chámase Marita.

Marita inaugurou o club de lectura unha tarde de hai máis de tres anos, cun pequeniño grupo de alumnos seus lendo isto: “Temos que recuperar a golpes, a versos…. A esperanza” Esa primeira tarde eu só fora ó club por curiosidade. Atopara a Marita ó saír do instituto e dixérame que ía comezar ese mesmo día un club de lectura, pequeniño, con rapaces e rapazas de 1º ciclo de ESO, alumnos seus. Fun, e quedeime. Xa nunca máis deixei de ir. Por que? Supoño que pola mesma razón que leva a tantos rapaces e rapazas a vir a unha actividade relacionada coa lectura e a arte en horario extraescolar. Porque percibín unha atmosfera da que non é habitual empaparse. Había nenos que aínda tiñan inocencia e curiosidade e había alguén que quería loitar para manter as súas mentes e corazóns limpos e ó mesmo tempo cheos: de esperanza, de ilusión, de confianza, de afecto, de tranquilidade ó non sentirse xulgados, de palabras, de imaxes, de notas musicais fermosas… Eu quedei, e ós poucos foron chegando máis compañeiros e compañeiras que fixeron crecer a nosa árbore: Chegou Antonia, e hoxe o club de lectura sen ela non sería.


Un día Irene, unha rapaza de 3º de ESO que ven ó club, díxonos… Sempre me fixo en Antonia cando sae do seu instituto (Antonia estivo no Taboada Chivite pero agora é profesora no García Barbón)… Rodéana os rapaces. Antonia fálalles de literatura coa paixón que ela sinte polo que transmite e fala sempre dende o afecto, dende o corazón. Creo que vai quedando no ar algo que está sempre presente no club de lectura: o mundo dos afectos, o espírito de compartir…. Temos que darlle un lugar relevante á afectividade, á xenerosidade, porque é no que cremos. Non cremos nisto:


Non cremos en sistemas que homoxeneizan, que anulan. Cremos en crear contextos nos que sexa posible ser un mesmo sen cortapisas, expresarse, por suposto sempre desde o respecto, e ser valorado e escoitado. Cremos que os nenos “aprenden” mellor sentíndose valorados…. E que aprenden no club de lectura? Hai unha aprendizaxe emocional que vai íntimamente ligada á lectura de textos, ó visionado de curtametraxes e documentais, á escoita de pezas musicais seleccionados por nós polo seu valor a todos os niveis:


Queremos que os nosos rapaces non queden inmóveis ó borde do camiño: Vemos vídeo :http://bibliochivite.blogia.com/2010/092901-desde-los-afectos-de-benedetti.php

Queremos que os nosos rapaces vexan estimulada a súa creatividade: Que escriban: http://bibliochivite.blogia.com/2010/040901-poemas-e-textos-escritos-polosalumnos-que-asisten-o-club-de-lectura.php


Que pinten: http://bibliochivite.blogia.com/2010/092303-exposicion-na-casa-do-escudo-deverin-con-cadros-pintados-por-alumnos-que-asiste.php

Que dese単en: http://bibliochivite.blogia.com/2011/012001-concurso-adivina-quen-e-fucsiatalladas....php


Que canten e escoiten mĂşsica: http://bibliochivite.blogia.com/2009/110601-musica-no-club-de-lectura.php

Que sexan conscientes das realidades que os rodean: http://isabelcota.blogia.com/2009/101601-i-want-to-be-a-pilot.php


http://bibliochivite.blogia.com/2011/011801-30-de-xaneiro-dia-da-paz.php

http://isabelcota.blogia.com/2009/060601-o-galego-e....php


http://isabelcota.blogia.com/2009/062401--auschwitz-birkenau-memoria-doholocausto-.php

Que vaian 贸 teatro: http://bibliochivite.blogia.com/2010/041601-actividade-do-club-de-lecturaasistencia-a-obra-teatral-as-cunadas.php


Que vexan pelĂ­culas, documentais, curtametraxes: http://bibliochivite.blogia.com/2010/011201-club-de-lectura-butterfly-circus-ocirco-da-bolboreta-.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/011202-tocar-e-loitar.php

Que descubran artistas de todos os campos: http://bibliochivite.blogia.com/2010/011501-pintoras.php


Que estean perto daqueles que crean e que investigan: http://isabelcota.blogia.com/2009/050701-entrevista-a-xose-carlos-caneiro.php

http://isabelcota.blogia.com/2009/110301-cartas-a-nai.php


http://bibliochivite.blogia.com/2010/032501-visitounos-carlos-negro.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/092302--la-comarca-de-monterrei-en-elantiguo-regimen-nova-publicacion-de-isaac-cesar-g.php


http://bibliochivite.blogia.com/2010/102601-videoconferencia-de-agustinfernandez-paz.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/091702-celso-fernandez-sanmartin-poeta-econtacontos.php


Por suposto, que lean: PoesĂ­a: http://bibliochivite.blogia.com/2010/022501-presentacion-de-power-pointcultivos-transxenicos.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/022502-presentacion-de-power-pointmakinaria.php


http://bibliochivite.blogia.com/2010/053001-caminos-de-amor-e-lua.php

http://bibliochivite.blogia.com/2011/011302-fucsia-talladas-estampadosboca.php


Novela: http://bibliochivite.blogia.com/2009/110401-jose-luis-sampedro.php

http://bibliochivite.blogia.com/2009/112801-a-mina-planta-de-laranxa-lima.php


http://bibliochivite.blogia.com/2010/031601-fallece-miguel-delibes.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/100201-valados.php


ร lbumes grรกficos: http://isabelcota.blogia.com/2009/012305-emigrantes.php

http://bibliochivite.blogia.com/2009/120802-la-fuga.php


http://bibliochivite.blogia.com/2011/021501--la-noche-estrellada-de-jimmy-liaona-arbore-vermella.php


http://bibliochivite.blogia.com/2010/090801-el-monstruo-del-lago-soledad.php

Que amen a natureza e se preocupen polo seu contorno: O home que plantaba รกrbores: http://bibliochivite.blogia.com/2010/051301-el-hombre-que-plantabaarboles.php


Proxecto Cultivos Transxénicos: Presentación Cultivos Transxénicos: http://bibliochivite.blogia.com/2010/022501-presentacion-de-power-pointcultivos-transxenicos.php

Curtametraxe As almas do Fental: http://bibliochivite.blogia.com/2010/022601-as-almas-do-fental.php


Exposici贸n Culticos Transx茅nicos: http://bibliochivite.blogia.com/2010/031301-exposicion-cultivostransxenicos.php

Cultivos Transx茅nicos e Makinaria no sal贸n de actos, na biblioteca e os corredores do noso instituto: http://bibliochivite.blogia.com/2010/031802-cultivos-transxenicos-e-makinariano-salon-de-actos-os-corredores-e-a-biblioteca.php


Visitounos Carlos Negro: http://bibliochivite.blogia.com/2010/032501-visitounos-carlos-negro.php

Cultivos TransxĂŠnicos-Axenda 21: http://bibliochivite.blogia.com/2010/052801-cultivos-transxenicos-axenda21.php


O que chamamos Proxecto Cultivos Transxénicos comezou coa lectura do poemario de Carlos Negro titulado Cultivos Transxénicos, un poemario que nos fala da morte do rural, seguiu cunha viaxe a aldeas que están a desaparecer, cunha exposición fotográfica, ,coa visita do poeta… e rematou o 20 de Maio pasado no Pazo da cultura de Pontevedra, onde catro alumnos que asisten ó club o presentaron durante a xuntanza de centros de ensino vinculados coa Axenda 21. Neste proxecto o club de lectura colaborou co profesor do Dpto. de Ciencias, responsable da Axenda 21 no noso centro, Javier Rguez, gran amante e coñecedor da natureza, que dedicou moito tempo a traballar connosco. O club ten a sorte de ter contado e seguir contando coa colaboración de profes, de amigos, que nos enchen de ideas e agasallos. Con Javi, que nos deixa coa boca aberta coa súa inmensa cultura e sabedoría cando nos fala de El Aleph, ou La Fundación, ou Plenilunio, con profundidade e claridade a un tempo…. E que, desde o Otero Pedrayo segue acompañándonos.


http://bibliochivite.blogia.com/2009/120901-plenilunio.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/031801-jorge-luis-borges.-el-aleph.php


Con Mónica, que rega a nosa Árbore vermella, xa namorada da lingua galega desde sempre, co seu profundo coñecemento da nosa cultura e a xenerosidade inmensa coa que o comparte. Mónica, coma Javi, xa non está no noso centro, mais tamén nos acompaña na distancia, e ás veces, como ocorreu este mes de decembro , temos a inmensa sorte de contar con ela en sesións que son un luxo. http://bibliochivite.blogia.com/2010/121101-visita-de-monica-pazosmartinez.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/101601-artigos-de-monica-pazosmartinez.php


Con Víctor, a creatividade. A biblioteca, o instituto enteiro transfórmase nun lugar novo, ó que sempre queres volver, cando a man de Víctor os toca. Cantos espazos e proxectos iluminados polo noso artista!!! Este ano houbo unha viaxe de ida e volta. O club de lectura sumouse ó proxecto de Víctor de coser unha tea feita con retais para lembrarnos que todos e todas somos iguais e así conmemorar o día no que se loita contra a violencia de xénero. Despois, algo que tivo o seu xerme no club de lectura, a lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca, de Celso Fdez. Sanmartín, creceu coa incorporación de Víctor e os seus alumnos de plástica e deseño gráfico dixital, que levaron o libro ás súas aulas para dibuxar, deseñar...


http://isabelcota.blogia.com/2009/051201-el-arbol-rojo-a-arbore-vermella.php



http://bibliochivite.blogia.com/2009/112701-fotos-dos-paneis-da-biblio.php


http://bibliochivite.blogia.com/2010/120201-ler-coser-e-escoitar-musica.php


http://bibliochivite.blogia.com/2011/032401-visita-de-celso-fernandez-sanmartin.php

Con David, o talento. Escritor. .. Agasállanos cos seus contos, poemas historias... Músico...Descubrimos o mundo do hip-hop... Convirte unha novela gráfica nunha viaxe, ademais de visual, musical, engrandecendo as emocións...


http://bibliochivite.blogia.com/2011/020101-nach-scratch-no-club-de-lectura.php


http://bibliochivite.blogia.com/2009/102801-david-contra-goliat.....-blog-dedavid..php

http://bibliochivite.blogia.com/2009/120802-la-fuga.php


Con Teresa Losada, que tamén está lonxe e perto. Con que verdade escribe Teresa!!! As súas Rosas das Avenidas deixaron un arrecendo imborrable este ano no noso club. http://isabelcota.blogia.com/2010/112602-grazas-teresa.php

http://bibliochivite.blogia.com/2010/091701--robando-rosas-un-bogmarabilloso.php


http://las-rosas-de-las-avenidas.blogspot.com/2007/02/mikel.html

http://las-rosas-de-las-avenidas.blogspot.com/2007/02/entroido.html


Con Virginia, cuxo paso polo noso instituto, xa hai anos, deixou pegada. Forte, comprometida, temos a sorte de seguir en contacto e colaborar con ela e o seu instituto, o IES Ribeira do Louro de Porriño, en proxectos como o noso concurso Adiviña Quen É, que permite ó alumnado de ámbolos dous centros descubrir a escritores como Saramago, Mª Xosé Queizán ou Chomsky...

http://bibliochivite.blogia.com/2010/110201-concurso-adivina-quen-e-proxectoribeira-do-louro-taboada-chivite-.php


http://bibliochivite.blogia.com/2011/011101-concurso-adivina-quen-e-m-xosequeizan.php

Con Teresa Santamaría, que nos recorda algo que temos moi claro na Árbore Vermella: que se non temos prexuízos que poñan nubes diante dos nosos ollos, non hai barreiras. Podemos gozar e aprender, máis alá da nosa idade, coa bolboreta Doreta ou co pensador André Gorz.


http://isabelcota.blogia.com/2009/031302-visita-a-escola-de-vilaza.php


http://isabelcota.blogia.com/2009/040101-visita-de-teresa-santamaria.php


Con aqueles que nos sorprenden con agasallos: Libros (David, Víctor, Carlos Negro, Mónica, Celso Fdez Sanmartín, os nosos ex-alumnos...)

Unha árbore vermella que xa plantamos... (Javier Rguez.) http://bibliochivite.blogia.com/2010/042203-a-nosa-arbore-vermella.php


Unha árbore vermella de fío e madeira. (Javier Díaz) http://bibliochivite.blogia.com/2010/112401-cadros-sobre-a-arbore-vermella.php

Que fermoso agasallo!!!!!! Lara, Claudia, Mª Xesús, Mario... xa están na facultade, en ciclos formativos… mais non se esquecen da Árbore Vermella, e cada vez que teñen un oco acércanse a compartir momentos connosco.



Somos un equipo porque, aínda que diferentes, cremos nas árbores vermellas que todos levamos dentro, e regámosnos os uns ós outros para que crezan e non esmorezan.... Este é o noso conto... Un conto feito de historias , sons, imaxes e árbores moi ,moi, moi vermellas. Se queredes acompañarnos, aquí estamos: http://bibliochivite.blogia.com/temas/club-de-lectura-a-arbore-vermella.php


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.