Textos Nazis

Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“Tede en conta as devastacións que os bastardos xudeus causan cada día na nosa nación(...) Considerade como a desintegración racial mingua e a miúdo destrúe os últimos valores arios do pobo alemán (...) Esta contaminación do noso sangue, ignorada cegamente por centenares de miles de persoas do noso pobo, é levada a cabo de forma sistemática polo xudeu de hoxe. Sistematicamente estes parasitos negros da nación contaminan ás nosas inexpertas e xoves mozas loiras e deste xeito destrúen algo que xa non pode ser substituído neste mundo.” ADOLF HITLER: Mein Kampf.1924

“Todo aquilo do que gozamos agora na civilización humana, todas as realizacións da arte, da ciencia, da técnica, son case exclusivamente os froitos do xenio creador do ario. O que permite concluír que el só é o fundador dunha humanidade superior e que, por iso, representa o prototipo do que entendemos por “ser humano”. (...) Se se dividise a humanidade en tres categorías de homes: creadores, conservadores e destrutores da cultura, teriamos seguramente como representante do primeiro grupo só o elemento ario. (...) A existencia de tipos humanos inferiores foi sempre unha condición previa esencial para a formación das civilizacións superiores...(...) O ario renunciou á pureza do seu sangue e perdeu pouco a pouco a facultade de crear civilización. (...) Os pobos morren non só porque perden guerras, senón porque perden esa forza de resistencia que só pode dar un sangue puro. Todos os que, neste mundo, non son dunha raza pura, non son máis ca lixo. (...) O antípoda do ario é o xudeu”. ADOLF HITLER: Mein Kampf.1924

“Eu non fun forzado a adherirme á Hitler Jugend (Xuventudes Hitlerianas), nin polo meu pai nin por ninguén (...) Eu mesmo decidín facelo, simplemente porque tiña ganas de formar parte dunha asociación de mozos en que puidese loitar por un ideal nacionalsocialista. As Xuventudes Hitlerianas organizaban campamentos, excursións e tiñan reunións de grupo. Había rapaces de todos os medios, sobre todo pequenos burgueses e obreiros, e ademais non se facía ningunha distinción de clase, o que me gustaba moito.” Entrevista a un antigo membro do partido nazi, 1960.

“Na primavera de 1932, os nazis fixeron as primeiras tentativas para establecer células entre os obreiros dos ferrocarrís. Xa había bastantes nazis entre os directores, técnicos e os oficinistas. Dende 1931, había xefes de servizo que velaban para que os obreiros que pertencesen ás “camisas pardas” gozasen de privilexios.(...) Ao final da primavera de 1932, todos os obreiros socialistas tiveron que asinar un papel que lles retiraba a súa titulación. (...) Finalmente chegou a orde: “deben inscribirse (no sindicato nazi) ou serán destituídos”. W.ALLEN, Un pequeno pobo nazi (1930-1935), 1967

“Nosoutros, os Krupp, Non somos idealistas, senón realistas. Pensabamos que Hitler nos daría a posibilidade dun desenvolvemento san. Nós queriamos un sistema que funcionase ben e que nos dese medios para traballar tranquilamente”. Declaracións do empresario KRUPP no proceso de Nüremberg, 1946 Profesor: Diego Xesús López González.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.