Resumo da Revolución Francesa

Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“A REVOLUCIÓN FRANCESA” Que foi?

Proceso revolucionario que acabou coa monarquía absoluta en Francia e proclamou a soberanía nacional (1789-99). As súas bases ideolóxicas parten do pensamento dos filósofos do s. XVIII: separación de poderes, principio de soberanía nacional e igualdade dos cidadáns ante a lei. Os seus ideais extendéronse por Europa e inspiraron procesos revolucionarios no s. XIX. En 1789 foron convocados os Estados Xerais para levar a cabo unha reforma tributaria. Ante a actitude negativa da nobreza, os representantes do Terceiro Estado, pertencentes case todos á burguesía, constituíronse en Asemblea Nacional e comprometéronse a dar a Francia unha Constitución (xuramento do Xogo da Pelota).

Como comezou?

O rei Luis XVI quixo disolvela, pero o 14 de xullo o pobo tomou a Bastilla, prisión real símbolo do Antigo Réxime, y o rei tivo que ceder. A Asemblea suprimiu os privilexios da nobreza e proclamou a “Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán” (non só do francés, senón de todos os homes), Constitución Civil do Clero e a Constitución de 1791. O 30 de setembro disolveuse a Asemblea Nacional e foi sustituída pola Asamblea Lexislativa ao entrar en vigor a Constitución xurada por Luis XVI. Nela, os representantes do pobo dividíanse en Xacobinos (republicanos) e Xirondinos (partidarios da monarquía parlamentaria) En 1792, potencias europeas decláranlle a Guerra a Francia ante o medo de que as ideas liberais se extendesen, medo á Revolución. A guerra con Austria impulsou á Asemblea Lexislativa a depoñer ao rei Luis XVI por conspirar con esas potencias e o pobo levantouse contra el, formando un goberno nacido da revolta, a Convención, o que significaba o triunfo dos republicanos.

Como se desenvolveu?

Trala condea e execución do cidadán Luis Capeto, os xacobinos dominaron a Convención dirixidos por Robespierre sumindo a Francia na época do Terror, guillotinando a todo o que fose sospeitoso de non secundar a revolución, de ser antirrevolucionario. Elaborouse unha Constitución en 1973 que instauraría un goberno democrático, pero nunca chegou a ser efectiva por mor da continuidade das medidas extraordinarias de defensa da Revolución levadas a cabo. Ante os excesos de Robespierre e as sucesivas victorias da Francia revolucionaria no campo de batalla, os representantes do goberno máis moderados, comezaron a conspirar contra el. Deste xeito terá lugar a Reacción Termidor, onde Robespierre e os seus partidarios foron executados e implantouse o Directorio (1795) de corte moderado. Pero as diferenzas entre republicanos, moderados e reaccionarios, provocaron a caída do Directorio.

Como rematou?

En 1799 establécese o Consulado na persoa de Napoleón Bonaparte (como Cónsul), rematando o proceso revolucionario.En 1802 Napoleón é nomeado Cónsul Vitalicio e en 1804 autoproclamase Emperador.

Profesor: Diego Xesús López González.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.