Practica do Antigo Réxime nº6

Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

Adam Smith ( 1723-1790) vs. Jean B. Colbert (1619-1683)

“Todo home, con tal que non viole as leis da xustiza, debe quedar perfectamente libre para abrazar o medio que mellor lle pareza para buscar o seu xeito de vivir, e os seus intereses; e que poidan saír as súas producións a competir coas de calquera outro individuo da natureza humana (...). Segundo o sistema da liberdade negociante, ao soberano só lle quedan tres obrigas principais a que atender: a primeira, protexer á sociedade da violencia e invasión doutras sociedades independentes; a segunda, o pór no posible a cuberto da inxustiza e opresión dun membro da república a outro que o sexa tamén da mesma (...); e a terceira, a de manter e erixir certa obras e establecementos públicos, a que nunca poden acadar, nin acomodarse os intereses dos particulares, ou de poucos individuos, senón os de toda a sociedade en común: por razón de que aínda que as súas utilidades recompensen con abundancia os gastos ao corpo xeral da nación, nunca recompensarían se os fixese un particular.” Adam Smith. A riqueza das nacións. 1776. (Trad.)

“A prosperidade do comercio depende dunha profunda industria en dar valor a todos os froitos naturais do Reino en todos os diferentes usos en que poden ser empregados. Para o cal cómpre ter anualmente relacións puntuais de todo o que se produce en Francia, do que consume, do que envía a países estranxeiros e do que recibe, a fin de facer un cómputo do valor das mercadorías ou efectos de que lle descarga pola súa abundancia co valor dos que recibe por necesidade. É preciso tamén saber canto debe pagar en especies de ouro e prata polos xéneros que recibe a máis dos equivalentes naturais que entrega; porque non se pode dubidar de que os seus equivalentes non a compensan enteiramente. A proba é evidente polo gran número de navíos estranxeiros que entran nos portos de Francia cargada en parte con mercadorías finas, e que se viran os uns con xéneros de la, os outros con efectos de maior volume e por conseguinte de menos valor. E como desta falta de equivalencia resulta que os estranxeiros se enriquecen e o Reino empobrece, cómpre sacar o desquite polos medios máis naturais.(...)” Proxecto de Monsieur Colbert ao rei Luis XIV de Francia sobre o comercio (166l -1683) (Trad.) Profesor: Diego Xesús López González.


IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

1. Le atentamente cada un dos textos e explica aqueles conceptos clave para a comprensión dos mesmos. 2. Contrasta as diferentes visións da economía que teñen cada un dos autores. 3. Cal deles che parece que prefire unha economía máis liberalizada do Estado? Cal deles a prefire máis dirixida ? 4. Enmarca as ideas de cada autor dentro dunha teoría económica. 5. Coidas que algunha destas ideas pode relacionarse coa economía do Mundo Actual? Por que?

Profesor: Diego Xesús López González.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.