Federico II de Prusia

Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

Federico II “o Grande” Federico de Hohenzollern naceu en Berlín o 24 de xaneiro de 1712 foi rei de Prusia (reino que abranguía as actuais Alemaña, Polonia, Lituania e Rusia). En 1747 promulgou un código lexislativo, o chamado “Código de Federico”. Negou que a monarquía fose dada por dereito divino e foi un grande protector da ciencia e da cultura, apoiando a escritores, artistas e sancionando a obrigatoriedade do ensino primario. Durante o seu reinado apareceron novos métodos agrícolas. Acolleu a Fisiocracia e mesmo se gababa de traballar a terra coas súas mans. Porén non aboliu a servidume. Morreu Potsdam, o 17 de agosto de 1786, sen deixar herdeiros, xa que o seu matrimonio era só de conveniencia e probablemente fose homosexual.

A Felicidade como Fin

“É preciso que un goberno ben dirixido teña un sistema tal que todas as medidas tomadas sexan ben tomadas e que as finanzas, a política e a milicia concorran a un mesmo obxectivo, que é o robustecemento do Estado e o acrecentamento do seu poder. Xa que un sistema non pode emanar máis que dunha cabeza, a voluptuosidade ou a imbecilidade son as causas que impiden aos príncipes traballar no nobre emprego de lograr a felicidade dos seus súbditos.”

Federico II de Prusia. 1871

Despotismo Ilustrado “Hai que estar louco para crer que os homes lle dixeron a outro home, o seu semellante: elevámoste por enriba de nosoutros porque nos gusta ser escravos. Polo contrario, eles dixeron: Temos necesidade de vos para manter as leis ás que nos queremos someter, para que nos gobernes sabiamente, para que nos defendas. Esixiremos de vos que respectedes a nosa liberdade.” Federico II de Prusia. 1871.

Profesor: Diego Xesús López González.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.