Comentario de Texto Histórico

Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

COMENTARIO DUN TEXTO HISTÓRICO 0. Pasos Previos. •

Ler de vagar, entendendo ben a mensaxe do texto. Aclarar todo tipo de palabras, expresións ou conceptos descoñecidos ou que ofrezan dúbidas.

Subliñar aquelas palabras que marcan as ideas básicas. Anotar conexións con outras ideas ou do contexto máis xeral no que se encadra o documento.

Numerar as liñas de cinco en cinco ou de dez en dez, dependendo da extensión.

Organizar as ideas a comentar mediante algún tipo de esquema.

1. Información e Clasificación. •

Realizaremos unha redacción. Non se trata de ir contestando apartado por apartado.

Debe presentarse o documento, de forma breve, en relación coas circunstancias históricas ás que fai referencia.

1.1. Natureza do Texto: •

Xurídico (Leis, Decretos, tratados..).

Político (redactado para acadar un efecto determinado).

Testemuñal (declaración nun intre determinado).

Documental (censos, libros de Impostos,rendas..).

Historiográfico (escritos de historiadores sobre outras épocas).

Literario, Filosófico, Teolóxico...

1.2.Orixe: •

Procedencia Pública (de alcance nacional, internacional..).

Privada (herdanza, carta..).

Relixiosa (Papa, Concilio..).

1.3.Extensión e Límites: •

Características espazo-temporais da época na que se inscribe o texto, dentro duns límites temáticos e cronolóxicos.

1.4. Autor: •

Se non o hai (sinalar algunha característica que se deduza como a clase social, ideas políticas,etc.

Se o hai contar o que se saiba del.

1.5. Cronoloxía. •

De non aparecer claramente, indica a época ou século á que cres que pode pertencer, concretando máis os límites anteriormente fixados. Profesor: Diego Xesús López González.


IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

2. Análise e Interpretación.

Deben comentarse as ideas máis destacadas e relacionar estas con outras máis xerais relativas ao contexto histórico, a procesos similares etc.

2.1. Título: •

Ponlle un título ao teu comentario, o que ti prefiras. Que estea relacionado co tema do que trata o texto pero que non sexa o título do texto. Personaliza así o teu comentario.

2.2. Comentario: •

Indica o Tema Principal e os Secundarios.

Analiza e explica conceptos, expresións, ou frases clave para o comentario, indicando o número de liña.

Divide en partes o texto, indicando os límites de cada unha delas e explicándoas brevemente.

Contextualiza, relacionando todo o anterior co coñecemento histórico, facendo referencia sempre ao texto e aos seus termos, frases...incluso extraéndoas e aproveitándote delas para reafirmar o teu comentario.

2.3. Conclusións: •

Nas que se ofreza unha valoración global do contido e da significación do documento en si mesmo e do seu contido. Poden incluír valoracións de tipo persoal, pero sempre desde o punto de vista do coñecemento histórico (hai que evitar xuízos de valor e expresións como bo/malo, paréceme ben/mal, gústame...).

Profesor: Diego Xesús López González.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.